Xogos
O Índice dos nosos xogos:

A New Regency e mais a Summit Entertainment producirán conxuntamente o thriller The Darkest Hour. O filme terá un tón moi semellante ao de 28 días despois e o seu argumento vai sobre un grupo de rapaces que loitan por sobrevivir nalgures en Rúsia após dunha invasión alien. Chris Gorak (Right at Your Door) dirixirá a partir dun guión de Les Bohem e Jon Spaihts que el mesmo reescribiu. Timur Bekmambetov e Tom Jacobson serán os produtores. A rodaxe escomezará en Rúsia no mes de xuño.
A Disney Pictures agarda que Tron: Legacy, a súa vindeira secuela-relanzamento do clásico da ciéncia-ficción dos anos 80 Tron sexa un éxito moi grande, porque xa está a facer plans para desenvolver unha triloxía e mais unha frnaquía cos dereiutos deste filme. Por suposto, todo dependerá do que faga Tron: O Legado a partir do vindeiro 17 de decembro.
Seica o guionista e produtor de Lanterna Verde, Greg Berlanti, non terá que se laiar moito por non ser elixido director para ese filme, xa que a Warner ficou tan abraiada polo seu traballo que lle vai ofrecer dirixir a outro superheroe: Flash. Para iso nombergantes deberá vencer a outros realizadores que están na lista de candidatos: entre eles a David Goyer, Shawn Levy e David Dobkin.
Esta obra é publicada baixo unha licenza Creative Commons. ![]()
