As novas de NOVA FANTASIA

Novembro de 2005 - Febreiro de 2006



Asasinado o produtor de Halloween

[22:58 15/11/2005] Moustapha Akkad, o produtor executivo da saga de filmes de terror Halloween, quen morreu nos ataques con bombas nun hotel o pasado mércores en Xordánia, foi enterrado con honras de heroe antonte en Síria.

Akkad, de 69 anos, tamén dirixira en 1981 o clásico O león do deserto, unha película que protagonizaran Anthony Quinn, Oliver Reed e Rod Steiger, e atopába-se en Amman para asistir a unha voda nun dos tres hoteis atacados polos terroristas suicidas. A súa filla de 34 anos, Rima Akkad Monla, tamén morreu no atentado.

Após da tráxica morte de Akkad, o Presidente de Síria Bashar al-Assad asinou un decreto no que se honra ao cidadán americano coa máis prestixiosa medalla ao mérito civil de Síria, para recompensar "as súas posicións nacionalistas árabes". Akkad foi enterrado na cidade de Aleppo, ao norde de Síria, onde naceu e dende onde mudou-se a Los Angeles nos anos 50 para ir estudar.


Récord no MARCO con motivo da ArtFutura

Panorámica das visitas[1:29 15/11/2005] As Xornadas de Portas Abertas organizadas no Museo de Arte Contemporánea de Vigo na pasada fin de semana (venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro), con motivo do seu 3º aniversário supuxeron un grande éxito de público. Un total de 4.729 persoas pasaron polas instalacións do museo para visitar as exposicións e participar nas actividades organizadas para eses días e dirixidas a público de todas as idades: exposicións temporais, visitas guiadas, maratón ArtFutura, títeres e talleres infantís, servizos da biblioteca-mediateca, performance no Espazo Anexo, e mesas informativas.

Respecto ao reparto de visitantes por xornadas, o sábado foi o día no que se rexistrou maior número de entradas (3.027 persoas concentradas sobre todo en horário de tarde, unha vez rematada a saída da VOR), seguido do domingo (1.074 en horario ata as 15.00) e do venres (628 na única xornada propiamente laborábel).

Estes datos, sumados á boa acollida das exposicións que actualmente ocupan as salas do museo, e ao incremento no número de visitantes detectado no pasado mes de outubro (5.687 fronte aos 4.198 do ano 2004), fan que as previsións nas cifras de visitantes deste outono sexan do máis optimistas, superando a finais de 2005 a media de 50.000 visitantes estimada para cada ano.


Metamorfose na Coruña

O cartace do espectáculo[21:00 13/11/2005] Un Gregor Samsa do século XXI. Asi poderia denominarse o novo espectáculo da Fura dels Baus, Metamorfose, que o grupo catalán mais transgresor ofreceu na Coruña esta fin de semana no Teatro Rosalía de Castro. A obra, con claras influéncias kafkianas, espertou unha grande expectación, pois xa o xoves só ficaban cen entradas dispoñíbeis para a función do domingo, o último dos tres programadas.

O grupo catalán variou a sua forma de facer teatro, planteándose unha función de sala, minimalista, no que o dramaturgo Javier Dualte explora as angustias do home urbano do século XXI fronte a un mundo sen saídas colectivas, sinalaron os representantes da compaña. Precisaron que a obra "fala dun intento de diferenciación, un intento fallido na medida en que esta diferenciación do indivíduo fronte ao grupo, non é por unha via criativa e liberadora, senón de mutilación da própria individualidade". Asi, a peza "refíre-se á condición dos indivíduos e esa condición semella ser o medo... Calquera de nós pode ser excluído polas nosas próprias percepcións e polo que o entorno nos fai sentir".

A Fura dels Baus apresentou-se ao público con trocos substanciais na sua forma clásica de facer teatro. A función é interior, asegurou un dos actores do grupo, Artur Trias, que personifica ao pai de Gregor na obra. Do mesmo modo, desapareceu a interacción entre o público e os actores, un detalle que sempre caracterizou ás actuacións da compaña, pero tamén, como afirmou Rubén Ametllé, está Gregor na obra, "que teme sempre á xente".

Encanto á escenografía, non houbo un escaravello xigante nin diálogos quitados da obra de Franz Kafka, se non que todo se resolve no teatro na sua máxima expresión, iso si, con ingredientes tecnolóxicos que conforman un decorado no que cobra protagonismo unha grande pantalla que pode mover-se desde proscenio até o foro do escenário; un grande cubo de tres metros por tres, transparente, que traduce o estado do protagonista e, finalmente, a mesa que é o habitáculo da família, "o seu espazo vital fronte ao grande cubo no que está pechado Gregor".


Terminator á televisión

Terminator[0:43 11/11/2005] A canle Fox ven de encargar un episódio piloto para unha série de televisión baseada no mundo de Terminator, e que polo de agora leva o título de The Sarah Connor Chronicles. A C2 Pictures, a compañía de Andy Vajna e Mario Kassar que produciu Terminator 3: o alzamento das máquinas, pechou un trato coa Warner Brothers Television e co escritor Josh Friedman para facer a série, que se centrará no persoaxe de Sarah Connor e do seu fillo, John Connor, o líder dos humáns ao que ven a matar o Terminator.

A Fox declinou facer comentários ao respeito desta nova, que atraíu a atención da prensa de todo o mundo.

Seica Friedman escribirá o guión do episódio piloto e será o produtor executivo da nova série, que terá lugar no tempo fictício que vai entre a segunda e a terceira película da saga de Terminator. Vajna e Kassar serán tamén produtores executivos, mentres que o vicepresidente da C2, James Middleton, será o produtor.

Pola súa banda, Vajna confirmou que C2 está "nas fases finais de desenvolvemento" dunha cuarta entrega da saga de filmes de Terminator, e que esta película terá algún tipo de vencello cunha nova triloxía que xa teñen prevista.

Linda Hamilton, a actriz que deu vida a Sarah Connor nas dúas primeiras entregas de Terminator, non está implicada polo de agora neste proxecto. E dado que a série estará enfocada na família Connor, non se agarda tampouco que o actual governador de Califórnia, Arnold Schwarzenegger, quen interpretou ao persoaxe principal nos tres filmes, apareza regularmente na série. Middleton dixo que a série aplorará o que lle aconteceu a Sarah Connor após do remate de Terminator 2, cando o persoaxe dá-se á fuga.


ArtFutura de balde no Marco

[0:38 11/11/2005] Coincidindo co terceiro aniversário da súa apertura de portas ao público o 13 de novembro, e coa saída oficial da Volta ao Mundo de Vela (Volvo Ocean Race) do Porto de Vigo o 12 de novembro, o MARCO (Museo de Arte Contemporánea) organiza unhas xornadas de portas abertas durante os días 11, 12 e 13 de novembro, nas que será gratuíto o acceso ao museo e a todas as actividades previstas para eses días, entre elas a ArtFutura.

Así, está prevista a celebración dunha Maratón ARTFUTURA 2005. Durante estas xornadas, e continuando coas proxeccións do Festival Artfutura 2005, ofrécen-se dous pases gratuítos de cada un dos tres programas no salón de actos. A entrada será libre e gratuíta só até completar o aforo.

Os horários dos programas serán os seguintes: o venres 11, o Programa A, ás 12:00, o Programa B, ás 17:00 e o Programa C, ás 20:00. O sábado 12 o Programa A, ás 17:00 e o Programa B, ás 20:00, mentres que o domingo 13 o Programa C será ás 12:00.


  • [0:39 11/11/2005] O produtor de Star Trek Brannon Braga ven de declarar nunha recente entrevista que xa rematou o seu traballo coa popular franquícia de ciéncia-ficción, polo de agora e nun futuro próximo: "deberá haber un feixe de fans vitoreando cando lean isto", declarou amargamente. Brannon Braga foi o co-creador de Star Trek: a nova xeración e mais o produtor das distintas séries de Star Trek ao longo dos últimos quince anos.

  • [0:39 11/11/2005] A Warner Bros. desenvolverá unha série para a televisión baseada no superheroe dos cómics Aquaman, coa produción da mesma equipa de Smallville. Os produtores Al Gough e Miles Millar (Spiderman 2) crearán e producirán unha série ainda sen nome pero baseada no persoaxe da DC Comics. O único que sabemos polo de agora é que a série non se titulará "Aquaman".

  • [0:45 18/11/2005] Thomas Jane (O Castigador) protagonizará The Mutant Chronicles, unha película que adaptará á pantalla grande o xogo de rol do mesmo nome. O produtor Ed Pressman, de Pressman & Co. Films, será quen poña os cartos para facer este filme, ambientado no século XXIII no que catro xigantescas corporacións fixéron-se con todos os recursos do planeta, ocasionando que un exército de necromutantes diabólicos manteña unha guerra a morte contra os humanos. Jane fará o papel dun "Marine" que lidera un escadrón de soldados que loitan contra as hordas de áliens. Simon Hunter dirixirá o filme, que leva un guión de Ross Jameson.


    Ellison, Grande Mestre

    [19:56 23/11/2005] O prolífico e irascíbel escritor de ciéncia-ficción Harlan Ellison ven de ser nomeado Grande Mestre pola asociación de escritores de fantasía e ciéncia-ficción dos Estados Unidos (Science Fiction and Fantasy Writers of America) e será recoñecido con esta honra no decurso da fin de semana dos prémios Nebula a celebrar en Tempe, Arizona, do 4 ao 7 de maio do ano que ven. O escritor de ciéncia-ficción William F. Nolan será o "Escritor Emérito" de 2006.

    Dende que vendeu o seu primeiro conto, Glowworm, á revista Infinity Science Fiction en 1956, Ellison modelou e ás veces remodelou a ciéncia-ficción moderna en moitas ocasións. Como escritor e antoloxista, a súa influéncia, ás veces controvertida, é enorme. Ellison gañou sete prémios Hugo, tres prémios Nebula, moitos prémios polos seus guións para a televisión, que inclúen episódios da série orixinal de Star Trek, un prémio Edgar da asociación de escritores de Mistério dos EE.UU. e vários Prémios Mundiais da Fantasía.

    Coñecido por ser un defensor dos escritores, Ellison liderou a batalla legal contra a empresa AOL (America On-Line) coa súa campaña "Botar a Piratería da Internet" na que consideraba ás empresas proveedoras de servizos na Rede como responsábeis dos sítios web piratas. Tamén axudou a lanzar o "Comic Book Legal Defense Fund", unha asociación de axuda aos autores de cómics.

    Pola súa banda, Nolan naceu en 1928 en Kansas City, Missouri, e vendeu o seu primeiro conto en 1954. A súa obra inclúe unha chea de material, con ciéncia-ficción, fantasía, terror, westerns e novelas de mistério. É autor de máis de 150 contos e 75 libros, incluíndo 13 novelas. Entre as máis coñecidas está A fuga de Logan, co-escrita xunto a George Clayton Johnson, e as súas secuelas O mundo de Logan e A procura de Logan. O seu traballo é admirado por escritores coma Stephen King, Ray Bradbury e Joe R. Landsdale.


    Harry Potter enfeitiza EE.UU e Inglaterra

    [19:55 23/11/2005] Harry Potter e o cáliz de fogo ven de protagonizar a estrea mais exitosa de todos os filmes da saga sobre o adolescente aprendiz de meigo, segundo as cifras do despacho de billetes, pese a que as críticas indicaron que é a mais sinistra. O xoven feiticeiro encantou ás audiencias de ambas marxes do Océano Atlántico, batendo récords no despacho de billetes británico e salvando a Hollywood coa cuarta maior recadación dun filme nos seus primeiros tres dias de exibizón da história de América do Norte.

    Os nenos usaron os anteollos característicos de Harry Potter e levaron variñas máxicas mentres gardaban ringleira para desfrutar da cuarta entrega cinematográfica do best-seller criado pola inglesa J.K. Rowling sobre as aventuras dun adolescente na escola de máxia e feiticería Hogwarts. A Warner Bros Pictures International en Inglaterra informou que o filme recadou 14.903.710 libras (20,5 millóns de euros) entre venres, sábado e domingo, convertendo-se no mellor fin de semana de tres dias da história do cinema inglés.

    O filme acadou 4 millóns de libras o venres, 5,6 millóns o sábado e 5,2 millóns o domingo, todos récords para Inglaterra. Harry Potter logrou 102,3 millóns de dólares nos Estados Unidos e Canadá, segundo a empresa especializada Exhibitor Relations, pese a preocupacións de que a sua calificación PG-13 - que advirte aos pais que o seu material pode ser inapropiado para nenos menores de 13 anos - horrorizase á sua lexión de xoves fans.

    Os tres filmes anteriores de Potter foran calificados baixo a denominación PG (Parental Guidance, que recomenda que os menores asistan acompañados por un adulto). En Harry Potter e o cáliz de fogo, considerado o filme mais sinistro da série, o pequeno heroe -novamente interpretado por Daniel Radcliffe- é atormentado polo seu vello inimigo, Lord Voldemort, e entra nunha perigosa competición escolar de bruxería.

    A estrea do filme sobre as andanzas do neno meigo deu un xiro no despacho de billetes dos Estados Unidos e Canadá após meses de caída na asisténcia ao cinema: os doce filmes que encabezan o despacho de billetes obtiveron en total 171,89 millóns de dolares, é dicir case o 20,09% mais que recadaron os mellores filmes o ano pasado, no mesmo período.


    Ibercón: continúa a polémica

    [1:32 23/11/2005] O escándalo continúa ao redor da pésima organización e pior imaxe que deixou en todo o mundo a pasada Ibercón celebrada en Vigo. Nun post publicado na lista de correio oficial do devandito certame, o escritor portugués Rogério Ribeiro ven de facer unhas durísimas pero moi acertadas declaracións ao respecto de toda esta desfeita.

    Segundo Rogério, "o projecto Ibercon nunca teve qualquer credibilidade entre o fandom português", e engade que "esta falta de credibilidade surgiu, na minha opinião, por duas razões: a falta de preparação que o projecto evidenciou desde o seu lançamento e a lentidão de resposta da organização a qualquer dúvida colocada; a "metade" portuguesa da Ibercon, a Simetria, apesar de englobar várias pessoas de qualidade indiscutível, parece ter alguns problemas como associação desde pelo menos o ano 2000".

    O que semella claro é que Rogério acertou de pleo na súa análise, por canto comenta que "ficou claro que a organização da Ibercon não tinha uma ideia definida de como pretendia incluir a componente portuguesa no evento; perante as dúvidas colocadas, depressa começámos a assistir a um jogo de ping-pong entre individualidades; e quando o Luís Filipe Silva, o único português que nos últimos anos tem tentado divulgar a literatura fantástica espanhola em Portugal, resolveu tornar o escândalo público, a reacção provocada foi mais uma vez de desorientação. Também o verifiquei a título pessoal, ao receber uma resposta mais de 3 meses depois de fazer a pergunta correspondente".

    Esperemos que para o ano que ven os responsábeis de conceder a organización a unha candidatura tomen nota desta enorme metedura de zoco que foi conceder a organización da Ibercón a un grupo claramente ineficaz, e por riba, liderado por unha persoa que amosou non ter capacidade necesária para levar a cabo a súa misión.

  • [0:52 18/11/2005] Segundo informa "La cárcel de papel", xa se dictou sentenza no xuizo sobre os dereitos do personaxe "O Guerreiro do Antiface", ún dos máis coñecidos e mesmo paradigmáticos do cómic español. A sentenza foi favorábel a Manuel Gago, fillo do creador do Guerreiro, e non só recoñece a seu pai como autor, senon que obriga aos herdeiros de Editorial Valenciana a anular as marcas rexistradas ao seu nome e a indemnizar á família polo uso do personaxe. Ainda que se supón que haberá recurso, é unha sentenza moi favorábel para os herdeiros do autor.

  • [0:52 18/11/2005] O foguete que lanzará as cinzas do intérprete de Star Trek James Doohan ao espazo tivo que atrasar ao seu despegue por mor de problemas técnicos. O "Falcon One" ía enviar as cinzas de Doohan, o actor que deu vida a Montgomery "Scotty" Scott a bordo da nave estelar Enterprise, dende Califórnia ao espazo o mes vindeiro, pero agora o lanzamento terá que agardar até xaneiro. Charles Chafer, da Space Services Inc. dixo que "houbo unha proba da máquina e non nos gustaron os resultados así que farán outro mes de probas". O canadiano Doohan finou en xullo aos 85 anos, e o seu derradeiro desexo fora ser enviado ao espazo, a "fronteira final".

  • [0:52 18/11/2005] O Padroado da Fundación MARCO decidiu o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo como novo Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O proceso de selección iniciouse o día 23 de xuño, data na que se aprobou a resolución que establecía as Bases de convocatória para o posto de Director/a da Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

  • [0:45 18/11/2005] William Shatner quere convencer aos médicos que lle quitarán a pedra que ten no ril para que lla devolvan e así poder vende-la nunha poxa en eBay. O actor, que interpretou ao capitán James T. Kirk en Star Trek, di que a pedra será "o recordo perfecto de Star Trek". Shatner planea doar os benefícios desta venda á caridade, pero primeiro terá que convencer tamén aos donos de eBay, onde está prohibido vender partes do corpo. O actor, de 74 anos, sofriu un cólico nefrítico o outro día mentres rodaba un capítulo da série Boston Legal.

  • [1:34 23/11/2005] A viúva do finado Christopher Reeve foi loubada pola súa coraxe ao facer fronte ao cancro de pulmón que padece, tan só un ano despóis do falecemento do seu home, o actor que deu vida a Superman. Dana Reeve, de 43 anos, apoiou ao seu home en cadeira de rodas durante unha década até a súa tráxica morte en outubro de 2004, e agora ten que loitar contra problemas de seu coa mesma valente determinación. O seu pai, Charles Morosini dixo que "ela tivo que ter unha coraxe enorme para ficar canda seu home durante nove anos e médio. E é a mesma nena dura -non podedes defrauda-la".

  • [1:34 23/11/2005] O Aston Martin conducido en tres das películas de James Bond sairá a poxa pública nunha subhasta que terá lugar en Phoenix, Arizona, o 20 de xaneiro do ano que ven. O coche prateados, un DB5 de 1965 que apareceu en Goldfinger, Thunderball e GoldenEye, terá un prezo de saída dun millón de dólares. O coche, ún dos catro construidos especialmente para os filmes de 007, conta cun asento exector que foi sustituido por un asento normal, pero as ametralladoras dianteiras, os coitelos nas rodas, o exector de aceite e o aparello para dar a volta á matrícula si que entran no coche.

