Início Blogue
Saoirse Ronan
Os nominados ao Oscar Saoirse Ronan (The Lovely Bones) e Lakeith Stanfield (Death Note), xunto ao debutante Paul Mescal, protagonizarán o filme Foe baixo a dirección de Garth Davis. A rodaxe comezará en xaneiro en Austrália. A longametraxe é unha adaptación da novela supervendas de ciéncia-ficción I’m Thinking of Ending...
Resident Evil
A Netflix ven de anunciar o elenco de actores para a súa série Resident Evil, que adaptará para a tele a popular saga de videoxogos de Capcom, tamén levada ao cinema con anterioridade. A principal novidade é que Lance Reddick (o director Phillip Broyles en Fringe) será o vilán xefe...
Spawn
O creador do cómic Spawn, Todd McFarlane, está a desenvolver unha série de acción real para a tele baseada na parella de persoaxes detectives do mesmo cómic, Sam e Twitch. Os estudos independentes wiip están atrás deste proxecto, que conta ademais cos showrunners de Condor, Jason Smilovic e Todd Katzberg,...
Twilight of the Gods
A Netflix ven de lle mercar á WarnerMedia os dereitos da série de debuxos animados Twilight of the Gods, creada por Zack Snyder e baseada na mitoloxía dos deuses nórdicos. Jay Oliva é o director e Snyder traballará coma guionista e produtor por médio da súa compañia, The Stone...
Ted
O malfalado urso de xoguete Ted creado por Seth MacFarlane e protagonista da franquía de filmes que leva o seu nome, regresará ás pantallas, pero esta vez ás da tele, nunha série con acción real que emitirá a Peacock. O servizo de streaming ven de encargar a produción dunha quenda...
The War of the Rohirrim
É barato de producir e ten moitos fans. O anime está de moda e a Warner Bros. Animation e mais a New Line Cinema queren facer unha nova longametraxe de debuxos animados que se estreará nas salas de cinema e que estará ambientada na Terra Média de J.R.R. Tolkien...
A mansión LaLaurie
O director e guionista Darren Lynn Bousman, coñecido pola saga cinematográfica de Saw, traballará xunto aos creadores de The Conjuring, Chad e Carey Hayes, e mais á Faster Horse Pictures, para comezaren unha nova franquía de terror baseada na mansión LaLaurie. Bousman dirixirá un primeiro filme, ambientado nos nosos tempos,...
20th Century Ghosts
A Tea Shop Productions ven de contratar á actriz, guionista e directora Natasha Kermani para que adapte nunha longametraxe para o cinema o conto de terror orixinal de Joe Hill Abraham's Boys, publicado dentro da súa escolma 20th Century Ghosts (2005). O relato, que é unha espécie de continuación do...
Jeff Nichols
Após das recentes novas de que vai dirixir unha terceira entrega da saga de A Quiet Place na Paramount Pictures, o realizador Jeff Nichols (Midnight Special) ven de se asegurar unha continuidade no seu emprego porque xa está a planear outro proxecto cos mesmos estudos. Nichols comprometeu-se a escribir e...
Jim Mickle
O co-creador de Sweet Tooth, Jim Mickle, dirixirá unha adaptación ao cinema de God Country, a novela gráfica de Donny Cates publicada en 2017, para a Legendary e a AfterShock Media. A história vai sobre Emmett Quinlan, un vello viúvo afectado pola deméncia e con arroutadas violentas. Cando un tornado...
Blue Beetle
A Warner Bros. Pictures estreará a súa longametraxe adaptación do cómic Blue Beetle da DC exclusivamente na HBO Max, uníndo-se deste xeito ao proxecto de Batgirl, que tamén aparecerá só no devandito servizo de streaming. O realizador portorriqueño Ángel Manuel Soto, que até agora só conta con documentáis e curtas...
Bryan Fuller
O guionista e produtor Bryan Fuller, creador de séries coma American Gods e Star Trek: Discovery, fará o seu debut coma director coa adaptación ao cinema de Christine, a clásica novela de terror de Stephen King, para a Blumhouse Productions e a Sony Pictures. O libro orixinal vai sobre un...

O QUE HAI QUE LÉR