  • [1:34 23/11/2005] Hugh Jackman e Christian Bale protagonizarán (probabelmente xunto ao cantante David Bowie) o filme The Prestige, un thriller sobrenatural dirixido polo realizador de Batman Begins Christopher Nolan. No reparto tamén estará Michael Caine e a história irá sobre un conto de meigos rivais a comezos do século XX en Londres. O guión é do mesmo Nolan e do seu irmán Jonathan, baseado nunha novela de Christopher Priest de 1996. A película comezará a se rodar en xaneiro cun orzamento inicial de 40 millóns de dólares.

  • [0:22 24/11/2005] A novela curta Diving into the wreck, da escritora americana Kristine K. Rusch, foi a gañadora da edición deste ano do Prémio UPC de ciéncia-ficción 2005. A Mención Especial foi para a obra Semiótica para lobos de Vladimir Hernandez Pacín. Diving into the wreck narra a aventura dun equipo de recuperadores de antigas naves que naufragaron e están abandoadas no espazo, unha das cales é da vella e xa mítica Terra. Semiótica para lobos é unha narración cyberpunk nun mundo dominado pola bioinformática. As empresas de nanotecnoloxía e neuroelectrónica gravan os patróns neurais dunha persoa para facer cópias electrónicas do seu cerebro.

  • [1:35 23/11/2005] Foi convocado o VI Prémio de Novelas de Mulleres Prgresistas, aberto a todas as mulleres, con tema libre e en língua galega. O prémio é de 1.500 euros e os traballos deberán de se apresentar antes do 31 de xaneiro de 2006. O documento (en formato Word) coas bases completas podéde-lo atopar nesta ligazón.

  • [1:34 23/11/2005] Teve inicio a 12 de Novembro, e decorrerá até dia 27, o 15º Salão Internacional de Banda Desenhada de Moura, este ano dedicado à Ficção Científica. Para além de exposições temáticas, o Salão foi já marcado pelo lançamento de A Ficção Científica na BD Portuguesa.


    Nosferatu no Are More en Vigo

    Nosferatu[19:56 23/11/2005] O Auditório do Concello de Vigo acollerá o vindeiro luns 28 de novembro, ás 20:30 horas, a última sesión do ciclo "Músicas para o silenzo" que comezou o 7 de novembro no marco do Festival Are More de Vigo. Nesta ocasión, o Cuarteto de Corda Ephimere interpretará a música da película Nosferatu o vampiro do director alemán F.W. Murnau, unha adaptación da novela Drácula de Bram Stoker.

    O ciclo ten acadado un grande éxito de público como o demostra que na sesión anterior rematáron-se as entradas para presenciar a actuación. Neste sentido cómpre lembrar que o despacho de billetes do Auditório do Concello pécha-se ás 19:45 horas.

    Nosferatu o vampiro, rodada en Alemaña en 1922, narra as misteriosas mortes acontecidas nunha vila, atribuidas inicialmente á peste negra pero causadas polo conde Orlock. O cineasta F.W. Murnau (1888-1931) foi alumno e colaborador do director teatral Max Reindhart. Tras interromper a súa carreira por mor da Primeira Guerra Mundial, realizou algúns filmes propagandísticos dende Suiza. Xa de regreso a Berlín, desenvolveu unha interesante traxectória como director de cinema, mália que a maior parte da súa filmografía alemá da-se por desaparecida: Satanás, de 1920, O Castelo de Vogeloed de 1921, O último de 1924, Tartufo o hipócrita de 1925, e Fausto de 1926. Posteriormente viaxou aos Estados Unidos, onde dirixiu Amencer en 1927, Os catro demos en 1923, O pan noso de cada día de 1930, e Tabú de 1931, o seu último traballo, estreado pouco despois de morrer.

  • [11:27 25/11/2005] A película Harry Potter e o cáliz de fogo, que se estrea hoxe en Galiza, foi proxectada tamén na Estación Espacial Internacional (EEI) para os dous astronautas que aínda se atopan alí. A cuarta película da saga foi transmitida pola axéncia espacial americana (NASA) ao astronauta William McArthur dende o centro de control de Houston, Texas, por expreso desexo de McArthur.


    Os Pang en Darkness

    [0:59 02/12/2005] Platinum Studios e Blue Star Pictures veñen de anunciare a contratación dos irmáns Pang (Bangkok Dangerous) para dirixir The Darkness, unha história sobrenatural baseada na série de cómic de Top Cow. O filme, mália a coincidéncia de títulos, non ten ren que ver coa película homónima de Jaume Balagueró.

    A compañía de videoxogos Majesco, en asociación con Top Cow e Platinum, desenvolverá un xogo baseado no filme para a nova plataforma Xbox 360 e que podería aparecer contra o mes de xaneiro de 2007.

    The Darkness é un cómic que vai sobre un matón da Máfia que descobre que é o herdeiro dunha perigosa forza sobrenatural.

    O presidente de Platinum Studios, Scott Mitchell Rosenberg será o produtor, e como coprodutores estarán Aaron Severson e Jay Burns da Platinum e Matt Hawkins, da Top Cow. O fundador desta última compañía, Mark Silvestri, que creou The Darkness xunto a Garth Ennis e David Wohl, será o produtor executuvo.

    Os xemelgos Danny e Oxide Pang, que tamén dirixiron o filme The Eye, remataron hai pouco a película de terror The Messengers para a Mandate Pictures e a Sony.


    O Festival Resfest, en Vigo

    Imaxe dunha das curtametraxes[0:37 01/12/2005] Por terceira vez consecutiva, o MARCO de Vigo presenta RESFEST, o festival global e itinerante de referéncia no cinema dixital, que se ten convertido no millor escaparate do traballo que están a realizar as últimas xeracións de cineastas. Neste ano 2005, na súa novena edición, RESFEST inclúe curtametraxes, pezas de animación e "motion graphics", videoclips e retrospectivas especiais. Unha ampla selección de máis de quince horas de material audiovisual de alto impacto, procedente de todos os recunchos do mundo, e seleccionado entre 1.800 pezas recibidas durante o último ano.

    Unha vez máis, poderemos disfrutar do traballo de directores independentes, nomes consolidados no mundo da publicidade e o videoclip, estudos e equipas creativos de todas as disciplinas, que están a abrir novas vías na linguaxe cinematográfica por médio da imaxinación e do uso máis creativo das novas tecnoloxías dixitais.

    No programa deste ano salientan as tres selecións de curtametraxes, os vídeos musicais de electrónica e rock independente das seccións "Cinema Electronica" e "Vídeos that Rock!", e as pezas de deseño gráfico en movemento e a animación experimental do apartado "By design". Ademáis, as retrospectivas deste ano están adicadas aos vídeos do músico americano Beck, e ao colectivo de directores escandinavos Tracktor, autores de premiados traballos publicitários e videoclips. O programa compléta-se cos apartados monográficos "Cut and Paste" [Cortar e pegar], adicado aos audiovisuais baseados na reciclaxe, e "Triple Threat" [Tripla ameaza], con tres dos novos directores máis afamados de Ásia, Europa e os Estados Unidos.

    Por vez primeira, RESFEST inclúe un apartado adicado ao cinema dixital español –Resfest Spain– para o que foi seleccionada a obra Ergotango, do vigués Marcos Mosquera (baixo o pseudónimo "Imput Select").

  • [11:28 25/11/2005] A novela curta de Connie Willis Como as que adoitabamos coñecer ven de ser adaptada para a televisión pola canle CBS co título de Snow Wonder. Willis dixo que non mirara o telefilme antes da estrea: "Tereique velo como todo o mundo, o escritor é o derradeiro en se enterar". Na novela, unha treboada de neve cubre o mundo e personaxes en distintas situacións respecto ao trebón imaxinan as causas.

  • [11:27 25/11/2005] Kurt Vonnegut, ún dos escritores máis veteráns da ciéncia-ficción, ven de abrair ao mundo cunhas declaracións cando menos polémicas durante a presentación do seu último libro Man without country, unha recopilación de artigos moi críticos con George W. Bush. Vonnegut afirmou, refiríndose aos terroristas suicidas, que é "honorábel" morrer polo que ún cré, e dixo que aos terroristas considéraos "xente moi valente". Ademáis, comparou os atentados dos terroristas suicidas coa decision do presidente americano Harry Truman ao lanzar a bomba atómica sobre Hiroshima.


    Devastador comunicado da AEFCFT contra a Hispacón!

    [15:13 10/12/2005] A AEFCFT (Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror) ven de emitir un comunicado inusitadamente duro, se cadra o máis demoledor da súa história, pero non por elo menos obxectivo, contra os organizadores da pasada e nefasta Hispacón que foi celebrada en Vigo baixo a "organización" (por dicir algo) do Colectivo Nemo. O comunicado completo é este:

    Dado que consideramos que a HispaCon debería ser o acto principal para a Asociación, a Xunta da AEFCFT non pode senon expresar a sua máis sentida decepción perante a pasada convención celebrada en Vigo.

    De nada serviría facer unha listaxe de erros, ou sinalar co dedo a un ou vários culpabeis. Non é esa a nosa tarefa. Nembergantes, existiron certas situacións que xamáis deberían ter-se producido.

    A nosa intención co presente comunicado é, polo tanto, suliñar aqueles aspectos a coidar ao máximo dado que, como dixemos, a HispaCon debería ser o noso cartón de apresentación máis brillante.

    Non podemos esquecer aqueles que son os tres eixos fundamentais de calquera HispaCon:

    • A calidade en todos os aspectos como obxectivo prioritário.
    • A atención aos colaboradores e asistentes.
    • Unha profunda vontade de integración na localidade na que se celebra a HispaCon.

    Lamentabelmente, a sensación que se viviu en Vigo foi a de improvisación constante no desenvolvemento de cada ún destes puntos, ou a sua clamorosa ausenza. Temos que aspirar a maiores cotas de eficácia. Os asistentes, os sócios, os colaboradores e mais os comités organizadores de pasadas hispacóns merécen-o.

    Sobre o capítulo económico, entendemos que a subvención da Asociación á Ibercón estará xustificada co pagamento do certame Domingo Santos e non há lugar a pedir outras contas.

    Por último, quixéramos solicitar desculpas polas moléstias e inconvintes ocasionados a sócios, asistentes e editoriais.

    Como podedes observar, a malleira para a pésima organización que desenvolveu Nacho Agulló é considerábel, incluindo a durísima sanción económica que isto suporá para o Colectivo Nemo que el dirixe. Dende NOVA fantasia queremos relembrar unha vez máis que nós advertimos con antelación abondo o caos que se estaba a producir e a nosa vontade de axudar a remedalo, pero só fomos recibidos con aldraxes e mesmo tildados de "pallasos" polo señor Agulló. Ao final, cada ún leva o que merece.


    Finou Robert Sheckley

    [15:13 10/12/2005] O escritor de ciéncia-ficción Robert Sheckley finou onte en Poughkeepsie, New York, á idade de 77 anos. Ún dos meirandes humoristas dentro do xénero, Sheckley foi un escritor prolífico que comezou en 1952 con títulos coma Specialist, Pilgrimage to Earth, Warm, The Prize of Peril e Seventh Victim, recolleitados en volumes dende Untouched by Human Hands (1954) a Is That What People Do? (1984) e un pacote de cinco libros en Collected Stories (1991). A súa primeira novela, Immortality, Inc. (1958), foi seguida por The Status Civilization (1960), Journey Beyond Tomorrow (1962), Mindswap (1966) e moitas outras.

    Sheckley foi tamén director de ficción na revista "Omni" dende xaneiro de 1980 a setembro de 1981 e foi nomeado Autor Emérito pola Asociación de Escritores de Ciéncia-Ficción e Fantasía de América en 2001. Sheckley fora hospitalizado a primeiros deste ano mentres asistia á Convención Mundial en Ucraina, onde puido recuperar-se só o suficiente para poder regresar aos Estados Unidos, ainda que xa non se curou da enfermidade pulmonar que rematou con el e non puido asistir á convención de Glasgow onde estaba previsto que fose o convidado de honra.

  • [21:01 30/11/2005] Unha adaptación en ballet da película de Tim Burton Eduardo Manstesouras converteu-se nun éxito inesperado nos teatros londinenses, mesmo antes da estrea. As vendas de billetes para o espectáculo, baseado na película que protagonizara Johnny Depp, acadaron 1,4 millóns de euros de recadación antes da estrea o pasado martes. O éxito deixou abraiado ao director, Matthew Bourne, encantado con que Burton mercara 12 entradas. Bourne pedira os dereitos da história, que vai sobre un científico que crea un home con tesouras no lugar de mans, hai case dez anos, e está moi contento de que o proxecto por fin se materializara.

  • [21:01 30/11/2005] O Museu do Mar de Galiza e Edicións Tambre presentaron onte no auditório do museu vigués o libro Cando Verne amarrou en Vigo, unha novela de Paco Climent que foi traducida ao galego e cuxa presentación coincide cos actos do centeário da morte do escritor francés e coa própria exposición do Museu do Mar sobre a Galiza verniana. Esta exposición, que dura até o 12 de febreiro, axuntou máis de 150 pezas desta época procedentes de máis de quince museus, institucións e coleccionistas de todo o Estado.

  • [23:52 26/11/2005] Pat Morita ven de morrer na súa casa en Las Vegas aos 73 anos. O actor e comediante, cuxa interpretación do señor Miyagi na película de 1984 Karate Kid fíxo-lle gañar unha nominación ao Oscar, finou o martes por causas naturais, segundo a súa esposa dende hai 12 anos, Evelyn. Para os afeccionados ao fantástico só nos ficarán as súas interpretacións na película de debuxos animados Mulan e en séries de televisión coma The Outer Limits, The Incredible Hulk e The Man from Atlantis.

  • [23:52 26/11/2005] A filmación da secuela de Piratas do Caribe foi interrumpida por uns auténticos piratas no mar do Caribe preto das Bahamas. Os produtores da Disney revelearon que dous membros do reparto foron forzados a abandoar o plató ao temer polas súas vidas. O pasado 11 de novembro os piratas roubaron material e cartos por valor de 20.000 dólares, entre eles os cheques cos que habían pagar aos actores.

  • [23:52 26/11/2005] A versión cinematográfica do popular e xa clásico videoxogo Alone in the Dark chegará ás pantallas galegas da man da New World en xaneiro de 2006. A película conta cun reparto encabezado por Christian Slater, Stephen Dorff e Tara Reid. O filme está dirixido por Uwe Boll, responsábel da adaptación cinematográfica doutro exitoso videoxogo, House of Dead.

  • [11:28 25/11/2005] A ABC ven de anunciar que a súa série de espías Alias, que axiña comezará a emitir a canle española Cuatro vai rematar coa súa quinta tempada en maio de 2006. A série viu cair os seus niveis de audiéncia dende que mudaron de día de emisión, e o embarazo da protagonista Jennifer Garner fai ben difícil continuar coa rodaxe nas mesmas condicións. Creada por J.J. Abrams, Alias gañou sete prémios Emmy e mais un Globo de Ouro nos seus cinco anos de emisión.


    Finou Richard Pryor

    Richard Pryor en 'Superman III'[17:14 11/12/2005] O cómico Richard Pryor, cuxo audaz estilo influiu a xeracións de artistas posteriores, morreu o sábado aos 65 anos de idade, segundo anunciou a sua representante Karen Finch. Pryor levaba xa dende o ano 1986 enfermo de esclerose múltiple, unha enfermidade dexenerativa do sistema nervoso.

    Unha série de comédias nos anos 70 e 80 axudaron a converter a Pryor nunha das estrelas millor pagadas de Hollywood, facendo del un dos poucos actores negros que podían negociar os seus próprios contratos. En 1983 asinou un contrato de 40 millóns de dólares coa Columbia Pictures. Entre as súas películas, destacan para os afeccionados ao xénero fantástico a súa aparición na película Superman III, pero tamén Wholly Moses! (1980), The Muppet Movie (1979), The Wiz (1978), Un salvaxe nas rúas (1968) e Estrada perdida (1997), na que foi a súa derradeira intervención nun filme.

    Nacido en Peoria, unha vila preto de Chicago no estado de Illinois (EE.UU.), onde é tan popular que en 2002 renomearon unha rúa como Richard Pryor Place. Durante toda a súa carreira, Pryor tomou como bandeira a igualdade racial, chegando a se burlar na entrega dos Oscars de 1977 polo feito de que Harry Belafonte e Sidney Poitier fosen os únicos membros negros da Académia de Cinema.

    Pryor, fillo sen pai dunha prostituta, chegou dicir unha vez que estaba encantado de "que eu viva nunha América racista e que non teña educación, pero ainda así haxa unha chea de xente que me queira e que lle goste o que fago, e que eu poida vivir diso". Ainda sí, loitou durante moito tempo contra a súa adición ás drogas e ao alcool, e estivo por morrer en 1980 por mor dun problema coa cocaína. Ademáis, tivo outro tipo de problemas, neste caso legais, porque en 1974 foi condeado a tres anos de liberdade condicional por non pagar impostos. En 1978 supostamente chegou disparar dende o seu coche a outro veículo conducido por amigos da súa muller.

    Pryor casou seis veces, tendo cinco fillos: Richard, Steven, Elizabeth, Rain e Renee.

  • [0:38 01/12/2005] O escritor de ciéncia-ficción Arthur C. Clarke ven de ser galardoado coa máis alta honra que se dá en Sri Lanka, o "Sri Lankabhimanya", en recoñecemento da sua sobresainte contribución á maior parte dos primeiros fitos nas comunicacións globais e a tecnoloxía espacial e como aprezación do seu amor a esta illa.

  • [0:38 01/12/2005] Finou a actriz Jocelyn Brando o pasado 28 de novembro. Brando, a irmá de Marlon Brando, apareceu en moitas películas, incluindo o filme de terror Dark Night of the Scarecrow e no thriller Starflight One.

  • [21:01 30/11/2005] A actriz de Hollywood Naomi Watts estivo moi preto de ficar paralítica após dunha horrorosa caída no plató novacelandés onde rodou-se King Kong. Watts, que interpreta a Ann Darrow no filme, caiu nun pozo perante o espanto da equipa de rodaxe. Pero ela insiste en que a súa práctica habitual do ioga salvou-lle a vida: "caín con moita forza e fiquei atrapada nun pozo. Houbo un pequeno intre no que non podía mover-me e coidei que ficara paralítica".

  • [0:38 01/12/2005] Abriu-se o prazo de presentación de orixinais para a decimoquinta edición do prémio Pablo Rido de relato fantástico, que organiza a Tertúlia Madrileña de Literatura Fantástica. Este prémio é, dentro do Estado, o máis antigo e prestixioso de cantos se conceden no eido da ciéncia-ficción e fantasía na modalidade de conto curto (até 30 páxinas).


    Os 4.400, hoxe e mañán en A3

    Foto de Alan Zenuk/USA Network - © 2004 USA Network. All rights reserved.[11:15 12/12/2005] Despois de 50 años, 4.400 personas regresan á Terra após de seren abducidas polos extra-terrestres. Ignoran o que lles aconteceu, pero o seu regreso está a ser controlado por unha axéncia do Governo. Este é o argumento de Os 4.400, a minisérie que hoxe e mañán emitirá Antena 3 en Galiza, dentro do horário de máxima audiéncia.

    Ideada por Scott Peter e René Echevarria, Os 4400 é unha história de ciéncia-ficción, chea de mistério. A produción plantea incógnitas sobre a existéncia da humanidade, o papel dos homes na Terra e o seu futuro nela.

    Mália se tratar dun tema que causa división de opinións por mor da actual moda do antievolucionismo, a série acadou o apoio da crítica e a audiéncia tanto nos Estados Unidos, onde estreou-se o 11 de xullo de 2004, como dos máis de 15 países que xa a viron. Os 4400 obtivo tres nominacións aos Prémios Emmy, incluida á Millor Minisérie.

    A série comenza co inminente impacto dun cometa contra a Terra. Nembergantes, o corpo non se escacha, reduce a velocidade e aterriza en forma dunha bóla de lume sobre un grande lago.

  • [15:15 10/12/2005] O guionista David Magee (Descobrindo Nunca Xamais) está en conversas para escribir A historiadora, unha película de vampiros que a Red Wagon vai producir para a Columbia Pictures. A película é una adaptacion do best-seller homónimo que é a primeira novela de Elizabeth Kostova.

  • [15:14 10/12/2005] SciFi Channel, a canle adicada exclusivamente á ciéncia-ficción, chegou a Franza esta fin de semana, segundo anunciou a NBC. O lanzamento da canle en Franza é un paso mais na expansión da marca, xa presente nos Estados Unidos, Inglaterra e Alemania.

  • [15:14 10/12/2005] A editorial Equipo Sirius, editora da revista Galaxia, ven de anunciar o peche da súa revista, unha das derradeiras adicadas á ciéncia-ficción no Estado en língua castelá. É a segunda revista deste xénero en español que pecha en poucas semanas.

  • [15:14 10/12/2005] Entre as novidades de Edicións Xerais para esta campaña de nadal salientamos algúns libros que podemos englobar dentro do noso xénero favorito: Fantasmas no corredor, de Agustín Fernández Paz, O lago dasgarzas azuis, de Alfonso Pexegueiro, A nena de auga e o príncipe de lume, de Xabier P. Docampo e Un robot pequeno de Paco Martín.


    As crónicas de Nárnia bate récords

    [1:01 14/12/2005] As crónicas de Nárnia. O león, a bruxa e o armário, estreada en Galiza o pasado 7 de decembro, bateu o récord de recadación da Walt Disney en España con 6,1 millóns de euros durante a ponte da Imaculada, durante a que a viron 1.468.000 espectadores, segundo informaron fontes da distribuidora.

    O filme lidera o despacho de billetes dos catorce países nos que se estreou e tan só nos Estados Unidos xa recadou 67,5 millóns de dólares.

    A proposta navideña da Walt Disney para toda a família, baseada nun dos contos do escritor ultracatólico C.S. Lewis, está dirixida por Andrew Adamson - autor das duas entregas de Shrek-, e protagonizada por Tilda Swinton, James McAvoy e Jim Broadbent.

    O filme vai sobre os irmáns Pevensy -Lucy, Edmund, Susan e Peter- quen descobren ao atravesar un armário máxico o mundo de Nárnia, un lugar máxico habitado por animais que falan, trasnos, centauros e xigantes. Estes foron condeados a vivir no inverno eterno pola maldición da Meiga Branca, e os nenos, coa axuda do león Aslan e os habitantes de Nárnia, loitarán para vencer á meiga e liberar-lles da maldición do frio.

    O libro de C.S. Lewis, no que se basea o filme, é unha apoloxía da relixión e está a obter tamén grandes éxitos de vendas en toda España, cunha tirada de 1.200.000 exemplares nos pontos de venda, dos cales xa se vendeu o 53 por cento. O libro, que forma parte dunha saga de sete títulos, está a se reimprimir con outros 250.000 exemplares.


    Del Toro confirmado para Halo

    [1:01 14/12/2005] Ven de se conformar o rumor segundo o cal Peter Jackson falou co director de Hellboy Guillermo del para ue se encargue da agardada adaptación ás pantallas grandes do videoxogo Halo.

    Pero del Toro, quen se atopa en Madrid rematando o seu filme de fantasía rodado en español O labirinto de Pan, podería ter un conflito: seica está a considerar poñer-se ao fronte da realización do filme Hellboy 2, a secuela do seu éxito de 2004.

    "Vai moi ben", dixo del Toro ao respeito da secuela, para a cal xa completou un guión. "É sobre o mundo das fadas e as criaturas míticas rebelándo-se contra a humanidade e decindo que é o fin da humanidade e que é o tempo dos fillos da Terra. E basicamente Hellboy ten que intentar reprimir ou eliminaresa rebelión".

    O protagonista de Hellboy, Ron Perlman, está xa confirmado para a segunda parte, coma o resto do reparto orixinal, incluindo a Selma Blair, Doug Jones, David Hyde-Pierce e Rupert Evans. Mike Mignola, quen creou a série de cómic de Hellboy na que están baseadas as películas, tamén estará a bordo do proxecto. "Debería estar xa lendo o guión arestora", dixo del Toro.

    Ao respeito de Halo, baseado no xogo de invasores áliens de Microsoft, del Toro dixo: "Halo é un proxecto moi interesante, porque está enchido de monstros. É unha grande tentación. Estou en conversas con eles [a Universal Pictures e mais a Bungie Films] e con Peter, pero non é certo que isto vaia adiante e Hellboy non. Hellboy vai adiante. Se todo vai como está planeado, Hellboy sairá adiante".

  • [1:27 16/12/2005] O actor Tom Cruise volve ser obxecto de ataques polas súas extravagantes opinións ao respeito da Psiquiatría, e esta vez chegados da escritora Patricia Cornwell, quen considera que esas opinións na boca dunha persoa tan popular coma Cruise son moi perigosas e poderían levar á morte a algunha persoa que non quixese tomar a súa medicación. Coma lembrades, a Ciencioloxía predica que as enfermidades mentais non existen e que as drogas que prescriben os psiquiatras son nocivas para a saúde.

  • [1:02 14/12/2005] Bryan Singer, recoñecido fan de Star Trek, dixo nunha recente entrevista que está a considerar dirixir unha película da saga Trek. "Son un grande fan" dixo Singer o pasado 30 de novembro, e engadiu: "somos grandes trekkies. e sempre nos falan sobre o que faríamos, e sobre o que faría eu, se fose facer un filme ambientado nese universo".

  • [1:02 14/12/2005] O 25 de decembro, día de Nadal, o programa Cuatrosfera da nova canle Cuatro apresentará as séries que mais tarde formarán parte deste espazo, adicado aos espectadores mais xoves. A canle emitirá o dia de Nadal pola mañá o primeiro capítulo das séries V, O grande heroe americano, e Wonder Woman.

  • [0:52 12/12/2005] O cantante Robbie Williams ven de gañar un xuizo en Alemaña contra unha muller que non parou de o acosar en vários meses. Seica a devandita muller non paraba de lle advertir de que estaba en perigo de ser abducido por extra-terrestres. Como diría ese grande investigador que é Íker Jiménez, estas cousas non hai que tomalas a broma!

  • [15:15 10/12/2005] Foram efectuadas no passado dia 13 de Novembro as primeiras eleições para os corpos sociais da Épica - Associação Portuguesa do Fantástico nas Artes, que passou a ter a seguinte constituição: Rogério Ribeiro (Presidente), Safaa Dib (Vice-Presidente), Isabel Penteado (Tesoureira), João Cristovão e João Ventura na Direcção. No Conselho Fiscal foram nomeados Luís Filipe Silva (Presidente), Luís Rodrigues e Phillip Moringer e para a Mesa da Assembleia João Seixas (Presidente), João Barreiros e Bruno Jacinto.


    Nominados para os Globos de Ouro

    [1:25 16/12/2005] A Asociación da Prensa Estranxeira de Hollywood ven de anunciar os seus nominados deste ano para os prémios Globos de Ouro, que serán entregados o vindeiro 16 de xaneiro. As categorías nas que hai participación dalgún filme ou série de xénero fantástico son estas:

    • Millor Director dun filme:
      • Woody Allen, por Match Point
      • Peter Jackson, por King Kong
      • Ang Lee, por Brokeback Mountain
      • George Clooney, por Good Night, and Good Luck
      • Fernando Meirelles, por The Constant Gardener
      • Steven Spielberg, por Munich

    • Millor actor nunha película:
      • Joaquin Phoenix, por Walk the Line
      • Cillian Murphy, por Breakfast on Pluto
      • Nathan Lane, por The Producers
      • Johnny Depp, por Charlie e a fábrica de chocolate
      • Pierce Brosnan, por The Matador
      • Jeff Daniels, por The Squid and The Whale

    • Millor banda sonora orixinal:
      • Alexandre Desplat, por Syriana
      • James Newton Howard, por King Kong
      • Gustavo Santaolalla, por Brokeback Mountain
      • Harry Gregson-Williams, por As Crónicas of Nárnia: O León, a Bruxa e o Armário
      • John Williams, por Memoirs Of A Geisha

    • Millor canzón nunha banda sonora:
      • A Love That Will Never Grow Old, de Brokeback Mountain
      • Christmas In Love, de Christmas In Love
      • There's Nothing Like A Show On Broadway, de The Producers
      • Travelin' Thru, de Transamerica
      • Wunderkind, de As Crónicas of Nárnia: O León, a Bruxa e o Armário

    • Millor série dramática de TV:
      • Commander In Chief
      • Anatomía de Grey
      • Perdidos
      • Prison Break
      • Roma

    • Millor actriz dramática de TV:
      • Patricia Arquette por Medium
      • Glenn Close por The Shield
      • Geena Davis por Commander In Chief
      • Kyra Sedgwick por The Closer
      • Polly Walker por Roma

    • Millor actor dramático de TV:
      • Patrick Dempsey por Anatomía de Grey
      • Matthew Fox por Perdidos
      • Hugh Laurie por House
      • Wentworth Miller por Prison Break
      • Kiefer Sutherland por 24

    • Millor actor secundário de TV:
      • Naveen Andrews por Perdidos
      • Paul Newman por Empire Falls
      • Jeremy Piven por Entourage
      • Randy Quaid por Elvis
      • Donald Sutherland por Commander In Chief

  • [19:25 17/12/2005] O actor John Spencer morreu este venres dun ataque ao corazón aos 58 anos de idade nun hospital de Los Angeles. Ainda que actualmente era un rostro ben coñecido por estar a interpretar a Leo McGarry na série de TV O ala Oeste da Casa Branca, Spencer será relembrado para os afeccionados ao xénero fantástico por filmes coma Ravenous ou Wing Commander IV. Tamén tivo aparicións en episódios de séries coma The Outer Limits e Lois e Clark.

  • [1:27 16/12/2005] No âmbito da 2ª Feira de Astronomia e Ciência, organizada pelo Nuclio na Marina de Cascais (Portugal), terá lugar no dia 17 de Dezembro, sábado, pelas 18:30, a palestra Os sonhos e os pesadelos de Einstein: a Ciência e a Ficção Científica, por Orfeu Bertolami (Instituto Superior Técnico). Durante os três dias da Feira, o visitante poderá encontrar livros de Astronomia e Ciência, equipamentos astronómicos e um simulador de vôo. Também serão realizadas palestras, oficinas de Astronomia, lançamento de microfoguetes e foguetões de água e outras actividades para os mais jovens. O público poderá ainda participar em sessões de observação do Sol e sessões de observação do céu nocturno. A entrada é livre.


    Majesco vende os seus xogos

    [1:25 16/12/2005] A compañía de videoxogos Majesco Entertainment ven de anunciar que vendeu os dereitos sobre dous dos seus máis agardados lanzamentos, The Darkness e Ghost Rider, a unha compañía ainda non identificada, por 8 millóns de dólares, para así pdoer facerfronte aos seus problemas financeiros.

    Desenvolvida por Starbreeze Studios (The Chronicles of Riddick: Escape From Butcher Bay), The Darkness está baseada no cómic homónimo da Top Cow. A famosa banda deseñada vai sobre as aventuras de Jackie Estacado, un asasino a soldo que adquire uns poderes de máxia negra coñecidos colectivamente como "A Escuridade" (ou sexa, "The Darkness"). O xogo estaba preparado para aparecer en 2006 para a consola Xbox 360 e a PlayStation 3.

    Ghost Rider está baseado na película de Nicolas Cage do mesmo título, que será estreada en verán do ano que ven con distribución da Sony Pictures. Dirixida por Mark Steven Johnson (Daredevil) e baseada no popular cómic da Marvel, a película de terror está protagonizada por Cage, quen interpreta a Johnny Blaze, un motorista tolo que é posuído por un demo vingativo. O xogo está baixo desenvolvemento para a Xbox, a PlayStation 2 e a PSP polos estudos ingleses Climax.

  • [1:26 20/12/2005] Se a semana pasada falabamos de rumores sobre unha nova película trekkie, desta volta hai que mirar o lado negativo. Un portal de Internet anunciou que unha fonte anónima da Paramount Pictures negou eses rumores, que falaban dunha película na que aparecerían xuntos o capitán Jean-Luc Picard, o capitán James T. Kirk e mais o capitán Jonathan Archer.

  • [1:26 20/12/2005] Mália os últimos e recentes ataques contra a súa absurda relixión, Tom Cruise aínda fica firme na súa fe, mesmo até estremos que non agradan moito aos heroes americanos do 11 de setembro. Na súa visita aos bombeiros de New York, e perante o abraio xeral, aproveitou para lles dicir que aqueles deles que aínda están a tomar medicación polo trauma sufrido deberían abandoar as súas receitas e pasar por unha sesión de "purificación" nos centros da seita da ciencioloxía.

  • [1:26 20/12/2005] O actor que deu vida a Spiderman, Tobey Maguire, está como o seu persoaxe a se debatir entre lle pedir a man á súa noiva, Jennifer Meyer, ou ficar sen facer ren. Segundo algúns amigos, o actor, de 30 anos, está por dar o paso despóis de que o mesmísimo Leonardo DiCaprio llo aconsellara tras perder á súa moza Gisele Bundchen por non lle pedir en matrimónio a tempo. Meyer, de 28 anos, é a filla do presidente dos estudos Universal, Ron Meyer.

  • [1:26 20/12/2005] O King Kong de Peter Jackson xerou case 18 millóns de dólares na súa estrea en todo o mundo o pasado 14 de decembro, o que supón que ainda sendo unha moi boa recadación, está a anos luz das millores producións de Hollywood e dende logo do que se agardaba deste filme con orzamento millonário (200 millóns de dólares).


    Kirk nunha nova película trekkie?

    [1:25 16/12/2005] Corre o rumor de que William Shatner é ún dos antigos capitáns de Star Trek que poderían reaparecer nunha nova película trekkie ambientada nun "universo espello". Citando fontes anónimas, algúns sítios de Internet informan da existéncia dun guión que corre de man en man para unha nova peleícula da saga na que se axuntarían o Capitán James T. Kirk, o Capitán Jean-Luc Picard (Patrick Stewart) e mesmo o capitán Jonathan Archer (Scott Bakula). A película sería unha precuela ambientada nun meléfico universo paralelo que apareceu no episódio da série orixinal Mirror, Mirror e que volveu aparecer no episódio dobre da recentemente cancelada Star Trek: Enterprise titulado In a Mirror, Darkly.

    Seica Shatner estaba xa disposto para aparecer nun papel de convidado especial nun episódio da última tempada de Enterprise, pero que non puido serrodado ao rematar a série en maio. A película proposta podería incorporar elementos de ese episódio tamén.

    Oficialmente, a Paramount non fixo ningún anúncio de ningún tipo ao respeito dunha nova película da saga de Star Trek, e tanto o reparto como os membros da equipa de rodaxe teñen manifestado moitas veces que non hai plan para facer máis películas da venerábel franquícia.


    Terramar será un anime

    [1:25 16/12/2005] Os estudos xaponenes Ghibli, fogar do mestre do anime Hayao Miyazaki (Howl's Moving Castle), anunciaron que adaptarán a série de novelas fantásticas de Ursula K. Le Guin Terramar nunha película de debuxos animados titulada Gedo Senki (Contos de Terramar). Gedo Senki será lanzada en Xapón en xullo de 2006 e estará baseada no terceiro e cuarto libro da saga de Le Guin, que conta con seis volumes e que foi publicada por primeira vez en 1968.

    O fillo de Miyazaki, Goro Miyazaki, fará o seu debut na dirección con este filme, que vai sobre a viaxe dun meigo chamado Ged e do príncipe Arrenis.

    A série de Le Guin fora adaptada xa previamente baixo o título de A Lenda de Terramar cunha minisérie da televisión en 2004.

  • [12:55 29/12/2005] O día das bricadeiras en España non deixou indemne á organización da pasada e nefasta Ibercón celebrada en Vigo, porque os humoristas de moitos sítios Web na Internet non desaproveitaron a ocasión para facer burla da equipa dirixida por Nacho Agulló. Así por exemplo, o principal sítio web de novas en español, Stardust, comentou que "a equipa organizadora da IberCon celebrada este ano foi contratada ao completo para a organización dun pavillón da Exposición Internacional que se celebrará en Zaragoza o ano 2008". Máis adiante tildan a esta equipa como "Colectivo Gnomo".

  • [11:55 27/12/2005] Harry Potter e o Cáliz de Lume foi a película máis vista en Inglaterra en 2005, gañando na competición a A Vinganza do Sith e a Charlie e a Fábrica de Chocolate. A cuarta entrega da série creada pola escritora J.K. Rowling obtivo 61,92 millóns de euros de recadación dende a súa estrea o mes pasado, mentres que o filme de George Lucas quedou-se con 56,16 millóns. O remake de Tim Burton de Charlie e a Fábrica de Chocolate obtivo o terceiro posto con 53,68 millóns de euros. O cuarto posto foi para o filme de debuxos Wallace e Gromit: a maldición da lebre e a película de Steven Spielberg A Guerra dos Mundos, con 45,76 e 43,92 millóns respectivamente.

  • [0:56 23/12/2005] White Noise 2: The Light, a secuela do thriller sobrenatural de 2004, comezará a serodar en Vancouver, Canadá, a comezos de 2006 baixo a dirección de Patrick Lussier. A nova película vai sobre un home que é traído de volta á vida. Tras desta experiéncia cercana á morte, sofre unha transformación pola que pode ver á xente que está por morrer. Aínda non se anunciou o reparto para o filme, que protagonzou Michael Keaton na primeira parte.

  • [0:56 23/12/2005] O presidente de produción da Warner Brothers, Jeff Robinov, dixo nunha recente entrevista que a terceira película de Conan o Bárbaro aínda non está desbotada e que están a traballar nela para o ano que ven, se cadra cun orzamento elevado.

  • [0:56 23/12/2005] A actriz Charlize Theron (Aeon Flux) rexeitou o papel protagonista feminino na nova película de James Bond, Casino Royale, que vai interpretar Daniel Craig. Theron é só a última polo de agora que rexeita este papel, após de que Angelina Jolie e Scarlett Johansson dixeran "non" a 007. Os produtores só teñen un mes para atopar unha muller ptoagonista antes de que empece a rodaxe.

  • [15:07 22/12/2005] Segundo din, a actriz Jolene Blalock (a tripulante vulcaniá de Star Trek: Enterprise podería aparecer como convidada especial nun vindeiro episódio de Perdidos. Blalock aparecería como unha muller do pasado de Sawyer.

  • [15:07 22/12/2005] Pokemon USA, a editora do popular videoxogo e dos cromos do persoaxe dos debuxos animados vai emprender acción legais contra o Memorial Sloan-Kettering Cancer Center en New York para evitar que continúen referíndo-se a un xen que causa o cancro co nome de "Pokemon". Ún dos científicos que traballan no centro, Pier Paolo Pandolfi, usou a verba Pokemon para se referir a un xen que causa cancro nun artigo na revista Nature, o que levou a unha chea de artigos sensacionalistas na prensa de todo o país que afirmaban que "Pokemon causa cancro". O centro xa deixou de usar esa verba e agora chaman ao xen co nome Zbtb7. Non é a primeira vez que acontece isto, porque xa hai un xen ao que chaman Sonic que tamén causa cancro, pero a Sega nunca demandou a ninguén por este motivo.

  • [15:07 22/12/2005] Segundo anúncia Orson Scott Card na sua páxina oficial, el mesmo vai escribir un guión para levar ao cinema unha película baseada na sua novela O xogo de Ender. O proxecto sufriu numerosos paróns nos últimos anos, mesmo comentara-se que os guionistas de X-Men 2 e Superman foran contratados, pero o certo é que o pasado día 7 de decembro remataron os dereitos que a Warner tiña sobre o libro. Como daquela non existia un guión para leva-lo á pantalla, o mesmo Card ofreceu-se a escribir o guion a cambio de conceder á Warner un ano máis de opción sobre os dereitos.


    Fernando Alonso salvará ao Universo

    Fernando Alonso convertido en superheroe[1:25 16/12/2005] O piloto español Fernando Alonso, campeón do mundo de Fórmula 1, terá tamén o seu protagonismo no cómic interactivo da man do videoxogo Sector97 da Playstation, onde será un superheroe coa misión de salvar o mundo.

    "Estou un pouco surprendido. O 2005 foi un ano fantástico e ver-me xa como un superheroe tentando de salvar o mundo é algo espantoso", afirmou o asturiano na apresentación do cómic.

    Ao longo de 12 capítulos mensuais, que se visualizarán na Playstation Portátil (PSP) e conseguirán-se na web sector97.com, se se accede dende un ordenador, e sector97.com/psp, mediante conexión wi-fi do dispositivo PSP, Alonso enfrontará-se a diversas probas e vivirá numerosas aventuras xunto a un grupo de intrépidos superheroes co obxectivo de salvar o Universo dun inimigo descoñecido que, segundo sinalou, "non son os Schumacher nin teñen nome ainda pero é un ser superior".

    O cómic, no que traballaron desde hai nove meses mais de vinte profisionais, moitos deles con experiéncia na editorial Marvel, disporá no seu web de entrevistas cos creadores, descárregas e acceso a contidos exclusivos para os usuários de PSP.

    O vixente campeón do mundo de Fórmula 1, que recoñeceu que cando lle plantexaron o proxecto pensou que estaban "tolos, xa que converter-me en superheroe era algo impensábel", suliñou que nesta nova aventura interactiva o seu cometido, "como na vida real, é só conducir".

  • [20:05 31/12/2005] O actor e director Mel Gibson deixou abraiados aos seus fans cunha breve aparición ao estilo de Alfred Hitchcock no tráiler do seu novo filme Apocalypto que está por estrear-se dentro dunhas semanas. Gibson prometera que el non interviría neste filme, que el mesmo dirixe e que está ambientado hai 600 anos en México, rodado íntegramente nunha escura linguaxe local dos máias.

  • [12:55 29/12/2005] O protagonista da versión orixinal de Star Trek, William Shatner, anunciou que vai vender DVDs de películas perdidas ou descoñecidas de ciéncia-ficción nun novo sítio Web que se chamará "O DVD do Mes", enfocado no que chamou "as millores películas de CF que non poderás ver nun cinema preto de ti". O clube promete un novo DVD cada mes por unha cota de 47,99 dólares ao ano, comezando cun filme de lobishomes de 2000 titulado Ginger Snaps.


    Os Watchmen de novo en acción?

    [1:24 20/12/2005] Após de ficar detido o proxecto o pasado mes de xuño, a versión cinematográfica do lendário cómic da DC Watchmen, creado por Alan Moore e Dave Gibbons, seica ven de atopar un novo mecenas na Warner Bros. Pictures.

    Os produtores Larry Gordon e Lloyd Levin aínda están no proxecto, pero o guionista David Hayter e mais o director Paul Greengrass xa o abandoaron. A Paramount tiña previsto o comezo da rodaxe este vrao en Londres pero houbo problemas económicos que detiveron a produción.

    Agora a Warner está a procurar un novo guionista e un director. O filme leva así agardando a que alguén o poida levar adiante moitos anos, dende que en 1989 Terry Gilliam e Sam Hamm interesáron-se en primeiro lugar.

  • [20:05 31/12/2005] A superestrela de Hollywood Tom Cruise é considerado o actor máis molesto do cinema, segundo unha enquisa feita pola revista inglesa "Empire magazine". O protagonista de A Guerra dos Mundos bateu nesta dubidosa competición a Jennifer Lopez e a Julia Roberts, pero curiosamente tamén venceu na enquisa dos leitores para votar á estrela máis grande de todos os tempos, gañando aos veteráns Robert De Niro e Al Pacino. A revista di que Cruise perdeu credibilidade polas súas estrambóticas declaracións de amor pola súa prometida Katie Holmes, ainda que curiosamente non mencionan a perda de credibilidade polas súas controvérsias coa seita da ciencioloxía.

  • [20:05 31/12/2005] A loira Naomi Watts é a última actriz que polo de agora foi considerada para o papel protagonista de "rapaza Bond" na vindeira película do famoso superaxente secreto 007. A australiana gostou moito aos produtores da saga após de ve-la no seu papel de Ann Darrow no filme sobre o símio xigante King Kong, e seica recebiu unha chamada telefónica ofrecéndo-lle intervir na vindeira Casino Royale. Se aceptara, debería interpretar á malvada axente rusa Vesper Lynd, pero fontes cercanas á actriz afirman que proababelmente rexeitará esta tentadora invitación, á que xa dixeron "non" Angelina Jolie e Charlize Theron.


    Ghost Rider, adiada

    [1:24 20/12/2005] A estrea de Ghost Rider, a película de acción sobrenatural protagonizada por Nicolas Cage e baseada no popular persoaxe da Marvel Comics, foi adiada até o 16 de febreiro do ano 2007.

    A Sony decidiu enviar este filme, de 120 millóns de dólares de orzamento, moi cara ao futuro para lle facer sítio a outros 28 títulos que agardan na quenda para a súa entrea prévia, incluindo producións de divisións coma Columbia, Screen Gems, TriStar, Revolution e MGM.

    Os grandes "bombazos" da Sony para 2006 serán O Código Da Vinci (19 de maio), Click (23 de xuño), Monster House (21 de xullo) e o filme de Tim Allen Zoom (11 de agosto).

    Este adiamento sinifica que Marvel Studios deberá agora facer unha cuidadosa desprogramación dos eventos que tiña preparadosaté a data de estrea.

    A nova data en febreiro permitirá asemade que haxa un "colchón" entre Ghost Rider e outro filme da Marvel, Spider-Man 3, que a Sony pretende lanzar tres meses despóis, en maio. Ademáis, Ghost Rider xa non terá que se desacougar pola proximidade coa estrea o vindeiro 30 de xuño de Superman Returns e o 5 de xullo Piratas do Caribe 2.


    Un documental sobre Superman

    [1:24 20/12/2005] O director de Superman Returns, Bryan Singer ven de encargar ao realizador de documentais Kevin Burns que faga Mira arriba no ceo: A abraiante História de Superman.

    Singer será o produtor executivo deste documental, xunto ao mesmo Burns, e está a traballar coa Warner Brothers en ambiciosos plans para que teña unha estrea en salas de cinema e naspantallas de televisión antes de que a Warner poña en marcha Superman Returns o vindeiro 30 de xuño.

    Singer contactara co director cando o realizador era un estudante de cinematografía e seica sempre quixo facer un filme con Burns. Singer gustou moito de Cleopatra: The Film That Changed Hollywood, que Burns dirixiu con Brent Zacky, e tamén Empire of Dreams: The Story of the Star Wars Trilogy.

    O pase pola tele do documental incluiría unha escena de Superman Returns e podería rematar evndéndo-se xunto ao DVD da película ou mesmo nun DVD á parte.

    Burns xa tivo 40 entrevistas con artistas e actores das distintas películas e séries televisivas de Superman e podería ter rematado o seu traballo contra o final do mes de abril.

  • [20:05 31/12/2005] A Vinganza do Sith foi a película máis vista nos Estados Unidos durante este 2005 xa por rematar, con 380 millóns de dólares de recadación. Entre as películas máis vistas do ano están tamén Harry Potter e o cáliz de lume, Batman Begins, Madagascar e As crónicas de Nárnia. En resume, 2005 tivo uns ingresos nos despachos de billetes americanos inferiores nun 11% aos rexistrados en 2004.

  • [20:05 31/12/2005] O actor que interpreta a Seth na série O.C., Adam Brody, está a desenvolver unha nova série para a televisión, neste caso para a canle NBC, e que seica irá sobre vampiros. O argumento desta nova série xira ao redor dun policía novato que se une a unha unidade especial da Policía de Los Angeles encargada de loitar contra os vampiros.


    Finou Vincent Schiavelli aos 57 anos

    Vincent Schiavelli[11:44 27/12/2005] O actor ítalo-americano Vincent Schiavelli, unha das facianas mais peculiares de filmes coma Ghost ou Batman Volve, finou por mor dun cancro de pulmón aos 57 anos na sua vivenda da localidade de Polizzi Generosa, na illa italiana de Sicilia.

    Nado en Brooklyn (New York) en 1948, Schiavelli debutou no cinema en 1971 co filme Mocidade sen esperanza, do director de orixe checa Milos Forman, quen contou con el para boa parte dos seus proxectos posteriores. Foi con este realizador co que interpretou alguns dos seus papeis mais aplaudidos, coma o do lunático Frederickson en Alguén voou sobre o niño do cuco ou criado de Salieri en Amadeus, pero os afeccionados ao xénero fantástico lembrarémolo polas súas interpretacións en Emperor: Battle for Dune (2002), O mañán nunca morre (1997), Blade Runner (versión de 1997), Lands of Lore: Guardians of Destiny (1997), Lord of Illusions (1995), Escape to Witch Mountain (1995), A Little Princess (1995), Lurking Fear (1994), Corpse Killer (1994), Batman Volve (1992), e especialmente en Ghost, onde era a volúbel pantasma do metro de New York que axudaba ao personaxe de Patrick Swayze a manexar-se no mundo material.

    O actor interpretou mais dun cento de personaxes no cinema e tamén na televisión, con aparicións en séries coma Buffy Cazavampiros, Expediente X, Contos da Cripta e Star Trek: a nova xeración.

    Schiavelli era neto dun cociñeiro siciliano que lle inculcou o seu amor polos fogóns, o que se traduciu en vários libros de receitas, en boa parte italianas, asinados polo actor, así como moitos artigos en revistas e xornais.

    Schiavelli estudou artes escénicas na Escola Universitária das Artes en New York e en 1997 foi elixido pola revista "Vanity Fair" como ún dos millores actores secundários dos Estados Unidos. O ano pasado decidiu trasladar-se a Polizzi Generosa, a pequena aldea nas cercanías da capital siciliana, Palermo, de onde era orixinária a sua família materna.

    Estivo casado en duas ocasións, a primeira coa actriz Allyce Beasley, da que se divorciou en 1988 após de tres anos de matrimónio, e logo coa harpista Carol Mukhalian.

    A capela ardente do actor ficou instalada no Concello da localidade de Polizzi, que declarou un dia de loito.

  • [21:16 06/01/2006] O Sindicato de Actores dos Estados Unidos (Screen Actor's Guild) ven de anunciar a súa listaxe de nominados para os seus prémios anuais. Entre eses nominados podemos atopar á série Perdidos como a millor do ano e a Patricia Arquette (protagonista da série Medium) como candidata a millor actriz.

  • [19:15 04/01/2006] Steven Spielberg ven de botar abaixo os rumores de que está a planear un remake de Mary Poppins. O famoso realizador foi vencellado ao proxecto por Sir Richard Eyre, o director do teatro londinense onde se está a representar a versión para as táboas de Mary Poppins, pero o representante de Spielberg, Marvin Levy, contestou que "nunca oín falardisto e non podo imaxinar a Steven facendo un remake dun clásico - e por riba un clásico diso". Será que Levy non oíu falar tampouco de A Guerra dos Mundos?

  • [22:52 03/01/2006] As actrices Michelle Rodriguez e Cynthia Watros declaráron-se non culpábeis no comezo do xuizo que se está a desenvolver contra delas en Hawaii, acusadas de conducir bébedas. As actrices, famosas polos seuspapeis na série fantástica Perdidos, foran arrestadas por feitos acontecidos o pasado 1 de decembro, e agora están a pasar por un xuizo en Kaneohe (illas Hawaii). A primeira en pasar polo banquiño dos acusados será Watros o vindeiro 12 de xaneiro.

  • [22:52 03/01/2006] As Crónicas de Nárnia acadou o primeiro posto nas listaxes de filmes máis vistos nos Estados Unidos, desbancando a King Kong durante o pasado nadal, ainda que menos de dous millóns de dólares separaron a ambas películas nos despachos de billetes. As crónicas de Nárnia acadaron 32,8 millóns de dólares, mentes que King Kong ficou nos 31,6 millóns.

  • [22:52 03/01/2006] Os nominados preliminares para os prémios Nebula deste ano véñen-se de faceren públicos polos membros da Science Fiction Writers of America. Agora o xurado pode engadir un candidato adicional a cada categoría, onde xa hai cinco candidatos para cada unha para facer deste xeito a lista oficial definitiva.

  • [20:05 31/12/2005] O rumor que anda estes días pola rede é que Tom Hanks está a considerar aparecer nunha posíbel vindeira 11ª entrega da saga de Star Trek no cinema, unha película que estaría guionizada por Erik Jendresen, o escritor de Band of Brothers, unha série bélica para a TV interpretada por Hanks o ano pasado nos EE.UU.

  • [23:28 09/01/2006] Após dunha procura que durou tres meses, a Warner Brothers ven de contratar ao recén chegado de 28 anos Will Toale para protagonizar a súa vindeira série sobre Aquaman, o superheroe da DC Comics, creada polos produtores de Smallville Alfred Gough e Miles Millar. Toale, un nativo de Florida, bateu na loita por protagonizar a nova série a máis de 400 aspirantes dos Estados Unidos, Inglaterra, Canadá e Austrália. O episódio piloto rodará-se en marzo en Miami.

  • [23:28 09/01/2006] A nova xunta da Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror remitiu un comunicado con motivo da sua entrada en funcionamento, no que agradecen a labor da xunta sainte e poñen-se como obxectivos a reforma dos prémios Ignotus e a ampliación da base social.

  • [23:28 09/01/2006] O governador de Califórnia, Arnold Schwarzenegger, recebiu 15 puntos de sutura nos beizos após dun accidente de moto que sofriu o domingo mentres conducía xunto ao seu fillo de 12 anos. Schwarzenegger conducía unha Harley Davidson con seu fillo Patrick no sidecar cando bateu contra outro conductor na estrada. O voceiro do ex-actor dixo que el e mais o seu fillo levaban posto o casco.

  • [21:16 06/01/2006] Os produtores da moi agardada O Código da Vinci están a considerar facer unha estrea europea da película no museu do Louvre en París, Franza, xusto onde comeza a história. Os executivos están impresionados co récord de visitantes que o ano pasado acadou o museu onde se atopa a Mona Lisa, e están convencidos de que ese aumento nas visitas débe-se ao libro no que está baseado o filme. O director Ron Howard obtivo un permiso especial para rodar a película no Louvre, que foi visitado por máis de sete millóns de turistas o ano pasado.

  • [21:16 06/01/2006] Os produtores de Hollywood ainda queren convencer ao protagonista de Star Trek, a nova xeración, Patrick Stewart, para que regrese ao mando da nave estelar Enterprise, ainda que el teme que xa será moi vello para cando decidan rodar unha nova película da saga. O actor conta actualmente con 65 anos e insiste en que as ofertas serían moi tentadoras se el tivese uns anos menos: "xente importante de Hollywood chegou cunha proposta moi interesante. Perodixeron que ainda quedan dous, tres ou catro anos para comezar a rodaxe, e daquela eu só serei capaz de me sentar na cadeira do capitán, pero non terei enerxía para me erguer dela!".

  • [21:16 06/01/2006] Inspirou H.P. Lovecraft ao suposto investigador de fenómenos paranormais Erich von Däniken? Xa non só é o artigo que publicou NOVA fantasia en exclusiva mundial hai uns meses, senón que agora é un libro enteiro o que propón esta tese. O libro de Jason Colavito The Cult of Alien Gods está xa á venda nos Estados Unidos e para os que non saibades inglés abondo como para comprende-lo, está sempre o noso artigo para coñecer en profundidade esta interesante teoría.


    Harry Potter: o comezo do fin

    [12:54 29/12/2005] A escritora inglesa Joan K. Rowling ven de confesar que non se pode imaxinar a vida sen Harry Potter, ao anunciar que neste mes de xaneiro próximo comezará a escribir o séptimo e derradeiro libro da saga sobre o xove aprendiz de máxia.

    "Contemplo a tarefa con sentimentos misturados de emoción e medo, porque case non podo esperar para comezar a contar o final da história e para, por fin, responder a todas as preguntas", sinala a autora no seu sítio web. "E, non embargantes, todo vai rematar por fin e non podo imaxinarme a vida sen Harry", di a autora, que engade: "Pero non é o momento de se poñer sensibleiro".

    Rowling explica que nas últimas semanas estivo a lle dar os retoques finais ao plan para o séptimo libro, "así que xa podo sentarme a traballar en xaneiro". A autora admite que ás veces, mesmo nesta etapa, "podes ver aveciñarse problemas".

    A sexta entrega da saga de Harry Potter, Harry Potter e o Príncipe Mestizo, chegou ás librarías en inglés en xullo pasado, após de dous anos de espera, pero non hai ainda data nin se agarda sinala-la axiña, para unha versión en galego que a estas alturas semella pouco menos que improbábel.

    Convertido nun fenómeno literário sen precedentes, os libros do intrépido meigo, traducidos a máis de cincuenta idiomas, rexistraron unhas vendas de máis de trescentos millóns de exemplares en todo o mundo.

  • [22:07 11/01/2006] A Warner Brothers ven de comezar o casting para o papel de Luna Lovegood na vindeira quinta entrega da saga de Harry Potter, Harry Potter e a Orde do Fénix. A produtora está a procurar rapazas de entre 13 e 16 anos que residan en Inglaterra ou Irlanda. Segundo a autora J.K. Rowling, Lovegood é a "anti-Hermione", unha compañeira de clase de Harry en Hogwarts.

  • [22:07 11/01/2006] O Episódio III da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith, acadou o prémio á película favorita e ao drama favorito na 32º gala dos populares prémios "People's Choice" celebrados o pasado 10 de xaneiro no Shrine Auditorium en Los Angeles. Ademáis, a protagonista de Alias, Jennifer Garner obtivo o prémio á actriz favorita e estrela de acción favorita. Finalmente, o protagonista de Charlie e a Fábrica de Chocolate, Johnny Depp foi nomeado actor favorito.

  • [22:06 11/01/2006] Outros prémios dados a coñecer o pasado 9 de xaneiro foron os da Crítica Cinematográfica dos Estados Unidos. Entre os gañadores estiveron Wallace e Gromit: a maldizón da lebre no apartado de Millor Película de Debuxos Animados, Freddie Highmore por Charlie e a a Fábrica de Chocolate na categoría de Millor Actor Mozo, Dakota Fanning por A Guerra dos Mundos no apartado de Millor Actriz Moza e As Crónicas de Nárnia na categoría de Millor Filme Familiar.

  • [23:28 09/01/2006] A pantasma da ópera converteu-se esta noche na obra máis representada da história dos grandes teatros de New York. A función desta noite, após de 18 anos ininterrompidos, foi a número 7.486, unha máis ca lendária Cats. O inglés Andrew Lloyd Webber está acostumado a bater récords e a cifras de moitos díxitos: antes fixérao con Cats, a obra de teatro que, a partir dun libro de poemas infantís de T.S. Elliot, convertía a un grupo de gatos de vertedoiro en protagonistas dun grandre espectáculo. E antes ainda cando puxo a cantar a ritmo de rock a Xesús e os Doce Apóstolos en Xesus Cristo Superstar ou ao matrimónio Perón e os descamisados en Evita.

  • [23:28 09/01/2006] A Warner Brothers ven de adquirir os dereitos sobre un filme baseado no clásico libro de contos para nenos de Maurice Sendak Where the Wild Things Are á Universal Pictures, onde estivo este tempo sen chegar a se converter en película. Spike Jonze dirixirá un guión de seu e mais do novelista Dave Eggers e a compañía de Tom Hanks, a Playtone, producirá este filme.


    Psylocke contra a Patrulla X

    [20:01 31/12/2005] Mei Melancon ven de unir-se ao reparto da vindeira terceira entrega da saga dos mutantes no cinema, X-Men 3, no papel da malvada Psylocke. Melancon aparecera previamente no filme Hora punta 2, que dirixiu o director de X-Men 3 Brett Ratner.

    Psylocke é un persoaxe habitual nos cómics Marvel, ainda que xa tivo moitas encarnacións: é coñecida polos seus poderes telepáticos, ademáis de poder teletransportarse a si mesma e a outros ao mundo das sombras. Na película, loitará contra a Patrulla X como membro da malvada Irmandade dos Mutantes que dirixe o superfalcatruán Magneto.

    X-Men 3, cun guión de Simon Kinberg e Zak Penn, estreará-se o vindeiro 26 de maio nos Estados Unidos.


    Os cristiáns contra a tele

    [12:54 29/12/2005] Un grupo da estrema dereita relixiosa americana ven de denunciar á canle de televisión NBC por anunciar que vai emitir unha série titulada The Book of Daniel ("O libro de Daniel"), porque segundo din, retrata inaxeitadamente á comunidade cristiá.

    A American Family Association (AFA), unha asociación ultraconservadora creada nos anos 70, comezou cunha campaña no seu sítio Web a semana pasada no que pedían o envío masivo de correios electrónicos á canle NBC para evitar a emisión da série.

    O reverendo Donald Wildmon, presidente da AFA, dixo que "a série describe a vida dun cura episcopalián drogadicto cuxa esposa depende fortemente dos seus martinis a medio día". Wildmon tamén critica o retrato dos persoaxes homosexuais na série, así como a que dixo que é "moi pouco convencional" inclusión de Xesús, que aparece mantendo conversas habituais co protagonista da série, Daniel.

    "O Libro de Daniel é unha série dramática de ficción sobre a família dun cura episcopalían e os asuntos cotiáns cos que deben tratar", dixo un voceiro da NBC. "Confiamos en que unha vez que a audiéncia vexa a calidade da série, aprezarán este provocativo exame da família americana". A série "O Libro de Daniel", protagonizada por Aidan Quinn, comezará a se emitir o vindeiro 6 de xaneiro nos Estados Unidos.

  • [22:07 11/01/2006] O éxito de As Crónicas de Nárnia está a levar a que os estudos fagan plans para unha secuela baseada na popular saga de libros de C.S. Lewis. Cary Granat, executivo xefe de produción da compañía Walden Media, dixo que o traballo xa está en marcha e o guión de O Príncipe Caspian comezará a se escribir en poucas semanas: "agardamos que a produción comece no cuarto cuarto do ano que ven", dixo Granat á prensa.


    Spielberg fará Mary Poppins?

    [22:50 03/01/2006] Ver Mary Poppins nas festas nadaleñas converteu-se en Inglaterra nalgo tan tradicional coma o perú con salsa de arándanos. A máxica neneira é adourada por millóns de nenos de todo o mundo e de todas as épocas. Por esta razón, custa imaxinar como pensa Hollywood superar a imaxe de Mary Poppins nunha nova versión do filme. Porque seica a neneira mais extraordinária do mundo voltará ao cinema grazas a un remake que Steven Spielberg está a planificar. O director de filmes coma E.T. e Parque Xurásico uniu-se a Sir Richard Eyre, antigo director do Teatro Nacional Británico, para rodar unha nova versión do clásico da Disney, que data de 1964. Eyre será o director, mentres que Spielberg exercerá de produtor executivo.

    A eleizón de Sir Richard Eyre non ten nada de estraño e si moita lóxica, xa que dirixiu con éxito unha versión teatral do filme no teatro Prince Edward, no West End londinense.

    Un ponto clave que ainda se está a negociar é a composición do reparto, que Eyre espera que sexa o mesmo có da obra. Polo tanto, é mais probabel que quen encarne ao personaxe da neneira sexa unha actriz dramática inglesa e non unha superestrela americana, ideia que non acaba de convencer ao duplamente oscarizado Spielberg. E a primeira eleizón de Eyre para o papel de Julie Andrews é Laura-Michelle Kelly, gañadora dun prémio Olivier polo seu traballo na versión teatral de Mary Poppins. Curiosamente, Kelly iniciou unha carreira musical, se ben a oferta de Spielberg resulta demasiado tentadora para a deixar pasar. Polo que respecta a Bert, o personaxe que en 1964 interpretaba o americano Dick van Dyke cun acento cockney famoso na Grande Bretaña polo mal que o imitaba, Richard Eyre ainda non tomou unha decisión.

    O director da nova versión de Mary Poppins é consciente da dificuldade do repto, pero ten confianza no seu trunfo: "Custará superar o orixinal, pero aos nenos encanta-lles esta história e estou seguro de que este remake será un éxito". Respecto a se haberá inovacións na trama, Richard Eyre mostra-se cauto, se ben hai que sinalar que na versión teatral do filme se atreveu a introducir canzóns novas que callaron no público.

    Pola súa banda, Steven Spielberg ven de botar abaixo os rumores de que está a planear un remake de Mary Poppins. O famoso realizador foi vencellado ao proxecto por Sir Richard Eyre, o director do teatro londinense onde se está a representar a versión para as táboas de Mary Poppins, pero o representante de Spielberg, Marvin Levy, contestou que "nunca oín falardisto e non podo imaxinar a Steven facendo un remake dun clásico - e por riba un clásico diso". Será que Levy non oíu falar tampouco de A Guerra dos Mundos?


    Chirac quixo "enchufar" a Sophie Marceau?

    [20:03 31/12/2005] O Presidente francés Jacques Chirac está a enfrontar unha dura rifa política após de ser acusado de querer alterar o reparto do filme O Código Da Vinci, promocinando a algúns familiares de seu para papeis protagonistas. A estrela de O mundo non abonda, Sophie Marceau, de 39 anos, foi supostamente imposta polo xefe do Estado francés como parella protagonista de Tom Cruise no papel da xove criptóloga Sophie Neveu, ainda que finalmente o papel foi para a tamén francesa Audrey Tautou, segundo revelou o xornal inglés "The Times". Marceau, que é unha amiga íntima da filla de Chirac, Claude, foi unha das principais figuras públicas que apoiaron ao Presidente na súa campaña eleitoral de 2002.

    O escándalo foi denunciado polo director do filme, Ron Howard, quen tamén revelou que Chirac esixiu unha paga máis alta para o actor Jean Reno, o intérprete do detective Bezu Fache na famosa adaptación da novela de Dan Brown. A cambio, o veterán político galo ofreceu facilitar a rodaxe no histórico museu do Louvre en París.

    Howard dixo ao respeito da petición do Presidente francés que "foi hilarante. Afortunadamente, o trato xa estaba case pechado". Un voceiro de Chirac negou estas acusacións, pero admitiu que houbo contactos prévios e mesmo un encontro personal entre Chirac e o realizador Ron Howard no que interveu o produtor do filme Brian Grazer.

  • [0:49 13/01/2006] O efecto Volvoreta 2, a secuela do filme de 2004, comezou a súa rodaxe onte día 12, con Eric Lively e Erica Durance (Lois Lane na série de TV Smallville) nos papeis protagonistas. A secuela non incorporará aos persoaxes do filme orixinal, e irá sobre o xeito no que un persoaxe descobre como as viaxes no tempo fan que as modificacións que se fan no pasado teñan imprevisíbeis consecuéncias no presente.

  • [22:07 11/01/2006] A Asociación Cultural Xatafi ven de convocar os I Prémios Literários Xatafi-Cyberdark, que pretenden ser os prémios da crítica da literatura fantástica no estado español, para "remarcar e resumir as obras máis interesantes publicadas en España o ano anterior e ofrecer un panorama complementário a outros prémios literarios, tales coma os populares Prémios Ignotus, aos que desexamos unha crecente proxección", segundo o comunicado que fixo público a devandita asociación.


    Novo futuro para Futurama?

    [19:13 04/01/2006] Veñen de comezar as conversas na 20th Century Fox TV para revivir a série de debuxos animados Futurama, que o mesmo que lle aconteceu a outra famosa série desta canle, Pai de família, rexurdiu após de ser cancelada.

    Os estudos están nas primeiras etapas das negociacións para volver a producir Futurama e crear un número ainda non decidido de novos episódios da série gañadora do Emmy, ainda que é axiña de máis para dicir onde poderían rematar eses episódios. Un representante da 20th Century Fox TV declinou facer comentários ao noso correspondente.

    O episódio final da série orixinal Futurama foi emitido en agosto de 2003 e dende aquela a série foi gañando máis e máis fans en todo o mundo por mor da versión que foi vendida en DVD e polas constantes reemisións nas canles de pago coma Cartoon Network (ou a Fox TV en Galiza).

    Pero antes de que Futurama volva á vida, a Fox deberá asegurar-se a participación da equipa de produción orixinal, así coma as dos actores que nos Estados Unidos emprestan as súas voces a Fry (Billy West), Leela (Katey Sagal) e Bender (John DiMaggio).

    Mentres tanto, xa se están a producir novas aventuras dos persoaxes de Futurama, iso si, en forma de cómic editado por Bongo Comics, a empresa do co-creador da série, Matt Groening.


    Sam Raimi dirixirá a Terry Pratchett

    [22:04 11/01/2006] O realizador de Spiderman podería dirixir a adaptación ao cine dunha das novelas de Terry Pratchett, concretamente, The Wee Free Men, novela ao marxe do ciclo pertencente ao Mundodisco, polo cal é coñecido Prachett.

    Segundo revelan as nosas fontes en Hollywood, este podería ser o primeiro proxecto post-Spiderman de Raimi, unha vez conclúa a rodaxe de Spiderman 3. A Sony Pictures Entertainmet ven de adquirir os dereitos do libro, e ten a Pamela Pettler (A Noiva Cadavre e Monster House, a vindeira película de animación de Robert Zemeckis) traballando no guión.

    Os estudos afirmaron que pretenden facer unha película de acción real dirixida a toda a família, e deixan cair tamén que, se funciona nos despachos de billetes, poderían producir sendas adaptaciones doutras novelas de Prachett, esta vez si, pertencentes ao Mundodisco.

    Publicada en 2003, Wee Free Men narra a história dunha nena de nove anos que vive nunha granxa e viaxa a un mundo paralelo, onde recupera a un irmán perdido, que caira nas poutas da pérfida e suxa Raíña Fada. Seica hai polo médio uns trasnos da tradición escocesa, de 1,80 metros de alto e a face azul, que axudan á rapaza a vencer á fada malvada.

    Sobre datas e reparto, ainda non sabemos ren, pero Raimi estreará Spiderman 3 en mayo de 2007, polo que estoutro proxecto irá para longo.

  • [0:49 13/01/2006] Melissa Joan Hart, a antiga protagonista da série de TV Sabrina, deu a luz o pasado día 11 de xaneiro a un fermoso neno de 4 quilos, o seu primeiro fillo e tamén o primeiro para o seu home, Mark Wilkerson, cantante do grupo de rock Course of Nature.

  • [0:48 16/01/2006] A actriz Susan Sarandon fará de raíña malvada quetenta destruir o amor na vindeira produción da Walt Disney Pictures, Enchanted. Sarandon interpretará á raíña Narissa, quen se opón ao amor dos príncipes nun conto de fadas que dirixirá Kevin Lima e cun guión de Bill Kelly. A produción comezará en abril, pero o papel de Sarandon non entra a traballar até maio.

  • [0:48 16/01/2006] Cynthia Watros, quen dá vida a Libby na série Perdidos, compareceu o xoves perante o xulgado para confesar-se culpábel dos cargos de conducir bébeda após de ser arrestada o pasado 1 de decembro. "Síntoo", dixo a actriz despóis de se declarar culpábel. Watros foi multada con 370 dólares e cunha suspensión do seu permiso de conducir por 90 días, ademáis de ser condeada a 14 horas de cursos de rehabilitación. A actriz da mesma série Michelle Rodriguez, tamén arrestada o mesmo día polo mesmo motivo, terá o seu xuizo o día 30 de marzo, pero declarou-se non culpábel.

  • [0:48 16/01/2006] Milleiros de rapazas de entre 13 e 16 anos fixeron longas ringleiras perante os estudos de Londres onde se facía o casting para escoller á actriz que dará vida a Luna Lovegood en Harry Potter e a orde do Fénix. A primeira na cola era Kim Allen, unha nena de 15 anos que só tivo que agardar 11 horas. Só sepermite participar no cásting a rapazas inglesas ou irlandesas, para o cal é necesário amosar o pasaporte.

    Finalistas do III prémio Minotauro

    [22:04 11/01/2006] O xurado da terceira edición do Prémio Minotauro, formado por Fernando Savater, Ángela Vallvey, Marcial Souto, Rodolfo Martínez - gañador da segunda edición -, Mª Ángeles Mercader, Pedro Matesanz, Laura Falcó Lara e Francisco García Lorenzana, decidirá cal será a obra gañadora de entre as cinco finalistas á terceira edición do Prémio Internacional de Literatura Fantástica e Ciéncia-Ficción en español convocado por Edicións Minotauro e Cafés Marcilla.

    Os cinco finalistas son:

    • Los inmortales no escuchan música, de Alberto de la Rocha Muñoz
    • Las sendas púrpura, de Asdrubaldos (seudónimo)
    • Sombras de una Vieja Raza, de Edward Hirston (seudónimo)
    • Juglar, de Rafael Marín
    • Dinastía celeste, do Profesor Challenger (seudónimo)

    O fallo do Prémio Minotauro terá lugar en Madrid o vindeiro mércores 15 de febreiro. O gañador desta segunda edición recibirá 18.000 €, o que convirte ao prémio no millor dotado a nivel mundial dentro do xénero fantástico e de ciéncia-ficción.

  • [1:28 20/01/2006] Harrison Ford ven de dar un ultimato de dous anos aos "grandes" de Hollywood Steven Spielberg e George Lucas para que se decidan a facer a cuarta entrega da saga de Indiana Jones. O veterán actor, de 63 anos, confía en que as aventuras do heróico persoaxe cheguen por fin á grande pantalla, pero coida que se non se fai antes de dous anos, terá que abandoar a ideia de interpretar a Indiana. A película estaba prevista para se rodar o ano que ven.

  • [1:27 20/01/2006] Seica o director de Superman Returns, Bryan Singer, está a gastar os cartos máis rápido ca unha bala. Unha fonte ben informada revelou que o orzamento da película é un pozo sen fondo e que ao final chegará preto dos 300 millóns de dólares, unha terceira parte dos cales irá tan só para os efectos especiais. O resultado, segundo comentan é unha espécie de "Superman atopa Matrix". Pero na Warner Brothers negan a maior e din que este informe é "totalmente absurdo".

  • [1:27 20/01/2006] Peter Liguori, presidente da Fox Broadcasting Co., dixo nunha recente entrevista que vai deixar a porta aberta á posíbel resurrección da série de ciéncia ficción de debuxos animados Futurama. Liguori dixo que o modelo de Pai de família (unha série tamén cancelada pero que após das supervendas en DVD foi rescatada) é tido en conta para este caso, pero engadiu que aínda non hai negociacións activassobre o caso de Futurama.

  • [1:27 20/01/2006] Bryce Dallas Howard (Lady in the Water) está en negociación para interpretar á noiva de Peter Parker, Gwen Stacy, na vindeirapelícula da Columbia Pictures Spiderman 3. Sam Raimi dirixirá o filme, que comezará a súa produción este mes. Gwen é un persoaxe fundamental nos cómics de Spiderman: é a súa primeira moza e o sue primeiro amor, pero foi secuestrada polo Trasno Verde e morreu durante unha loita co superfalcatruán mentres penduraba dunha ponte.

  • [1:27 20/01/2006] A New Line vende contratar a Virginia Madsen para interpretar xunto a Jim Carrey o papel protagonista no thriller fantástico The Number 23 baixo as ordes do realizador Joel Schumacher. Madsen sustituirá a Elisabeth Shue no filme, que comezará a se rodar o 23 deste mes, tamén interpretado por Danny Huston e Rhona Mitra cun guión de Fernley Phillips. Carrey fai dun home que se obsesiona cun libro que semella reflectir a súa vida, co número 23 aparecendo ao longo do argumento.

  • [1:27 20/01/2006] Chris Carter, o creador de Expediente X, ven de demandar á 20th Century Fox Television por romper o seu contrato, interferéncias contractuais e outras reclamacións de pagamentos que supostamente lle adebedaban pola súa série da televisión. Carter acusa aos estudos de incumprir os termos do seu acordo porque atopárono "demasiado favorábel" para el, segundo a demanda presentada en decembro no Tribunal Superior de Los Angeles.

  • [1:27 20/01/2006] Cun editorial no derradeiro número de "Star Wars Magazine" e mais un cativo anúncio na sua web, Biba Ediciones ven de anunciar a fín da edición española da revista e a sua xestión do clube de fans español. De todos era coñecido que a revista non era precisamente un supervendas (de feito, perdia cartos), co que ao vencemento da licéncia o pasado 31 de decembro non houbo intentos de renovación. É a terceira revista sobre o xénero fantástico en língua española que pecha en menos dun mes, o que dá boa medida da gravísima crise do sector en España.

  • [0:48 16/01/2006] O SCI FI Channel ven de anunciar que deu luz verde á produción de Nine Lives, unha minisérie de 12 horas de tema sobrenatural que ten como produtor executivo a Steven Spielberg e como guionista a Les Bohem, os mesmos que fixern a série Taken. Nine Lives, que explora o tema da vida após da morte, ten unha data de estrea prevista en 2007.

    Ana María Matute en Pontevedra

    Ana Maria Matute[0:50 13/01/2006] A mítica autora de Esquecido rei Gudú, a escritora Ana María Matute, é unha das figuras que participarán no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará do 5 ao 11 de febreiro no Pazo da Cultura.

    Este foro literário, que se apresenta hoxe por primeira vez en Madrid, terá unha lembranza moi especial para a recentemente desaparecida María Victoria Moreno, escritora cacereña de nacemento e galega de adopción, que ía ler o pregón desta sétima edición. Alumnos de Pontevedra lerán alguns dos seus textos na inauguración e, na clausura, o escritor Neira Cruz efectuará unha semblanza da escritora desaparecida.

    O salón ten como motivo principal a natureza e pola vila do Lérez pasarán escritores e ilustradores de recoñecido prestíxio, como Antonio Rodríguez Almodóvar, último prémio nacional de literatura infantil e xuvenil, Juan Kruz, Miquel Desclot, Ana Romero Yebra, Antonio Reigosa, Francisco Fernández, Pablo Amargo e Kiko da Silva, que impartirán distintos talleres tanto para nenos como para adultos.

    Tamén se están a preparar catorce exposicións, entre elas a de Edicións Xerais, titulada "A natureza do Merlín", criada para este salón. Ademais, entre as novidades figura a apresentación do libro titulado Trobalinguas, que está escrito nas distintas línguas do Estado. Completan o programa diversos espectáculos musicais e teatrais, contacontos e outras actividades encamiñadas a achegar aos nenos á literatura.

    O Salón do Libro de Pontevedra iniciou a sua andadura en 1999, auspiciado polas asociacións Máis Libros e a Sócio-Pedagóxica Galega, co apoio do Concello. Agora, mais de trinta colectivos e instituizóns apoian co seu traballo esta iniciativa que foi medrando co paso dos anos, tanto no número de visitantes como en ambientación, actividades e resultados.

    Proba diso é que na primeira edición visitaron este foro ao redor de 2.500 persoas, mentres que na do pasado ano foron mais de 9.000 os espectadores, nenos e adultos. E é que as actividades atraen a un bo número de persoas. Asi, para este ano hai previstos mais de doce espectáculos, con grupos de teatro coma Artello, Lula, e Trinke-Tranke.

  • [1:28 20/01/2006] O antigo protagonista de Expediente X, David Duchovny, podería converter-se no Incríbel Hulk após de que o actor australiano Eric Bana abandoara o proxecto da secuela. Peter Cuneo, o vicepresidente de Marvel Comics, revelou que Duchovny é o seu favorito para interpretar ao xigante verde en O Incríbel Hulk 2 nunha recente entrevista. Cuneo insistiu en que o proxecto de Hulk ainda está vivo: "Hulk fixo 250 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo, o que é moi grande, e como lembraredes, tivemos un grande éxito coa nosa liña de xoguetes, vendendo máis de 100 millóns de dólares en todo o mundo".

  • [12:18 24/01/2006] A secuela autorizada do clásico de J.M. Barrie Peter Pan está por fin rematada, pero o título é o único detalle que os editores non están dispostos a manter en segredo: Peter Pan in Scarlet, pola escritora Geraldine McCaughrean. O libro é a continuación oficial do ben coñecido relato de Barrie, con Campanela, Wendy, o Captitán Garfo e o rapaz que non quería medrar. Peter Pan in Scarlet será publicado o vindeiro 5 de outubro pola Oxford University Press, segundo revelou o Great Ormond Street Hospital para nenos, a sociedade que posúe os dereitos sobre a história de 1929.

  • [23:18 22/01/2006] A Walt Disney Co. está a manter conversas moi sérias para mercar a Pixar Animation Studios, produtora de filmes coma Os Incribeis, após de meses nos que os dous xigantes da animación estiveron a explorar xeitos de poder continuar a súa lucrativa sociedade. A Disney podería pagar máis de 6.700 millóns de dólares, que é o que vale a Pixar na Bolsa. Para elo, seica pensar contar coa inestimábel axudiña do xefe supremo de Apple, Steve Jobs, que se convertiría no máximo accionista da Disney.

  • [23:18 22/01/2006] Tony Franciosa, o actor coñecido pro dar vida ao detective Matt Helm, finou aos 77 anos o pasado xoves no UCLA Medical Center de Los Angeles após de sofrir un ataque ao corazón. Franciosa era recoñecido entre os fans do fantástico polas súas aparicións en filmes coma Death House, Ghost Writer, Tenebre, Curse of the Black Widow, Earth II e na italiana Nella stretta morsa del ragno. Tamén tivo notábeis aparicións en séries de TV coma The Twilight Zone, Alfred Hitchcock Presenta ou Tales of the Unexpected.

    Robbins en 1984

    [22:04 11/01/2006] O actor Tim Robbins dixo nunha recente entrevista que quere montar unha nova versión para o cinema do clásico libro de George Orwell 1984: "xa teño un guión e vou comezar o proceso de poñelo en marcha".

    Robbins está actualmente dirixindo unha versión no teatro do libro, cun guión de Michael Gene Sullivan, para a súa compañía de Los Angeles, a "The Actors' Gang", até o vindeiro 8 de abril.

    "No libro, o Grande Irmán di que non nos preocupamos do 85 por cento da xente, porque están demasiado atordoados coa pobreza e o traballo que nunca han ser parte do problema. Do que realmente estamos preocupados é do 15 por cento restante", comentou Robbins, e engadiu: "cando pensamos no mundo autoritário que debuxou Orwell, as frases de moda son unha cousa, pero cando lés o libro de novo, as concretas e as relevantes para agora son abraiantes".

    Robbins non quixo desvear se el mesmo tería un papel na película. E se o filme se fai ou non é cuestión de cantos cartos poida recadar, segundo dixo: "Veremos se hai interese nel. Orwell pode estar vinte anos no pasado, pero eu sei que o atopo incribelmente relevante".


    O Opus quere prohibir O Código Da Vinci

    [1:25 20/01/2006] A organización ultracatólica Opus Dei espera que o filme O código da Vinci, baseado na novela de Dan Brown do mesmo título, sexa proibido aos menores de idade para os protexer da "manipulación da história".

    "Unha cuestión interesante é se este filme non tería que se reservar somente a maiores. Calquera adulto distingue realidade de ficción: abonda cun pouco de cultura. Pero, ante unha manipulación da história, a un neno faltan-lle elementos de xuízo: non abonda engadir o cartaz de 'ficción'", declarou o responsábel do Opus Dei para as relazóns cos meios internacionais, Marc Carrogio.

    "Así como se protexe aos menores das escenas explícitas de sexo e violenza, non haberia que lles protexer da violenza expresada de forma mais subtil e por iso mais insidiosa?", sustivo Carrogio en declaracións á axéncia católica de notícias Zenit. Carroggio recoñeceu que o libro de Brown e a expectativa que suscita "está a resultar unha espécie de publicidade indirecta para nós".

    A millonária produción cinematográfica O Código da Vinci, producida por Sony-Columbia e con Tom Hanks e Audrey Tautou como protagonistas, presenta coma o "malo da película" oo Opus Dei, que chega a asasinar para defender o seu segredo.

    O libro O código da Vinci, que estivo durante moito tempo primeiro na listaxe dos mais vendidos en numerosos paises con mais de 20 millóns de exemplares, fora duramente criticado polo cardenal italiano Tarcisio Bertone, arcebispo de Xénova, quen pediu aos católicos que non o leran. O purpurado organizou o ano pasado un encontro para "restablecer a verdade" e desmentir a existéncia dunha organización para defender aos descendentes de Xesús e María Magdalena.


  • [11:11 27/01/2006] A película Underworld Evolution converteu-se na que máis recadou nos EE.UU. ao acadar 27.600.000 dólares na sua primeira fin de semana nos cartaces. A película, que o vindeiro 3 de febreiro chegará ás nosas salas da man da Filmax, situou-se no número un do "box office" americano, por diante de títulos coma New World. En Underworld Evolution, Kate Beckinsale (Van Helsing) e Scott Speedman (A miña vida sen min) retoman as personaxes de Selene e Michael que interpretaran na primeira parte desta história sobre vampiros e lobishomes.

  • [17:31 25/01/2006] Theresa Russell (Viúva Negra) ven de se unir ao reparto de Spiderman 3 no papel da esposa de Flint Marko, máis coñecido coma Sandman (Thomas Hayden Church), segundo anúncia o noso correspondente en Hollywood.

  • [17:31 25/01/2006] A compañía de Sam Raimi, a Ghost House Pictures, ven de adquirir os dereitos cinematográficos para o videoxogo xaponés Siren, e a versión no cinema centrará-se nun estudante americano dunha escola de medicina que estáa procurar á súa irmá no Xapón e atópa-se atrapado por un mal inenarrábel que non pode ser contido.

  • [12:18 24/01/2006] Eric Bana negou nunha entrevista concedida recentemente que rexeitara participar na vindeira película secuela do éxito de 2003 Hulk; de feito, o actor australiano dixo que non existiran discusións sobre a devandita secuela, contrariamente aos rumores que circulaban na Internet sobre David Duchovny, que supostamente fora recrutado para facer unha secuela que sairía directamente ao mercado de DVD.

  • [11:12 27/01/2006] Os veteráns actores Mickey Rooney e Dick Van Dyke farán papeis de malvados gardas de seguranza na vindeira película sobrenatural de Ben Stiller, Night at the Museum.

  • [11:12 27/01/2006] A Warner Brothers podería estar preto de pechar un trato para alugar o Kingsbridge Armory de New York como estudo de gravación para rodar alí unha versión cinematográfica da famosa novela de vampiros de Richard Matheson I Am Legend. A Warner quere alugar a famosa armería por 350.000 dólares, 50.000 ao mes. I Am Legend, orixinalmente ambientada en Los Angeles, vai sobre o sobrevivinte solitário dun mundo no que un andazo converteu a todos os habitantes en vampiros.

  • [11:12 27/01/2006] Zooey Deschanel ven de sumar-se ao filme fantástico Bridge to Terabithia da Walt Disney Pictures e mais a Walden Media. O director Gabor Csupo fará o seu debut nunha película con actores reais (é coñecido polas súas séries de debuxos animados). Josh Hutcherson e AnnaSophia Robb xa foran contratados para o papel de dous compañeiros de clase que crean o mundo de Terabithia, un reino imaxinário enchido de xigantes e trolls e toda caste de seres máxicos.

  • [11:12 27/01/2006] O director de O horror de Amityville, Andrew Douglas, vai-se volver agora cara aos debuxos animados, concretamente á produción de terror da Screen Gems Priest, baseada na novela gráfica creada por Min-Woo Hyung. Mike De Luca, Sam Raimi e Josh Donen serán os produtores, e o traballo comezará este mesmo verán cun guión de Cory Goodman. A película é un western de vampiros que vai sobre un cura que desobedece as leis da súa igrexa aliándo-se cun xove sheriff e unha sacerdotisa para seguir as pegadas dunha banda de vampiros renegados que secuestrou ao seu sobriño.

    William Shatner vende unha pedra do ril

    [1:25 20/01/2006] O protagonista da série orixinal de Star Trek, o actor William Shatner, vendeu unha pedra do seu ril por 25.000 dólares (20.000 euros) a un casino on-line, para recadar cartos para unha organización benéfica. O actor, de 74 anos, chegou ao acordo o pasado luns para vender o seu cánculo renal a GoldenPalace.com.

    "Isto leva a doazón de órganos a un novo nivel, a ún máis baixo, se cadra. Canto vale un anaco de min?". Preguntou-se Shatner. Os cartos irán a parar a Habitat for Humanity, unha organización benéfica que tenta atopar casa a todo o mundo.

    Shatner, quen interpretaba ao capitán Kirk en Star Trek, foi operado dun cálculo renal o pasado outono e xa daquela anunciara a súa intención de vender dito cálculo. O actor fora levado ao hospital após de sofrir unha dór "inaturábel" nas costas mentres rodaba a súa actual série, Boston Legal: "Foi sinxelamente incríbel e fai-te pensar sobre o que é a dór", dixo.

    Seica a operación cirúrxica é dorosísima, e a peza vendida inclúe os aparellos utiliados durante a mesma para permitir o paso da pedra, que é tan grande que segundo Shatner, "calquera gostaria leva-la no dedo", e engadiu que "se a sometes a unha intensa calor, podería transformar-se nun diamante".

    GoldenPalace.com ofrecera orixinalmente 15.000 dólares pola pedra, pero o actor non quixo vende-la porese prezo, afirmando que as súas túnicas de Star Trek chegaron a se vender por máis de 100.000 dólares. O director executivo de GoldenPalace.com, Richard Rowe, felicitou-se pola adquisición, que irá parar a unha colección de obxectos extraños, entre os que se atopa un sándwich médio mastigado coa imaxe torrada da Virxe María, polo que pagaran 28.000 dólares hai uns meses.


  • [11:12 27/01/2006] Se hai unhas semanas dábamos a nova de que grupos cristiáns nos Estados Unidos estaban a intentar o peche dunha série de televisión, esta vez hai que dicir que lamentábelmente, conseguírono. A série The Book Of Daniel, protagonizada por Aidan Quinn no papel dun cura episcopalián que fala con Xesús e que ten unha família problemática, foi cancelada pola NBC. Os grupos relixiosos que no "país das liberdades" controlan ao seu antoxo a televisión, pública e privada, non puideron aturar as críticas que se facían nin o feito de que a série tratase de temas coma as drogas ou a homosexualidade. Algunhas cadeas rexionais mesmo tiveron que poñer gardas de seguranza diante das súas portas para evitar os ataques destes servos de Deus.

  • [2:17 29/01/2006] Os episódios que non foron emitidos de The Book of Daniel, a série cancelada por mor das protestas dos grupos cristiáns, poderán ver-se en Internet a través do sítio web NBC.com. Está claro que a compañía quere emitir estes episódios como sexa, pero tamén está claro que os grupos de presión relixiosos no "país das liberdades" teñen moita forza, e non precisamente a prol da liberdade.

  • [2:17 29/01/2006] FAQ: Frequently Asked Questions, a longametraxe de ciéncia-ficción dirixida por Carlos Atanes, continúa a sua andaina por festivais internacionais, e o vindeiro 27 de febreiro será proxectado dentro da Sección Oficial Competitiva do Fantasporto, o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Porto, ún dos certames do xénero máis importantes de Europa. FAQ xa recibiu durante 2005 un amplo recoñecemento internacional, incluindo o Prémio á Millor Película no Panorama of Independent Filmmakers de Atenas (Grécia), e é unha das longametraxes españolas que conta cun maior número de seleccións oficiais en certames de todo o mundo.

    O fantástico na pintura do Bosco

    Detalle dun cadro do Bosco[23:15 22/01/2006] O xoves 26 de xaneiro voltará a se producir unha nova entrega do ciclo adicado á pintura do Bosco que está a ter lugar na sede viguesa da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Gonzalo Borrás, catedrático de História na Universidade de Zaragoza, falará sobre o fantástico no mundo medieval.

    A ponéncia do profesor Borrás, con propósito de aproximar-nos mais á enigmática obra do artista holandés, apresentará unha visión xeral do carácter fantástico no mundo medieval de Occidente. Valorará a aportación que o cristianismo fixo á tradición fantástica na época medieval, para facer un breve repaso da grande herdanza que tivo o cristianismo do mundo clásico e mais concretamente da cultura grega con fins moralizantes, para finalmente considerar o fenómeno de fascinación que os limites do fantástico, o macrazo e o apocalíptico, produciron nos tempos do Bosco.

    O ciclo rematará o dia 2 de febreiro coa conferéncia de Pilar Silva Maroto, xefa do Departamento de Pintura flamenca (1400-1600) no Museo do Prado.



    O Código da Vinci abrirá Cannes

    [12:16 24/01/2006] Se o ano pasado foi George Lucas con A Vinganza do Sith, este ano será O Código da Vinci, o thriller esotérico baseado na novela homónima de Dan Brown sobre códigos secretos e conspiracións diversas, a película que inaugure na Riviera francesa o festival de Cannes, o certame cinematográfico máis famoso do mundo o vindeiro 17 de maio. No resto do planeta teremos que agardar até o día 19 do mesmo mes.

    A adaptación dirixida polo gañador dun Oscar Ron Howard conta cun reparto internacional liderado por Tom Hanks e Audrey Tautou. O mesmo cá novela, a película está ambientada sobre todo en Franza, e de feito a história comeza co asasinato do director do museo do Louvre en París.

    A primeiros deste mes, o Louvre dixera que os produtores da película estaban a se decidir entre facer a estrea mundial no mesmo museo ou no festival de Cannes, pero finalmente seica decedíron-se polo festival, onde non participará na sección oficial.

    O director honconés Wong Kar-wai, realizador de In the Mood for Love, preside este ano o xurado do certame galo, que terá lugar entre os días 17 e 28 de maio. Os organizadores do glamuroso festival tentarán manter o equilíbrio entre as películas das que disfrutan os afeccionados e as películas das que disfrutan os críticos, o que case nunca adoita coincidir.


  • [2:17 29/01/2006] Sete persoas admitiron os cargos de iratería por copiar e distribuir un DVD do Episódio III da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith, antes de que fora estreado nos cinemas o ano pasado. Os sete americanos, seis homes e unha muller, deberán agora facer fronte a multas duns 80.000 euros e un ano de cárcere por permitir o acceso á devandita película poñéndoa accesíbel nos seus ordenadores na Internet. O principal pirata, Albert Valente, o ladrón que roubou a película fisicamente en Los Angles, foi xa condeado en marzo do ano pasado.

  • [2:17 29/01/2006] A Pixar e mais a Disney veñen de anunciar que cancelan os seus plans de facer unha terceira entrega da saga de Toy Story. Os executivos dos estudos decidiron que o guión non era bó abondo para os padróns estabelecidos nas dúas fitas anteriores, polo que esta terceira parte deberá agardar bastante tempo ainda.

  • [2:17 29/01/2006] Val Kilmer protagonizará o filme dirixido por Tony Scott, Deja Vu, xunto a Denzel Washington. O drama da Disney reunirá outra vez a Kilmer co realizador que xa o dirixira en Top Gun e co mesmo produtor, Jerry Bruckheimer. No reparto tamén están Jim Caviezel e Paula Patton. Kilmer e Washington farán de axentes do FBI que teñen a oportunidade de viaxar atrás no tempo para detér a un terrorista que vovóu un ferry. A película comezaráa se rodar en marzo en New Orleans.

  • [13:13 31/01/2006] Eric Bana ainda quere repetir o seu papel como doutor Bruce Banner na vindeira segunda entrega da película Hulk. O actor australiano interpretara ao persoaxe protagonista na primeira parte e suxeriu hai uns días que non faría o papel de novo, o que deu pé a rumores da súa sustitución por David Duchovny, pero agora ven de dicir nunha entrevista que está contratado para facer esta segundaparte e que quere que lle digan canto antes se se vai facer ou non, para poder asemade axustar a súa axenda.

  • [13:13 31/01/2006] A revista Solaris, adicada ao mundo da literatura de ciéncia-ficción e fantasía en español, tamén pecha as súas portas. A editorial Distrimagen, editora da mesma, enviou aos seus suscriptores unha carta certificada dicindo que cesaron a edición das suas revistas "Solaris", "Urza", "2d10" e "Nemo". É a cuarta revista de ciéncia-ficción en español que pecha en tan só dous meses, o que dá boa ideia da grave crise que azouta a este seitor na língua do Império.

  • [13:13 31/01/2006] A listaxe dos candidatos ao prestixioso prémio Arthur C. Clarke 2006 á millor novela de ciéncia-ficción publicada en Inglaterra ten este ano a Kazuo Ishiguro por Never Let Me Go, Ken MacLeod por Learning the World, Alastair Reynolds por Pushing Ice, Geoff Ryman por Air, Charles Stross por Accelerando, e Liz Williams por Banner of Souls. O gañador será dado a coñecer o vindeiro 26 de abril nunha cerimónia no cinema Apollo en Londres.

  • [13:13 31/01/2006] A Science Fiction and Fantasy Writers of America vende anunciar que William F. Nolan será premiado co galardón de Autor Emérito no decurso do banquete dos prémios Nebula a celebrar en Tempe, Arizona, este maio, xunto co xa previamente anunciado Grande Mestre Harlan Ellison.

  • [2:17 29/01/2006] A AEFCFT ven de inaugurar unha lista de correio adicada aos afeccionados ao xénero fantástico para que debatan sobre los Prémios Ignotus. A lista atópa-se nesta ligazón e está adicada á libre discusión sobre os candidatos aos prémios Ignotus 2006. A xunta directiva anima a todos, sócios e non sócios, a participar e dar as suas opinións.

    Os nominados aos BSFA

    [17:30 25/01/2006] Os nominados para os prémios de 2005 da British Science Fiction Association (BSFA) foron anunciados o pasdo 22 de xaneiro. Estes galardóns serán presentados o vindeiro 15 de abril nunha cerimónia que terá lugar no decurso da convención nacional inglesa de ciéncia-ficción, a Concussion, que se celebrará en Glasgow, Escócia. Os prémios da BSFA son os principais galardóns que se dan no Reino Unido meiante voto popular. Os nominados para os prémios son escollidos polos membros da BSFA e serán votados polos membros da devandita asociación que asistan á convención. De seguido vai a listaxe cos nominados:

    • Millor novela: 9Tail Fox, de Jon Courtenay Grimwood, Accelerando, de Charles Stross, Air, de Geoff Ryman, Learning the World, de Ken MacLeod e Living Next Door to the God of Love, de Justina Robson.

    • Millor conto: Bears Discover Smut, de Michael Bishop, Bird Songs at Eventide, de Nina Allan, Guadalupe and Hieronymus Bosch, de Rudy Rucker, I, Robot, de Cory Doctorow, Imagine, de Edward Morries, Magic for Beginners, de Kelly Link, Soft Apocalypse, de Will McIntosh e Two Dreams on Trains, de Elizabeth Bear.

    • Millor traballo artístico: portada de Brass Man por Steve Rawlings; portada de Elantris por Stephan Martinière; portada do número de xaneiro de 2005 da revista "F&SF", por Max Bertolini; portada do nº 198 da revista "Interzone" por Kenn Brown; portada do nº 200 da revista "Interzone" por Pawel Lewandowski; We3, capítulo 2, páxinas 2-3: "Run!" por Frank Quitely.

    Angoulême homenaxeará a Verne

    O cartace do festival[11:09 27/01/2006] O Festival Internacional de Angoulême, a principal cita para os amantes dos cómics, comenzou onte coa presenza de vários centeares de debuxantes, unha homaxe a Jules Verne, a importáncia do manga e a apertura a xoves creadores inéditos como elementos destacabeis. Ademáis, este ano o certame contará coa salientábel presenza de Jim Lee e Mike Mignola como representantes do cómic americano de superheroes.

    Tráta-se da trixésima terceira edición dun certame que se celebrará até o domingo 29 e que situou a Angoulême (no oeste de Franza) coma o referente máis importante en todo o mundo para un sector da edición que apaixoa a mozos e adultos, e que move cifras millonárias. Só en Franza, anfitriona do festival, venden-se cada ano máis de 33 millóns de comics, cun volume de negécio duns 250 millóns de euros. Ainda que no país dos galos o principal éxito de 2005 foi o novo volume de Astérix, unha parte crecente dese mercado ocupáno as publicacións procedentes de Xapón e Corea do Sul.

    A finais de 1972, o éxito dunha exposición consagrada ao cómic na cidade de Angoulême, titulada "Dez millóns de imaxes", fixo xurdir a ideia de organizar un encontro anual adicado á novena arte. O 25 de xaneiro de 1974 inaugurou-se a primeira edición, cuxo cartace era obra de Hugo Pratt; a aquel encontro acodiran importantes autores, coma André Franquin, Burne Hogarth e Harvey Kurtzman. Nos anos 70 o Festival afianzou-se como un evento de importáncia internacional, ao que acodiron os máis célebres debuxantes, coma Hergé, Will Eisner, Moebius ou Jacques Tardi; ao mesmo tempo, o concello de Angoulême comprometeu-se coa tarefa de facer da cidade un centro do cómic mundial, con iniciativas coma a creación do Taller-Escola de Banda Deseñada, en 1982.

    O Festival concede vários prémios, que recompensan, en diferentes categorías, aos millores traballos do ano anterior editados en Franza. Os xurados escollen aos gañadores de entre unha prévia selección de nominados (non superior a sete). Os prémios son entregados a tarde do primeiro día do Festival, no teatro de Angoulême.

    O Festival concede prémios en moitas categorías diferentes, entre os cales os máis destacados son o Grande Prémio, o Prémio Alph-Art ao Millor Álbum (este ano para Notes pour une histoire de guerre, de Gipi), o Prémio ao Debuxo, o Prémio ao Guión e o Prémio ao Primeiro Álbum (este ano para Aya de Yopougon tome 1, de Clément Oubérie e Marguerite Abouet).


    Ciéncia-ficción galega en iTunes

    [17:30 25/01/2006] Segundo novas publicadas polos nosos compañeiros de Culturagalega.org, O asasino invisible é un libro de relatos de ciéncia-ficción do escritor e xornalista pontevedrés Xosé Durán que editou Galaxia en 1998 na súa colección "Costa Oeste" e agora, ademais de le-los podes escoita-los. É posíbel porque é o primeiro audiolibro (libros narrados e gravados en áudio) de pagamento en galego dispoñíbel a través de iTunes, a tenda de música en liña da Apple. Por outra banda, Xosé Durán tamén ten en iTunes ún en español que leva por título El libro del triunpador e prepara novos relatos en galego para difundir a través da Rede coma O cerebro, O xogo e Dobre ou nada.

    Esta primeira obra de Xosé Durán contén dez relatos de ficción ambientados no futuro. Un futuro no que o ser humano xa conquistou o espazo e pode habitar diversos planetas, pero no que, sen embargo, a vida na Terra está a punto de desaparecer polo progresivo deterioro do médio e pola terríbel ameaza das intelixéncias artificiais, as grandes promotoras deste desenvolvemento, convertidas agora en seres malévolos e destrutores.

    No mundo que pinta Durán é posíbel viaxar no tempo cara ao pasado e cara ao futuro, controlar, clonar e manipular xenéticamente as distintas espécies, pero a sociedade volveu-se insolidária e mecánica. A ficción científica adquire certas doses de intriga nos tres últimos relatos, protagonizados todos eles polo inspector Murray.



    Goya para O soño dunha noite de verán

    [13:12 31/01/2006] O filme O soño dunha noite de verán, da produtora galega Dygra Films, fíxo-se onte co prémio Goya á millor película de animación, nunha gala apresentada por Antonio Resines e Concha Velasco dende o Parque das Nacións de Madrid. A cerimónia, sóbria e longa de máis, repasou os primeiros vinte anos duns prémios que como afirmou a presidenta da Académia das Artes e as Ciéncias Cinematográficas de España, Mercedes Sampietro, "seguen máis vivos ca nunca mália a desproporcionada competéncia, a cicatería dalgunhas televisións, a timidez dos políticos e a falla de autoestima".

    Os directores de O soño dunha noite d everán (Dygra Films/Appia Filmes), Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, relembraron que esta longametraxe de animación fala precisamente dos "soños que temos todos os que facemos cinema" e aseguraron que estes soños "non serían posíbel sen a colaboración que brindan empresas coma Caixanova". A fita gañadora competía con outra produción galega, "Gisaku" (da Filmax), dirixida por Baltasar Pedrosa.


    Henson regresa ao Cristal Escuro

    [0:56 03/02/2006] The Jim Henson Co. ven de contratar a Genndy Tartakovsky para que dirixa Power of the Dark Crystal, a secuela do mítico filme fantástico de 1982 O Cristal Escuro. Tartakovsky é o creador de grandes éxitos en séries de debuxos animados na televisión, coma O laboratório de Dexter ou Star Wars: As Guerras Clon. A súa compañía, Orphanage Animation Studios, tomará as rendas dos elementos de animación por ordenador para unha película que sobre todo conterá bonecos e monicreques.

    A película será asemade unha coprodución da Henson e a Orphanage. Lisa Henson, a co-xefa executiva da Jim Henson Co., producirá xunto ao presidente da Orphanage, Scott Stewart. Pola súa banda, Brian Froud regresará para deseñar novos persoaxes.

    Ambientada centos de anos despóis dos feitos narrados na primeira parte, esta secuela vai sobre unha misteriosa rapaza feita de lume que rouba un anaco do cristal coa espranza de acender novamente o sol moribundo.


    Oscars pouco fantasticos

    [21:22 31/01/2006] A superprodución de Peter Jackson King Kong obtivo tan só candidaturas a prémios menores nas nominacións aos Oscars de 2005 que se deron a coñecer esta mañán en Los Angeles, mentres que outros filmes de ciéncia-ficción e fantasía foron virtualmente borrados do mapa ou teñen que se contentar con categorías menos importantes.

    A gala cos gañadores terá lugar o vindeiro 5 de marzo nunha cerimónia que será presentada polo huorista da CNNi Jon Stewart. De seguido van as categorías con nominacións de interese para os afeccionados:

    • Millor película de debuxos animados: Howl's Moving Castle, A noiva cadáver de Tim Burton e Wallace e Gromit na Maldición da Lebre-Lobo.

    • Dirección artística: Good Night, and Good Luck, Harry Potter e o Cáliz de Lume, King Kong, Memórias dunha Geisha e Orgullo e Prexuizo.

    • Oscar á Millor cinematografía: Batman Begins, Brokeback Mountain, Good Night, and Good Luck, Memórias dunha Geisha e The New World

    • Millor Vestiário: Charlie e a Fábrica de Chocolate, Memórias dunha Geisha, Mrs. Henderson Presenta, Orgullo e Prexuizo e Walk the Line

    • Millor Maquillaxe: As crónicas de Nárnia, Cinderella Man e A Vinganza do Sith.

    • Millor curto de debuxos animados: Badgered, The Moon and the Son: An Imagined Conversation, The Mysterious Geographic Explorations of Jasper Morello, 9 e One Man Band.

    • Edición de Són: King Kong, Memórias dunha Geisha e A Guerra dos Mundos

    • Mistura de Són: As Crónicas de Nárnia, King Kong, Memórias dunha Geisha, Walk the Line e A Guerra dos Mundos

    • Efectos Especiais: As crónicas de Nárnia, King Kong e A Guerra dos Mundos


    Palmares de Angoulême 33

    [21:22 31/01/2006] O Teatro principal de Angoulême encheu-se para escoitar aos gañadores dos prémios Bande Dessinée Angoulême na súa 33ª edición, cuxo xurado estaba presidido por Georges Wolinski, o gañador do ano pasado e ao que se lle adicaba unha exposición.

    Durante el acto houbo várias proxeccións, entre elas un extracto da longametraxe colectiva de animación Peurs du noir, o tráiler da futura adaptación de Valérian para televisión, extractos da película Entres 4 planches, que está coproducida entre o Festival e Les Requins Marteaux, e algunhas escenas de marabillosos "cartoons" que se veran na exhibición "Capsule Cosmique".

    A listaxe cos gañadores é a seguinte:

    • Prémio obra para xoves 7-8 años: Yakari et les Appaloosas de Derib e Job.
    • Prémio obra para xoves 9-12 años: Sillage vol. 8 - Nature Humaine de Buchet e Morvan.
    • Prémio ao cómic alternativo: Fanzine belga non profesional Mycose, de Liége.
    • Prémio xoves talentos: Karine Bernadou de París e a Êcole Oliver de Serres.
    • Prémio ao primeiro album: Aya de Yopougnon, de Clément Oubérie e Marguerite Abouet.
    • Prémio ao debuxo: Le Vol du Corbeau, volume 2 de Jean-Pierre Gibrat.
    • Prémio ao guión/Prémio do público: Les Mauvaises Gens de Etienne Davodeau.
    • Prémio á série: Blacksad, de Juan Guarnido e Juan Diaz Canales.
    • Prémio ao património: Locas volume nº1 de Jaime Hernandez.
    • Prémio ao millor álbum/Prémio René Goscinny: Notes pour une histoire de guerre de Gipi.
    • Prémio especial outorgado á delegación chinesa venida especialmente desde Shangai pola apertura como mostra do recoñecemento da apertura ao mundo do cómic chinés e da sua rápida expansión.
    • Prémios escolares: Ao debuxo, Roxane Lumeret, de 16 anos; ao guión: Ugo Gouiran Bondu, de 14 anos e ao humor: Amaël Nicolas, de 8 anos.
    • Prémio Grand Prix RTL: L’Aigle Sans Orteils de Lax.

  • [0:57 03/02/2006] Os produtores de James Bond ainda están a procurar unha nova rapaza Bond ainda que a nova aventura de 007, Casino Royale, xa comezou a se rodar en Praga. A pre-produción da película comeza asemade sen dous dos seus principais ingredentes: a rapaza e o malo. O director e guionista de Crash, Paul Haggis, autor tamén do guión deste filme protagonizado por Daniel Craig, dixo nunha recente entrevista que ainda están a entrevistar a tres rapazas. Por certo, que a Miss Itália Caterina Murino non será, contra o que dixo a prensa daquel país, a rapaza Bond, senón que só interpretará un pequeno papel.

  • [0:57 03/02/2006] Os fans do Señor dos Aneis ficaron alporizados o pasado luns cando os produtores anunciaron que a preestrea da obra de teatro baseada na famosa novela ía-se adiar. Máis de 4.000 clientes de todo o mundo anceiaban este debut en Toronto, Canadá, pero os executivos simplemente dixeron que a obra, cun orzamento de 23,7 millóns de dólares, adiába-se até o sábado. Moitos fans que viñeran expresamente para esta obra tiveron que facer auténticos numeriños para poder ficar nas habitacións dos seus hoteis.

  • [21:23 31/01/2006] A Warner Brothers ven de adquirir os dereitos para facer un filme baseado na novela de épica prehistórica 10.000 A.C., que narra a viaxe dun mozo dunha tribo que é cazador de mamuts, no amencer do home moderno. Agárdase que sexa dirixida por Roland Emmerich (O Día despóis de mañán).

  • [13:13 31/01/2006] O protagonista de A Guerra dos Mundos, Tom Cruise, está entre os nominados anunciados o pasado 30 de xaneiro para os prémios anunais Razzie, que "honran" ás piores películas do ano. Cruise competirá polo prémio ao pior actor do ano con Will Ferrell (Enmeigada), Jamie Kennedy (O Fillo da Máscara), Dwayne "The Rock" Johnson (Doom) e Rob Schneider (Deuce Bigalow: Gigoló Europeo). Cruise tamén foi nominado para a nova categoría de "Obxectivo da prensa rosa máis pesado". Os gañadores serán anunciados o 4 de marzo, un día antes dos Oscars.

  • [11:14 10/02/2006] A actriz Amber Tamblyn será a protagonista de Grudge 2, a secuela de The Grudge que comezará a se rodar en Tóquio a semana que ven, co ollo posto no mes de outubro para unha posíbel estrea e baixo a dirección de Takashi Shimizu. Esta secuela contará coa breve aparición da que foi a súa protagonista no filme orixinal, Sarah Michelle Gellar.

  • [11:45 09/02/2006] Se che gusta o xogo de pezas Lego e mais os mitos de Cthulhu do escritor H.P. Lovecraft, daquela háche gustar tamén a combinación de ambas cousas, o Cthulego Rises, unha construción do fan inglés Mark Stafford, no que con pezas do clásico xogo creou moitos dos escenários, persoaxes e monstros dos relatos do autor de Providence. Se queredes ver máis, podedes botar unha ollada a esta ligazón.

  • [11:45 09/02/2006] Lou Ferrigno, co-protagonista da série dos ano 70 O Incríbel Hulk (era o actor que após de ser pintado de verde, facía da Masa), será investido o vindeiro 13 de febreiro como novo sheriff do Condado de Los Angeles.

  • [11:45 09/02/2006] O protagonista da clásica saga de terror Pesadelo en Elm Street, Robert Englund dixo nunha recente entrevista que a New Line Cinema quere facer outra película co seu persoaxe, Freddy Krueger. Segundo dixo, a New Line encargou unha precuela de Pesadelo en Elm Street, e máis unha comédia na que loiten Freddy, Jason (o de Venres 13) e Michael Myers, o maléfico psicópata da saga de Halloween.

  • [12:26 07/02/2006] A película de debuxos animados (ainda que sexan con plastilina) Wallace e Gromit: a maldición da lebre-lobo foi a grande trunfadora na gala dos prémios Annie o pasado sábado, acadando 10 estatuíñas, entre as que se atopan á de millor película animada, deseño de persoaxes, dirección, produción e guión. Tamén houbo prémios para os dobradores das voces orixinais dos actores. A série de televisión Pai de Família acadou dous prémios, e outros filmes e séries coma Lilo & Stitch 2, Star Wars: As Guerras Clon ou Ultimate Spider-Man tiveron que se conformar cun só galardón.

  • [11:14 10/02/2006] A New Line ven de contratar ao realizador mexicano Guillermo del Toro (Hellboy) para que dirixa un thriller futurista fantástico titulado Killing on Carnival Row. Del Toro está negociando os derradeiros flecos deste filme, que será producido por Arnold e Anne Kopelson a través da súa compañía Kopelson Entertainment. O filme vai sobre unha cidade victoriana habitada por humanos, fadas, elfos e vampiros, cun detective que persigue a un asasino en série.

  • [11:14 10/02/2006] A novela de Terry Pratchett Hogfather, pertencente ao ciclo de Mundodisco, será levada á televisión como unha minisérie de 4 horas para a cadea inglesa SkyOne como parte da sua programación navideña de 2006. Un dos protagonistas será David Jason, actor moi popular arestora nas pantallas de televisión inglesas.


    Anime Weekend Aveiro 2006

    [0:56 03/02/2006] O Anime Weekend Aveiro 2006 (AwA) será o primeiro grande evento em Portugal que conseguirá reunir várias tendências da cultura moderna Japonesa. De 16 a 19 de Fevereiro, no Parque de Exposições de Aveiro irá acontecer o que há muito aguardavas. Anime, exposições, concertos, ateliers, workshops, cozinha japonesa, para além de cosplay, livrarias, editores, sites, manga, karaoke...

    A oferta cinematográfica pauta-se por alguns dos animes mais mediáticos da última década, Akira, Ghost in the Shell 2 e os filmes de Miyazaki, mas a cereja no bolo será a oportunidade de participar nos vários ateliers dedicados, nomeadamente, a Origami, Shiatsu, Manga Manual e bonsai entre outros.

    Os visitantes poderão também assistir a vários espectáculos que prometem cativar o público e dar-lhe a conhecer as várias vertentes da cultura nipónica, tanto na forma de recitais de flauta, como na execução de cerimónias de chá, ou até mesmo através de imagens interactivas.

    Não perca, em Aveiro, estes quatro dias de viagem em conhecimento do Japão.



    Finou o avó da família Monster

    [22:01 05/02/2006] Al Lewis, o actor que encarnou ao avó na série televisiva A família Monster, morreu o venres aos 95 anos de idade por causas naturais.

    Al LewisNo canto de escoitar a voz de Lewis no seu programa semanal na estación de rádio WBAI, os oíntes souberon hoxe por boca de Bernard White, o director da emisora, que o actor viña de morrer após de vários anos nos que estivo delicado de saúde.

    Lewis, cuxo nome verdadeiro era Albert Meister, nacera en New York en 1910 e comezou a sua carreira nun circo, ainda que non se esqueceu dos libros e acadou un doutorado en psicoloxía infantil na Universidade de Colúmbia en 1941. Oito anos despóis Lewis volveu actuar e apareceu nos teatros ao longo da Avenida Broadway.

    Saltou á televisión con aparicións en The U.S. Steel Hour: Trouble-in Law e Naked City, pero o seu primeiro grande papel na pequena pantalla foi o do policía Leo Schnauser en Car 54, Where are you?. Nombergantes, consagrou-se na memória dos televidentes como o avó con pelo branco, paxariña e ollada tola de The Munsters, unha série producida entre 1964 a 1966. Após diso, seguiu na televisión en programas coma Gomer Pyle, Here's Lucy, American Style e Taxi.

    Pero Lewis tamén adicou-se a outras cousas. Abriu un restaurante italiano chamado "Granpa's" en New York, e aos 88 anos presentou-se ás eleccións do Estado de New York como candidato polo Partido Verde, unhas elecciones que gañou o actual governador republicano George Pataki. Lewis acadou 52.533 votos. Mantivo a sua presenza política no seu programa de rádio, até que hoxe non puido sair ao áire.

  • [11:14 10/02/2006] O guionista de comics Landry Walker, co-autor da vindeira série Tron: The Ghost In the Machine, dixo nunha recente entrevista que lle levou cinco anos a el e ao seu colega Eric Jones negociar os dereitos da famosa e xa clásica película da Disney de 1982, Tron. O resultado será unha série de comics que comezarán a se publicar en abril nos Estados Unidos. O cómic céntra-se en Jet Bradley, o fillo de dous dos persoaxes principais da película orixinal da Disney, e que regresa ao interior do computador cando hai unha guerra entre diferentes ideoloxías.

  • [11:14 10/02/2006] Halo 2, o videoxogo da Microsoft que é secuela do popular Halo da mesma compañía, terá versión para PC, pero só para o novo sistema operativo Windows Vista, o que obrigará aos usuários a se mudar. Até hoxe, os xogos desta franquícia levan xa recadados máis de 14,5 millóns de dólares en todo o mundo.


    V de Vendetta na Berlinale

    [12:24 07/02/2006] V de Vendetta, a nova incursión cinematográfica dos irmáns Wachowski, os criadores de Matrix, é unha das estreas mundiais que acollerá a edición número 56 do Festival de Cinema de Berlín, coñecido popularmente como a Berlinale.

    Dirixida por James McTaigue baixo a atenta ollada dos fuxidíos Wachowski, quen asinan o guión e a producción do filme, V de Vendetta é a adaptación da novela gráfica do mesmo título, escrita a princípios dos anos oitenta por Alan Moore e David Lloyd. Unha obra de culto no mundo do cómic, rodada nos históricos estudos de Babelsberg, moi próximos á capital alemana, e que ten como protagonista a Natalie Portman (A Guerra das Galáxias). Situada nun futuro non moi afastado, nunha imaxinária Grande Bretaña baixo un rexime totalitário, o filme narra a história dunha xove (Portman) que, xunto a "V", un enmascarado defensor da liberdade, decidiu iniciar unha revolución en contra da tirania dominante.

    A Berlinale arrincará o vindeiro xoves, 9 de febreiro, co melodrama Snow cake, protagonizado por Sigourney Weaver. Ao longo de dez dias, o certame berlinés acollerá a proxección de mais de 300 filmes, entre longametraxes e curtos, provintes de 56 paises.

    O festival, un dos eventos mais significativos na panorama cinematográfico internacional, oferecerá, entre outros esperados títulos, a estrea mundial de As partículas elementais, adaptación da novela homónima de Michel Houellebecq realizada polo alemán Oskar Poehler; a apresentación de A Prairie Home Companion, de Robert Altman, en torno a un lendário programa radiofónico que debe deixar de se emitir despois de trinta anos en antena, e o novo thriller de Claude Chabrol, L'Ivresse du pouvoir.

    Pola alfombra vermella do certame, limitada no seu percorrido a uns escasos metros debido ás baixas temperaturas que estes dias acostuman pender sobre capital alemá, está previsto que pasen actores coma Meryl Streep, George Clooney, Heath Ledger, Isabella Rosellini, Natalie Portman ou Isabelle Huppert. E directores coma Claude Chabrol, Roberto Begnini (O tigre e a neve), e Terrence Malick, lendário e pouco prolífico cineasta, que apresentará en Berlín O novo mundo, a sua cuarta longametraxe en trinta anos de carreira.


    Trasnada presenta unha curtametraxe

    [11:47 09/02/2006] O grupo municipal de teatro Trasnada presentará o próximo venres a curtametraxe El Hallazgo ("O achádego") ás 21 horas na discoteca Émbassi en Vigo.

    El Hallazgo é unha curtametraxe dirixida e guionizada por Al Tesouro, realizado en formato DVD e cunha duración de 11 minutos, e narra a experiéncia dunha parella que atopa un obxecto que desencadeará situacións fantásticas e místicas.

    Trasnada é un grupo de teatro afeccionado de funcionários do Concello de Vigo, que leva traballando desde o ano 1996 con numerosas representacións de obras como Azos de esguello, Non se chora, Falemos de sexo ou O enfermo imaxinário. Agora o grupo experimenta cunha produción dun corto coa que se contou principalmente cos actores do grupo. Entre os actores atópan-se Begoña Cabaleiro, Fernando González, Antonio Barreira, Conchi Rodríguez, Laura Amez, María Bilbao, Quicolo Rodríguez, Antonio Alonso, Chelo Fernández e Juan Aguirre.

  • [1:05 15/02/2006] O actor Phil Brown, coñecido entre os fans por interpretar ao tío Owen de Luke Skywalker na Guerra das Galáxias, finou aos 89 anos por mor dunha pneumonía no Motion Picture and Television Country House and Hospital en Woodland Hills, Califórnia o xoves pasado, segundo revelou a súa viúva Ginny. Brown tivo que mudar-se a Londres nos anos 50 porque estivo nas "listas negras" durante a "caza de bruxas" da era do maccarthysmo, e o director George Lucas atopouno alí en 1977 cando rodaba a primeira parte da macrosaga da Guerra das Galáxias.

  • [1:05 15/02/2006] Eddie Murphy protagonizará a comédia de ciéncia-ficción Starship Dave, que vai sobre unha tripulación de áliens semellantes a humanos en miniatura que están a procurar atopar solución ao seu mundo condeado. O realizador Peter Segal será o director, e a 20th Century Fox producirá.

  • [21:32 13/02/2006] Sir Ian McKellen ven de dirixir duros ataques contra a indústria de Hollywood, á que acusa de ser homófoba pola súa actitude coas estrelas gais e lesbianas. McKellen, Gandalf en O Señor dos Aneis, é ún dos gais máis famosos entre a comunidade de actores, e aos seus 66 anos insistiu dende a Berlinale na que está estes días en que mália filmes coma Brokeback Mountain, Hollywood mantén unha actitude puritana e homofóbica, non coma Broadway en New York.

  • [11:14 10/02/2006] O Opus Dei non conseguiu que en O Código da Vinci se suprimiran as alusións á súa organización e agora que está preto a súa estrea na grande pantalla, non exclúe que os seus asociados demanden á produtora Sony-Columbia. Segundo o voceiro do Opus en New York, Marc Carroggio, as querelas presentarán-se se o impacto da película reduce a recadación financeira para as "obras de caridade" do grupo relixioso. Carroggio recoñeceu que o Opus intentou que a Sony-Columbia eliminara na película toda referéncia ao grupo, que aparece como unha seita diabólica na novela de Dan Brown. De todos os xeitos, o filme será publicidade gratuita para o Opus, por canto os principais médios americanos adicaron monográficos ao grupo e a própria Random House (a editora da novela O Código da Vinci) publicará o libro Camiño, escrito polo fundador do Opus.

  • [11:14 10/02/2006] O actor Gary Oldman está cada vez máis afastado de repetiro seu papel como Sirius Black na vindeira película de Harry Potter, após de que xurdiran rumores sobre o seu despido fulminante desta saga. Oldman, que apareceu nas anteriores dúas películas, ainda non asinara o seu contrato para repetir na súa terceira participación (a cuarta película) e o seu representante, Douglas Urbanski, dixo aos médios que "non hai plans para que Gary apareza neste filme". A voceira da compañía Warner Brothers confirmou que ainda non houbo acordo con Gary Oldman, pero que hai tempo para amañar esta situación.

  • [11:14 10/02/2006] A comunidade mormona dos Estados Unidos está alporizada pola nova série que vai protagonizar Bill Paxton na tele, Big Love, porque temen que a xente identifique aos mormóns coa poligámia. Nesta nova série da canle HBO, Paxton interpreta a un mormón casado con tres mulleres e a igrexa mormona di que iso podería causar confusión nas audiéncias. O certo é que a igrexa mormona prohibiu a poligámia en 1890, pero segundo o Fiscal Xeral dos Estados Unidos, hai entre 30 e 40.000 mormóns tan só en Utah e Arizona que ainda continúan a practica-la.

  • [3:55 16/02/2006] Andreas Katsulas, o actor que interpretou a G'Kar na série Babylon 5, así como a moitos outrospersoaxes en séries coma Star Trek, finou o pasado 13 de febreiro en Los Angeles por mor dun cancro de pulmón aos 59 anos. Katsulas nacera en Sant Louis e tiña unha licenciatura en teatro. Comezou a interepretar papeis na tele e no cinema até que en 1986 mudou-se a Los Angeles, onde tomou parte en séries coma Alien Nación e Max Headroom, así como na película O Fuxitivo, onde interpretaba ao malvado home cun só brazo.

  • [1:05 15/02/2006] A vindeira película de Ben Affleck, unha biografía sobre George Reeves, o primeiro actor que interpretou a Superman na tele e mais no cinema, ven de mudar o seu título por motivos legais: de Truth, Justice And The American Way pasa a Hollywoodland. Na Warner Bros, a produtora de Superman Returns, non querían que este biopic de Affleck utilizase o clásico lema do home de aceiro ("verdade, xustiza e modo de vida americano"). Reeves interpretou a Superman no filme de 1951 Superman And The Mole-Men e na série de TV dos anos 50 Adventures Of Superman, e morreu por un disparo en 1959. A versión ofical é que foi un suicídio, pero a súa família coida que foi un asasinato. Hollywoodland, protagonizada por Adrien Brody, chegará aos cinemas este ano.

  • [3:55 16/02/2006] Jeff Goldblum (Jurassic Park) está en negociacións para protagonizar un telefilme da NBC titulado Seeing Red, no que interpretaría a un excéntrico e brillante policía que ten a habilidade de falar cos mortos, que lle axudan a resolver os seus casos. Este telefilme será dirixido por Frank Darabont (A milla verde), cun guión de Graham Yost.


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM