As novas de NOVA FANTASIA

Novembro de 2006 - Febreiro de 2007


Fórum Fantástico 2006

[23:07 09/11/2006] O Fórum Fantástico, a convención portuguesa do xénero fantástico, anúncia por fin a súa programación. Entre o 16 e o 19 de noviembre, organizado pola Épica – Asociación Portuguesa do Fantástico nas Artes -, unha vez máis proporcionando aos fans do xénero Fantástico catro días enchidos de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror, con lanzamentos de libros, autores nacionales e estranxeiros, parolas e debates. O FF2006 este ano presenta coma temas centrais a Jorge Luís Borges, a História Alternativa e o Fantástico Ibérico.

Como convidados, e comenzando por dous autores anglo-saxóns, estará nada menos ca Christopher Priest, autor británico, quen tiña xa visitado Portugal en 1996. Esta vez faino con maior visibilidade, xa que presentará O Prestíxio, cuxa versión cinematográfica, do coñecido realizador Christopher Nolan e cun elenco de luxo, ven de se estrear nos Estados Unidos acadando o primeiro lugar do top da billeteira.

Ademáis, estará Harry Turtledove, autor e historiador, considerado por moitos ún dos principais responsables da actual expansión da Historia Alternativa como xénero literário. É coñecido en Portugal por O Agente de Bizâncio, e lanzará agora O Dilema de Shakespeare (en España: Británia Conquistada), unha história que parte dun hipotético éxito da Armada Invencíbel.

Este ano coa colaboración da AEFCFT – Asociacíon Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror, estarán presentes no FF2006 os autores españois Juan Miguel Aguilera, Rodolfo Martinez e León Arsenal. Ademáis de estretar vencellos coas suas presentacións e debates, os españois aproveitarán a ocasión para o lanzamento en Portugal de, respectivamente, Rihla, A Sabiduría dos Mortos e O Espello de Salomon.

Por suposto, haberá representación da lusofonía, neste caso co convite ao autor brasileiro Gerson Lodi-Ribeiro, xa coñecido do público portugués por O Vampiro da Nova Holanda e Outras Histórias..., e que presentará o universo literário á volta do xogo online "Taikodom". Tamén estará presente Tarquinio Teles, da Hoplon Infotainment, para a presentación do própio xogo.

Entre os autores nacionais, terán desde os principiantes, coma é o caso das fantasías épicas presentadas por Madalena Santos e Pedro Ventura, até aos veteráns, como João Barreiros, que lanzará finalmente en portugués Disney no Ceo entre os Dumbos. E un caso raro no fantástico portugués: o lanzamiento dunha antoloxía de contos orixinais, pasados en Lisboa ao longo da sua História, cada ún nunha época diferente, pero todos ambientados nos mitos creados por H.P. Lovecraft, A Sombra Sobre Lisboa (con relatos de João Barreiros, Luis Filipe Silva, David Soares, Rogério Ribeiro, e moitos outros).

Ademáis estarán representados os comics, expresamente con A Viaxe da Virxe de Pepedelrey, e Shiki de João Lemos, ambos exemplo dos esforzos dos creadores portugueses en se internacionalizaren.

Haberá máis puntos de interese no programa de actos, que pdoedes consultar na Web oficial e que se dividirá pola Biblioteca Municipal Orlando Ribeiro, en Telheiras (días 16 e 17), polo auditório do IPJ (Instituto Portugués da Juventude) no Parque das Nações (día 18) e por actividades de RPG – RolePlaying Games na tenda RunaDrake (día 19).


Radcliffe quere matar a Harry Potter

[23:07 09/11/2006] Daniel Radcliffe, que repite o seu papel de neno meigo Harry Potter na vindeira quinta entrega da popular franquía, Harry Potter e a Orde do Fénix, dixo nunha recente entrevista que coida que o millor remate para a saga sería a morte de Harry. Preguntado sobre se interpretará a devandita morte na séptima parte da série, Radcliffe dixo: "Esa é unha moi boa pregunta... Gósta-me pensar que o farei... coido, persoalmente... é o único xeito no que [a escritora J.K. Rowling] podería parar calquera petición de que continúe escribindo [os libros de Potter], porque, quero dicir, se Harry sobrevive, ela ficará infestada por peticións de que escriba un oitavo libro polo resto dasúa vida".

Radcliffe, que falou por vía telefónica cun grupo de xornalistas o pasado 6 de novembro, trazou un paralelismo entre a relación do seu persoaxe coa némese de Harry, o malvado Lord Voldemort, e a relación entre Sherlock Holmes e Moriarty, ámbolos dous a punto de morrer en Reichenbach Falls para poder eliminar ao falcatruán. "Coido que ten algo que ver co feito de que... se cadra o único xeito no que Voldemort pode morrer é se Harry tamén morre" dixo o xove actor de 17 anos. E engadiu: "Os meus amigos fixeron a comparación entre ambos [Holmes e Moriarty] morrendo ao mesmo tempo. Pero, obviamente, non lera a secuela [na que Holmes resucitou]. Así que, si, esa é a clase de cousa que me gustaría que pasara".

Rowling está actualmente a escribir a séptima e derradeira entrega da franquía, para a que ainda non hai data de lanzamento anunciada. Harry Potter e a Orde do Fénix, baseada no quinto tomo da saga, será estreada o 13 de xullo de 2007.


Os Wachoski, de Matrix a Meteoro

Meteoro[23:53 02/11/2006] O produtor Joel Silver ven de contratar aos creadores de Matrix, Larry e Andy Wachowski, para que dirixan e escriban unha adaptación para a pantalla grande e con persoaxes reais da clásica série de debuxos animados dos anos 60 Meteoro.

Este filme será a primeira vez que o famoso duo regresa á dirección dende que completaran en 2003 a triloxía de Matrix, que tamén produciu Silver. Xuntarán-se con moitos creativos dos que estaban após das escenas nos filmes de Matrix, incluindo ao produtor executivo Grant Hill e ao supervisor dos efectos especiais John Gaeta, que gañou un Oscar polo seu traballo na triloxía.

Baseado na popular série de debuxos animados dos anos 60 creada polo pioneiro do anime Tatsuo Yoshida, e que foi remasterizada para os espectadores nos Estados Unidos (onde lle chaman Speed Racer), a série ía sobre Meteoro, un xove piloto de carreiras que conduce o seu flamante Mach 5, un súper deportivo GT fabricado polo seu pai con excepcionais características. Na película tamén poderemos ver outros persoaxes da série, membros da súa família: o seu pai, a nai, o seu irmán Rex, Chispita, a súa moza Trixi e se cadra o seu chimpancé Chito. E por suposto, o seu malvado rival, o corredor X, que en realidade era o seu irmán.

Silver leva tentando facer este filme dende os primeiros anos 90; en 2004, Vince Vaughn mesmo fixera unhas probas de cásting para interpretar ao corredor X. Cando Silver traballou en V for Vendetta cos Wachowskis, achegou-se-lles e falou-lles do proxecto. O dúo non estaba moi pola labor de non ser que poideran facelo dalgún dalgún xeito novo.

O plan é para os Wachowskis comezar a rodaxe en verán de 2007, para que se poida estrear no verán de 2008. Meteoro será distribuido pola Warner Brothers Pictures, en asociación coa Village Roadshow Pictures.

  • [22:46 26/10/2006] O cineasta Peter Jackson está moi decepcionado após de que os estudos de Hollywood Fox e Universal retirasen o seu apoio financeiro para converter en filme o videoxogo Halo, seica porque estaban moi desacougados pola suba do orzamento. Os xefes dos estudos pedíran-lle a Jackson e mais a Microsoft que reducisen os seus marxes de benefícios sobre o proxecto inicial de 200 millóns de dólares, pero ambos os dous refugaron a ideia. Os estudos estaban tamén preocupados polo director que impuxera Microsoft, o novato Neill Blomkamp. Nombergantes, un voceiro de Jackson dixo que a única cifra da que falaron algunha vez os estudos foi rebaixar o orzamento un 12,5% por non querer rodar en Nova Celanda.

  • [22:46 26/10/2006] Phyllis Kirk, a protagonista do filme clásico de terror O museu de Cera, finou no Motion Picture & Television Hospital en Califórnia aos 79 anos. A actriz morreu o xoves pasado por mor dun aneurisma cerebral. Kirk saltou á fama como modelo nos anos 40 antes de se facer actriz en Broadway. Debutou co filme Our Very Own pero se fixo célebre entre os afeccionados ao fantástico coma a "raíña do berro" no filme de 1953 de Vincent Price O museu de cera, unha obra mestra do cinema en 3D. Tamén é relembrada coma a muller de Peter Lawford na série de TV The Thin Man. Nos seus últimos anos de vida converteu-se nunha grande activista política e loitou contra a pena de morte nos Estados Unidos.

  • [22:46 26/10/2006] A Paramount Vantage ven de se facer cos dereitos mundiais do thriller psicolóxico de Alan McElroy Fracture, con Mike Macari e Neal Edelstein (The Ring) dispostos a producir. O proxecto polo de agora non ten un director e a história vai sobre un home cuxa muller e fillo desaparecen nunha sala de urxéncias.

  • [22:46 26/10/2006] A Fox Animation adaptará o conto clásico para nenos de Roald Dahl Fantastic Mr. Fox nun filme que misturará vários sistemas de animación, principalmente o chamado "stop-motion". Wes Anderson e Noah Baumbach adaptaron o libro; Anderson dirixirá e producirá xunto a Scott Rudin. O libro vai sobre un raposo que usa a súa intelixéncia para vencer a tres granxeiros parvos.

  • [22:46 26/10/2006] Corre o rumor pola rede de que o director de Superman Returns, Bryan Singer, chegou a un acordo coa Warner Brothers para facer unha secuela, cun orzamento inferior, con máis acción e introducindo a un malvado falcatruán do universo da DC Comics.

  • [23:34 19/10/2006] Quedan só 20 días para a inauguración da Hispacon e a organización xa emitiu o seu 4º informe de progresos, indicando que as inscripcións para a cea do sábado día 4 ten un custe de 45 euros, incluido o trasporte en autobús. A convención comezará o 3 de novembro ás 17:00 cun acto de apertura e a conferéncia inaugural Ciéncia-ficción de pata negra por Juan Carlos Pereletegui.

  • [23:34 19/10/2006] O ogro Shrek dará un chimpo até os escenários de Broadway cun musical de seu. Shrek: The Musical é a primeira incursión da DreamWorks Animation no teatro e é a continuación dun cobizoso proxecto dirixido polo realizador inglés Sam Mendes. A música e a história para o teatro foi creada por Jeanine Tesori e David Lindsay-Abaire. Jason Moore, o cerebro após do show de monicreques Avenue Q, será seguramente o director do musical, que se estreará en 2008.

  • [23:34 19/10/2006] Michael Caine, que repetirá o seu papel de Alfred, o fiel mordomo de Bruce Wayne, na vindeira película de Batman, The Dark Knight, relatou nunha recente entrevista que xa fixo algunhas suxestións ao director Christopher Nolan sobre o que lle gustaría que fixera o seu persoaxe: "estaba falando coa viúva do home que escribiu Batman, e ela me dixo que o seu home escribira unha preciosa escena que deberiamos facer na vindeira película", dixo Caine mentres promocionaba o seu último filme, The Prestige. "Ela me dixo que tiña unha escena na que Batman estaba tentando atrapar aos malos, e quería utilizar ao mordomo vestido de Batman coma un truco para poder rodealos. Así que llo dixen a Christopher, e non sei se vai utilizala (...). Coido que se me viste de Batman, será unha das escenas máis divertidas da história do cinema". Caine engadiu rindo: "Podes imaxinalo? Tentando meterme no traxe de Batman e logo correndo ao redor do bosque mentres el vai en dirección contrária para tentar atrapar aos malos?".


    A TVG presenta "O bosque das levas"

    [22:47 16/11/2006] Unha viaxe ao pasado; unha história de pantasmas, da guerrilla na época da Restauración borbónica, de dignidade e liberdade. Alfonso Álvarez Cáccamo escribira unha novela con recendo á Pantasma de Canterville de Óscar Wilde, que agora adaptaron Antón Lopo e Antón Dobao para construíren un guión cinematográfico. O resultado, un telefilme gravado en soporte cinematográfico, poderá-se ver axiña na pantalla. Esta semana foi presentado no Clube Internacional da Prensa.

    Neste filme, Lucía (Mónica Caamaño) e Alberte (Alfonso Agra) son un matrimónio con tres fillos adolescentes (Nerea Brey, Carlos Fernández e Adrián Seijas), que vive na Raia. Non tardan en descubrir que comparten o seu fogar co espectro dun republicano asasinado a garrote vil durante a restauración borbónica, que non pensa deixar este mundo até recibir a sentenza digna para un revolucionário: o fusilamento. A familia acólleo con cariño e fará o posíbel para axudalo na súa teima de recuperar a dignidade cun colariño (por moi espectro que sexa, ten o pescozo roto e precisa manter a cabeza sobre os ombreiros).

    Para os actores foi unha experiencia moi satisfactória: "nun mes chegas a perder a noción do tempo, e paréceche que pasaron dous anos. É unha vivencia tan intensa...", explicou Alfonso Agra, o pai de familia na ficción. César Cambeiro, que encarna á pantasma revolucionaria, contou que o seu personaxe relata unha história de dignidade: "A súa vida e a súa morte foron moi inxustas co seu labor no mundo. El non acepta a morte, como revolucionario que é, e non parará até ter unha morte digna". Mónica Caamaño gabou o resultado desta "mestura de literatura, cinema, realismo máxico...", e afirmou que "temos un camiño andado na nosa cultura cinematográica, e somos debedores deste tipo de proxectos para continuarmos nesa liña".


    Adeus a Basil Poledouris

    [22:47 16/11/2006] O pasado 8 de novembro, e após de vinte anos adicado a lle poñer a banda sonora a máis de oitenta películas, Basil Poledouris finou o mércores, vítima dun cancro, aos sesenta e un anos de idade. Nado en Kansas City en 1945, Poledouris graduó-se na USC (a escola de cinema de Los Angeles) na mesma clase que George Lucas, John Milius ou Randall Kleiser. A sua música caracterizou-se polo emprego en abundáncia das secciónes de percusión e metal, así coma o uso de grandes masas corais, que confiren as suas composicións un ton espectacular. Ao longo da súa carreira dirixiu a prestixiosas formacións coma a Orquestra Sinfónica de Austrália e a Orquestra Sinfónica de Londres.

    No seu haber hai que contar con moitas producións para o cinema fantástico, onde se fixo famoso grazas á banda sonora de Conan o Bárbaro, Os Señores do Aceiro, Robocop, A Caza do Outubro Vermello ou Starship Troopers.

    Nos últimos anos, mália a enfermidade que o mantivo inactivo, mirába-se-lle moi ilusionado con volver a traballar nunha secuela de Conan, e seica xa tiña composta grande parte da partitura de Conan: Coroa de Ferro, un filme que os irmáns Wachowski e Milius nunca chegaron a converter en realidade.

    Basil deixa esposa e duas fillas: Alexis e Zoë. Esta última colaborou con el na BSO de Starship Troopers e tamén axudou a seu pai na composición do tema The Orgy de Conan o Bárbaro, con só sete anos de idade. Na actualidade, Zoë adica-se a compoñer bandas sonoras para películas.


    Lunar Park, prémio do Terror

    [23:07 09/11/2006] O libro de Bret Easton Ellis Lunar Park gañou o Prémio da International Horror Guild (Asociación Internacional de Terror) á millor novela nunha cerimónia que tivo lugar o pasado día 2 de novembro en Austin, Texas. Chelsea Quinn Yarbro foi nomeada Lenda Viva deste ano.

    A IHG, antigamente chamada International Horror Critics Guild (Asociación Internacional de Críticos de Terror), foi creada en 1995 como xeito de recoñecer os méritos daqueles creadores adicados a difundir o terror e mais a fantasía escura. Os prémios deste ano son para os millores de 2005. Velaquí vai a listaxe completa cos gañadores:

    • Novela: Lunar Park, de Bret Easton Ellis
    • Ficción breve: There's a Hole in the City, de Rick Bowes
    • Ficción intermédia: La Peau Verte, de Caitlin Kiernan
    • Ficción longa: Kiss of the Mudman, de Gary Braunbeck
    • Colección: 20th Century Ghosts, de Joe Hill
    • Xornal ou revista: "Postscripts".
    • Narración ilustrada: Memories, de Enki Bilal
    • Non ficción: Supernatural Literature of the World, de S.T. Joshi e Stefan Dziemianowicz
    • Arte: Clive Barker por Exhibition: Visions of Heaven and Hell (and Then Some)


    Hulk regresará en 2008

    [23:07 09/11/2006] A Marvel Studios e a Universal Pictures veñen de anunciar o lanzamento para o 27 de xuño de 2008 da secuela de The Incredible Hulk, a segunda parte do filme de 2003 sobre o xigante verde. O anúncio realizárono o pasado día 6 Michael Helfant, presidente e xefe de operacións da Marvel Studios, e Kevin Feige, presidente de produción da Marvel.

    Louis Leterrier (Transporter 2, Unleashed) dixirirá esta segunda entrega do Incríbel Hulk, que regresará ás raíces da popular série dos cómics. Zak Penn, quen xa colabourou coa Marvel en X2 e X-Men: The Last Stand, escribirá o guión. O proxecto está a ser producido por Avi Arad, Feige e Gale Anne Hurd, mentres que Michael Helfant, David Womark e Arad serán os productores executivos. Na Marvel Studios están a facer o cásting de actores para este filme.

    The Incredible Hulk será producido de xeito independente por Marvel Studios cun orzamento de 525 millóns de dólares, e será distribuido en todo o mundo pola Universal Pictures.


    Opcións para as guerras do demo

    [23:07 09/11/2006] A Devil's Due Publishing ven de se facer coas opcións para producir unha película, séries de televisión e toda caste de merchandising para desenvolver DemonWars, a série de novelas de fantasía de R.A. Salvatore.

    Salvatore, un autor moi recoñecido no eido da fantasía, comezou a súa série de DemonWars (as guerras demoníacas) a finais dos anos 90, e xa leva oito novelas publicadas até hoxe. As histórias teñen lugar no mundo de Corona, un reino de máxia e fantasía onde a relixión organizada controla a sociedade.

    Devil's Due xa publicou adaptacións en forma de novelas gráficas doutras obras de Salvatore, coma as novelas da série Forgotten Realms, e planea lanzar un comic de DemonWars en vran.


    Kafka gaña o prémio da Fantasía

    [23:07 09/11/2006] Máis de 900 fans e profesionais do fantástico axuntáron-se para celebrar o bó estado do xénero na Convención Mundial da Fantasía que tivo lugar entre o 2 e 0 5 en Austin, Texas, e que este ano honrou especialmente ao nativo daquel Estado Robert E. Howard, o creador de Conan. Howard tería cumprido cen anos este mes, pero morreu tráxicamente aos 30 anos en 1936.

    A novela de Haruki Murakami Kafka on the Shore levou-se ún dos dous principais prémios Mundiais da Fantasía, que se deron a coñecer o día 4. A novela curta de Joe Hill Voluntary Committal levouse outro galardón, e CommComm de George Saunders gañou o prémio ao millor relato. O escritor Bradley Denton , gañador de anteriores edicións, foi o mestre de cerimónias na entrega de trofeos.

    Os prémios Mundiais da Fantasía outórgan-se cada ano ás millores obras de literatura e arte fantásticos. Os trofeos, coñecidos popularmente coma "Howies" son unha representación da cabeza do lendário escritor de terror e fantasía H.P. Lovecraft. Entre os gañadores de pasadas eedicións atópan-se Ellen Datlow ou Terri Windling, que comparten o récord con sete prémios cadanseu, e mais o mestre do terror Stephen King. Os outros agrazados deste ano foron:

    • Antoloxía: The Fair Folk, de Marvin Kaye
    • Colección: The Keyhole Opera, de Bruce Holland Rogers
    • Artista: James Jean
    • Prémio especial (profesional): Sean Wallace
    • Prémio especial (non-profesional): David Howe e Stephen Walker

    Moitos actos da programación da convención estiveron adicados a Howard ou á clase de ficción que el adoitaba escribir. Na súa honra publicouse Cross Plains Universe: A Texan Tribute to Robert E. Howard, editado por Joe R. Lansdale e Scott Cupp.

    Dúcias de debates adicáron-se a presentar a profesionais do xénero fantástico, que falaron de todo o divino e o humano, pero en especial da fantasía heróica e do arquetipo do guerreiro bárbaro, mentres relembraban a moitos autores esquecidos.

    Entre os convidados de honra estiveron Glen Cook, Dave Duncan, Robin Hobb, Glen Lord, John Jude Palencar, Gary Gianni, Ted Chiang, Joe R. Lansdale e Howard Waldrop, L.E. Modesitt, Stephen R. Donaldson e Kate Elliott.

    A convención do ano que ven terá lugar do 1 ao 4 de novembro en Saratoga Springs, New York.


    Grand Prix de l`Imaginaire 2006

    [23:07 09/11/2006] O xurado do Le Grand Prix de l´Imaginaire anunciou durante a Utopiales que tivo lugar na localidade francesa de Nantes a pasada fin de semana os gañadores deste prémio. A lista completa vai deseguido:

    • Prémio especial: La revue Fiction
    • Ensaio: François Rouiller por 100 mots pour voyager en Science-Fiction
    • Prémio Wojtek Siudmak de Ilustración: "Eikasia"
    • Prémio Jacques Chambon de tradución: Mélanie Fazi por Lignes de vie
    • Novela xuvenil (ex-aequo): Timothée de Fombelle por La vie suspendue e Jonathan Stroud por La trilogie de Bartiméus
    • Relato estranxeiro: Lucius Shepard por Aztechs
    • Novela curta francófona: Sylvie Lainé por Les yeux d´Elsa
    • Novela estranxeira: Graham Joyce por Lignes de vie
    • Novela francófona: Catherine Dufour por Le goût de l´immortalité
    • Prémio europeo: Brian Aldiss polo conxunto da súa obra


    Gañadores Ignotus 2006

    [23:07 09/11/2006] Na noite do pasado día 5, no decurso da cea oficial da HispaCon 2006 que se celebrou na localidade sevillana de Dos Hermanas, entregaron-se os Prémios Ignotus, concedidos pola Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror, que premian o máis salientábel na Literatura Fantástica publicada en España ao longo do ano pasado e que son votados polos seus membros e polos fans inscritos no congreso. A lista completa de galardoados é:

    • Novela: Danza de tinieblas, de Eduardo Vaquerizo
    • Novela curta: La traición de Judas, de Joaquín Revuelta
    • Conto: Días de otoño, de Santiago Eximeno
    • Antoloxía: Ven y enloquece, de Fredric Brown
    • Ensaio: Idios Kosmos, de Pablo Capanna
    • Artigo: Crónicas Marcianas, de Alfonso Merelo
    • Ilustración: Gigamesh 41, de Alejandro Terán
    • Produción audiovisual: Cálico Electrónico (Web), de Nikodemo Animation
    • Cómic: La legión del espacio, de Alfredo Álamo
    • Poesía: On / Off, de Gabriella Campbell
    • Revista: Asimov CF
    • Novela estranxeira: Tormenta de Espadas, de George R.R. Martin
    • Conto estranxeiro: El sumidero de la memoria, de Mike Resnick
    • Sítio Web: Sitio de ciencia-ficción, de Fco. José Suñer Iglesias

    Por certo que anunciou-se na Asamblea do domingo que o que até agora desempeñou o papel de Vocal de Internet na AEFCFT, Alfredo Álamo, deixa a xunta para pasar a ser un simples socio, pero dirixindo cunto con Raquel Vallés o boletín "Pórtico". Ademáis, despóis do chamamento na Asamblea á colaboración de todos os sócios, houbo un ofrecemento por parte do sócio Raúl Gonzálvez para se involucrar activamente na Asociación. Dada a coincidéncia xeográfica da maior parte da xunta e el, se lle ofreceu que pasara a formar parte como Vocal da xunta, ao que accedeu.


    O CGAI adica un ciclo a David Cronenberg

    [23:07 09/11/2006] O Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña, comenzou esta semana un ciclo adicado á obra do director canadiano David Cronenberg (Ontario, 1943). A programación iniciou-se coa proxección de Cromosoma-3, de 1979, e supuxo o visionado por primeira vez en Galiza dalgúns dos primeiros títulos da sua filmografía. A retrospectiva cubre desde os seus primeros filmes de terror dos anos setenta ata as suas últimas producións americanas.

    Esta semana tamén se proyectarán algunhas destas fitas: M. Butterfly, Scanners, Videodrome (este venres), e as óperas primas Stereo, Crimes of the future e A zona morta (para o sábado).

    O ciclo tamén inclúe algunhas das obras máis coñecidas de Cronenberg, coma A mosca, O almorzo espido, Crash e Existenz. O director vále-se dun xénero, o terror, para propoñer nas suas películas reflexións de dimensións filosóficas e científicas, que o convirten nun cineasta orixinal.

    O ciclo está organizado en colaboración coa Semana de Cinema Fantástico e de Terror de San Sebastián, ademáis de con IVAC-A Filmoteca. Tamén ven acompañado da publicación do libro David Cronenberg, los misterios del organismo, de Quim Casas, do que é coeditor o CGAI.

  • [0:37 03/11/2006] Mick Garris, produtor executivo da série Masters of Horror, dixo que o polémico último episódio da pasada tempada, titulado Homecoming, no que os veteráns de guerra regresan de entre os mortos para votar e botar ao Presidente do seu posto, foi inspirador para levar mesmo máis lonxe as cousas nesta vindeira tempada que há escomezar axiña nos EE.UU. Así, os vindeiros episódios falarán sobre o aborto, a eutanásia ou a corrución política.

  • [0:37 03/11/2006] A Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo achéga-nos as bases do I Prémio de relatos "Mulleres Progresistas". Ainda que non é un prémio adicado en exclusiva ao xénero fantástico, non está nin moito menos excluido. Iso si, só poden participar as nosas lectoras. O primeiro prémio é de 500 euros e podedes atopar as devanditas bases nesta ligazón. Máis información no teléfone 986434874.

  • [0:37 03/11/2006] O comite organizador da Hispacón de Dos Hermanas emitiu un 5º e derradeiro informe de progresos, xusto uns días antes do escomezo da convención, que terá lugar nesta fin de semana, a partir do venres 3 de novembro a partir das 12:00 horas coa benvida e acreditación dos congresistas no Teatro Municipal "Juan Rodríguez Romero" desta vila sevillana e até o domingo día 5 ás 13:30 co acto de clausura.

  • [0:37 03/11/2006] A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos sobre Everlost, unha novela fantástica de Neal Shusterman que será desenvolvida como potencial vehículo de dirección para Gary Ross e a súa compañía Larger Than Life. Shusterman mesmo escribirá o guión. Publicada pola Simon & Schuster, Everlost vai sobre Nick e Allie, pasaxeiros adolescentes en coches que chocan e atópan-se nun mundo descoñecido chamado Everlost, sen estaren certos de seguiren vivos. O libro é o primeiro dunha série e agardan que se poida converter nunha franquía.

  • [0:37 03/11/2006] O escritor e guionista de terror e ciéncia-ficción Nigel Kneale, nacido en 1922, finou o pasado 29 de outubro aos 84 anos. Kneale foi o guionista da série de televisión inglesa de 1953 O experimento Quatermass, que tivo dúas secuelas, tres versións no cinema, unha série en 1979 e un libro tamén en 1979. Kneale escribiu relatos nos seus primeiros anos de carreira, que foron escolmados en Tomato Cain (1949), e escribiu guións para unha versión televisiva da novela 1984 en 1954 e para os filmes First Men in the Moon (1964), The Witches (1966) e Halloween III (1982), ainda que para esta última trocou o seu nome nos títulos de crédito porque non lle gustou o resultado final.

  • [0:37 03/11/2006] Ben Affleck nunca máis volverá a interpretar a un superheroe, após de ser "humillado" hai tres anos cando levou o uniforme de Daredevil. Alomenos iso é o que el mesmo dixo na estrea en Londres de Hollywoodland, no que Affleck interpreta ao primeiro actor que deu vida a Superman, George Reeves. Affleck dixo: "Interpretar a un superheroe en Daredevil, inoculou-me de volver a interpretar a outro superheroe. Levar un disfraz foiu unha espécie de humillación para min e non me gustaría volver a facelo axiña". E iso que facer de Daredevil non foi do todo malo para Affleck, que atopou no plató de rodaxe á súa muller, Jennifer Garner.

  • [0:37 03/11/2006] O actor Arthur Hill (1922) finou o pasado 22 de outubro. Hill apareceu en varios filmes e telefilmes de interese para os afeccionados, entre eles A ameaza de Andrómeda e Futureworld. Ademáis, proporcionou a voz do narrador da clásica adaptación de Ray Bradbury Something Wicked This Way Comes.

  • [22:46 26/10/2006] Harrison Ford reafirmou perante un grupo de fans de Indiana Jones que aínda está rufo para facer unha vez máis o papel do intrépido explorador aos seus 64 anos. O actor foi bombardeado con preguntas na sesión inaugural do festival de cinema de Rome o pasado venres. O cuarto filme de Indiana Jones leva en fase de proxecto máis dunha década, e cada vez semella máis improbábel que se chegue realizar algunha vez.


    George RR Martin, ameaza para os EE.UU.

    [0:35 18/11/2006] A compañía de pagos por Internet PayPal Inc. ven de conxelar os activos que tiña o escritor de ciéncia-ficción George RR Martin. Por razóns descoñecidas, o seu nome apareceu na Oficina de Control de Activos Estranxeiros do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos.

    A misión desta Oficina segundo di a súa própia web é a de administrar e aplicar sancións económicas e comerciais, baseadas nos obxetivos da política exterior e a seguridade nacional dos Estados Unidos, contra países estranxeiros, terroristas, traficantes de narcóticos, e aqueles implicados en actividades relacionadas coa proliferación de armas de destrución masiva. A OFAC pode impoñer controis sobre transaccións e conxelar activos estranxeiros.

    A cantidade bloqueada por PayPal na conta de Martin é de aproximadamente 50 dólares (uns 40 euros ao troco). No pasado houbo intres, segundo manifestou o própio Martin, que tivo circulando na conta de PayPal milleiros de dólares: "Creáme, se vostede pensa que agora estou tocado, imaxine o mal corpo que tería se me estiveran e roubar miles de dólares no canto de 50", dixo o autor de Xogo de Tronos e Canzón de Xeo e Lume.

    Para desbloquear a conta Martin informa que "debo proporcionar a PayPal diferentes probas da miña identidade. Eles teñen os meus números de tarxeta de crédito e de conta bancária, pero non lles vale. Queren cópias do meu pasaporte e o meu certificado de nacemento". E todo por non dispoñer de DNI nos Estados Unidos.


    Them: Eles xa están aquí

    [22:48 16/11/2006] O produtor executivo de Battlestar Galactica, David Eick, unirá-se ao director Jonathan Mostow e ao escritor John McNamara para desenvolver Them, unha série de ciéncia-ficción sobre unha invasión extra-terrestre para a canle Fox. O drama, dunha hora de duración, será producido por David Engel, da compañía Circle of Confusion, e por David Alpert, da CBS Paramount Network Television.

    O proxecto está baseado na novela gráfica Six, escrita por Michael Oeming e Daniel Berman. Eick e McNamara escribirán o guión para a série de televisión e tamén actuarán como produtores executivos xunto a Mostow (o director de Terminator 3). Mostow tamén está vencellado a este proxecto como director, na queserá a súa primeira aparición estelar na televisión.

    A premisa básica de Them ("Eles") vai sobre unha célula durminte de terroristas extra-terrestres que adoptan a forma de seres humanos. A súa misión ficará comprometida cando comecen a experimentar coas emocións humanas, que actúan coma unha droga para os áliens.


    O vindeiro Superman voará en 2009

    [22:48 16/11/2006] A secuela de Superman Returns, da que vos dimos a primícia mundial en NOVA hai unhas semanas, aparecerá probábelmente nas salas de cinema en 2009, segundo se desprende do manifestado nunha recente entrevista polo produtor executivo Chris Lee, mentres que o sítio Web IESB.com informou sobre un rumor segundo o cal o título desta secuela será Superman: The Man of Steel. Lee, que tamén é director da Universidade de Hawaii dos Médios Creativos, foi o anfitrión dun encontro entre o director de Superman Returns, Bryan Singer e o produtor Jon Peters, que tivo lugar o pasado 9 de novembro con estudantes de Honolulu.

    Singer e Peters están en Honolulu esta semana para celebrar o aniversário de Lee e para escomezar a planear a vindeira película do Home de Aceiro, que comezará a se producir a meiados ou finais do ano que ven nun lugar ainda pordeterminar. Superman Returns fora rodada en Sydney, Austrália.

    Singer dixo que tamén lle ofreceran dirixir a cuarta entrega de X-Men, pero tivo que renunciar por non ter tempo para estoutro filme de grande orzamento antes de que o vindeiro proxecto de Superman comece a ser unha realidade. Ademáis engadiu que está interesado no guión dunha secuela dos Homes X da que se leva falando moito tempo, Wolverine (Lobeto).


    O novo truco de Singer

    [22:47 16/11/2006] Brian Cox, Anna Paquin, Dylan Baker e Leslie Bibb xa son parte do reparto que axiña comezará a rodaxe de Trick 'r Treat, un novo filme de terror que Bryan Singer vai producir para a Legendary Pictures e a Warner Brothers a través da súa compañía, a Bad Hat Harry Productions.

    Michael Dougherty, o co-guionista de Superman Returns e X2, é o autor do libreto deste novo filme e ademáis será o director, cargo que ocupará por primeira vez. A rodaxe escomezará a semana que ven en Vancouver, Canadá.

    Singer, intrigado polo guión de Dougherty, asinou para producir o proxecto e estará presente no plató durante a rodaxe. A história está ambientada nunha noite de Halloween nunha vila onde aqueles que rachan coa tradicional regra de "truco ou trato" reciben un inesperado castigo.


    Orson Scott Card, unha novela e un videoxogo

    [22:47 16/11/2006] Orson Scott Card, o consagrado autor de libros coma O xogo de Ender e as suas múltiples secuelas, publicará un libro que servirá de base a unha franquía que incluirá videxogo, cómics, novelas e seica mesmo películas.

    Empire, que sairá á venda o 28 de novembro nos Estados Unidos, sitúa-se nun futuro non demasiado afastado, no que vai estoupar unha guerra civil entre a esquerda e a dereita americanas. O obxectivo dos protagonistas do libro (e do xogo) será evitar esa guerra, intentando devolver a paz ao país.

    Este proxecto corre a cargo de Chair Entertainment, unha empresa independiente que xa desenvolveu videoxogos anteriormente. Nunha recente entrevista, Card afirmou que o que diferenciará Empire doutros xogos é que os xogadores "simpatizarán co que os persoaxes intentan facer. Quererán que eles gañen. Non será só un asunto de matar sen pensar". O escritor, gañador dos máis salientábeis prémios da ciéncia-ficción coma o Hugo ou o Nebula, comentou que os adiantos técnicos á hora de desenvolver videoxogos deberían servir para algo máis que para engadir niveis, e que os creadores deberían ter máis liberdade e máis tempo para crear grandes xogos.


    Finou Jack Williamson

    [22:47 16/11/2006] O pasado día 10 de novembro finou Jack Williamson, nacido en 1908, e considerado o "Decano" da ciéncia-ficción, na súa casa en Portales, New Mexico, aos 98 anos. Williamson e a súa família mudáron-se a New Mexico cando el era un neno, pero no canto de ficar no rancho familiar, foi á Universidade e obtivo unha Licenciatura en Filosofía pola Universidade de Colorado.

    Williamson foi o primeiro en escribir sobre temas coma a enxeñería xenética ou a antimatéria. Ademáis, foi o primeiro (hai xa máis de 70 anos) que falou de foguetes nucleares que colonizarían a Lúa. Ao longo da sua carreira recibiu numerosos recoñecementos á sua obra, coma os prémios aos méritos dunha vida World Fantasy Award e Bram Stoker, o Grande Mestre da SFWA, a entrada no Salón da Fama da Ciéncia-Ficción, o prémio Hubbard Escritor do Futuro, o Prémio SFRA Pilgrim, o prémio Big Heart e o Skylark, por non falar do Hugo, o Nébula, e este mesmo ano o prémio Heinlein.

    Na súa dilatada carreira, que comezou en 1928 cando vendeu o seu primeiro relato, destacan novelas coma A lexión do espazo, Os humanoides, Máis tenebroso do que pensades, ou Terraformar a Terra. Mália a súa idade, a súa carreira continuaba e o ano pasado publicou a sua derradeira novela, The Stonehenge gate.

    Williamson deixa un irmán, Jim Williamson, unha filla, e moitos netos e sobriños. A súa muller, Blanche Slaton Harp Williamson, un irmán e unha irmá morreran anos antes ca el.

  • [23:14 09/11/2006] Wesley Snipes alcanzou un acordo coa IRS (a Facenda dos Estados Unidos) no que respeita ao asuntiño dos impostos que "esqueceu" pagar. O acordo implica que Snipes entregará-se ás autoridades en canto pise chan americano. En troques, non será encarcerado e se lle permitirá seguir viaxando. Segundo a acusacion, Snipes defraudou case 12 millóns de dólares en impostos entre 1996 e 1997. O protagonista de Blade dixo que todo é culpa dos seus contables. O actor atópa-se arestora en Namíbia rodando o filme de terror Gallowwalker.

  • [23:14 09/11/2006] Os fillos do defunto protagonista de Superman, Christopher Reeve, decidiron continuar cos esforzos de seu pai en prol da investigación con células nai para curar a parálise. O actor finou en 2005, nove anos despóis de que unha caída do seu cabalo lle crebase a espiña dorsal, deixándoo de por vida nunha cadeira de rodas. Antes de morrer, fundou a Christopher Reeve Paralysis Foundation para acadar fondos para a investigación e a terápia. Os seus tres fillos, froito de dúas relacións, son Alexandra, de 24 anos, Matthew, de 27 e Will, de 14, e todos estarán incluidos na xunta directiva da asociación benéfica. Alexandra, filla de Reeve coa súa ex-muller Gae Exton, dixo: "o accidente do noso pai conectounos realmente con esta comunidade: catro millóns de persoas nos Estados Unidos sofren de parálise. Entendemos o importante que é non só atopar unha cura senón dar calidade de vida". A viúva de Reeve, Dana Reeve, finou por mor dun cancro de pulmón este mesmo ano.

  • [23:14 09/11/2006] O protagonista da série orixinal de Star Trek, William Shatner, revelou que mantivera unha longa conversa co co-creador de Perdidos, J.J. Abrams, sobre a proposta de 11ª entrega da saga cinematográfica da popular franquía de ciéncia-ficción, o que confirma os rumores que NOVA difundira hai uns meses. Shatner bromeou cando lle dixeron se podería volver a interpretar ao capitán James T. Kirk no filme, que seica irá sobre o primeiro encontro entre Kirk e Spock.

  • [23:14 09/11/2006] Electronic Arts desveou os seus plans para facer outro videoxogo sobre O Señor dos Aneis, un novo xogo da saga de SimCity e a seguinte xeración de Black. Non está claro se os xogos chegarán para 2007 ou se agardarán até o final do seu ano fiscal.

  • [23:14 09/11/2006] O director George Lucas quere deixar de facer películas para se concentrar en negócios máis lucrativos na televisión. O creador da Guerra das Galáxias dixo que facer cinema hoxendía é arriscado de máis, por mor dos custes da produción, por riba dos 200 millóns de dólares como mínimo. Lucas tamén coida que as descargas na Internet están a sacudir o mercado. Lucas dixo que por eses 200 millóns que custa unha soa película pode rodar 50 ou 60 telefilmes de dúas horas. Nombergantes, Lucas ainda ten pendentes traballos no cinema, coma a cuarta entrega da saga de Indiana Jones.

  • [23:13 09/11/2006] A Paramount Vantage ven de adquirir os dereitos sobre a novela sobrenatural de A.N. Wilson A Jealous Ghost para que Kirsten Dunst protagonice unha película baseada nela. A escritora de Virginia Megan Holley adaptará o libro para a pantalla grande. Dunst dixo que desexaba atopar un persoaxe nun thriller psicolóxico ao nivel de O relostro ou A repulsión de Roman Polanski.

  • [23:13 09/11/2006 O realizador ruso Timur Bekmambetov (Nightwatch) dirixirá Wanted, un filme de acción de ciéncia ficción da Universal Pictures no que Morgan Freeman e James McAvoy serán probabelmente os protagonistas. O filme, baseado na minisérie de Top Cow Cómics de Mark Millar e J.G. Jones, marcará o debut deste director no mercado do cinema en língua inglesa. A história vai sobre un home que sofriu abusos que descobre que o seu pai, perdido hai moito, é un asasino. Após de que o seu pai morra, o fillo será recrutado para unha organización de asasinos.

  • [0:37 03/11/2006] A terceira película de Elio Quiroga ("Fotos", "La Hora Fria") comezou a súa rodaxe en Madrid o pasado 30 de outubro. NO-DO será unha história de terror na que unha muller ve pantasmas e a explicación ás aparicións está agocha nunha vella fita do No-Do. A película, que especula coa lenda urbá das fitas misteriosas do No-Do usadas pola igrexa católica para os seus exorcismos, está protagonizada por Ana Torrent, Francisco Boira, Rocio Munoz, Hector Colome e Paco Casares.


    James Gunn, Grande Mestre

    [0:48 01/12/2006] A SFWA (Science Fiction and Fantasy Writers of America) ven de anunciar que o escritor James Gunn será honrado co vindeiro prémio Grande Mestre "Damon Knight Memorial". O prémio será presentado no decurso da vindeira fin de semana dos Nebula, que terá lugar en New York do 11 ao 13 de maio de 2007.

    Gunn comezou a escribir ciéncia-ficción en 1948, foi un escritor freelance adicado en exclusiva durante catro anos e é autor de alomenos 1000 contos publicados en libros e revistas. Escribiu 26 libros e editou outros dez. Gunn é o 24º escritor recoñecido con este importante prémio pola SFWA.

    Na listaxe dos anteriores gañadores hai xente coma Robert A. Heinlein (1974), Arthur C. Clarke (1985), Isaac Asimov (1986), Ursula K. Le Guin (2003), Anne McCaffrey (2005) e Harlan Ellison (2006). Até 2002 o título era sinxelamente "Grande Mestre", pero dende ese ano foi renomeado para lle engadir o nome do creador dos prémios e fundados da SFWA, Damon Knight.


    Barker fará un filme sobre Poe

    [0:48 01/12/2006] O mestre do terror Clive Barker vai-se asiciar coa Walden Media pra crear un thriller dirixido ao público xoven e centrado na pantasma de Edgar Allan Poe. Barker desenvolverá a história e producirá o proxecto, que contará con Anthony DiBlasi e Joseph Daley, ambos da compañía de Barker, a Seraphim Films, como produtores executivos.

    O filme xirará ao redor dun grupo de rapaces que tentan averiguar o que aconteceu durante as dúas últimas semanas de vida de Poe, e sen se decataren desencadean unha maldición que deixa ceives aos pesadelos de Poe, dos que deberán fuxir.

    O proxecto Poe marca a primeira sociedade entre Barker e a Walden Media. Barker aventurou-se no mundo dos nenos co seu libro The Thief of Always, publicado en 1992 e que está en produción arestora pola 20th Century Fox. Máis recentemente, Barker publicou as primeiras dúas novelas da súa cuatriloxía The Books of Abarat.

    Coma xa vos adiantamos hai uns días, Barker tamén escribirá o guión e producirá un remake do seu filme Hellraiser para a Dimension Films. El e mais o seu selo Midnight Picture Show están ademáis a desenvolver vários dos seus contos publicados na colección The Books of Blood.


    Starship Troopers 3, na liña de saída

    [0:48 01/12/2006] O guionista e director Ed Neumeier desvelou nunha recente entrevista que a Sony está por lle dar a luz verde a un novo proxecto que consistirá en facer unha terceira parte do clásico da ciéncia-ficción Starship Troopers. Os plans implican comezar a rodar o ano que ven. Casper Van Dien regresará ao seu papel de Coronel John Rico, haberá novos bichos e revoltas por mor da leva. A relixión terá un papel importante e a Federación disporá dun novo arma.

    Starship Troopers 3 sería asemade a última secuela na franquía que deu comezo en 1997 baixo a dirección de Paul Verhoeven, cun filme que obtivo un grande éxito e que pola súa violéncia inusitada acadou un posto entre os filmes de culto dos afeccionados. A história vai sobre unha guerra entre a humanidade e una insectos alieníxenas xigantes (os "bichos"). Neumeier escribira o guión para aquel filme, baseado lonxanamente nunha novela homónima do escritor Robert A. Heinlein.

    Neumeier tamén escribiu e coproducir a segunda parte, que foi directamente ao mercado do vídeo, Starship Troopers 2: Heroes da Federación, dirixida por Phil Tippett. Esta terceira parte iría tamén directamente ao mercado das películas de aluguer en DVD.


    A odiseia de Jackson co Hobbit

    [23:46 23/11/2006] O director de O Señor dos Aneis, Peter Jackson e mais a súa parceira Fran Walsh non tomarán parte na versión para o cinema da novela de J.R.R. Tolkien O Hobbit ou nunha segunda triloxía de O Señor dos Aneis que sexa precuela da anterior, xa que seica a New Line ven de lles dicir que os estudos están á procura doutro director, segundo confirmaron Jackson e Walsh nun sítio Web. Jackson dixo que o produtor da New Line Mark Ordesky falou co manager de Jackson, Ken Kamins, e lle dixo que os estudos ían seguir adiante co proxecto, pero sen contar con Jackson e Walsh porque a parella non quixo facer O Hobbit como condición prévia para chegar a un acordo nunha demanda que teñen contra a New Line para que lles aumente a porcentaxe de benefícios sobre a triloxía dos aneis.

    Jackson dixo que non quere nin oir falar do Hobbit até que a New Line lle dea o que segundo el lle debe, pero Michael Lynne, co-presidente da New Line Cinema, replicou que Jackson xa chegara a un acordo, polo que dirixiría O Hobbit para dese xeito deixar de lle reclamar nada á new Line.

    Jackson e Walsh engadiron: "Dado que a New Line embarcouse neste curso de acontecementos, sentimos que vos debiamos a vós, os fans, un relato directo dos sucesos que nos levaron até aquí... Este resultado non é o que adiantamos nin o que desexabamos, pero ningún dos dous ve ren positivo no amargos nin no rencor. Non temos elección agás abandoar a ideia do filme do Hobbit e facer outros proxectos". Eses proxectos inclúen unha nova versión da novela sobrenatural de Alice Sebold The Lovely Bones.

    Nombergantes, un día despois, a Metro Goldwyn Mayer confirmou que o asunto está lonxe de estar pechado. A MGM, que posúe os dereitos de distribución sobre O Hobbit, dixo o pasado día 20 que este asunto está lonxe de estar pechado, sen engadir máis pistas.


    Get Smart ao cinema

    [23:46 23/11/2006] A Warner Brothers está próxima a pechar o acordo con Anne Hathaway, para que xunto a Steve Carell protagonicen unha versión cinematográfica da popular série cómica dos anos 60 Get Smart, sobre un axente secreto algo zoupón que era "cuspidiño" a 007. Peter Segal será o director, e a rodaxe escomezará en marzo coa financiación de Village Roadshow.

    Hathaway, que protagonizou o éxito deste verán O demo viste de Prada e Brokeback Mountain, interpretará o papel que orixinalmente fixo na pequena pantalla a actriz Barbara Feldon, mentres que Carell interpretará o papel do axente Smart, que era de Don Adams.

    Get Smart (unha série que en España foi traducida coma "El súper Agente 86") será producida por Andrew Lazar (da Mad Chance) e Charles Roven e Alex Gartner (do Mosaic Media Group). Tom Astle e Matt Ember escribiron a versión máis recente do guión para este filme.


    Premio Euskadi para unha novela de xénero

    [23:45 23/11/2006] O escritor e historiador Iban Zaldua (Donosti, 1966) foi galardoado co Prémio Euskadi de Literatura en Euskera por Etorkizuna ("Futuro"), un libro de relatos que aborda con ironía e escepticismo o complexo mundo das relacións humanas. O prémio supón un apoio a un xénero que, ainda que en euskera "non está tan afastado", si adoita "ver-se máis marxinado noutras literaturas maiores", segundo Zaldua.

    O fallo foi dado a coñecer esta semana en Donosti nun acto presidido polo viceconselleiro de Cultura, Gurutz Larrañaga, no que participaron os premiados. "Iban Zaldua volveu acertar con este xénero", dixo María José Olaziregi, vogal do xurado, ao xustificar a sua decisión. En Etorkizuna, onde o autor narra unha série de histórias relacionadas a través do tempo, "ofrece un diagnóstico irónico e escéptico das relacións humanas. Tira proveito literário da brevidade", sentenciou. "O autor acertou ademáis no emprego de diferentes rexistros, coma a ciéncia-ficción ou o ensaio".

    Zaldua, actualmente profesor de História da Economía na Faculdade de Filoloxía, Xeografía e História da UPV, escribiu ensaios e novelas, pero o seu é o conto. Primeiro coqueteou con este xénero en español na década dos oitenta. Xa nos noventa pasou-se ao euskera con éxito.


    Novo remake para A Cousa

    [0:35 18/11/2006] A Strike Entertainment e mais a Universal Pictures farán un remake do clásico do terror de ciéncia-ficción de John Carpenter A Cousa, co produtor executivo de Battlestar Galactica Ronald D. Moore escribindo o guión. O filme orixinal, de 1982, ía sobre unha creatura doutro planeta que aterrorizaba aos científicos dunha estación de investigacion na Antártida. Aquel filme xa era de por si un remake doutro clásico de 1951 A Cousa doutro Mundo, que á súa vez era unha adaptación dun conto de 1938 titulado Who Goes There?, do lendário escritor de ciéncia-ficción John W. Campbell Jr.

    Os parceiros da Strike Marc Abraham e Eric Newman producirán, e a compañia cofinanzará o remake, do que a Universal posúe os dereitos. David Foster, produtor do filme de 1982, será o produtor executivo agora.

    Os produtores din que consideran que o novo filme será máis unha "peza de acompañamento" do orixinal de Carpenter máis ca un remake dun remake.

  • [22:55 16/11/2006] O escritor Dan Brown xa pode respirar un pouco millor, porque o Tribunal Supremo dos Estados Unidos ven de rexeitar a apelación que Lewis Perdue, outro escritor, realizara contra unha sentenza após do xuizo no que lle acusaba de pláxio pola súa famosa novela O Código da Vinci. O Tribunal nin tan sequera considerou aceptar a trámite a apelación. Perdue quería unha indemnización de 150 millóns de dólares e insitía en que o seu libro de 2000 Daughter Of God é a base do best-seller de Brown. Até o de agora, nin ún só tribunal no mundo aceptou ningunha demanda contra o escritor de O Código da Vinci.

  • [22:55 16/11/2006] O director e guionista Darren Aronofsky dixo nunha recente entrevista que ainda mantén o proxecto de desenvolver un filme baseado na novela de culto de Theodore Roszak Flicker, sobre un estudante de cinema que descubre que unha película de série "B" contén mensaxes subliminais que son parte dun complot para erradicar a vida na Terra. Aronofsky escribiu o guión xunto a Jim Uhls (O Clube da loita).

  • [22:55 16/11/2006] Dominic Purcell, o actor que deu vida a Dracula en Blade: Trinity, adicará-se agora a cazar vampiros xunto a Jesse Metcalfe na vindeira Town Creek, un filme de terror que Joel Schumacher dirixirá para a Gold Circle. Purcell e Metcalfe serán un par de irmáns nunha misión de vinganza que se ven envoltos nun diabólico plan que inclúe aos nazis e ao Terceiro Reich.

  • [22:54 16/11/2006] A protagonista de Terminator 3, Kristanna Loken, deixou caer que está a manter unha relación coa protagonista de Perdidos Michelle Rodriguez. Loken foi entrevistada por unha revista gai, e cando lle preguntaron se Rodriguez é a súa moza, só dixo Uh-huh sorrindo. Ambas foron fotografadas xuntas e abrazadas en Los Angeles.

  • [22:54 16/11/2006] O novo James Bond, Daniel Craig, non vai ter case a oportunidade de abraiar á audiéncia amosando o seu torso espido e un apretado bañador en Casino Royale, porque os seus xefes non teñen intención de que Craig repita a escena que fixo famosa a Ursula Andress en 1962 no filme 007 contra o Dr. Non. Ainda que hai unha escena moi semellante no novo filme, seica din que é "puramente unha coincidenza".

  • [22:54 16/11/2006] Abriu-se o prazo de apresentación de orixinais para a decimosexta edición do prémio Pablo Rido de relato fantástico, que organiza a Tertulia Madrileña de Literatura Fantástica. O Pablo Rido é un certame totalmente independente e no está vencellado a ningún interese editorial. Os xurados son elixidos entre especialistas, profesionais e afeccionados do xénero e, para recalcar a absoluta independéncia do prémio, a sua dotación económica procede das aportacións voluntárias de afeccionados, na sua maioría dos asistentes ás reunións da TerMa.

  • [22:54 16/11/2006] Onte coñeceu-se o fallo do Prémio Literário Alberte Magno de Ciéncia-Ficción, o decano dos certames adicados a este xénero en España, con xa 18 edicións. Ademáis, é ún dos millor dotados, cun prémio de 3.500 euros que nesta ocasión levou-se o vitoriano Santiago García Albás, de 33 anos, co relato Unha longa descendéncia.

  • [23:14 09/11/2006] Por se non fose pouco para George W. Bush, após de perder as eleccións, agora acúsano de ter a culpa do adiamento da cuerta entrega da saga de Mad max. Alomenos iso é o que coida o creador da saga, o director George Miller, quen dixo nunha entrevista que estaba xa todo preparado para comezar a rodaxe da popular épica futurista no deserto de Iraq cando Bush ordeou a invasión daquel país, o que lles fixo perder unha cyuarta parte do orzamento. Miller engadiu que anceia facer esa cuarta parte, mesmo ainda que o actor orixinal, Mel Gibson, non participe na mesma.

  • [23:14 09/11/2006] Lena Headey (Imagine Me & You) ven de aterrar no papel protagonista do episódio piloto para a nova série da Fox The Sarah Connor Chronicles, baseada na mitoloxía dos filmes de Terminator. Neste proxecto da Warner Brothers TV, Headey interpretará a Sarah Connor, quen con seu fillo John, loitará contra os atacantes do futuro na Los Angeles do presente.

  • [23:14 09/11/2006] Lindsay Lohan protagonizará o thriller sobrenatural I Know Who Killed Me. Chris Sivertson dirixirá un guión de Jeff Hammond. Lohan interpretará a Aubrey Jordan, quen é secuestrada e torturada por un asasino en série. Após de ser rescatada, afirma ser unha persoa distinta e tentará convencer a todo o mundo de que Aubrey aínda está en perigo.

  • [23:14 09/11/2006] Os produtores Roger Corman e John Davison farán Space 3001, un filme de acción de ciéncia-ficción cun orzamento de 20 millóns de dólares e coa subvención do governo de Irlanda. O acordo, anunciado no American Film Market, verá como Corman e Davison finanzan a produción a través das súas repsetivas compañías, e co apoio da Merlin Film Fund de Kieran Corrigan.

  • [23:14 09/11/2006] O actor Tom Cruise e mais os executivos da Metro-Goldwyn-Mayer Studios Inc van a resucitar á United Artists, os estudos de cinema fundados hai máis de 80 anos por antigas lendas do cinema coma Charlie Chaplin e Mary Pickford. Os executivos da MGM anunciaron os novos plans nos que entra Cruise protagonizando e producindo filmes para os estudos. A sócia de produción de Cruise, Paula Wagner, servirá como executivo xefe da nova empresa. Segundo a MGM, Cruise e Wagner decidirán que filmes se van producir e lles darán luz verde ou non. O xefe da Paramount Pictures, Sumner Redstone, despedira a Cruise hai uns meses acusándoo de facer o ridículo nos programas de televisión e avergoñando aos estudos mentres facía unha xira para anunciar a estrea de Misión Imposíbel III.


    Zaentz quere a Jackson para o Hobbit

    [0:49 01/12/2006] En toda a liorta armada ao redor da versión parao cinema de O Hobbit, o único que até agora non falara fora Saul Zaentz, o millonário produtor de filmes coma Amadeus ou O paciente inglés, que posúe os dereitos sobre as obras de J.R.R. Tolkien, e que ven de se amosar coma un auténtico entusiasta do traballo do director Peter Jackson.

    "Será rodada definitivamente por Peter Jackson... o ano que ven os dereitos sobre O Hobbit volverán á miña compañía. Supoño que Peter agardará ese tempo para poder facer o millor contrato posíbel connosco", dixo Zaentz nunha entrevista concedida ao website alemán Elbenwald.de.

    O asunto nestes intres está paralisado porque a New Line Cinema lle debe moitos cartos a Jackson, por mor de dereitos sobre a triloxía do Señor dos Aneis. Jackson quere dirixir alomenos unha das dúas precuelas que se pretenden facer sobre O Hobbit, pero non-o fará até que os asuntos dos cartos estean resoltos. Tanto os fans coma a MGM, os estudos que posúen os dereitos sobre a distribución dos filmes, tamén queren que jackson se poña ao cargo.

    Só a New Line, quen polo de agora ten os dereitos para producir estes filmes, é reácia a deixar que Jackson se encargue das precuelas, porque iso lles obrigaría a aboar unha manchea de cartos ao famoso director novacelandés.

    Pola súa banda, Elijah Wood (Frodo) comentou ao "Chicago Sun Times" que ainda non falara con Jackson persoalmente, pero que se sentía moi apenado por como se desenvolveron os acontecementos: "Peter traballou durante 10 anos para sacar adiante ese mundo. Agora se prepara un proxecto novo con outro director e xa non será o mesmo". E Sir Ian McKellen declarou na sua web estar moi triste pola nova, e comentou que "sería agradábel volver á Terra Média con Peter como líder do equipo. É difícil imaxinar a outro director que iguale os seus logros no mundo de Tolkien".


    A secuela do Código da Vinci

    [0:49 01/12/2006] A secuela do superéxito O Código da Vinci podería estar a preparar-se. O guionista Akiva Goldsman, que xa adaptou a novela de Dan Brown á pantalla grande, podería estar xa preparando o boceto da segunda, por un prezo de 3,8 millóns de dólares. Nombergantes, seica esta secuela non será unha história orixinal, senón que estará baseada na outra novela de Dan Brown, Anxos e demos, o libro que precede ao Código da Vinci. Fontes ben informadas din que o argumento, que vai sobre o criptólogo Robert Langdon, interpretado por Tom Hanks, e que axuda a unha muller a descubrir os vencellos entre a morte de seu pai e as conspiracións dunha sociedade secreta, sería alterado para que poida ser unha continuación do primeiro filme. Agárda-se que esta secuela apareza en 2008.

    O único certo polo de agora é que dende o grupo neonazi "Hazteoír" din que a Sony está "maldita" por non querer suavizar a "carga anticristiana" da película de O Código da Vinci. Se cadra, o próximo que lle espera á multinacional xaponesa será unha praga de langostas...


    Superman II voa de novo

    [0:49 01/12/2006] Michael Thau, o editor que axudou ao director Richard Donner a refacer a súa versión de Superman II, dixo nunha recente entrevista que a cindeira aparición en DVD desta versión incorporará material nunca visto até agora, escenas que Donner rodou pero que foron mudadas na versión que todos puidemos ver nos cinemas, e que entre elas hai imaxes de Marlon Brandon interpretando a Jor-El. Superman II: A versión de Richard Donner tamén elimina a infame escena do "bico da amnésia" no final da película: "esta película ten un final moito máis romántico, e é moito máis dramática", comentou Thau.

    Donner, que dirixiu o filme de 1978 Superman, nunca completou a secuela (mesmo ainda que ambos filmes foran rodados case ao mesmo tempo) por mor de diferéncias creativas cos produtores da segunda entrega da saga do Home de Aceiro, Alexander e Ilya Salkind. O director Richard Lester rematou o traballo comezado por Donner e conseguiu que o seu nome aparecera nos títulos de crédito deste filme de 1981.

    Pero a Warner Brothers deu a luz verde hai uns meses para refacer a obra orixinal de Donner, e Thau chegou para lle axudar a restaurala. O proxecto de edición durou nove meses e Thau dixo que foi difícil atopar negativos almacenados axeitadamente: "Estudamos coidadosamente todas as notas da rodaxe orixinal", dixo. "o que foi unha sorpresa é que Donner rodara un anaco da súa versión da batalla sobre Metrópole" [entre Superman e os tres falcatruáns da Zona Pantasma]".

    Thau engadiu: "Supoño que é material vello. Pero a min seméllame novo. A versión de Lester contiña un 35% de escenas de Donner. Esta nova versión ten un 80% de Richard Donner".

    E sobre a escena na que Superman lle borra a memória a Lois Lane cun bico ao remate da película, Thau puxo as cousas ao revés: ese efecto, que estaba previsto para Superman II, foi parar á primeira película. Thau dixo que Donner e o guionista Tom Mankiewicz tiñan medo de que a primeira película non tivera éxito, polo que optaron por poñer nela os millores efectos especiais no canto de se arriscar con deixalas para unha secuela que se cadra nunca se faría.


    Os Pitufos ao cinema

    [0:48 01/12/2006] O produtor Jordan Kerner ven de anunciar nunha recente entrevista que o seu vindeiro filme sobre os Pitufos será con gráficos xerados por computador, en 3D. "Non podes facer que eses tíos estean vivos. Sería un chisco raro, pero un mundo en 3D ao xeito de Shrek, iso é fantástico".

    Kerner dixo que estivo a lle dar un repaso á versión da série de televisión dos anos 80: "Mireime todos os 234 episódios da série moitas veces, Herb Ratner e mais eu traballamos moi duro atopando os ócos nos episódios. Xa sabes, coma cando aparece de súpeto esa outra muller, e non falo da Pitufiña, e o que fixemos é axuntar eses buratos nunha triloxía de tres películas, e revelaremos as cousas a medida que acontezan".

    Kerner revelou que lle custou cinco anos obter os dereitos sobre a popular franquía: "Non estaban moi seguros sobre que tipo de história queriamos narrar — e nós non llo queriamos dicir até non ter os dereitos. Así que gañamos os dereitos sobre a base de que eles poderían vetar calquera cousa que nós fixeramos. Pero lles encantou. E digo encantou e non só que lles gustou, e nos dixeron que Peyo [o creador dos Pitufos] encantaría-lle a ideia, iso é para nós unha grande benzón".

    Entre outras cousas, a triloxía examinará o trasfondo da história de Gargamel. A audiéncia saberá máis cousas sobre Gargamel e mais a soupa de Pitufos, como comezou todo e que é o que acontce de verdade nese castelo.


    Outro remake: Poltergeist

    [0:48 01/12/2006] Corre o sério rumor pola Rede que di que a proxectada secuela de IPoltergeist: (que ía titular-se Poltergeist: Kayeri) foi abandoado en favor dun auténtico remake do filme orixinal de 1982. Unha fonte consultada por NOVA comentou que "veño de recebir a confirmación oficial de que a ideia orixinal de Kayeri non será utilizada para o remake. No seu lugar, o novo filme será un remake directo da priemira entrega da triloxía. Se cadra, cuspidiño imaxe a imaxe. Xustiño coma 'As cuíñas teñen ollos'".

    Seica o guionista Clint Morris, quen escribiu o guión de Poltergeist: Kayeri, non estará implicado neste novo proxecto, o mesmo cós actores orixinais da saga, Craig T. Nelson, JoBeth Williams e a anana Zelda Rubinstein.

    A triloxía orixinal de Poltergeist, producida por Steven Spielberg e dirixida por Tobe Hooper, centrába-se nunha família que se mudaba a unha casa nunha urbanización construida sobre un antigo cemitério índio e que estaba enmeigada por espítitos pouco amigábeis. O filme orixinal tivo dúas secuelas e mesmo unha série de televisión, que foi emitida dende 1996 a 1999.


    Os asustanenos de España

    [0:48 01/12/2006] O "coco" e outros monstros e ogros que atemorizaron durante séculos aos nenos españois coma o home do saco, o lobishome, o destripador ou o sacauntos veñen de se desempolvren e agora axexan a capital de Euskadi, Vitoria, nunha exposición que pretende revivir ese mundo mítico infantil. Co título O Coco & Cía, a mostra que se abriu ao público o mércores e até o próximo 10 de xaneiro na Casa do Cordón, situada no casco vello de Vitoria, fai un percorrido polos "asustanenos" de todas as comunidades españolas, Portugal e Andorra.

    Unha das salas adíca-se aos "asustanenos" reais coma o Lobishome de Allariz, o ourensano autor de nove asasinatos, o home do saco, un bruxo que secuestrou e asasinou en 1910 a un neno de 7 anos, al que extraiu o seu sangue e graxas para curar a tise de vários clientes.

    Tamén nesta sala nárra-se a história da Vampira de Barcelona, dama de noite e mendiga de día, acusada e condeada polo secuestro e asasinato de vários nenos, dos cales elaboraba pócimas, e que morreu linchada no cárcere.

    Igualmente hai un espazo para as figuras irreais, coma o "Coco", o asustanenos más popular; o home do saco; o sacauntos (un criminal que destripa ás suas vítimas); o Totón (un sinistro personaxe de Aragón que ronda de noite os cemitérios), ou o Papón (un "engulenenos" que en Astúrias adopta a figura dun ogro enorme con ollos de lume).

    Habilitou-se un espazo cun libro de grande tamaño onde figuran todos os asustanenos que se recopilado polas comunidades autónomas do Estado.

  • [23:52 23/11/2006] Os xefazos dos estudos na Sony Pictures están alporizados porque o tráiler que se distribuiu na Internet do filme Spiderman 3 é unha escolma de anacos sen rematar e non ten ren que ver coa realidade. A promoción do vindeiro filme de Sam Raimi amosa escenas do filme e leva unha marca de auga de "The Ant Farm", unha coñecida empresa distribuidora de tráilers, pero a recentemente distribuida non é o tráiler oficial nin o seleccionado pola Sony, senón o froito dun roubo de imaxes nos estudos. Os copresidentes de The Ant Farm, Mike Greenfeld e Barbara Glazer, insisten en que a fuga non procede da súa compañía. Glazer afirma que os grupos de investigación no mercado, as compañías de dobraxe, o director e mesmo os estudos Sony poderían ser os responsábeis. E engadiu que "Hay fallos básicas dentro do sistema que fan imposíbel garantir a seguranza. Se non-os evalúas, tes moitas máis posibilidades de manter un remolque seguro".

  • [23:51 23/11/2006] Casino Royale abriu o pasado 16 de novembro en Inglaterra e rachou todos os récnord de billeteira para un filme de 007, obtendo 1,7 millóns de libras (uns 2,5 millóns de euros) no seu día de estrea, un 54% máis cá súa predecesora nesta franquía, o filme de 2002 Morre outro día.

  • [23:51 23/11/2006] O Prémio Minotauro, Prémio Internacional de Ciéncia-Ficción e Literatura Fantástica, convocado por Ediciones Minotauro e Cafés Marcilla e que pechou a sua cuarta convocatória o pasado 3 de novembro, recibiu un total de 148 manuscritos. O alcance xeográfico do prémio inclúe sobre todo obras procedentes de España e Latinoamérica. O xurado desta cuarta edición estará composto por Fernando Delgado, Ángela Vallvey, Pere Matesanz, Olga Rubio, Juan Eslava Galán, Laura Falcó, Javier Negrete, gañador da terceira edición, e Francisco García Lorenzana. O fallo terá lugar en Madrid o 14 de febreiro de 2007 e a dotación económica é de 18.000 euros.

  • [23:51 23/11/2006] Seica ún dos protagonistas de Perdidos, Josh Holloway, foi contratado para interpretar a Gambito na vindeira película de X-Men. Holloway, que interpreta a Sawyer na série de TV, ía interpretar ao famoso mutante na anterior entrega da saga da Patrulla X, pero finalmente non puido entrar no reparto por mor da súa axenda. Agora, cando na cuarta película xa van abandoando boa parte dos actores que conformaron o reparto orixinal, incluindo a Hugh Jackman (Lobeto), Sir Ian McKellen (Magneto) e Halle Berry (Trebón), será a oportunidade de Holloway.

  • [23:51 23/11/2006] A revista "TV Guide" informou que o veterán actor de Star Trek George Takei será o pai do trekkie Hiro na série da NBC sobre superheroes Heroes. Takei, que facía do Sr. Sulu na série orixinal de Star Trek, interpretará agora ao pai dun dos superheroes protagonistas da nova série.

  • [23:51 23/11/2006] A New Line Cinema ven de pechar o acordo para se facer cos dereitos da série de fantasía de Michael Scott The Immortal Nicholas Flamel, que producirá Mark Burnett. Agárda-se que de aquí saia unha nova saga de até seis películas. Burnett, produtor de "realities" de televisión coma Supervivintes ou O Aprendiz, usou cartos de seu para se facer cos dereitos desta nova franquía. The Alchemyst será a primeira película da série, baseada na novela homónima que aparecerá publicada nos Estados Unidos en maio.

  • [23:51 23/11/2006] O SCI FI Channel ven de dar a luz verde a Tin Man, unha versión salvaxe de O meigo de Oz, en forma de minisérie de 6 horas de duración. Tin Man (título provisório) comezará a se rodar en Vancouver, Canadá, a primeiros de 2007, para ser estreada a finais dese mesmo ano. A minisérie descríbe-se coma unha versión psicodélica e estraña do Meigo de Oz, centrada en DG, unha rapaza extraída dunha vida humilde e enviada á "Outer Zone" (a O.Z.).

  • [23:51 23/11/2006] Darren Aronofsky, guionista e director do filme de ciéncia-ficción épica The Fountain, dixo que tivo que rodar novas escenas para o filme após de que este debutará con mal pé na Comic-Con Internacional en San Diego en xullo. A película, que obtivo unhas pésimas críticas alí por onde pasou, precisou de novas escenas para evitar o desastre total.

  • [0:37 18/11/2006] Após dun longo percorrido por festivais de cinema de todo o mundo (que a levou, entre outros, polo Ateneo Ferrolán en 2005 e ainda a levará polo Montevideo Fantástico - Segundo Festival de Cinema Fantástico en Uruguai, en marzo de 2007) e dous anos despóis da súa produción, o filme FAQ ven de acadar un distribuidor grazas a SRS Cinema LLC. de New York. A película ultra-independente dixital de ciéncia-ficción distópica escrita e dirixida por Carlos Atanes xa está á venda en formato DVD, en versión orixinal en francés con subtítulos en inglés e español.

  • [22:55 16/11/2006] Chris Palmer será o director de A Spell for Chameleon, un filme fantástico da Warner Brothers, con Wolfgang Petersen na produción a través do seu selo Radiant Productions xunto con David Benioff. Chameleon está baseada nunha novela de Piers Anthony que se fixo moi popular en pouco tempo e na súa série de Xanth, o reino onde está ambientada a história, onde todo o mundo dispón de poderes máxicos. O filme céntra-se nun home que foi exiliado por non ter eses poderes e que regresará para se converter no único posíbel salvador do reino.

  • [22:55 16/11/2006] O protagonista de Spiderman, Tobey Maguire, e a súa moza Jennifer Meyer veñen de anunciar o nacemento do primeiro fillo da parella. A nova nai, de 31 anos, é a filla do executivo da Universal Studios Ron Meyer, e deu a luz no Cedars Sinai Medical Center en Los Angeles o sábado pasado. A parella comezou a sair a princípios de 2003 e comprometeu-se a primeiros deste ano. Maguire será o protagonista de The Good German o ano que ven xunto a George Clooney e Cate Blanchett, e o ano seguinte na secuela Spiderman 3 con Kirsten Dunst e Topher Grace.

  • [22:55 16/11/2006] Os produtores de James Bond Michael G. Wilson e Barbara Broccoli ameazaron con deixar de rodar as sucesivas películas da franquía do superespía en território inglés, por ser caro de máis. Wilson acusou ao Concello de Londres de lles impoñer unhas taxas moi altas e condeou ao governo inglés por non facer ren ao respeito. O Consello Cinematográfico do Reino Unido insiste en que han atopar unha solución para que o axente 007 fique no seu país natal.


    Os maias non aturan o Apocalypto

    [3:50 09/12/2006] Apocalypto, a última película dirixida por Mel Gibson, vai camiño de se converter en centro de polémicas, como xa o fixera o seu anterior título, A paixón de Cristo. Nesta ocasión son os representantes da cultura maia, cuxa história relata o filme, os que tachan ao director de racista ao considerar que a película retrátaos coma salvaxes.

    Activistas de Guatemala, antigo asentamento de grande parte do império Maia que hai séculos ergueu a sua civilización ao redor da zona sur de México e o norde de América Central, non dubidaron á hora de tachar de racista ao último filme ainda sen estrear de Gibson.

    Un par de trailers de Apocalypto, que chegará ás salas americanas o 8 de decembro, é o único material da película que se exhibiu ata o momento en Guatemala. Algo máis que abondo para as autoridades do país, que viron nas imaxes, que amosan a temibeis maias con ósos que lles atravesan a piel e rostros marcados por cicatrices portando lanzas e realizando sacrifizos humáns, a exaltación dun prototipo non demasiado amábel da sua cultura.

    "Gibson reproduce, en glorioso Technicolor e con alto orzamento, a ofensiva ee racista noción de que os maias eran violentos entre si moito antes da chegada dos europeos e por elo merecían ser rescatados", sinalou Ignacio Ochoa, director da Fundación Nahual, promotora da cultura maia, que se veu abaixo despóis do siglo VIII por mor do que os historiadores coidan puido ser a sobreutilización de recursos naturais.

    Ainda que se coida que a cultura maia non se equiparou á azteca no que a derramamentos de sangue se refire, algúns arqueólogos si sosteñen que os sacrifizos humáns foron comúns nos últimos anos da civilización, prévios á conquista española.

    Lucio Yaxon, un xove activista maia polos dereitos humáns considera as imaxes dos primeiros trailers de Apocalypto pouco realistas: "Básicamente o director está a dicir que os maias son salvaxes".

    Pola sua banda, o arqueólogo Richard Hansen, a quen Gibson recurriu durante a rodaxe do filme como consultor, defende ao director no seu empeño por asegurar a autenticidade e precisión histórica da película, na que todos os diálogos se escribiron e interpretaron no antigo idioma maia e cuxo reparto o integra ao completo un elenco de intérpretes indíxenas.

    "Acóugame un pouco cómo os própios maias van percibir a película", afimou Hansen, que na actualidade dirixe un proxecto arqueolóxico no Mirador Basin ao norde de Guatemala. "Gibson – concluiu o arqueólogo – está intentando facer un alegato social".


    Outra obra de Stephen King adaptada

    [3:51 09/12/2006] Durante o verán de 2008 emitirá-se na televisión americana unha adaptación de 6 horas en forma de minisérie do thriller sobrenatural O Talismán, o coñecido libro escrito por Stephen King e Peter Straub. A obra estará producida por Steven Spielberg, Kathleen Kennedy, DreamWorks e a canle TNT.

    Spielberg, que produciu Into the West para a TNT, estará acompañado da súa parceira habitual, Kathleen Kennedy, quen será a produtora executiva, así como por Ehren Kruger (Skeleton Key, The Ring), quen adaptará a novela de terror da parella King/Straub. Darryl Frank, a cabeza visíbel da DreamWorks Television, será o coprodutor executivo xunto con Justin Falvey.

    O Talisman, publicada en 1984, marcou a primeira colaboración entre King e Straub. Narra a história de Jack Sawyer, un rapaz que se embarca nunha aventura a cabalo entre o noso mundo e outro paralelo de fantasía ("Os Territórios") na procura dun talismán que podería salvar a vida da súa nai e ao mesmo tempo á da raíña dos Territórios.


    Deadman e Del Toro

    [3:51 09/12/2006] A Warner Brothers ven de contratar os servizos do guionista Gary Dauberman para que traballe co director e produtor Guillermo del Toro no guión da adaptación á pantalla grande de Deadman, o persoaxe da DC Comics.

    O filme podería ser ún dos que gosta de dirixir o mexicano del Toro (O labirinto de Pan), quen podería asemade producir xunto a Don Murphy, da Angry Films, e a parceira de Murphy, Susan Montford.

    Deadman é a pantasma dun acróbata de circo asasinado, quen ten o poder de posuir os corpos dos vivos para así procurar ao seu asasino, e de paso axudar aos inocentes.

    Dauberman impresionara aos produtores de Deadman cun esbozo de guión que escribira para un western de zombies.


    O tren de medianoite

    [3:51 09/12/2006] O antigo membro do elenco de Alias Bradley Cooper será o protagonista de Midnight Train, un filme baseado nun conto de Clive Barker sobre violéncia e destrución no metro de New York.

    Lakeshore e Lionsgate producirán a película, para a que comenzará a rodaxe este mesmo inverno.

    Midnight Train está baseado no conto de Barker Midnight Meat Train, publicado dentro da súa escolma de relatos de terror Books of Blood. Vai sobre un fotógrafo á procura dun asasino en série que opera no metro da cidade de New York. O coñecido director asiático de filmes do xénero Ryuhei Kitamura será o encargado deste filme, sustituindo a Patrick Tatopoulos, quen caiuse do proxecto.


    Nominacións para o cinema animado

    [3:50 09/12/2006] A DreamWorks Animation SKG lidera o grupo de nominados deste ano aos prémios Annie, que se outorgan aos millores traballos no cinema, a televisión e o vídeo doméstico no eido da animación, con 17 candidaturas en tan só dúas películas, Flushed Away (Ratópole) e Over the Hedge (Veciños Invasores).

    O filme da Disney-Pixar Cars empatou con Ratópole no primeiro posto dos máis nominados, con 9 candidaturas, segundo o anúncio que fixo esta semana a International Animated Film Society.

    A asociación presentará aos gañadores nunha gala que terá lugar o vindeiro 11 de febreiro de 2007 en Glendale, Califórnia, na que suporá a súa 34ª edición.

    Ratópole, unha coprodución coa British filmmakers Aardman Animation, recebiu nove nominacións, incluindo millor dirección, guión e actuación de voces (entre elas está a de Sir Ian McKellen, quen deu un toque shakespeariano ao malvado persoaxe de Sapo).

    Over the Hedge, a versión animada dunha popular tira cómica nos Estados Unidos, acadou oito nominacións, incluindo as de millor película e actuación de voces, con Wanda Sykes, no papel de Stella.

    As nominacións para Cars, da Pixar Animation Studios e a Walt Disney Co., incluiron as de millor película, millor director (John Lasseter, tamén director de Toy Story) e millor banda sonora, pola obra do compositor Randy Newman.

    Outros nominados para estes prémios foron Happy Feet, Monster House e Open Season (Amigos salvaxes).

  • [0:52 01/12/2006] O director Alfonso Cuarón dixo que o seu filme, o futurista Fillos dos Homes, é parte dunha triloxía que inclúe Babel e O Labirinto de Pan, que foron dirixidos polos seus compatriotas mexicanos Alejandro Gonzalez Iñárritu e Guillermo del Toro.

  • [0:52 01/12/2006] O xurado do prémio Domingo Santos, convocado pola Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror, vend e determinar que los finalistas son Pasión gitana, El laberinto de Kernov, El regalo de boda, Los vampiros del mar, La primera pregunta, Gloria del padre, Diferencias de familia e El vendedor de libros. O gañador será dado a coñecer na terceira semana de decembro.


    O Capitán Trueno dá o chimpo á pantalla grande

    [3:51 09/12/2006] A produtora valenciana Maltés Producciones ven de adquirir os dereitos para levar ao cinema unha película sobre o Capitán Trueno, o senlleiro persoaxe do cómic español, e cuxo título provisional será As aventuras do Capitán Trueno. O acordo asinou-se entre Pau Vergara, por parte de Maltés Producciones, e Víctor Mora, autor e posuidor dos dereitos sobre os persoaxes do cómic, quen supervisará o guión da película.

    As negociacións entre ambas partes comezaran antes do pasado verán e, após de catro meses de contactos, o acordo acadado asinou-se ao cabo. Segundo fontes da produtora, Armonía Rodríguez, muller de Víctor Mora, comunicou-lles que o autor non quería negociar os dereitos cunha multinacional: "Queríamos que o proxecto o desenvolvera un xove produtor e director con ganas e ilusión. Sabemos que o vai facer moi ben", dixo Rodríguez.

    Pau Vergara afirmou que o seu sono sempre fora levar ao cinema a un persoaxe coma o do Capitán Trueno, que ven de cumprir os 50 anos: "É un cómic que pasou de xeración en xeración. O meu pai líao, e eu comecei a o facer mentres almorzaba na casa da miña avoa", comentou.

    Alén do factor emocional, para Maltés Producciones este proxecto supón o chimpo á ficción desta productora até agora especializada en cinema documental de grande formato.

    "Esperamos estar á altura das circunstáncias. Sabemos que a expectación dos fans, lectores e público é máxima", engadiu Vergara, quen dixo que a película será unha superprodución dirixida ao mercado internacional. Respecto ao actor que interpretará a Trueno, a produtora non deu detalles. "Estará á altura do cómic e do persoaxe", limitou-se a informar.

  • [0:52 01/12/2006] O filme de Guillermo del Toro O Labirinto de Pan foi nominado para dous prémios Independent Spirit Awards, nas categorías de millor filme e millor realización. Os prémios de 2007 serán dados a coñecer o 24 de febreiro en Santa Monica, Califórnia, un día antes dos Oscars.


    Adeus ao xovenciño Frankenstein

    [0:44 15/12/2006] Peter Boyle, o veterán actor que interpretou a un monstro que bailaba claqué en O xovenciño Frankenstein, ven de morrer aos 71 anos de idade. Boyle finou o pasado 12 de decembro no hospital presbiteriano de New York, após de sofrir de mieloma múltiple e fallos cardíacos.

    Boyle, que ao longo da súa carreira gañou sona interpretando a tipos duros, rachou con ese molde en O xovenciño Frankenstein, a paródia dos filmes de terror que fixo Mel Brooks en 1974. O intre máis relembrado da película chegaba cando Gene Wilder, interpretando ao científico tolo Frederick Frankenstein, presentaba ao seu monstro perante unha audiéncia, e Boyle, vestido cun frac, interpretaba bailando a peza clásica de Irving Berlin Puttin' On the Ritz.

    Boyle coñeceu á súa esposa, Loraine Alterman, no plató de rodaxe de O xovenciño Frankenstein, cando ela era unha xornalista da revista "Rolling Stone" e Boyle, ainda disfrazado coa maquillaxe do monstro, pediu-lle para sair.

    Boyle gañou un Emmy en 1996 polo seu papel de actor convidado en "O repouso final de Clyde Bruckman", un episódio de Expediente X.

    Ún dos seus papeis finais foi en 2004, cando interpretou ao vello Wickles en Scooby Doo 2.


    Damon, candidato a ser Kirk

    [0:43 15/12/2006] Matt Damon confesou nunha recente entrevista que está disposto a asumir o papel do capitán James T. Kirk na proposta undécima película da saga de Star Trek, pero negou os rumores de que xa estea contratado para facer o cobizado papel que foi interpretado orixinalmente por William Shatner. "Se o guión fose bó, faríao", dixo Damon mentres promocionaba o seu último filme, The Good Shepherd. "Pero sí, teño oido o rumor. Coido que J.J. Abrams ou alguén dixo iso nunha rolda de prensa ou algo así, e [os fans de Star Trek e os médios de comunicación] tomárono en sério".

    Se Damon obtivese o posto de Kirk, convertería-se no primeiro actor que interpreta ao persoaxe dende que Shatner fixérao na série orixinal dos anos 60 e nas subseguintes secuelas no cinema.

    Abrams, o co-creador da série de TV Perdidos, é o nome que máis soa para escribir o guión e producir a nova película da série, Trek XI e mesmo podería dirixila. Abrams dirixiu previamente Misión Imposíbel III.

    Hai moitos outros rumores ao redor deste proxecto. Abrams está a supervisalo todo, e xa confirmou que tivo conversas de cortesía con Shatner e Leonard Nimoy, quen interpretaba a Spock, pero á parte diso, non hai ren oficial sobre o argumento da película, o reparto ou outros detalles clave.

    Polo de agora, o último sobre esta saga é que J.J. Abrams confirmou que está a traballar nela e que ten a vista posta en 2008 para unha posíbel estrea.

    Damon é coñecido entre os fans polos seus papeis en Os irmáns Grimm e A identidade Bourne.


    Spielberg viaxa no tempo

    [0:43 15/12/2006] Steven Spielberg está a desenvolver unha série para a canle de televisión Fox ainda sen título pero que irá sobre viaxes no tempo. Este é só ún dos dous proxectos que realizará para a canle de Rupert Murdoch. Scott Gemmill escribirá o guión da série, un drama dunha hora de duración para a 20th Century Fox TV e a DreamWorks, a compañía de Spielberg encargada de facer proxectos para a TV. Os xefes da DreamWorks, Justin Falvey e Darryl Frank tamén serán os produtores executivos.

    O drama sobre viaxes no tempo terá un argumento romántico como centro e irá sobre dous xoves físicos americanos na Segunda Guerra mundial que descubren un xeito de viaxar ao futuro, polo que comezan unha série de viaxes entre 2007 e os anos 40 para axudar no esforzo da guerra, pero no proceso fican atrapados no continuum espazo-temporal. Durante as viaxes, ún dos físicos recruta a unha muller en 2007 para que lle axude a superar o shock cultural, pero ambos os dous namóran-se.

    Gemmill pasou moitos anos na série Urxéncias, que produce a Amblin Television, unha compañía de Spielberg, quen por certo reservou-se o dereito de engadir o seu nome como produtor executivo, pero non tomará unha decisión até non ver o resultado final.


    Raimi produce a Sombra

    [0:43 15/12/2006] O director de Spiderman, Sam Raimi, producirá unha nova versión para o cinema do clásico da rádio dos anos 30 A Sombra para a Columbia Pictures, que adquiriu os dereitos para a pantalla grande.

    Raimi e Josh Donen producirán o filme, baseado no serial radiofónico, a través da súa empresa Buckaroo Entertainment; Michael Uslan tamén producirá, mentres que a Columbia encargou a Siavash Farahani que escriba o guión.

    A Sombra debutou na rádio nos Estados Unidos na canle CBS en 1931. O persoaxe era realmente o alcume do patrocinador do programa, pero os radiointes esixiron que as histórias estivesen baseadas nese nome. Walter B. Gibson creou ao persoaxe, escribindo as histórias dun loitador contra o crime que se agochaba nas sombras levando un chapeo e mais unha capa que tiña o poder de escurecer a mente das persoas.

    A Sombra xa tivo anteriores versións no cinema, nos anos 30 e 40: un serial da Columbia protagonizado por Victor Jory e unha parella de séries nos primeiros anos da televisión. A reencarnación máis recente foi un filme de 1994 da Universal protagonizado por Alec Baldwin e dirixido por Russell Mulcahy; esa película non fixo moita recadación, estragando unha posíbel franquía.

    A película sobre a Sombra leva moito tempo rondando a cabeza de Raimi, e a súa influéncia pode ver-se no seu filme de 1990 Darkman. Nombergantes, Raimi non será o director esta vez.

  • [0:53 01/12/2006] Anna Faris (Scary Movie) foi contratada para protagonizar a vindeira comédia de ciéncia-ficción Frequently Asked Questions About Time Travel. O filme tamén estará protagonizado polos actores cómicos ingleses Chris O'Dowd, Marc Wootan e Dean Lennox Kelly. A película será dirixida polo veterán das tele inglesa Gareth Carrivick.

  • [0:53 01/12/2006] A empresa Biplano, axente para España e Portugal do xogo de mesa Monopoly, e Hasbro, a distribuidora do xogo, veñen de crear unha versión viguesa que foi presentada este xoves no Verbum. A partir de agora os vigueses poderán xogar na casa movendo ficha polas rúas e avenidas máis representativas da cidade, algo que en España só poden dicir en Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao e Zaragoza.

  • [0:53 01/12/2006] A equipa de produción do filme de terror español A Hora Fría, a Eqlipse, anúncia o redeseño do sítio Web oficial desta película dirixida por Elio Quiroga. Na sección de vídeo veñen de poñer unha ligazón co terceiro tráiler, con material novo. Todo en www.lahorafria.com.

  • [0:53 01/12/2006] Por fin está á venda Os camiños invisibles, o título do segundo volume da serie "Os heresiarcas" que están a publicar os galegos Carlos Portela (ao guión) e Julio Das Pastoras (como deseñador) na editora francesa Humanoïdes Associés, o segundo tomo das aventuras de Agon e Beluch, na procura do alma da amada de Agon, Aldara.

  • [0:52 01/12/2006] O chileno José Baradit (con Trinidad) e mais o español Miguel Angel López Muñoz (O informe Cronocorp) foron os gañadores da edición deste ano do Prémio de Novela curta de Ciéncia-Ficción que organiza a Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). O primeiro prémio está dotado con 6.000 euros e a publicación do libro. A mención oficial, premiada con 1.500 euros, foi para The end of the World, de Kristine K. Rusch.


    As montañas da loucura

    [0:15 22/12/2006] O guionista e director Guillermo del Toro desvelou nunha entrevista que lle gostaría facer unha versión fiel da clásica novela de terror de H.P. Lovecraft Nas montañas da loucura, e que este é ún dos seus proxectos pendentes para cando remate Hellboy 2 o ano que ven. "A mesma postura de Lovecraft sobre o universo é cuspidiña á de Albert Camus", dixo del Toro aos xornalistas o pasado 18 de decembro. "El é un existencialista. Di que o cosmos é indiferente ao home. No millor dos casos é indiferente. E míranos coma a pulgas ou é hostil a nós".

    Del Toro, director de Hellboy e Blade II, leva desenvolvendo unha versión do clásico lovecraftián dende 2003. A história de Del Toro, baseada na novela que escribiu Lovecraft en 1931, está escrita dende a perspectiva do profesor William Dyer, un xeólogo da Universidade de Miskatonic, e ten lugar na Antártida, onde unha expedición descubre os restos de antigas creaturas que comían humanos. Cando moitos membros da expedición son asasinados, Dyer comeza a se decatar de que as creaturas puideron ser destruidas polos seus escravos, uns seres mutantes chamados "shoggoths", e que poderían estar ainda vivos. A novela é considera unha das pezas mestras de Lovecraft, o creador dos mitos de Cthulhu.

    Del Toro tamén está embarcado noutros dous proxectos, ún sobre o conde de Montecristo e outro sobre Tarzán. E engadiu: "Miren, se eu puidera escoller, despóis de rematar Hellboy 2, faría Montecristo ou as Montañas da Loucura, esas son as miñas favoritas".


    Rodriguez produce Madman

    [0:15 22/12/2006] O director de Sin City, Robert Rodriguez, producirá Madman, un filme baseado no cómic de Michael Allred. George Huang dirixirá un guión que el mesmo escribiu xunto a Allred.

    Madman é unha recreación posmoderna do mito de Frankenstein, cun toque de superheroe. O persoaxe central, morto nun accidente de coche, é reanimado por un médico excéntrico chamado Frank Einstein que lle infunde sensos millorados, pdoeres psíquicos e unha portentosa forza física. Pero o doutor non pode amañar a face da súa creatura, polo que Madman leva unha máscara coa fasquía do seu superheroe favorito para agochar as súas cicatrices.

    O mesmo ca Sin City, en Madman estará moi presente o creador do cómic orixinal. A película será rodada integramente nos estudos Troublemaker que Rodriguez posúe en Texas.

    Rodriguez, que está a preparar unha secuela de Sin City, tamén apadriñou Planet Terror, a metade dun filme titulado Grindhouse e que será estreado o 6 de abril. Quentin Tarantino dirixiu a outra metade, Death Proof.


    Vendidos os dereitos de Peter Pan II

    [0:15 22/12/2006] Dúas empresas con apoio do governo inglés xuntaron as súas forzas cunha produtora independente para asegurar-se os dereitos de televisión e cinema sobre Peter Pan in Scarlet, a recentemente aparecida segunda parte ou secuela oficial do clásico Peter Pan.

    A decisión de lle outorgar a franquía ao consórcio parteu do Hospital de Great Ormond Street, un centro adicado á infáncia ao que o autor da novela orixinal, Peter barrie cedeu os dereitos. A secuela foi escrita por Geraldine McCaughrean pero coa condición de que os dereitos ficarían no hospital.

    As empresas que acadaron estes priviléxios son a U.K. Film Council, un organismo dependente do governo inglés, a BBC Films, o "brazo do cinema" da poderosa canle BBC; e a Headline Pictures, unha compañçia cofundada polo antigo executivo da BBC Mark Shivas.


    Á venda o castelo de Drácula

    [0:44 15/12/2006] A família dos Habsburgo-Lorena decidiu vender, sete meses despóis de o recuperaren, o castelo rumano de Bran, edifício medieval coñecido como una das residencias do príncipe Vlad o Empalador (s.XV), que inspirou as lendas sobre o vampiro Drácula. O presidente do concello municipal de Brasov, Aristotel Cancescu, confirmou hoxe perante a prensa que recibiu recentemente unha oferta por parte dos avogados que representan aos propietários.

    Afirmou que estuda a oferta xunto cos xuristas da institución administrativa local, nombargantes non indicou ningún detalle sobre aspectos financeiros: "o castelo de Bran é un obxectivo de máxima importancia para o turismo do noso districto e tomamos moi en sério a oferta de compralo", dixo Cancescu.

    O castelo, que alberga un museu de arte medieval, foi devolto o pasado mes de xuño aos herdeiros da princesa Ileana de Roménia, casada co archiduque Antón de Habsburgo.

    Un voceiro dos Habsburgo declarou naquel momento que durante tres anos o edificio conservara a sua actual función como museu e que logo "só o futuro decidirá o destino desta residéncia".

    A fortaleza, situada cerca de Brasov, no centro de Roménia, foi construida polos cabaleiros da Orde Teutónica a princípios do século XIII e serviu durante a Idade Média á defensa da ruta comercial que comunicaba Valáquia con Transilvánia.

    O príncipe Vlad o Empalador utilizou esta fortaleza para fins militares várias veces durante o seu reinado.

    Os colonos alemáns de Brasov, que mercaron o castelo a fins do século XV, regalárono en 1918 á raíña María de Roménia, quen convertiuno en residéncia estival da família real e deixouno en herdanza á sua filla Ileana.


    Candidatos para os Globos de Ouro

    [0:44 15/12/2006] Os filmes de ciéncia-ficción e fantasía non escaparon á habitual auséncia de nominacións importantes para os prémios Globo de Ouro, que deu a coñecer o pasado 14 de decembro a asociación da prensa estranxeira en Hollywood, ainda que a CF e a fantasía na televisión tivo millor sorte.

    A série da NBC Heroes foi nominada a millor série de televisión e millor drama, o mesmiño que Perdidos. As actrices de Perdidos Evangeline Lilly e Patricia Arquette, de Medium, foron nominadas para a millor interpretación feminina nunha série de televisión.

    Na categoría de millor filme, Guillermo del Toro con O labirinto de Pan recebiu a nominación ao millor filme en língua estranxeira.

    Outros candidatos de interese para o xénero foron Renee Zellweger, nominada a millor actriz polo seu papel en Miss Potter, Johnny Depp a millor actor en Piratas do Caribe, xunto a Will Ferrell por Stranger Than Fiction.

    Na categoría de millor filme de debuxos animados están Cars, Happy Feet e Monster House.

    A solución, o vindeiro 15 de xaneiro en Los Angeles.


    Extra-terrestres na Universidade de Vigo

    [0:44 15/12/2006] Un grupo de profesores da Facultade de História de Ourense veñen de facer unha chamada á reflexión sobre a conférencia pronunciada no campus vigués por un tal Giorgio Caria o pasado mes e reseñada no diário da Universidade de Vigo (DUVI).

    Con data do 24 de Novembro de 2006, o DUVI publicou a seguinte nova: "Estudantes de Filoloxía reciben unha charla sobre a presenza extraterrestre". Segundo denúncia este grupo de profesores, seica o convidado, Pier Giorgio Caria, analizou o sinificado dos círculos nos campos de millo coa conferencia "Os círculos no gran, unha mensaxe para a humanidade". Segundo a nova, este acto foi organizado pola ONG Fumina Internacional en colaboración coa delegación de alumnos do centro.

    Este conferenciante, que se presenta como "investigador, documentalista e experto en ufoloxía", carece de formación, curriculum e de solidez como autoridade en calquera matéria. Para Caria os sinais no millo "están relacionados coa crise planetária derivada dos problemas medio ambientais e as guerras, é unha mensaxe en harmonía co momento histórico que vivimos".

    Caria afirmou ademáis que "son os governos os que teñen as mellores probas; ocultan o tema porque para eles é un problema de seguridade nacional e, ao tempo, unha oportunidade tecnolóxica con repercusións militares e económicas".

    Entre os profesores que denúncian este acto de papanatismo levado a cabo no supostotemplo do coñecemento e da ciéncia, atópan-se Beatriz Comendador Rey, Mª Victoria Carballo Calero, Francisco Javier Pérez Rodríguez, Milagros Cavada Nieto, Santiago Vieito Covela, Susana Cendán Caaveiro, Xosé Ramón Campos Álvarez, Susana Reboreda Morillo, Roberto Vázquez Rozas, Adolfo Fernández Fernández, Mª Elena de Uña Álvarez, Ladislao Castro Pérez, Fermín Pérez Losada e Mª Beatriz Vaquero Díaz.

  • [0:48 15/12/2006] The Weinstein Co. e a súa división literária, Weinstein Books, van embarcar-se nunha aventura multimédia, adquirindo dous títulos nunha nova série de fantasía para nenos, unha opción para converter as novelas en películas e toda unha chea de opcións para posíbeis precuelas e secuelas. As aventuras escomezan con Alex e mais os Cabaleiros Icónicos, a crónica da escritora primeiriza Adrienne Kress dun orfo de dez anos chamado Alex Morningside para ceibar á súa profesora dunha banda de piratas.

  • [0:48 15/12/2006] A BBC ven de encargar unha nova tanda de episódios para unha segunda tempada de Torchwood, a série secuela de O Doutor Who. O creador de O DOutor Who é tamén o creador de Torchwood (un anagrama de "Doctor Who"), ambientado en Cardiff, Gales, e centrado nunha equipa de investigadores que usan tecnoloxía alieníxena para resolver crimes.

  • [0:48 15/12/2006] Nightmare Detective, o último thriller sobrenatural "made in Japan", será distribuido nos Estados Unidos, Inglaterra, AUstrália e Nova Celándia pola Weinstein Co. O filme é o relato dunha muller detective que investiga o misterioso suicídio de dúas persoas conectadas só polo feito de que antes de morrer marcaran o número cero no seu teléfone móbil.

  • [3:54 09/12/2006] Corre o rumor de que o director de Spiderman, Sam Raimi quere levar ao cinema a populares persoaxes dos cómics pulp, coma Doc Savage, a Sombra e o Vingador, nunha soa película. As mesmas fontes anónimas afirman que o guión sería obra de Siavash Farahani.

  • [3:54 09/12/2006] O protagonista de O Castigador Thomas Jane confirmou que ven de asirnar o contrato polo que será o protagonista da adaptación da novela de Stephen King A Brétema que Frank Darabont vai levar á pantalla grande. Jane revelou que formará parte do elenco protagonista nunha entrevista e sen que ninguén llo preguntara.

  • [3:54 09/12/2006] Segundo revelan fontes habitualmente ben informadas, está-se a preparar o remake dunha das millores comédias de ciéncia-ficción dos anos 80, Curtocircuito, a película protagonizada por Johnny 5, un robot militar que por mor dun curtocircuito cobra vida de seu e escapase para ir parar á casa dunha rapaza, da que se fará amigo. O director do filme orixinal, John Badham, non ten previsto implicarse neste novo proxecto, pero seica si que contan con parte da equipa implicado no filme de 1986.

  • [3:54 09/12/2006] SpielbergFilms.com, un sítio Web creado e mantido por fans do director Steven Spielberg, citou fontes anónimas da oficina do realizador para informar de que negan os rumores que o vencellaban a unha secuela de Poltergeist, e mesmo que estean a desenvolver o mencionado proxecto.

  • [3:54 09/12/2006] Bungie Studios e Microsoft veñen de abrir o rexistro para a vindeira versión Beta de Halo 3, o videoxogo máis popular do xigante de Redmond e que ten previsto aparecer en 2007. O malo é que hai que ser americano ou canadiano para poder converterse nun beta-tester. Ademáis, é preciso ter unha Xbox 360 rexistrada e unha conta con Microsoft .NET Passport.

  • [3:54 09/12/2006] O actor Rip Torn ven de se unir ao clube dos recentemente arrestados pola Policía nos Estados Unidos por conducir bébedos, nesta ocasión en North Salem, New York. Torn, un actor moi recoñecido entre os fans do xénero (por exemplo aparece en Men In Black), foi detido após de que o seu coche participase nun accidente no que se chamou á Policía. O actor, de 75 anos, refugou colabourar coas autoridades, o que por suposto despertou as suspicácias. Xa en xaneiro de 2004, Torn fora arrestado en New York despóis de bater contra un taxi, pero daquela fora declarado inocente.

  • [3:53 09/12/2006] A MGM ven de adquirir os dereitos mundiais para a televisión e para a distribución en vídeo de A Dog's Breakfast, unha comédia negra rodada por membros do elenco de actores das séries do SCI FI Channel Stargate SG-1 e Stargate Atlantis que suporá o debut na realización do actor de "Atlantis" David Hewlett.

  • [3:53 09/12/2006] Thomas Dekker será o intérprete de John Connor na vindeira série dramática de ciéncia-ficción da Fox The Sarah Connor Chronicles, baseada na franquía de filmes de Terminator. Dekker, quei nterpreta arestora ao amigo de Claire na série Heroes, unirá-se a Lena Headey no novo proxecto. Sarah foi interpretada por Linda Hamilton nas películas, mentres que o papel de John fíxoo Edward Furlong en 1991 e Nick Stahl en 2003.


    O Hobbit ás ordes de De la Iglesia

    [15:18 30/12/2006] Tras meses de especulacións sobre a identidade do protagonista do esperado novo proxecto de Álex De la Iglesia, a produtora española do filme puxo fin á incógnita: será o americano Elijah Wood (mais coñecido como Frodo, o hobbit protagonista da saga de "O señor dos aneis") quen se una ao director español na rodaxe de "Os crimes de Oxford".

    Ambientada na cidade inglesa e baseada na novela homónima de Guillermo Martínez gañadora do Prémio Planeta arxentino 2003, o filme desenvolve unha trama de suspense e asasinato na liña das clásicas novelas de intriga policíaca que popularizaran Agatha Christie ou Arthur Conan-Doyle.

    Unha liña que desde o primeiro momento atraiu ao cineasta español a este proxecto, que espera realizar "á vella usanza, cunha rodaxe clásica e unha posta en escena tradicional".

    A história centra-se nun estudiante arxentino recén chegado a Oxford que verá abafada a sua estáncia no lugar cando comezan a acontecer-se unha série de enigmáticos crimes. coa axuda dun profesor de matemática e detective afeizoado (ao que encarnará John Hurt) e a neta do seu caseiro o xove verá-se inmerso nunha investigación para cuxa resolución probarán-se chante o uso da lóxica e a matemática.

    Gael García Bernal foi unha das primeiras opcións de De la Iglesia para dar vida ao seu protagonista. Non obstante, o director amósa-se satisfeito coa elección de Wood: "Estou encantado de traballar con Elijah, que sen dúbida ten os ollos con mais forza da indústria e que é perfeito para o papel", sinalou o cineasta nun comunicado feito público por Tornasol Films.


    Kraken faise cómic

    [15:18 30/12/2006] Ainda que a nova chegounos a primeiros de mes, hai que falar do nacemento dun novo selo adicado á publicación de títulos míticos da banda deseñada. "Kraken" nace dentro do proxecto editorial de Ediciones Jaguar, cun meditado plan de actuación que terá como base o rescate de obras e autores indispensábeis a nivel internacional que non tiveron a merecida distribución en Galiza.

    Os amantes do fantástico veremos a resurrección da revista inglesa "2000AD" na que deixaran a súa sinatura desde 1977 autores da talla de Alan Moore, Alan Davis ou John Wagner. Asimesmo, Ediciones Kraken deu saida ao longo de decembro a séries regulares con títulos coma "Xuiz Dredd", "DR & Quinch" (obra completa por Alan Moore, Alan Davis e Jamie Delano) ademáis de ter en carteira un volume de histórias creadas por Moore ambientadas nun particular universo da ciéncia-ficción.


    Coas apostas en contra

    [15:17 30/12/2006] Os cabalos son cousa do pasado. O que realmente suscita o interese dos corredores de apostas nestes dias non é outra cousa que o futuro de Harry Potter. A raiz da publicación do título do último volume da saga creada por J.K. Rowling, o destiño do popular meigo está mais en entredito ca nunca. Un feito que non pasou inadvertido para os xogadores empedernidos e corredores británicos que xa listan as suas apostas pola morte dos populares personaxes de Rowling. Mália que nun princípio Harry se situou como favorito no ranking de posíbeis mortes, é Voldemort quen lidera as apostas, seguído do próprio neno meigo, Draco Malfoy e Ron Weasley. Pero a morte non é o único que centrou o interese destes improvisados ludópatas literários: algunhas das apostas mais populares son as que apontan ao casamento entre Ron e Hermione con Harry de padriño, ao nacemento dun vástago desa unión de nome Harry ou a un fatídico duelo entre Draco e Ron no que o fillo de Lucius Malfoy perderia a vida. Por imaxinación (e por cartos) non vai ser.


    Ferrol adica unha rúa a Merlín

    [13:01 24/12/2006] Segundo informan os nosos compañeiros de "La Voz de Galicia", Ferrol é dende onte a primeira cidade galega que conta cunha rúa adicada ao famoso meigo, tan relacionado con Galiza. Era un dos últimos desexos de Lorc, de José Lorente de Castro, dun dos grandes mitos da maxia galega, que antes de falecer o pasado mes de setembro lograra reunir máis de medio millar de sinaturas para que Ferrol contase coa primeira rúa de Galiza adicada á figura de Merlín. E o seu desexo cumpriu-se onte, coincidindo co aniversário do nacemento de Álvaro Cunqueiro, o día que as cidades de Ferrol e Mondoñedo lembraban xuntas ao escritor mindoniense. En San Xoán de Esmelle, moi preto da fraga á que a lenda quere sempre chea de fadas e encantamentos, está xa a rúa que leva o nome do mago da tradición artúrica.

    Alí, entre pedras milenárias e muíños, colocou-se onte a escultura cerámica de Francisco Pérez Porto que lembrará ao rei dos nigromantes, ao facedor de prodíxios que Cunqueiro trouxo a Galiza na súa máis inmortal novela, Merlín e família.

    En medio dun acto que reuniu a prestidixitadores de toda Galiza e ao que non faltou o infatigabel Manolo Montero, o Nigromante de Mondoñedo, saíron tres pombas da escultura de Pérez Porto. "Son Lorente, Cunqueiro e Merlín", explicaba o Mago Antón, ante a emoción de Julia, a esposa de Lorc, que actuou á beira do mago ferrolán, durante décadas, por escenarios do mundo enteiro. "Estouvos moi agradecida a todos", exclamaba a esposa de Lorente. "A el todo isto lle facía moita ilusión, e eu teño que darvos as grazas sen parar, porque a máxia era a súa vida, e así agora segue estando aquí". Tamén o concelleiro de Cultura ferrolán, José Manuel Couce Fraguela, amigo persoal de Lorente, estaba onte emocionado. "Lorente foi un artista universal, un home que levou o nome de Ferrol polos cinco continentes e que é un mito da máxia".

    O Teatro Jofre, que onte á noite acollía un festival de máxia, coordinado polo Mago Antón, tamén na memória de Lorente de Castro, será escenário, todos os anos, dun festival internacional de prestidixitación.

    A idea de celebrar este festival anual, que levará o nome de Lorc&Julit — como tributo ao dúo artístico que Lorente formaba coa súa esposa —, partiu do propio Antón. Desde o Concello sinalan que "a maxia ten que ter un lugar de honra nun teatro ao que Lorc lle quería tanto". Para Couce Fraguela, "un festival así ten que ser unha referéncia que vaia máis alá de calquera fronteira".


    Harry Potter VII xa ten título

    [0:15 22/12/2006] J.K. Rowling anunciou hoxe o título da séptima e derradeira entrega da saga de Harry Potter: Harry Potter and the Deathly Hallows, segundo desvelou a súa editoria en Inglaterra, a Bloomsbury. A data de publicación ainda non foi dada a coñecer, pero agárda-se que sexa en 2007.

    O anúncio do novo título pon fin a meses de rumores sobre cal podería ser o nome que figurase na capa do libro máis agardado dos últimos tempos. Os rumores apuntaban a Harry Potter and the Pyramids of Furmat e Harry Potter and the Graveyard of Memories, que eran os máis votados polos fans anglosaxóns. Ainda non está claro o que é iso das "Deathly Hallows" do título oficial, porque nos anteriores libros non se mencionou nada semellante.

    No seu sítio oficial, Rowling escribiu sobre os seus progresos co libro, dos que deu unha pista hai uns meses, dicindo que alomenos dous persoaxes principais morrerían. Nombargantes, a creadora de Harry Potter afirma ter dificultades para rematar este séptimo libro das aventuras do xove aprendiz de meigo, até o punto que ten sonos extraños, segundo escribió na sua páxina na Internet.

    Rowling revelou que o neno meigo leva invandindo os seus sonos ultimamente: "dende hai anos a xente leva preguntándome se algunha vez soñei con vivir no interior do mundo de Harry", escribe Rowling. "A resposta sempre foi "non" até hai unhas noites, cando tiven un soño épico no que era ao mesmo tempo Harry e mais o narrador".


    Finalistas do Minotauro 2007

    [0:15 22/12/2006] O xurado do Prémio Minotauro, formado por Fernando Delgado, Ángela Vallvey, Pere Matesanz, Olga Rubio, Juan Eslava Galán, Laura Falcó, Javier Negrete (gañador da terceira edición do Prémio) e Francisco García Lorenzana como secretário, decidirá cal será a obra gañadora de entre as cinco finalistas á cuarta edición do Prémio Internacional de Literatura Fantástica e Ciéncia Ficción convocado por Ediciones Minotauro e Cafés Marcilla.

    Os cinco finalistas son:

    • Analisa, de Alejandra Kramer
    • Crónica de Nerhos, de Leonardo Ropero Serrano
    • La máscara transparente, de Daédor
    • Magos: La esencia y el dragón, de Lobsang Federico Camacho
    • Noches de Suburbio, de Víctor Blanco Díaz

    O fallo do Prémio Minotauro será dado a coñecer en Madrid o vindeiro 14 de febreiro de 2007. O gañador desta cuarta edición recibirá 18.000 €, o que convirte ao certame no millor dotado a nivel mundial dentro do xénero fantástico e de ciéncia-ficción.


    Efectos especiais de Oscar

    [0:15 22/12/2006] Sete películas, todas elas de fantasía e ciéncia-ficción, son as candidatas este ano para levar o cobizado Oscar aos millores efectos especiais. A Académia de Hollywood anunciou o pasado día 15 cales son as películas que están en consideración para acadar o prémio na 79ª gala dos Prémios, que terá lugar en Hollywood o vindeiro 25 de febreiro de 2007.

    As películas, en rigorosa orde alfabética, son Casino Royale, Eragon, Night at the Museum, Piratas do Caribe 2, Poseidon, Superman Returns e X-Men: a decisión final.

    O comité que outorga este prémio decidirá o vindeiro 17 de xaneiro após de visionar un resume de 15 minutos de cadaún dos filmes. Após da sesión, os membros do comité deberán votar aos tres finalistas que competirán na gala dos Oscars.

    As nominacións para o resto dos prémios serán anunciadas o 23 de xaneiro de 2007, ás 17:30 (hora de Califórnia).


    Morreu Joseph Barbera

    [0:15 22/12/2006] O debuxante americano Joseph Barbera, quen xunto a William Hanna creou grandes persoaxes do cinema de animación mundial, coma Os Picapedra, Tom e Jerry, Scooby Doo ou o urso Yogi, morreu aos 95 anos de idade por causas naturais na súa casa de Los Angeles.

    A súa esposa Sheila acompañouno até o derradeiro intre da súa vida, e tamén o sobreviven tres fillos dun matrimónio anterior.

    O seu compañeiro Hanna, con quen Barbera creara Os Supersónicos ou Huckleberry Hound, morrera en 2001.

  • [0:48 15/12/2006] Primeiro foi Perdidos, pero agora Scott Peters, creador da série Os 4400, está a desenvolver Found ["Atopados"], un drama sobre reencarnacións para a canle ABC, que será parte dun novo lote de séries de CF que están a desenvolver várias canles.

  • [0:48 15/12/2006] A canle Fox TV ven de encargar un episódio piloto titulado New Amsterdam, sobre un detective de homicídios en New York que en realidade ten moitos séculos de idade. Allan Loeb e Christian Taylor escribirán e producirán o episódio.


    Jackson xa a ten montada

    [18:18 13/01/2007] O director de O señor dos Aneis, Peter Jackson, dixo que encontraba "deplorábeis" as manifestacións verquidas polo xefe da New Line Cinema, Robert Shaye, quen dixo que Jackson nunca volvería a traballar para os seus estudos mentres el estivese ao mando.

    Nunha declaración aos xornais, Jackson dixo: "é deplorábel que Bob elixira facer disto algo persoal. Eu sempre mantiven o máis alto respecto a o afecto por Bob e outros xefes da New Line e continúo a o facer".

    Nunha entrevista, Shaye, o xefe da New Line, dixo que "non quero facer unha película con alguén que está a demandar-me", referíndo-se á demanda que Jackson interpuxo contra a New Line, á que reclama boa parte dos benefícios obtidos pola triloxía de O señor dos Aneis.


    Pingan os detalles de Trek XI

    [18:18 13/01/2007] William Shatner revelou novas e xugosas exclusivas sobre o que será a vindeira 11ª entrega da saga de Star Trek, afirmando que, como se rumoreou, xiraría ao redor dos primeiros anos na Académia Estelar de James T. Kirk e do Sr. Spock, e que el mesmo aparecerá no filme sempre que o seu director, J.J. Abrams, poda atopar-lle un sítio. Shatner, quen interpretou ao capitán Kirk na série orixinal dos anos 60 na televisión e nas primeiras 7 películas da saga, desvelou que foi falar un día con Abrams (Misión Imposíbel III), quen tamén é o guionista desta entrega.

    Sobre os moitos rumores ao respecto do argumento da película, Shatner dixo que Abrams explorará aos persoaxes de Kirk e Spock durante o seu paso pola Académia Estelar: "Si, sabemos que a história está baseada no xove Kirk", dixo Shatner. Até o de agora, todas as persoas relacionadas directamente con este filme mantiveron un estrito silenzo sobre o argumento, o reparto e calqueroutra cousa, o que fixo por suposto medrar os rumores.

    Shatner dixo que os guionistas terán que apañalas para facer resucitar a James Kirk, que morreu na séptima entrega desta saga galáctica. Por outra banda, a liña argumental da académia estelar é a que mantén o própio Shatner nunha série de novelas que está a escribir e que planea poñer á venda xusto cando apareza nas salas de cinema a 11ª entrega.


    Perigo vexetal

    [12:48 06/01/2007] Edición Xerais anúncia a aparición dentro da colección Merlín de Perigo vexetal, unha novela de Ramón Caride de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galiza, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente, póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para lles contaren unha extraordinária aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, grazas á rede informática universal, un plano para dominar o mundo, e loitarán ao longo de toda a novela para o contrarrestar.

    Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai ser o eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas coma o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, até daquela, a base da alimentación humana. Ao redor desta notícia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posibel ameaza.


    A muller do Viaxeiro do Tempo

    [12:48 06/01/2007] Bruce Joel Rubin (Ghost) foi contratado para reescribir o guión para un filme que se baseará na novela de ciéncia-ficción The Time Traveler's Wife, de Audrey Niffenegger. Robert Schwentke será o director da película, que producirán Brad Pitt e Nick Wechsler.

    A história vai sobre un bibliotecário de Chicago que sufre unha enfermidade que lle fai viaxar no tempo involuntáriamente. Os seus episódios lévano decote até intres aleatórios da vida dunha rapaza que resultará ser a súa esposa. The Time Traveler's Wife é un deses filmes que levan en desenvolvemento dende hai anos,m neste caso dende 2003, cando a New Line adquiriu os dereitos sobre a novela que daquela estaba por rematar e que posteriormente converteuse nun bestseller.


    Máis detalles de Indy IV

    [12:47 06/01/2007] George Lucas, Steven Spielberg e Harrison Ford veñen de confirmar que haberá cuarta entrega da saga de Indiana Jones e que a rodaxe escomezará este xuño. O pasado 29 de nadal soubo-se que habería por fin unha cuarta parte desta franquía, cando Lucas desvelou que estaba a preparala. O guión de David Koepp (Spider-Man, A Guerra dos Mundos) está xa rematado e a Paramount quere que o lanzamento se produza en 2008.

    Ford repetirá o seu papel como aventureiro arqueólogo no seguinte filme. Aos seus 64 anos, o actor asegurou aos fans que está ainda rufo e que poderá facer fronte ás demandas físicas do papel: "estou encantado de estar de novo en marcha cos meus antigos amigos", dixo Ford. "Non sei se os pantalóns ainda me sentará ben, pero sei que o chapeo si".

    Mentres, Spielberg, que podería dirixir o filme, comentou que está encantado polo guión: "Sentimos que o guión pagou a pena a espera. Agardamos que entregue todo o que poderiades agardar da nosa história con Indiana Jones", dixo Spielberg said. "George, Harrison e mais eu estamos moi emocionados".

    A terceira parte da saga, Indiana Jones e a derradeira Cruzada, foi lanzado en 1989. O novo filme polo de agora non ten un título oficial.


    Os Smith pasan-se á tele

    [12:47 06/01/2007] A canle americana ABC ven de lle dar luz verde ao episódio piloto dunha série que estará baseada no exitoso filme de acción Mr. e Mrs. Smith. O piloto contará cos principais talentos do filme atrás da pantalla, incluindo ao guionista Simon Kinberg, que escribiu o libreto, e ao director Doug Liman, quen tamén será o produtor executivo. Kinberg describe o proxecto da série coma "'Matrimónio con fillos' con pistolas".

    O filme fora protagonizado por Brad Pitt e Angelina Jolie no papel dunha parella casada que en secredo eran asasinos profisionais. O piloto escomezará alí onde rematou o filme, após de que os Smith se mudaran a un novo barrio das afóras e retomaran os seus negócios. Pero a atracción e a chispa sexual que atopaban ao remate da película ven de se apagar, e de novo están inmersos en problemas matrimoniais.

    "Dalgún xeito, a série vai sobre o que é o matrimónio", dixo Kinberg. "É unha série sobre calquera parella casada tentando manter o equilíbrio e a vida fogareña".


    Habemus Indiana Jones IV!

    [13:45 31/12/2006] Onte George Lucas confirmou que a rodaxe para o longamente agardado cuarto episódio da saga de Indiana jones escomezará o vindeiro ano.

    Harrison Ford (de 64 anos na actualidade), o protagonista dos tres anteriores filmes, será novamente o actor principal. Lucas dixo que el e mais o director Steven Spielberg veñen de rematar o guión hai pouco.

    Lucas gardou silenzo sobre o argumento, pero dixo que a última entrega será un "artigo de calidade" que incluirá "mistérios moi interesantes... coido que vai ser realmente guai", engadiu.

    "Vai ser fantástico. Vai ser o millor de todos", dixo o realizador, de 62 anos, durante un descanso mentres preparaba as súas obrigas como grand marshal no Desfile das Rosas do luns (un desfile con moita sona nos Estados Unidos que sempre ten lugar o primeiro día do ano).

    As localizacións exactas para o filme ainda non se deron a coñecer, pero Lucas dixo que parte da película se rodará en Los Angeles.

    A cuarta entrega da saga de Indiana Jones chegará ás salas de cinema en maio de 2008.

    Dende a estrea da última entrega, Indiana Jones e a derradeira cruzada, en 1989, os rumores sobre outra rodaxe non cesaran. Todas as partes involucradas reiteraran que só afrontarían unha nova história se o guión era abondo bó, e onte Lucas asegurou que o do novo filme é "o millor de todos até agora".


    Robots con dereitos?

    [15:19 30/12/2006] Ao paso ao que avanzan as novas tecnoloxias en xeral e o campo da robótica en particular, non é de estrañar que os androides podan pasar, nun futuro non moi afastado, a formar parte da nosa vida cotiá. Un estudo levado a cabo polo governo inglés predí un futuro no que os robots poderán demandar os mesmos direitos civis e legais cós seres humáns.

    Estas curiosas predicións redixiron-se en case 250 informes que se asoman ás consecuencias do desenvolvemento tecnolóxico nos vindeiros 50 anos. Un desenvolvimento que poderia chegar a obrigar a moitos paises a proporcionar benefícios sociais ás máquinas, tales coma o dereito a dispor dunha vivenda ou mesmo unha seguridade social. Asi o afirma un estudo que ademais analisa o futuro dos vós espaciais e dos posíbeis métodos para aumentar sinificativamente as expectativas de vida.

    Asi o afirma un estudo que ademais analisa o futuro dos vós espaciais e dos posíbeis métodos para aumentar sinificativamente as expectativas de vida: "Non nos adicamos a predicir o futuro", afirmou Sir David King, conselleiro científico do governo inglés a propósito duns informes que, en calquera caso, o científico considera "unha ferramenta para que o governo identifique riscos e oportunidades para o futuro". Unha ferramenta que, sinalou King, "ten intención de xerar debate e estimular a discusión crítica para enriquecer as políticas e estratéxias do goberno a curto e longo prazo".

    O traballo de investigación, levado a cabo pola Secretaria Británica das Ciéncias e o Innovation's Horizon Scanning Centre, consta de 246 informes que detallan e analisan os últimos avances nos campos da ciéncia, a saúde e a tecnoloxía.

    Desde o futuro da corrente do golfo e ocrecemento económica na Índia até os últimos avances en nanotecnoloxía ou a ameaza do vírus do sida, son moitos e moi diversos os temas que recolle o exhaustivo traballo, que ademais avalía as posíbeis implicacións dos temas analisados na sociedade.

    O informe adicado aos "robo-dereitos", de título "Soño utópico ou alzamento das máquinas?" analisa os avances no campo da intelixéncia artificial e o modo en que tales avances poderian chegar a influir nas leis e a política.

    O texto fala dun "mudo monumental" que poderia ocorrer se os robots se desenvolvesen até o ponto de poder reproducir-se , auto mellorar-se ou desenvolver a sua intelixéncia.

    Os investigadores suxiren que nalgun ponto do tempo dentro dos próximos 20 ou 50 anos os robots poderian chegar a contar con direitos civis. Algo que de acontecer, sinala o informe, levaria implícitas unha série de responsabilidades para os androides, tales coma votar, pagar impostos e mesmo ir ao servizo militar, e para a própria sociedade, que tería a obriga de coidar dos seus novos cidadáns dixitais.

    A todo iso o informe engade que o ascenso dos robots a semellante estatus social levaria implícita unha nova fonte de presión sobre os recursos naturais e o meio ambiente.

  • [0:49 15/12/2006] Anne Hathaway protagonizará Passengers, un thriller sobrenatural producido e finanzado pola Mandate Pictures. Rodrigo Garcia dirixirá o filme, que vai sobre unha psicóloga que axuda a seis supervivintes dun accidente de avión a unir estraños vencellos entre eles, até descubrir unha conspiración.

  • [0:49 15/12/2006] Laurence Dunmore dirixirá Mortal Armor: The Legend of Galahad, un filme baseado na figura lendária de Sir Galahad e a súa procura do Graal. A Seven Arts Pictures finanzará o filme, cuxa produción escomezará o vindeiro verán en Inglaterra e cun guión de Joel Gross.

  • [0:49 15/12/2006] A Universal Pictures e mais a Imagine Entertainment producirán Prodigal Son, unha comédia romántica que escribirán Levangie Grazer e Mimi James. O home de Grazer, Brian Grazer, será o productor. A história vai sobre unha muller adicta ao traballo cuxa nai lle prepara unha cita a cegas. O seu mozo, un carpiteiro que traballa en Ikea, resulta ser Xesús Cristo, que regresou para organizar o Xuizo Final en Los Angeles.

  • [0:49 15/12/2006] Segundo informa o noso fanzine favorito, Ansible, como Arthur C. Clarke, por motivos de saude, no vai continuar escribindo, pediu-lle a Frederik Pohl, que só é dous anos más novo có escritor inglés, que remate a novela que este deixou inconclusa.

  • [0:48 15/12/2006] Zanzíbar Ediciones anúncia a aparición do número 2 de Cthulhu, unha escolma de histórias baixo a denominación "Cómics e relatos de ficción escura" de publicación aperiódica. Este segundo número, que consta de 32 páxinas, oito delas a cór, ven precedido por unha espectacular portada obra de Arts Jones.

  • [0:48 15/12/2006] O director Richard Kelly escribiu no seu blog que xa pechou o remate do seu filme apocalíptico de ciéncia-ficción Southland Tales, cunha duración total de dúas horas e 17 minutos, o que é case média hora menos cá metraxe orixinal que foi exhibida no Festival de Cannes, onde obtivo unha mancheia de asubíos do público. Southland Tales, protagonizado por Dwayne "The Rock" Johnson e Sarah Michelle Gellar, está ambientada nun futuro próximo en Los Angeles, na véspera dun desastre non mencionado.


    Ainda por rematar

    [15:53 20/01/2007] Mark Steven Johnson, o director da vindeira Ghost Rider, dixo que ainda está a traballar nos efectos especiais do filme e editando con só un mes de prazo antes de que se estree o filme o 14 de febreiro. "Literalmente veño dos estudos de edición da Sony, pero é que quería dar unha boa impresión aos fans", dixo Johnson na Convención do Cómic e a Ciéncia-Ficción en Los Angeles que se celebrou o pasado 14 de xaneiro.

    Johnson apareceu cunha das estrelas do filme, Eva Mendes, para poder amosar nove minutos de tráiler do seu filme, que está baseado no popular superheroe motorista coa caveira en lapas da Marvel Comics. Unha audiéncia dunhas 200 persoas deron berros de alento e aplaudiron após de mirar as escenas.

    "Ainda estou traballando niso", dixo Johnson. "Ainda hai algunhas cousas por arranxar. Hai algunhas escenas antigas na Internet con efectos especiais xa superados, e isto é un grande paso adiante".

    Mendes, que levaba un vestido moi lixeiro e uns tacóns moi altos, foi presentada á multitude cunha taza de café nas mans e abrigada cunha chaqueta. "Vai moito frío", dixo, e logo quitou-se a chaqueta. amosando o seu xeneroso escote, o que provocou o aplauso xeral.

    Mendes admitiu que non era unha fan dos comics coma o seu compañeiro protagonista Nicolas Cage, pero converteu-se nunha grande fan após de escomezar a ler o guión. "Quero agradecer a Mark por non me dar un papel de loira estúpida. Coido que é un papel moderno dunha muller poderosa pero ao mesmo tempo vulnerábel".

    Mendes engadiu: "Coido que hai unha superheroina dentro de min. Miraría para Nic e diría: ai, por que non podo acenderme en lapas? Gostaría-me ser unha superheroina".


    Shaye fala sobre Minzy

    [15:53 20/01/2007] Robert Shaye, director do vindeiro filme de ciéncia-ficción para toda a família The Last Mimzy, dixo nunha entrevista que decidiu regresar á cadeira de director após dun lapso de 16 anos porque sentiu-se moi atraído polo conto de Lewis Padgett Mimsy Were the Borogoves, no que está baseado o seu filme. Na película, dous nenos, Emma (Rhiannon Leigh Wryn) e Noah (Chris O'Neil), atopan unha caixa chea de cousas, entre as que hai un coelliño chamado Mimzy que lles dá poderes ilimitados e súper intelixéncia.

    "O filme vai sobre a tecnoloxía, que pode ser unha maldición e unha benzón", dixo Shaye á prensa, e engadiu: "o caso é que se non controlamos isto, vai rematar por se apoderar de todos nós, non necesáriamente a un nivel emocional, no senso de que as máquinas dominen ás persoas, senón de feito, por mor do seu incríbel poder e a súa seducción. Vannos dominar, pero non teñen alma nin cabeza nin corazón. Pero vanllas arranxar para seducir á humanidade. E isto é o que me emocionou nesta história".

    Shaye é un veterán na indústria do cinema. É o co-fundador da New Line Cinema, que lanzará The Last Mimzy, pero ademáis o seu nome está vencellado como produtor executivo dun grande número de filmes dos estudos. Moitos dos seus filmes son de terror, ciéncia-ficción e fantasía, incluindo as séries de Pesadelo en Elm Street e do Señor dos Aneis. O último filme que dirixiu foi Book of Love, unha comédia romántica en 1990.

    "Eu nacín para a ciéncia-ficción, e nacín para a fantasía", comentou Shaye. "Medrei co Capitán Video e os seus Video Rangers e con Tom Corbett, Cadete do Espazo e con Robert Heinlein e A.E. van Vogt e Ray Bradbury".


    Xeo e lume na pequena pantalla

    [15:53 20/01/2007] A HBO ven de adquirir os dereitos para converter a série de libros de grande éxito de George R.R. Martin Canzón de Xeo e Lume nunha série de televisión, que será escrita e producida por David Benioff e D.B. Weiss. Canzón de Xeo e Lume é o primeiro proxecto que fará Benioff (Troia) na tele e o mesmo conta para Weiss (Halo) e será rodada en Europa ou Nova Celanda. Martin, un antigo guionista da televisión, escribirá ún dos episódios el mesmo. O resto será obra de Benioff e Weiss.

    A série comezará co primeiro libro da saga, Xogo de Tronos (1996). Cada unha das tempadas que pensan facer estará baseada nas seguintes novelas, de máis de mil páxinas cadansúa. Martin está por rematar a quinta entrega, pero non-a dará rematada até o séptimo libro, que aparecerá en 2011. O escritor será o coprodutor executivo da série xunto con Guymon Casady e Vince Gerardis.

    Canzón de Xeo e Lume é unha saga épica situada nunha terra imaxinária, co mesmo espírito de O Señor dos Aneis de J.R.R. Tolkien. Pero os persoaxes de Martin, procedentes de sete famílias nobres, non son tan claramente bós ou malos coma os de Tolkien. Os seus libros son claramente para adultos, e teñen escenas de sexo e violéncia comparábeis ás das séries Roma e Deadwood da mesma canle HBO.

    "Tentaron durante 50 anos facer do Señor dos Aneis unha película antes de que Peter Jackson trunfara facendo tres", dixo Martin. "Os meus libros son máis grandes e máis complicados, e requerirían 18 películas. Senón, terías que escoller só un ou dous persoaxes".


    Reconstrúen o robot de "Metrópole"

    [15:53 20/01/2007] O robot María da clásica película de Fritz Lang Metrópole vend e ser reconstruido pola empresa Strenco, con ocasión do 80 aniversário da estrea do filme.

    "Queremos preservar así un anaco de cultura cinematográfica e transmitilo ás novas xeracións", comentou o xerente da devandita empresa alemá, Volker Strauss.

    O robot orixinal ficou destruido nun incéndio. María reconstruiu-se en base a imaxes filmadas e fotos de prensa, xa que non existen bocetos ou debuxos. A compañía Strenco adquiriu as licenzas para este proxecto da família do artista. O creador de María, Walter Schulze-Mittendorff, realizou a finais dos anos 60 unha cópia estática da sua figura.


    O labirinto do éxito

    [18:19 13/01/2007] A Sociedade americana de Críticos de Cinema ven de nomear o pasado 6 de xaneiro ao filme fantástico de Guillermo del Toro O labirinto de Pan a millor película do ano. Este prémio dá-lle máis releváncia ao filme para as vindeiras nominacións aos Oscars.

    O labirinto de Pan, candidato de México para a nominación ao millor filme en língua estranxeira, narra a história de Ofelia (interpretada pola xove actriz catalana Ivana Baquero), que é fascinada polos contos de fadas que aparecen e se fan reais nun cercano bosque, co trasfondo da posguerra civil española e o fascismo de Franco.

    Os nominados aos Oscars serán dados a coñecer o 23 de xaneiro e os gañadores o 25 de febreiro, nunha gala que se celebrará en Hollywood.

    A Sociedade americana de Críticos de Cinema tamén concedeu o seu prémio á millor realización a Emmanuel Lubezki polo filme de ciéncia-ficción épico Fillos dos Homes, tamén dirixido por un mexicano.


    Shyamalan terá un Avatar de seu

    [18:19 13/01/2007] M. Night Shyamalan e mais a Paramount están a planear facer un Avatar de seu, un filme baseado na popular série de debuxos animados para nenos da canle Nickelodeon.

    O director asinou un contrato polo que realizará tres filmes coa empresa da Paramount MTV Films e a Nick Movies para adaptar a série Avatar: The Last Airbender á pantalla grande. El mesmo escribirá o guión, dirixirá e producirá esta nova potencial franquía para nenos. O filme será de acción real e non de debuxos.

    A série Avatar, ambientada nun mundo oriental fantástico influido pola máxia e as artes marciais, narra as aventuras do sucesor dunha longa liñaxe de Avatares que deben deixar de facer o parvo e evitar que a Nación do Lume escravice ás nacións do Auga, da Terra e do Aire.

    Creada por Michael DiMartino e Bryan Konietzko, Avatar debutou na tele en febreiro de 2005. Dirixida a un prúblico de entre 6 e 11 anos, sempre obtivo moi bos índices de audiéncia, mesmo entre os maiores. Arestora atópa-se entre as dez séries de debuxos máis vistas nos Estados Unidos no segmento de até 14 anos.

    A Paramount confirmou o pacto con Shyamalan só xunto unhas horas despóis de que a Fox Filmed Entertainment anunciase que deu luz verde ao Avatar de James Cameron, que non ten ren que ver con este novo proxecto.


    Cameron xa ten un Avatar

    [18:19 13/01/2007] A Fox ven de anunciar oficialmente que James Cameron dirixirá Avatar, o filme de ciéncia ficción épica tantas veces adiado, co seu comezo fixado en abril e con novo reparto.

    Cameron contratou a Sam Worthington no papel central de Jake Sully após de facer probas de cásting por todo o mundo. Zoe Saldana (Piratas do Caribe 1) interprertará á muller coa que Jake mantén unha relación. Ambos actores asinaron tamén para particupar en posíbeis secuelas, xa que Cameron e a Fox ven este proxecto como unha máis ca probábel franquía. O resto do reparto será anunciado axiña.

    Escrito por Cameron, que leva desenvolvendo a história máis de dez anos, Avatar é a história dun ex-marine ferido que é enviado a poboar e asentar-se nun afastado planeta. Alí verá-se atrapado nun conflito cos habitantes do planeta que loitan pola súa supervivéncia.

    "Para min, como fans de toda vida da ciéncia-ficción e a acción, "Avatar" é un proxecto soñado", dixo Cameron á prensa. "Estamos a crear un mundo enteiro, un ecosistema completo de plantas e creaturas fantasmagóricas, e uns nativos cunha rica cultura e un idioma de seu. A história é épica e emotiva. As dúas cousas que fixeron posíbel este filme foron os avances pioneiros da animación por computador e a miña relación de 22 anos coa Fox, xa que só con grande confianza podes operar para pechar os límites".

    Avatar marca o primeiro filme de Cameron dende que fixera o superexitoso Titanic en 1997. O trato foi anunciado o pasado 8 de xaneiro polo presidente da Fox Filmed Entertainment Jim Gianopulos e Tom Rothman. Cameron comezará a rodaxe en abril coa vista posta nunha estrea contra o verán de 2009.


    A mómia 3 déixa-se querer

    [18:19 13/01/2007] Rob Cohen (Stealth) está en conversas coa Universal Pictures para coller as rendas dunha terceira entrega da popular franquía de "A Mómia", coas estrelas das dúas anteriores partes, Brendan Fraser e Rachel Weisz tamén a punto de asinar.

    Non se sabe moito sobre esta terceira parte, agás que o guión é de Alfred Gough e Miles Millar (Smallville), pero o filme leva en desenvolvemento alomenos un ano. Tanto Fraser coma Weisz ainda poderían regresar para participar nunha película que ten previsto estrear-se no verán de 2008.

    Stephen Sommers dirixiu as dúas primeiras entregas, lanzadas en 1999 e 2001, e que acadaron unha recadación conxunta de 849 millóns de dólares.

  • [0:21 22/12/2006] O labirinto de Pan gañou o prémio á millor película de anmación ou mistura de animación e acción real que concede a Académia Internacional de Prensa, batendo a Cars, Happy Feet, Ratópole e Ice Age 2.

  • [0:21 22/12/2006] Comezou a rodaxe de Parasomnia, un thriller de terror do guionista e realizador William Malone financiada pola Rising Storm Productions. Cherilyn Wilson interpreta a unha muller que sofre de parasomnia por mor dun accidente na infáncia, o que lle ocasiona estar case toda a súa vida durmindo, e só espertando brevemente en raras ocasións.

  • [0:21 22/12/2006] Cary Elwes protagonizará o thriller do director e produtor Andrew Shortell Psych 9 para a International Production Co., e a Green Card Pictures. A rodaxe escomezará en Praga a finais de ano, coa presenza tamén de Gabriel Mann e Michael Biehn. O argumento vai sobre unha muller que decide organizar os arquivos médicos dun hospital clausurado, traballando soa pola noite.

  • [0:21 22/12/2006] O novo filme da animación galega Ratonciño Pérez é unha coprodución da Filmax Animation con Patagonik Film Production e Castelao Production, que chega ás pantallas hoxe venres 22 e narra a história de Lucía, unha nena que perde o seu primeiro dente, pero que ao contrário do habitual o rato non llo troca por unha moeda. A cativa desacouga e decide poñerse á procura do rato. Dirixida por Juan Pablo Buscarini, xa antes mesmoa da súa estrea o filme xa foi nominado para o prémio Goia á millor película de animación.

  • [0:20 22/12/2006] Sarah Michelle Gellar uniu-se ao reparto que na versión orixinal da nova versión das Tartarugas Mutantes Ninja prestará as súas voces aos famosos persoaxes dos debuxos animados. Outros famosos que tamén se poderán escoitar na versión orixinal serán Chris Evans e Kevin Smith.

  • [0:49 15/12/2006] A compañía de Graham King, a Initial Entertainment Group, ven de mercar os dereitos para o cinema de Inamorata, un libro vencellado ao paranormal. Ainda que a compañía de produción de Johnny Depp é parte deste proxecto, o actor non protagonizará ningún filme dos que se agardan facer.


    Moito Pan entre os Oscars

    [2:01 28/01/2007] O filme do director mexicano Guillermo del Toro O labirinto de Pan, rodado en España, foi o grande trunfador na presentación das candidaturas aos prémios Oscar anunciadas o pasado día 23 de xaneiro en Los Angeles. O labirinto de Pan foi nominado nas categorías de millor filme en língua non-inglesa, millor guión, millor guión orixinal, millor dirección artística, millor realización, millor maquillaxe e millor banda sonora.

    Piratas do Caribe 2: o cofre do home morto acadou catro nominacións, ainda que de tipo técnico: millor dirección artística, millor edición de són, millor misturaxe de són e millores efectos especiais.

    Fillos dos Homes foi a outra película de ciéncia-ficción que acadou unha nominación para os Oscars nunha categoría das consideradas importantes, a de millos guión adaptado (baseado na novela homónima de P.D. James). Tamén competirá nas categorías de millor realización e millor edición.

    Os filmes que optarán ao prémio de millor película de debuxos animados serán finalmente Cars, Happy Feet e Monster House.

    The Prestige acadou dúas nominacións, á millor dirección artística e á millor realización.

    Os outros filmes de xénero que acadaron nominacións foron O Ilusionista (realización), Superman Returns (efectos especiais) e Click (maquillaxe).

    Os Oscars serán entregados no decurso da 79ª cerimónia que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro no Kodak Theater en Los Angeles.


    Murphy viaxa a Ningunha Parte

    [2:01 28/01/2007] Eddie Murphy está en conversas para protagonizar NowhereLand, unha comédia fantástica da Paramount Pictures escrita por Ed Solomon e Chris Matheson. Lorenzo di Bonaventura será o produtor xunto con Solomon.

    Os estudos deron a luz verde para comezar a rodaxe en verán e anunciarán a contratación dun director dentro de dous semanas. O filme será o seguinte proxecto de Murphy após de que remate a comédia de ciéncia-ficción da Fox Starship Dave.

    Murphy, quen este ano levou unha nominación aos Oscars polo filme non-fantástico Dreamgirls, interpretará a un exitoso executivo que de súpeto perde a súa confianza, pero descubre as respostas aos seus problemas dentro do mundo imaxinário creado pola súa filla.

    Solomon quitou a ideia da súa própia vida após de que o seu fillo lle dera unha suxestión que resolveu un problema de negócios no que Solomon andaba a matinar. Solomon escribiu o guión xunto con Matheson, o seu parceiro de guión en Bill & Ted's Excellent Adventure e Bill & Ted's Bogus Journey.


    Flash despega de novo

    [15:54 20/01/2007] O SCI FI Channel ven de lle dar luz verde á produción de Flash Gordon, unha série baseada no popular persoaxe dos comics, segundo anunciaron fontes oficiais da devandita canle o pasado 12 de xaneiro no decurso dunha rolda de prensa en Pasadena, Califórnia.

    A produción dos 22 episódios dunha hora de duración comezará en Canadá este mesmo inverno, baixo os auspícios da Reunion Pictures, e está previsto que debute en xullo na tele.

    A série producirá-se por mor dun acordo entre o King Features Syndicate, que posúe os dereitos sobre Flash Gordon, e Robert Halmi Sr. e Robert Halmi Jr. (A Lenda de Terramar).

    Os persoaxes de Ming, Dale Arden e mais o Dr. Hans Zarkov regresarán para unha narración contemporánea do clásico dos cómics creados en 1934 por Alex Raymond. Os cómics ainda se distribúen en xornais de todo o mundo grazas ao King Features Syndicate.


    Finalistas dos BSFA

    [15:53 20/01/2007] Veñen de se anunciar os finalistas dos prémios da British Science Fiction Association (BSFA) correspondentes ao ano 2006. Esta é a listaxe completa:

    • Novela:
      • Darkland de Liz Williams
      • End of the World Blues de Jon Courtenay Grimwood
      • Icarus de Roger Levy
      • The Last Witchfinder de James Morrow
      • Nova Swing de M. John Harrison

    • Relato:
      • The Djinn’s Wife de Ian McDonald
      • The Highway Men de Ken MacLeod
      • The House Beyond Your Sky de Benjamin Rosenbaum
      • The Point of Roses de Margo Lanagan
      • Signal to Noise de Alastair Reynolds
      • Sounding de Elizabeth Bear

    • Ilustración:
      • Angelbot de Fangorn
      • Portada de Farthing magazine, número 2
      • Droid de Fahrija Velic
      • The Return to Abalakin de Alexander Preuss
      • Ring of the Gods de Willliam Li

    • Lista recomendada de artigos:
      • The Arthur C. Clarke Award: A Critical Anthology, de Paul Kincaid e Andrew M. Butler
      • Daughters of Earth: Feminist Science Fiction in the Twentieth Century de Justine Larbalestier
      • Great British Comics de Paul Gravett
      • James Tiptree, Jr: The Double Life of Alice B. Sheldon de Julie Phillips
      • Polder: A Festschrift for John Clute and Judith Clute de Farah Mendlesohn


    II edición do Prémio Xatafi-Cyderdark

    [15:53 20/01/2007] Xa foi convocada a segunda edición do Prémio Xatafi-Cyberdark da crítica de literatura fantástica, que pretende recoñecer os millores traballos do xénero editados en español durante 2006 segundo un xurado.

    As categorías son:

    • Millor libro de ficción español
    • Millor relato español
    • Millor libro de ficción estranxeiro
    • Millor relato estranxeiro
    • Millor iniciativa editorial

    Nesta ocasión, o xurado está composto por Ignacio Illarregui Gárate, J. Fidel Insúa, Cristobal Pérez-Castejón, Juan Manuel Santiago, Javier Vidiella, Mariano Villarreal e Arturo Villarrubia. Alberto García-Teresa actúa como secretário.

    O 10 de maio fará-se pública a lista cun máximo de seis candidatos por categoría. O fallo do xurado dará-se a coñecer en xullo, durante a cea da AsturCon, dentro da Semana Negra de Xixón.


    Algo do novo Superman

    [15:53 20/01/2007] Michael Dougherty, o coguionista de Superman Returns, dixo nunha recente entrevista que a vindeira secuela do filme terá alomenos a ún dos clásicos superfalcatruáns dos cómics. E seica máis de ún, polo que insinuou mentres rodaba no plató da súa vindeira película de terror, Trick 'r Treat en Vancouver, Canadá, o pasado 15 de xaneiro. "Será Myxyzptlk", engadiu en broma.

    Dougherty dixo que el e mais o seu parceiro nas labouras de escribir o guión en Superman Returns, Dan Harris, traballarán canda Bryan Singer na secuela. "Estamos a falar", dixo Dougherty. "Estamos a lanzar ideias con Bryan. Grandes ideias. Ideias con moita acción".

    Singer xa dixera que a seguinte entrega será moi semellante á segunda parte da saga de Star Trek no cinema, e Dougherty dixo que a comparación é boa. "Coido que vai ser un filme con máis acción", engadiu. "De novo, a comparación doada era entre "X-Men" e "X2", ou "Star Trek" e "Star Trek II". Quero dicir, xa sei que Bryan dixo que vai ser semellante a "A ira de Khan", e o que sinifica iso é: collamos o que xa tiñamos establecido — o que recollimos polo camiño — e fagámolo máis curto, máis forte e con máis acción".

  • [15:21 30/12/2006] O guionista e director de "O labirinto de Pan" (traducido en España como "El laberinto del fauno", supoñemos que para evitar que os espectadores coiden que van ir ver un filme gastronómico), comentou nunha recente entrevista que nin tan sequera pensou nas súas posibilidades de levar o Oscar en febreiro. O filme hispano-mexicano, do que Stephen King ven de dicir que é o seu favorito de 2006, é o candidato do país centroamericano para o Oscar ao millor filme en língua non-inglesa.

  • [15:21 30/12/2006] Moitos a daban por fracasada mesmo antes de se rodar, pero o certo é que "Casino Royale", o último filme da saga de James Bond, é xa oficialmente o máis exitoso da história. Nos Estados Unidos recadou 146,3 millóns de dólares, e no resto do mundo, 305,4 millóns, o que deixa moi atrás ao anterior récord, que ostentaba "Morre outro día" con 431 millóns en total.

  • [0:22 22/12/2006] Dean Cain desvelou que ven de asinar o contrato coa SCI FI Channel para facer un telefilme titulado Dead and Deader ("Morto e máis morto") porque lle pareceu un proxecto moi divertido. O antigo protagonista de Lois & Clark: as novas aventuras de Superman interpreta ao tenente Bobby Quinn, un soldado do exército americano que se queda convertido en médio zombi despóis de ser atacado por un escarabello xigante durante unha misión. Cando esperta, Quinn xúnta-se cun cociñeiro (Guy Torry) e un médico (Susan Ward) para deter o ataque dos zombis á súa base militar.

  • [0:22 22/12/2006] A Warner Brothers está en negociacións co director Guillermo del Toro para que dirixa na grande pantalla unha nova versión do clásico persoaxe de Edgar Rice Burroughs, Tarzán. Jerry Weintraub producirá o filme e John Collee (Master and Commander, Happy Feet) será posíbelmente o guionista.

  • [0:21 22/12/2006] Grupos de cristianos veñen de atacar duramente o remake do clásico filme de terror de 1974 Black Christmas, porque coidan que a película é "ofensiva". O filme, dirixido por Glen Morgan e protagonizado por Oliver Hudson, Katie Cassidy, Lacey Chabert e Michelle Trachtenberg vai sobre un grupo de estudantes que loitan contra un asasino despiadado o día de nadal. A película será lanzada nos Estados Unidos o mesmo día 25 de decembro, o que segundo os cristiáns é unha aldraxe para o seu deus: "que unha película enfatice o asasinato e o desastre en nadal, unha época de celebración e ledícia en todo o mundo, é enfermizo", dixo Jennifer Giroux, cofundadora de Operation Just Say Merry Christmas, unha organización semellante a "Hazteoír" pero con base nos Estados Unidos.

  • [0:21 22/12/2006] O mestre so terror, Stephen King, será o convidado de honra na vindeira Comic Con de New York que terá lugar entre os días 23 e 25 de febreiro de 2007. King xúnta-se asemade a un grupo de convidados entre os que destaca Joe Quesada, Editor xefe de Marvel Entertainment, Inc. e falarán nunha mesa redonda sobre a novela A Torre Escura.

  • [0:21 22/12/2006] O director Doug Liman acadou o permiso das autoridades para rodar o seu thriller de ciéncia-ficción no interior do Coliseo de Roma, algo que moi poucos poden facer. Liman rodou este filme, que protagonizan Hayden Christensen e Rachel Bilson, durante tres días no interior das famosas ruinas. A equipa de filmación non puido utilizar decorados nin luces nin tan sequera un carro para levar a cámara, pero puideron rodar no interior dos labirintos por primeira vez. As localizacións deste película inclúen lugares de París, China, Exipto, o Sáhara, Toronto, New York, Michigan e Tóquio.

  • [0:21 22/12/2006] A NBC detivo a produción de Raines, unha série dramática con elementos sobrenaturais, e decidiu que só se emitirán 7 episódios no canto dos 13 orixinalmente contratados. A sérieestá protagonizada por Jeff Goldblum, no papel dun detective que imaxina que está a interactuar cos mortos para resolver os seus casos.

  • [0:21 22/12/2006] O director de Spiderman, Sam Raimi, regresará por todo o grande á televisión da man da compañía Ghost House Television. O primeiro proxecto desta compañía adicada a producir séries de televisión de terror, será unha minisérie que adaptará o clásico de Dean Koontz The Taking. O libro de Koontz vai sobre unha choiva apocalíptica que é o prelúdio dunha invasión extra-terrestre.


    Harry Potter VII xa ten data

    [14:49 04/02/2007] Harry Potter and the Deathly Hallows (afortunadamente sen tradución polo de agora), o sétimo e derradeiro tomo da popular saga de J.K. Rowling, xa ten unha data na axenda para aparecer nas librarías do mundo: o 21 de xullo, segundo anunciaou a súa editorial, Scholastic Books. O mesmo cás anteriores partes, o libro estará dispoñíbel nos andeis das librarías (físicas e virtuais, pola Rede), a partir das 12:01 do serán.

    Harry Potter e o príncipe mestizo, o sexto libro na série, foi lanzado p 16 de xullo de 2005, e foi o libro máis rápidamente vendido da história, acadando 6,9 millóns de cópias nas primeiras 24 horas. Todos os títulos da saga foron número ún en todos os países civilizados do mundo. Actualmente hai unhas 120 millóns de cópias dos libros de Harry Potter tan só nos Estados Unidos.

    Segundo se soubo, a escritora J.K. Rowling rematou o tomo final da saga de Harry Potter hai tres semanas nun hotel de Escócia, segundo se soubo por mor dunha "pintada" que ela mesma deixou para a ocasión na parte de atrás dun busto de mármore que se atopa nun hotel de cinco estrelas en Balmoral. A pintada pon: "J.K. Rowling rematou de escribir 'Harry Potter And The Deathly Hallows' nesta habitación (652) o 11 de xaneiro de 2007".

    A Scholastic publicará Harry Potter and the Deathly Hallows en tapa dura baixo o seu selo Arthur A. Levine, co interior e a capa con ilustracións de Mary GrandPre, a debuxante nos anteriores seis tomos. Ao mesmo tempo aparecerá unha edición de luxo e outra especial para bibliotecas.


    A WB mira para outra Muller

    [14:49 04/02/2007] A Warner Brothers está no proceso de adquirir outro guión para o seu filme de Wonder Woman, esta vez escrito polos novatos Matthew Jennison e Brent Strickland, e iso que xa teñen un trato pechado co creador de Buffy Cazavampiros, Joss Whedon, para que escriba e dirixa este filme baseado no popular persoaxe da DC Comics.

    Fontes ben informadas desvelaron que a compra é unha medida preventiva por parte da Warner, para evitar que o guión saia ao mercado sen o seu consentemento e para se protexer legalmente contra posíbeis semellanzas entre os dous guións. O libreto de Jennison e Strickland está ambientado segundo din na Segunda Guerra Mundial, mentres que o de Whedon está ambientado nos tempos actuais.

    O produtor Joel Silver, que está a supervisar o proxecto na Warner Brothers, non ten interese en facer unha Wonder Woman ambientada no pasado, pero seica o guión de Jennison e Strickland impresionou tanto aos executivos da Warner que decidiron mercalo de todos os xeitos.


    Desveadas máis vendas da Mómia

    [2:02 28/01/2007] Al Gough, que está a coescribir o guión para a terceira entrega da saga da Mómia, compartirá o seu traballo con outro escritor, Miles Millar, e comentou que a secuela desveará unha nova mómia e presentará un persoaxe que é o fillo xa maior de Rick e Evie (interpretados nos filmes anteriores por Brendan Fraser e Rachel Weisz). O filme comezará a se rodar este verán baixo as ordes do director Rob Cohen, coa vista posta nunha estrea en 2008.

    Gough e Millar, que xa traballaron xuntos creando a série Smallville, din que a secuela tamén terá un novo concepto. "Stephen Sommers [o director das dúas anteriores entregas] e mais o seu parceiro Bob Ducsay, nos dixeron 'Steve non quere escribir a terceira parte. Volos dous estades interesados, rapaces?'", Nunha entrevista, Gough confesou que Sommers e Ducsay tiñan unha ideia que era a mesma del e mais de Millar, polo que lles gustou moito.

    Gough dixo que el e mais Millar engadiron ideias de seu ao guión, incluinndo unha liña argumental centrada nos persoaxes principais de Rick e Evie. "Ideiamos unha moi boa história familiar con Rick e Evie, e [o seu fillo] Alex xa é maior. Así que é realmente interesante". Alex foi interpretado polo neno Freddie Boath no filme de 2001 O regreso da Mómia.

    Respeito a se Fraser e Weisz repetirán os seus papeis no filme, Gough dixo que confiaba en que o guión fose abondo bó como para lles gustar. "Eles están en negociacións", dixo. "Así que o plan é traelos de volta. Coido que rematarán sendo Brendan e Rachel, finalmente. Eles son o corazón da película. Iso é polo que a xente lle gustan os filmes da Mómia. Atopámonos con Rob Cohen hoxe, e está realmente emocionado por poder facelo. Así que mantede os dedos cruzados".


    Os Messengers unen aos irmáns Pang

    [2:01 28/01/2007] Kristen Stewart, protagonista do vindeiro filme de terror sobrenatural The Messengers, confesou nunha entrevista que os directores, os irmáns xemelgos Danny e Oxide Pang, tiñan un xeito ben raro de traballar, pero que nunca discutían, ainda que tiñan cadansúa persoalidade. Os cineastas, afincados en Hong Kong, (The Eye) farán o seu debut en América con The Messengers.

    "Definitivamente, son moi diferentes", dixo Stewart, quen interpreta á atribulada filla dunha família que se muda a unha casa afastada. Stewart xa traballou con directores coma Sean Penn, Mary Stuart Masterson, David Fincher ou Jon Favreau, pero dixo que non estivo confusa por traballar con dous direcores á vez.


    Chegan os Heroes

    [2:01 28/01/2007] Sci Fi, a canle de ciéncia-ficción, trae a Galiza a série de estrea de máis éxito na presente tempada nos Estados Unidos, Heroes. Con rexistros de audiéncia por riba dos 16 millóns de espectadores, un atractivo reparto coral e unha história épica trazada con personaxes moi cercanos, a série acadou xa dous nominacións nos prestixiosos Globos de Ouro: unha como millor produción dramática e outra entre os actores secundários para un do seus protagonistas, Masi Oka.

    Heroes fala de persoas correntes que un día descubren que posúen poderes extraordinários. Na cidade de New York, un xove enfermeiro no sabe como explicar extraños sonos nos que voa. En Texas, unha das animadoras do equipo do instituto descubre que é indestructíbel, non hai golpe ou ferida que lle faga mella no corpo. En Xapón, un aburrido oficinista desafía á rutina e coa axuda da sua mente logra detér un reloxo. Eles son só algúns dos personaxes que conforman este relato, quizáis son parte dun novo paso na evolución humana, quizáis estean destinados a salvar o mundo. Primeiro terán que asumir e aprender a controlar os seus novos e desconcertantes poderes. Sci Fi estrena o primeiro día de febreiro esta série cun capítulo dobre para continuar cun episódio semanal todos os xoves ás 22:00 horas.

    Ademáis, a véspera da estrea, o mércores 31 de xaneiro, os espectadores terán un anticipo da série: Descubriendo Héroes, un programa especial a partir das 22.40 horas que amosará as primeiras imaxenes da série, retazos da rodaxe e declaracións inéditas dalgúnos dos seus protagonistas.


    Candidatos ao prémio Arthur C. Clarke

    [2:01 28/01/2007] Xa se coñecen os candidatos ao prémio Arthur C. Clarke á millor novela publicada en Gran Bretaña en 2006. Os candidatos son:

    • End of the World Blues, de Jon Courtenay Grimwood
    • Nova Swing, de M. John Harrison
    • Oh Pure and Radiant Heart, de Lydia Millet
    • Hav, de Jan Morris
    • Gradisil, de Adam Roberts
    • Streaking, de Brian Stableford


    De novo entre os Razzies

    [2:01 28/01/2007] Vários filmes de fantasía e ciéncia-ficción terán outro ano que competir polos deshonrosos prémios Razzie, que na súa 27ª edición volverán a premiar aos piores filmes e actores do ano, nunha cruel paródia do que será a gala dos Oscar xusto un día despóis, o 24 de febreiro.

    O filme fantástico de M. Night Shyamalan Lady in the Water e BloodRayne, un filme de vampiros sen sangue, foron nominados á pior película do ano. O director de BloodRayne, Uwe Boll, foi xa considerado por moitos na Rede coma ún dos piores directores do mundo.

    Cinco películas competirán nunha nova categoría, chamada "Pior excusa para o entretemento familiar", e entre elas estarán os filmes fantásticos Garfield 2, Santa Claus 3 e The Shaggy Dog.

    Tim Allen foi nominado na categoría de pior actor en tres filmes distintos: Santa Claus 3, The Shaggy Dog e Zoom. Kristanna Loken foi nominada como pior actriz polo seu papel en BloodRayne.

  • [12:51 06/01/2007] A série de debuxos animados da Cartoon Network Aqua Teen Hunger Force (emitida en horário para adultos) será a primeira dentro desta canle que se converta nunha película. O filme, de 86 minutos de duración, foi escrito, producido e dirixido polos seus cocreadores, Matt Maiellaro e Dave Willis. O filme céntra-se nas orixes dos persoaxes da série Meatwad, Frylock e Master Shake e por suposto nun perigo que ameaza o equilíbrio da paz galáctica: "era grande de máis para unha história de 11 minutos", dixo Willis aos xornais.

  • [12:51 06/01/2007] A Warner Brothers e mais os creadores de Smallville están a convidar aos fans para que lles remitan vídeos de 15 minutos deles mesmos amosando por que son os millores fans da série. O gañador aparecerá na edición en DVD da sexta tempada. O prazo remata o 17 de xaneiro.

  • [12:51 06/01/2007] En xullo haberá nova película de Babylon 5. Iso si, editará-se directamente en DVD sen pasar primeiro polas salas de cinema ou as pantallas dos televisores. Xa se anunciara a sua rodaxe en 2005, pero é agora cando o creador da série, J. Michael Straczynski, ven de confirmar que non só se vai rodar, senon que xa está en fase de post-produción. O DVD sairá á venda a finais de xullo e a película será protagonizada por Bruce Boxleitner, Tracy ScogginsPeter Woodward.

  • [13:49 31/12/2006] Brittany Murphy, que na versión orixinal de Happy Feet dá voz ao protagonista do filme de debuxos animados, tamén será a encargada de lle emprestar a súa voz a Campaíña no vindeiro filme de debuxos Tinker Bell. Esta película, que irá directamente ao mercado de aluguer de DVD, explorará o lado que non coñecemos da popular fada cando non está con Peter Pan e os Nenos Perdidos.


    Andrews acada o prémio da SAG

    [14:50 04/02/2007] Julie Andrews, a lendária actriz famosa entre os fans do xénero por protagonizar filmes que van dende Mary Poppins a Shrek 2, foi honrada o pasado 28 de xaneiro co Prémio á Laboura dunha Vida do Screen Actors Guild (asociación de actores de Hollywood) nunha cerimónia celebrada en Los Angeles. O prémio recoñceceu así os 50 anos que leva Andrews no show business.

    Andrews ainda non se retirou e continúa en activo aos seus 71 anos. Voltará a poñer a súa voz á versión orixinal da terceira parte de Shrek este verán, e xa gañou fans entre os rapaces máis novos por mor do seu papel de raíña en The Princess Diaries e mais a súa secuela.

    Dick Van Dyke, o coprotagonista de Mary Poppins xunto con Andrews, foi o enmcarregad ode presentar o prémio. Andrews recebiu unha atroadora ovación co público posto en pé, e entre eles, o seu home dende hai 37 anos, o compositor Blake Edwards.

    Andrews comezou a súa carreira na rádio na súa Inglaterra natal. Gañou un Oscar por Mary Poppins e foi nominada por O són da música (titulada "Sonrisas y lágrimas" en España) e Víctor ou Victória, un filme que dirixiu Edwards.


    Lansdale, Grande Mestre do Terror

    [14:50 04/02/2007] O escritor Joe R. Lansdale foi nomeado como gañador do prémio ao Grande Mestre na Convención Mundial do Terror que terá lugar do 29 de marzo ao 1 de abril en Toronto, Canadá, segundo informaron os organizadorees do evento, que se celebrará baixo o lema "A diversidade do terror".

    O escritor, nado en Texas, é autor de máis de 30 novelas que abarcan todos os xéneros literários, incluindo o crime, o western, o terror e as aventuras "pulp". Entre os seus libros están Act of Love, The Nightrunners, Cold in July, Savage Season, The Bottoms e mais a série Drive-In, ademáis de de sete novelas sobre dous particulares amigos, Hap Collins e Leonard Pine.

    Lansdale tamén escribiu guións para séries de cómic e de debuxos animados na televisión, e a súa novela curta Bubba Ho-Tep foi convertida en película por Don Coscarelli en 2002. O seu conto Incident on and off a Mountain Road foi adaptado para se converter no primeiro episódio da primeira tempada da série antolóxica de terror na televisión Showtime's Masters of Horror.

    Lansdale é o gañador de seis prémios Bram Stoker, o British Fantasy, o Edgar, o American Mystery, o Horror Critics, o prémio internacional "Shot in the Dark", o Booklist Editor e mais o Critic's Choice.


    Holmes non volverá a Batman

    [14:49 04/02/2007] Katie Cruise (a actriz antes coñecida como Katie Holmes) rexeitou unha xugosa oferta para repetir o seu papel da axudante do fiscal do distrito Rachel Dawes na vindeira secuela de Batman Begins, que se vai titular The Dark Knight.

    Holmes non puido chegar a un acordo coa Warner Brothers para esta secuela, que será lanzada en verán de 2008.

    O estudo atópase arestora á procura dunha nova actriz que sustitúa á recente nai neste proxecto, que será dos de grande orzamento.

    O nome de Holmes estivo en boca de todos durante as discusións por atopar unha protagonista do filme de Wonder Woman, que será desenvolvido polo produtor Joel Silver, pero dado que o guión aíonda está pro rematar, a xente que ten que ver con este proxecto ainda non tomou ningunha decisión sobre quen se porá diante das cámaras polo de agora.


    Hoskins en Doomsday

    [14:49 04/02/2007] Bob Hoskins unirá-se a Rhona Mitra en Doomsday, o vindeiro thriller de ciéncia-ficción do guionista e director Neil Marshall, segundo ven de anunciar a Rogue Pictures. Doomsday comezará a súa produción o 9 de febreiro en Sudáfrica e en Inglaterra.

    En Doomsday, un virus letal espálla-se por un país importante e mata a centos de miles de persoas. Para conter á terríbel ameaza, as autoridades deciden poñer nunha brutal cuarentena ao país, que sucumbe ao medo e ao caos. O muro de contención resiste durante trinta anos, pero finalmente o virus rexurde noutra cidade afastada. Un grupo de elite de especialistas, incluindo a Eden Sinclair (Mitra), é enviado ao país en cuarentena para atopar unha cura por calquera médio posíbel. Mentres, no resto do mundo, a unidade debe loitar contra a expansión imparábel do virus.

    Hoskins interpretará a Bill Nelson, un policía que designa a Eden para a misión e monitoriza os seus progresos. Nesta interesante produción tamén estarán Alexander Siddig (24) e Adrian Lester (Hustle). O elenco de actores inclúe a Sean Pertwee, Darren Morfitt, Emma Cleasby, Chris Robson, MyAnna Buring, Nora-Jane Noone, Leslie Simpson e Craig Conway.

    Marshall xa dirixira con anterioridade The Descent e Dog Soldiers.

    Steven Paul, da Crystal Sky Pictures e Benedict Carver producirán Doomsday para a Rogue en asociación coa Intrepid Pictures.


    Serkis chega a Inkheart

    [14:49 04/02/2007] Andy Serkis (Gollum en O Señor dos Aneis), quen interpretará ao malvado Capricorn na vindeira adaptación do clásico do fantástico Inkheart, comentou nunha recente entrevista que o seu persoaxe mudou un pouco dende a primeira versión na novela de Cornelia Funke: "[o meu persoaxe] é descrito coma un tanto andróxino", dixo Serkis no plató de rodaxe a semana pasada. "Ten beizos de muller. Pero había unha caste de lixeireza nel, un tipo algo máis diminutivo. É moi delgado. E máis débil no libro".

    Tanto o libro coma o filme céntran-se nun home chamado Mo (interpretado por Brendan Fraser) que ten o poder de traer a persoaxes de ficción á realidade só lendo os seus libros en voz alta. Capricorn é un persoaxe dun libro titulado Inkheart, , que é traído inadvertidamente ao mundo real e gústa-lle tanto que non vai parar até atopar un xeito de ficar aquí para sempre.

    Serkis, que non é un recén chegado aos papeis de malvado, dixo que o director Iain Softley traballou moito con el para manter ao seu persoaxe cos pes na terra, pero é que mesmo a fasquía do persoaxe foi edulcorada dende o orixinal, que era menos realista que a encarnación final.

  • [18:22 13/01/2007] Máis nominacións: as do prémio Philip K. Dick 2006, ao millor libro de ciéncia-ficción publicado orixinalmente nos Estados Unidos. Os candidatos deste prémio, queleva o nome do prolífico escritor, son Mindscape por Andrea Hairston, Carnival por Elizabeth Bear, Spin Control por Chris Moriarty, Catalyst por Nina Kiriki Hoffman, Recursion por Tony Ballantyne, Idolon por Mark Budz e Living Next Door to the God of Love por Justina Robson.

  • [18:22 13/01/2007] Brittany Murphy ven de confirmar que traballará en The Other Side, unha comédia fantástica e de aventuras que leva moito tempo en xestación e que marcará o debut co guión e na realización do veterán produtor David Michaels. A história vai sobre unha estraña e remota illa onde seica nada é o que semella.

  • [18:22 13/01/2007] Confirmando as nosas informacións anteriores, fíxo-se oficial que Jason Bateman interpretará xunto a Will Smith o longamente agardado filme de superheroes Tonight, He Comes. Charlize Theron continúa a negociar o seu contrato coa Columbia Pictures. O director será Peter Berg e a rodaxe debería escomezar en primavera de 2008.

  • [18:22 13/01/2007] Iwao Takamoto, o animador que deseñou ao can dos debuxos animados Scooby-Doo, así coma a persoaxes coma os Picapedra ou os Supersónicos, finou o pasado 8 de xaneiro após dun ataque ao corazón aos 81 anos de idade. O pasamento aconteceu no centro médico Cedars-Sinai en Los Angeles, onde Takamoto fora ingresado por mor de problemas respiratórios. Takamoto foi xunto a Joseph Barbera, tamén recentemente finado, o deseñador destes e de moitos outros persoaxes.

  • [18:22 13/01/2007] O filme de Mel Gibson Apocalypto, a comédia de Adam Sandler Click, a secuela da Disney Piratas do Caribe 2 e o conto de fadas O Labirinto de Pan serán os candidatos deste ano para o Oscar á millor maquillaxe. Os outros tres filmes candidatos son The Prestige, Santa Clause 3: The Escape Clause e X-Men 3: a decisión final.

  • [18:22 13/01/2007] Cat Tale, un filme de debuxos animados para toda a família que ía contar coas voces de Angelina Jolie e Billy Idol, foi oficialmente clausurado, segundo confirmou o seu director Kevin Munroe. No seu lugar, a produtora Imagi Animation Studios está a considerar facer máis séries de ciéncia-ficción e de animación para nenos, coma Gatchaman e Astro Boy.

  • [18:22 13/01/2007] A Nickelodeon ven de asinar un contrato polo que construirá en Alemaña un parque temático adicado ao persoaxe de debuxos animados Bob Esponxa. "Nickland" estará situada preto de Dortmund e abrirá xa en abril. Unha das principais atraccións será un trampolín que levará baixo o mar, xa que o persoaxe vive no fondo do océano.

  • [18:21 13/01/2007] Esta semana cumpriu-se o décimo aniversário de "El Sitio de Ciencia-Ficción", o sítio web que coordina Francisco José Suñer Iglesias e que é en España a decana dasadicadas ao xénero. Co gallo desta celebración orgaizou-se unha festa para as oito do serán do 11 de xaneiro no bar Barocco, en Madrid.

  • [12:51 06/01/2007] A Asociación de Produtores de America ven de anunciar aos nominados para as millores películas de 2006, incluindo as cinco que competirán na categoría de millor filme de debuxos animados: Cars, Ratópole, Happy Feet, Ice Age: o desxeo e Monster House.

  • [12:51 06/01/2007] A canle americana NBC está á procura do reparto para un episódio piloto dunha série que suporá unha segunda oportunidade para a muller biónica, o persoaxe popular pola série dos anos 70. Á fronte do proxecto atópa-se o produtor de Battlestar Galactica, David Eick. Eick será o coguionista e coprodutor deste episódio xunto a Laeta Kalogridis.


    Whedon dá a espantada

    [14:46 10/02/2007] Joss Whedon, quen até de agora estaba a ser o responsábel do desenvolvemento da adaptación á pantalla grande da superheroína da DC Comics Wonder Woman para a Warner Bros. Pictures e mais a Silver Pictures, decidiu rachar o seu trato cos estudos e abandoar o proxecto.

    Whedon anunciou a nova no sítio web duns fans, apañándoo todo ás manidas "diferenzas creativas": "Tiña un punto de vista sobre o filme que, ben, non gustou a ninguén", dixo no sítio Web whedonesque.com. Os estudos e mais as axéncias informativas confirmaron a nova.

    Este pau que leva o filme Wonder Woman é só o último dun longo proceso de xestación e serve para suliñar as dificultades que están a atopar os estudos cando teñen que se enfrontar aos persoaxes clásicos da cultura pop.

    Na Paramount Pictures, por exemplo, a particupación de J.J. Abrams en Star Trek XI como director xa está a ser cuestionada. Os estudos insisten que o cocreador de Perdidos nunca estivo oficialmente vencellado ao proxecto, e que só ía ser o produtor. Pero en xullo, após de se anunciar o pacto de Abrams coa Paramount, o daquela presidente dos estudos, Gail Berman, dixo que Abrams estaba a bordo para dirixir o proxecto que sería a seguinte entrega da popular franquía de ciéncia-ficción e que este sería só o primeiro de vários proxectos nos que había de participar.

    Ainda que a Paramount ten a espranza de que Abrams capitanee a nave espacial Enterprise, as nosas fontes din que o director tomará unha decisión a finais desta semana.

    Tim Burton, Brett Ratner e mais McG son só algúns dos directores que estiveron implicados no proxecto de Superman Returns antes de que tomase vida baixo a batuta de Bryan Singer. Máis recentemente, Jon Favreau rendeu-se á Paramount para tomar as rendas de John Carter of Mars, que rematou nas mans da Pixar, e logo decantou-se por Iron Man. E Shawn Levy (Noite no Museu) baixou do carro a média viaxe para dirixir The Flash, no que estivera tamén implicado o coguionista de Batman Begins, David Goyer.

    No caso de Wonder Woman, "[Os directivos da WB e mais eu] mirabamos películas distintas, e no rango de prezos nos que se moven estas películas, iso nunca había funcionar", dixo Whedon nun "post" enviado aos seus fans. "Non houbo "feeling", esa é a cuestión. Para moitas veces. Non coido que ninguún de nós agardara que isto acontecese esta vez, pero pasou. Todo o mundo sabe canto tempo levaba eu nisto, campo tempo pasei co guión, e ainda que xa estaba cómodo co que había, nunca había de ser un sinxelo "mate" de basquet. Coido que o balón rodou ao redor do aro un pouco, pero outros tiñan puntos de vista diferentes".

    Coma lembraredes, a semana pasada a Warner mercou un guión para Wonder Woman que escribiron dous novatos, Matthew Jennison e Brent Strickland. Ainda que os estudos dixeron que só mercaran ese guión para evitar problemas legais por posíbeis semellanzas có de Whedon, semellou claro para todo o mundo que os estudos quixeron "facer-lle a cama" ao director.

    O punto de vista de Whedon sobre a princesa amazona tiña lugar no presente, mentres que o guión de Jennison e Strickland está ambientado na Segunda Guerra Mundial, a era na que apareceu nos comics a superheroina e coa que se lle identifica máis habitualmente.

    Whedon, quen embarcou-se no proxecto en marzo de 2005, xa recebira entre dous e tres millóns de dólares en pago ao seu traballo no guión, que Joel Silver había producir. Ademáis, el mesmo sería o director. A súa implicación fixo crér a todo o mundo que o proxecto sairía adiante. Whedon, o creador de Buffy Cazavampiros, estaba considerado como a persoa que podía facer que por fin unha heroina poidese trunfar no cinema, especialmente unha que levase un lazo máxico, brazaletes deflectores das balas, un avión invisíbel e un traxe que se asemella moito a un bañador.

    Whedon ainda ten moito traballo no que se ocupar: está traballando en Goners, un thriller que dirixirá para a Universal Pictures; tamén será o guionista de Runaways, unha série cómica sobre un grupo de adolescentes con superpoderes para a Marvel Comics; e estáa supervisar unha nova liña argumental para o cómic de Buffy Cazavampiros na Dark Horse Comics.


    Flash: Goyer fóra, Levy dentro

    [14:46 10/02/2007] David Goyer ven de renunciar, e Shawn Levy é o novo encargado de dirixir o filme da Warner Brothers The Flash, a adaptación á pantalla grande do superheroe da DC Comics. A decisión de Levy de se involucrar no proxecto é o seu primeiro movemento dende que lanzou con grande éxito Noite no Museu, un filme que xa leva recadados 225 millóns de dólares só nos Estados Unidos. Charles Roven e Alex Gartner producirán Flash, e cóida-se que Levy tamén se unirá nesas funcións ao dúo.

    Goyer (Batman Begins) estaba no proxecto para escribir o guión, dirixir e producir a adaptación cinematográfica. Pero Goyer foi deixando o proxecto amodiño ao longo dos últimos meses, até que o pasado 2 de febreiro anunciou oficialmente a súa marcha na súa páxina Web en MySpace.com.

    "Para que fique constáncia, no guión estaban Barry e Wally coma Flash", escribiu Goyer. "Eu quería amosar o aspecto de legado que ten este superheroe, algo que non se explorou ainda no filme. Coma "Batman Begins", o guión exploraba algunhas secuéncias orixinais dos cómics de Mike Baron, Mark Waid e Geoff Johns". Goyer é un declarado fan dos comics.

    Flash foi creado polo escritor Gardner Fox e mais o debuxante Harry Lampert. Apareceu por primeira vez no número 1 de "Flash Comics" en 1940. No mundo dos cómics, houbo xa catro encarnacións do velocista escarlata, quen segue a ser ún dos persoaxes máis populares da DC. Flash ten o poder de correr e mover-se a velocidades extremas, usar reflexos superhumanos e violar algunhas leis da Física, coma as viaxes no tempo.

    Levy supervisará a escritura do novo argumento, e cóida-se que algunhas partes do guión de Goyer poderían usar-se no proceso de desenvolvemento.


    O Labirinto de Pan segue a rachar récords

    [14:46 10/02/2007] Apoteósica fin de semana para O Labirinto de Pan, que após de obter o pasado 28 de febreiro sete Prémios Goya, sumados a 6 nominacións aos Oscars e 8 nominacións aos Bafta (os Oscar ingleses), ven de bater un récord na billeteira americana con máis de 21 millóns de dólares.

    Con esta recadación sitúa-se xa coma a película de fala castelá máis recadadora da historia nos EE.UU. O devandito récord ostentábao, até a data, o filme Coma auga para chocolate.

    As previsións de billeteira para esta semana son que o filme recade outros 3 millóns de dólares, deixando moi atrás os 20 millóns acumulados en 1992 polo filme do mexicano Alfonso Arau e guión de Laura Esquivel.

    A que se denominou xa a millor película de Guillermo del Toro engrosa así o currículum de éxitos internacionais acumulados dende o seu paso por Cannes e a sua posterior estrea en España o 11 de outubro.

    Froito deste percorrido O Labirinto de Pan recolleu galardóns do Independent Spirit, San Francisco Film Critics Circle, New York Film Critics Circle, Los Ángeles Film Critics Association... además de senllas nominacións aos principais prémios do cinema mundial coma os Golden Globes.


    Sutherland sae de 24

    [14:46 10/02/2007] Kiefer Sutherland pasará as súas vacacións mentres non se rodan novos episódios de 24 protagonizando Mirrors, un thriller sobrenatural que será dirixido por Alexandre Aja (As cuiñas teñen ollos). A New Regency financiará e distribuirá este filme a través da 20th Century Fox.

    Sutherland converteu-se en dispoñíbel para protagonizar este filme cando se anunciou que a súa interpretación do polémico persoaxe de violento asasino da CIA Jack Bauer en 24 adiaría-se porque o guión ainda non estaba listo até o verán que ven.

    En Mirrors, Sutherland interpretará a un ex-policía que traballa coma garda de seguranza nun centro comercial e descubre algo espantoso nos espellos dunha tenda. Daquela, tentará atopar a orixe do mistério.

    Os produtores son Marc Sternberg, Alexandra Milchan e Gregory Levasseur. Andrew Hong será o produtor executivo. Aja escribiu o guión máis recente do que se dispón.

    Sutherland rematará a sexta tempada de 24 en abril e comezará a rodaxe de Mirrors o 1 de maio en Roménia. A rodaxe rematará a meiados de xullo e logo regresará ao seu persoaxe a finais de xullo.


    Volve o lobishome

    [14:46 10/02/2007] O director Mark Romanek ven de ser contratado para encargarse de The Wolfman, un remake do clásico da película de monstros da Universal Studios, con Benicio Del Toro de protagonista. Scott Stuber e Mary Parent serán os producores co mesmo Del Toro.

    A película regresará ao filme orixinal de 1941, no que cando un home regresaba dende os Estados Unidos á súa casa natal na Inglaterra victoriana, é mordido por un lobishome e comeza unha existéncia peluda baixo a luz da lúa. Andrew Kevin Walker escribiu o guión.

    Romanek é un director de videoclips musicais que fixo o vídeo de Weezer El Scorcho e mais o de Johnny Cash Trust. Tamén escribiu e dirixiu One Hour Photo.


    A gravidade tira da Universal

    [14:50 04/02/2007] A Universal Pictures ven de gañar unha poxa polos dereitos sobre un libro infantil ainda por publicar e que levará por título Simon Bloom, the Gravity Keeper. Os estudos consideran que este podería ser un proxecto dirixido por Gary Ross (Pleasantville), quen produciría a adaptación da vindeira novela xunto con Allison Thomas e Ellen Goldsmith-Vein do Gotham Group.

    Escrito polo novelista primeirizo Michael Reisman, este libro infantil será o primeiro dunha série sobre un neno de 11 anos e mais os seus dous amigos, quen atopan un libro de física que lles permite alterar as propiedades físicas do universo, e entre elas a gravidade. O libro describe un mundo máxico baseado nas leis físicas da ciéncia, e as vindeiras secuelas incorporarán outras ciéncias coma a bioloxía ou a química. O libro aparecerá en agosto nos Estados Unidos, publicado por Penguin Books.

    Reisman é un leitor habitual de guións e libros da Nickelodeon e seica inspirou-se para escribir un libr ode seu cando leu os dous primeiros da série de Lemony Snicket, e mália as numerosas coincidéncias, asegura que non teñen que ver para nada coa saga de Harry Potter.

  • [2:03 28/01/2007] Michael Dougherty, que fará o seu debut na dirección coa vindeira Trick 'r Treat, desveou aos nosos reporteiros que o seu filme de terror está baseado nunha ideia que leva anos na súa cabeza. Dougherty, que escribiu o guión de Superman Returns, comezou cun esbozo de Sam, un persoaxe enmascarado do tamaño dun neno que había na súa adolescéncia na Universidade de New York, e iso levouno a un filme completo no que se intermisturan catro histórias sobre Halloween nunha pequena vila.

  • [16:00 20/01/2007] Ewan McGregor uniu-se ao reparto de voces de Jackboots on Whitehall, unha comédia sobre a segunda guerra mundial, que utiliza bonecos para representar o que tería acontecido se os alemáns gañasen a batalla de Inglaterra.

  • [16:00 20/01/2007] Os rumores que corren pola Rede apuntan a que Michael Biehn será o protagonista do Avatar de James Cameron. Polo de agora ninguén confirmou este rumor, que foi orixinado nunha revista latina.

  • [18:23 13/01/2007] Yvonne De Carlo, a fermosa actriz que deu vida á muller de Moisés no filme fantástico Os Dez mandamentos e que se fixo popular en todo o mundo grazas ao seu papel de Lily Munster na série de televisión dos anos 60 Os Munsters, finou aos 84 anos de idade por mor de causas naturais nas instalacións da Motion Picture & Television en Los Angeles. A série Os Munsters só durou dous anos en atena, pero se fixo famosa coa contínua redifusión ao longo dos anos en todo o mundo, chegando a se facer dúas películas, Munster Go Home! (1966) e The Munsters' Revenge (telefilme de 1981).

  • [18:23 13/01/2007] O filme de fantasía de Luc Besson Arthur e os minimois será segundo din o primeiro dunha triloxía, após de obtér grande éxito en Europad. Cunha recadación que xa supera os 65 millóns de euros e cinco millóns de espectadores só en Franza, Arthur ven de acadar xa oficialmente dúas secuelas: Arthur e a Vingaza de Malthazar que sairá en 2009 e Arthur e a Guerra dos Dous Mundos en 2010. Besson dixera previamente que este sería o seu derradeiro filme como director.

  • [18:23 13/01/2007] Piratas do Caribe 3: O cofre do home morto gañou seis nominacións nos prémios da Asociación de Efectos Especiais que se outorgarán este ano por quinta vez. os outros grandes trunfadores (polo de agora) foron a polémica The Fountain e A arañeira de Carlota. Casino RoyaleSuperman Returns tiveron que se contentar con só unha nominación cadansúa. Outros nominados foron Fillos dos homes e O código da Vinci.


    Cronenberg e Domingo na ópera

    [22:04 24/02/2007] O tenor e director de orquestra Plácido Domingo e mais o director do Teatro del Châtelet, Jean-Luc Choplin, anunciaron a vindeira estrea da versión operística de The Fly ("A mosca"), con música de Howard Shore.

    Tráta-se dunha nova ópera cuxa versión escénica correrá a cargo do canadiano David Cronenberg, quen levou ao cinema un filme de ciéncia–ficción e terror con este mesmo título, que era á sua vez un remake da primera que dirixira Kurt Newmann en 1958 con Vincent Price como protagonista.

    Plácido Domingo dirixirá a orquestra deste "soño" musical de Shore, compositor da triloxía de O Señor dos Aneis (2001-2003), O silenzo dos años (1991) ou Infiltrados (2006).

    A estrea mundial da obra está prevista o 1 de xullo de 2008, no Teatro do Châtelet, e dous meses despóis, o 7 de setembro, na Ópera de Los Ángeles que dirixe Plácido Domingo, segundo adiantaron en rolda de prensa os principais promotores do proxecto.

    A ideia de trasladar á lírica a traxédia do científico cuxos experimentos rematan por lle converter nunha espantosa mosca asasina foi do mesmo Shore, explicou o cantante, aberto partidário de crear "novos repertórios", coma intérprete, pero tamén coma director da Ópera de Los Ángeles e da Ópera Nacional de Washington.

    "Tiñamos con el unha cita en Los Angeles, porque estamos moi interesados en facer creacións", e Howard Shore "deu-nos a ideia da Mosca que foi xa un filme de éxito no seu día e coido que fixou na sua cabeza, pois desde aquela quixo facer unha ópera sobre ese tema", lembrou.

    "É realmente un tema moi duro, unha obra moi negra, pero quixen compracer a Howard (Shore), quen soñaba con crea-la", engadiu o director, quen viaxou a París durante unhas horas aproveitando o descanso entre as representacións do Cyrano de Bergerac, estreada o pasado domingo no Palau de les Arts de València (leste de España).

    Domingo precisou o importante que é "ter óperas novas" e dar a coñecer novos compositores, algo que en calidade de director de teatro considera "un deber". E este audaz obxectivo pretende cumprilo en A Mosca, ópera inspirada no cuento que o autor francés George Langelaan escribiu en 1957. Así, en certa forma, resaltó Jean-Luc Choplin, a obra volve a Franza e retorna ao seu lugar de orixe.


    Mortadelo e Filemón volven ao cinema

    [22:04 24/02/2007] O director de cinema Miguel Bardem rodará, a partir do 23 de abril e durante doce semanas, unha nova adaptación cinematográfica das aventuras de Mortadelo e Filemón, os populares axentes da T.I.A, cuxa estrea terá lugar en 2008, segundo informou a distribuidora.

    A productora Zeta Audiovisual, o creador de Mortadelo e Filemón, Francisco Ibáñez, e mais a editorial dos tebeos, Ediciones B, asinaron o pasado luns o acordo que permitirá rodar esta película segundo o guión que o realizador de A muller máis fea do mundo escribiu xunto a Carlos Martín e Juan V. Pozuelo.

    Esta película - cuxa rodaxe se iniciará en Madrid e cuxo reparto ainda non foi detallado - contará, además, cun equipo técnico que inclúe a Antón Laguna como director artístico, Paloma Molina como produtora, Unax Mendía coma director de fotografía e Iván Aledo como montador.

    Previsto para 2008, a sua estrea coincidirá co 50 aniversário da primeira publicación de Mortadelo e Filemón na revista cómica "Pulgarcito".


    Superman lidera os Saturnos

    [22:04 24/02/2007] Nunha nova mostra do pouco interese real que teñen estes prémios, Superman Returns lidera a listaxe de nominados na 33ª edición dos prémios Saturno, con 10 candidaturas, nas que se inclúen o de millor filme fantástico, segundo anunciou a Académia de Cinema de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror o pasado 20 de febreiro. X-Men: a decisión final e O labirinto de Pan obtiveron seis nominacións cada unha.

    Outros filmes nominados foron Casino Royale, Misión: Imposíbel III, O Perfume, Piratas do Caribe: o cofre do home morto e Stranger Than Fiction, con cinco nominacións para cada unha.

    Nas categorías de televisión, a série Perdidos tivo seis nominacións, mentres que o novo éxito Heroes levou 5 e Battlestar Galactica catro.

    Este ano celébra-se o 35º aniversário da fundación desta peculiar académia, creada en 1972 polo historiador de cinema Donald A. Reed e caracterizada por outorgar prémios ás películas menos agrazadas de cada ano.

    Os gañadores dos Saturnos serán anunciados no decurso dunha cerimónia que terá lugar o vindeiro 10 de maio en Universal City, Califórnia, presentada por Greg Grunberg (Heroes) e mais o cómico Jeffrey Ross.


    Nominados aos Stoker 2006

    [22:04 24/02/2007] Xa veñen de se anunciar os nominados para os prémios Bram Stoker deste ano, que recoñecen os méritos das millores novelas de terror. O prémio, que leva o nome do autor de Drácula, concédeo anualmente a Horror Writers Association. Os gañadores serán dados a coñecer o vindeiro 31 de marzo na Convención Mundial do Terror, que este ano se celebra en Toronto (Canadá). De seguido vai a listaxe completa dos candidatos.

    • Millor Novela: Headstone City de Tom Piccirilli, Lisey's Story de Stephen King, Ghost Road Blues de Jonathan Maberry, Pressure de Jeff Strand, Prodigal Blues de Gary A. Braunbeck
    • Primeira Novela: Ghost Road Blues de Jonathan Maberry, The Keeper de Sarah Langan, Bloodstone de Nate Kenyon, The Harrowing de Alexandra Sokoloff
    • Conto longo: Dark Harvest de Norman Partridge, Hallucigenia de Laird Barron, Mama's Boy de Fran Friel, Bloodstained Oz de Christopher Golden e James A. Moore, Clubland Heroes de Kim Newman
    • Conto curto: Tested de Lisa Morton, Balance de Gene O'Neill, Feeding the Dead Inside de Yvonne Navarro, FYI de Mort Castle, 31/10 de Stephen Volk
    • Antoloxía: Aegri Somnia: The Apex Featured Writer Anthology de Jason Sizemore e Gill Ainsworth, Mondo Zombie de John Skipp, Retro Pulp Tales de Joe Lansdale, Alone on the Darkside de John Pelan.
    • Colección: Destinations Unknown de Gary Braunbeck, American Morons de Glen Hirshberg, The Commandments de Angeline Hawkes, The Empire of Ice Cream de Jeffrey Ford, Basic Black: Tales of Appropriate Fear de Terry Dowling.
    • Non-ficción: Final Exits: The Illustrated Encyclopedia of How We Die de Michael Largo, Gospel of the Living Dead: George Romero's Vision of Hell on Earth de Kim Paffenroth, Stephen King: Uncollected, Unpublished de Rocky Wood, Cinema Macabre de Mark Morris.
    • Poesía: Shades Fantastic de Bruce Boston, Valentine: Short Love Poems de Corrine de Winter, The Troublesome Amputee de John Edward Lawson, Songs of a Sorceress de Bobbi Sinha-Morey —John Joseph Adams.


    Carlos Péramo gaña o II Prémio Bruguera de Novela

    [22:03 24/02/2007] A escritora Ana María Matute, xurado única nesta segunda convocatória do prémio Bruguera, elixiu como gañador do mesmo á obra presentada co título Me refiero a los Játac e co alcume de "Ana Millán" que, unha vez aberta a plica, correspondeu a Carlos Péramo, cuxa novela ten como título orixinal Me refiero a los Játac.

    "Este é o meu mundo literário!", dixo Ana María Matute. "Hai anos podería ter escrito este libro", asegurou a afamada escritora após elixir á devandita novela vencedora do Prémio Bruguera de Novela 2007.

    Ao ser preguntada pola novela gañadora, que ten por protagonistas a un grupo de mozos adolescentes de bárrio, Matute reflexionou sobre a mesma e dixo: "Hai crueldade e violéncia, pero non hai maldade porque non hai premeditación, nin alevosía nin benefício".

    "O neno é o anxo que pasa polo inferno sen conciéncia do mal", afirmou Ana María Matute, quen engadiu que a "crueldade" dos nenos protagonistas da novela de Péramo "é unha crueldade inocente, coma a das criaturas; os fortes devoran aos máis fráxiles. É unha crueldade da natureza".

    A esta segunda edición do Prémio Bruguera de Novela presentáron-se 363 novelas, procedentes de Alemaña, Arxentina, Chile, Colómbia, Costa Rica, Estados Unidos, España, Franza, México, Perú, Suiza, Uruguai e Venezuela.

    De todas elas resultaron ser finalistas: Aldaba, de "Sin" (seudónimo), El muertito, de Gabriel Durán, Contradicciones en el Mío Cid, de "El Crispao" (seudónimo), Dile que no estoy, anónimo, La importancia de las cosas, de Sara Weller e César Vallejo se aburrió de estar muerto, de "El Mono Ilustrado" (seudónimo).

    Bruguera, o selo de Ediciones B, decidiu alumear o ano pasado este novedoso Prémio literario cuxa principal peculiaridade é o seu xurado unipersoal. O Prémio Bruguera de Novela está dotado con 12.000 euros.


    Pan segue a gañar prémios

    [14:17 17/02/2007] O labirinto de Pan levou a casa tres prémios na gala da British Academy Film (BAFTA) en Londres o pasado 12 de febreiro. Fillos dos Homes acadou dous prémios na cerimónia dos BAFTA, que por primeira vez tivo lugar na Royal Opera House de Londres.

    O filme fantástico de Guillermo del Toro gañou o trofeo ao millor filme en língua non-inglesa, á millor maquillaxe e ao deseño de vestiário.

    Fillos dos homes levou dous prémios da BAFTA dos tres aos que estaba nominado, ao deseño de produción e á realización.

    Casino Royale entrou con nove nominacións ás súas costas e con moitas espranzas, pero saiu só co prémio ao millor deseño de són. A última rapaza Bond, a actriz francesa Eva Green, levou o prémio Orange Rising Star ao millor novo talento, que é decidido por votación popular e non por xurado.

    Outros gañadores de interese para os afeccionados foron Piratas do Caribe: o cofre do home morto (aos millores efectos especiais) e Happy Feet, á millor película de debuxos animados, unha categoría de recente creación nos BAFTA.


    Xa temos Muller Biónica

    [14:16 17/02/2007] Após dunha exhaustiva procura, a NBC ven de elixir á actriz inglesa Michelle Ryan para o papel de Jamie Sommers no vindeiro episódio piloto para a série A Muller Biónica. A canle informou de considerara a actrices máis importantes para o papel, pero que finalmente decediu-se por alguén que será unha face nova para a meirande parte dos televidentes.

    Ryan é coñecida só en Inglaterra por ter pasado cinco anos na telenovela da BBC EastEnders.

    Noutro xénero de cousas, Zuleikha Robinson (Roma) e Alexis Gilmore veñen de se unir ao reparto para o episódio piloto da nova série dramática sobrenatural da Fox, New Amsterdam.


    A escuridade érgue-se

    [14:16 17/02/2007] Ian McShane (Deadwood) protagonizará The Dark Is Rising, un filme fantástico da 20th Century Fox e mais a Walden Media. David Cunningham dirixirá e Marc Platt producirá. Frances Conroy (Shopgirl) e Alexander Ludwig tamén formarán parte do reparto de actores protagonistas. A produción dará comezo este mesmo mes en Roménia.

    Baseado nun volume dos cinco que compoñen a série de Susan Cooper, The Dark Is Rising céntra-se nun rapaz, Will Stanton (Ludwig), que descubre aos 11 anos que é o derradeiro dun grupo de inmortais — os Antigos — adicado a loitar contra a medrante presenza das forzas da escuridade. Finalmente decáta-se de que é o elixido para salvar o mundo.

    McShane interpretará a Merriman Lyon, ún dos Antigos que serve coma o mentor e axudante de Stanton. John Hodge (Trainspotting) está a adaptar o proxecto para a pantalla grande.


    Abrams e King na Torre Escura

    [14:16 17/02/2007] O co-creador de Perdidos J.J. Abrams e mais o mestre do terror Stephen King están en conversas para adaptar a série épica de sete tomos de King A Torre Escura á pantalla grande ou á pequena. A compañía de Abrams, Bad Robot, ten un acordo de preferéncia na Paramount para proxectos de cinema e outro coa Warner Brothers Television para os da televisión; o proxecto ainda non foi considerado por ningunha outra compañía.

    Abrams (director de Misión: Imposíbel III) está nestes intres vencellado ao proxecto da nova película de Star Trek para dirixila e escribir o guión, pero os rumores xa apuntan a que está máis fóra cá dentro do proxecto.

    Fontes que non quixeron ser identificadas desvearon a NOVA fantasia que várias empresas xa se interesaron pola Torre Escura, pero que King quere que este proxecto o saque adiante unha compañía importante, e aí é onde Abrams entraría no proxecto. Non está claro se Abrams entraría no proxecto só coma produtor ou se tamén podería dirixilo. Pero King non foi tímido á hora de se identificar coma un gande fan de Perdidos; recentemente participou nunha mesa redonda con Abrams e cos produtores executivos de Perdidos, Damon Lindelof e Carlton Cuse.


    O Minotauro para Tahoces

    [14:16 17/02/2007] A escritora madrileña Clara Tahoces gañou o prémio Minotauro, galardón internacional de Literatura Fantástica e Ciéncia-Ficción, coa obra Gótica, unha história de vampiros que se van adaptando desde os tempos antigos até a sociedade actual, na que se adentran a través da cultura gótica.

    Clara Tahoces, unha fan de Íker Jiménez de 37 anos, amosou a sua satisfacción por acadar este prémio, a primeira vez que optou a ún, e por se tratar da primeira muller que o obtén, "nun xénero dominado por homes".

    A novela presentou-se a esta cuarta edición do galardón, que convoca Edicións Minotauro, unha filial do grupo Planeta, e está dotado con 18.000 euros, co título de "Analisa", unha muller vampiro protagonista da história, e co alcume de "Alejandra Kramer", outro personaxe que non chega a pronunciar unha frase.

    Nunha conférencia de prensa, a autora explicou que a historia vai sobre unha fase antiga na que os vampiros van-se adaptando ás novas circunstáncias até chegar á sociedade actual, na que xa non viven en castelos de Transilvánia, nin en lugares afastados ou poco accesíbeis, senon que se encontran nos ambientes góticos de grandes cidades coma Madrid, onde se camuflan para tratar de pasar desapercibidos e captar ás suas vítimas.

    O xurado da cuarta edición estivo integrado por Fernando Delgado, Angela Vallvey, Pere Matesanz, Olga Rubio, Juan Eslava Galán, Laura Falcó, Javier Negrete e Francisco García.


    Cameron confirma a Weaver en Avatar

    [14:16 17/02/2007] James Cameron, que xa comezou o traballo na súa grandemente agardada película épica de ciéncia-ficción Avatar, revelou nun encontro con fans que o reparto incluirá á súa actriz fetiche e protagonista de Alien, Sigourney Weaver. No elenco de actores tamén figurarán Wes Studi, Peter Mensah, Joel David Moore, C.C.H. Pounder, Lola Herrera e Laz Alonso. Weaver interpretará a un persoaxe chamado Grace.

    Cameron admitiu que estivo recentemente na illa hawaiiana de Kauai, onde rodou tres días de escenas de acción real nos bosques tropicais da illa.

    Avatar é a história futurista dun ex-marine que é enviado contra a súa vontade a asentar-se nun afastado planeta. Alí fica atrapado nunha batalla pola supervivéncia cos habitantes do planeta. Tal e coma vos comentamos anteriormente, o australiano Sam Worthington acadou o papel de Jake Sully após de moitas probas de cámara por todo o mundo. Zoe Saldana (Piratas do Caribe: a maldición da perla negra) interpretará á muller coa que Jake ten unha aventura. Ambos actores asinaron para posíbeis novas entregas xa que Cameron quere que Avatar sexa unha franquía.

    Cameron está xa de volta en Califórnia para comezar o traballo de "pre-captura" xunto con Worthington e Saldana; o proceso é parte do complicado sistema de animación por computador que Cameron vai implantar no seu filme en 3D.


    O derradeiro acto de Smith

    [14:15 17/02/2007] O derradeiro filme da recentemente finada actriz porno Anna Nicole Smith, a comédia de ciéncia-ficción Illegal Aliens, aparecerá directamente no mercado de DVD en maio. A película está protagonizada por Smith, a famosa que morreu en extrañas circunstáncias en Florida a semana pasada, o papel dunha dos tres áliens que se transforman en "supernenas" galácticas e que pretenden protexer á Terra contra as forzas intergalácticas do Mal, segundo di a publicidade da MTI Home Video, que distribuirá o filme nos Estados Unidos.

    O voceiro da MTI Ed Baran describiu Illegal Aliens, que ainda non foi calificada polas autoridades da censura americana, coma unha produción de baixo orzamento deliberadamente "camp" na que Smith satiriza o seu própio papel de rapaza super sexi.

    Smith investiu cartos de seu no proxecto e mesmo tomou parte no guión para o seu persoaxe. O seu fillo Daniel, que finou nas Bahamas en setembro aos 20 anos, tres días despóis de que Smith dera a luz á súa filla, figura nos títulos de crédito coma produtor asociado.


    Toy 3 volve pero sen Lasseter

    [14:46 10/02/2007] Toy Story 3 regresará en 2009, pero John Lasseter xa non será o seu director. Nunha presentación inusualmente sincera, Lasseter e mais o presidente da Disney Animation Ed Catmull proporcionaron moitos detalles sobre a seguinte entrega desta saga dos xoguetes nunha rolda de prensa celebrada o pasado 8 de febreiro.

    Ademáis de confirmar por primeira vez que se está a preparar a terceira parte da série, e que probábelmente apareza en 2009, Lasseter dixo que Lee Unkrich será o director. Unkrich xa foi o co-director de Toy Story 2, Monstros, S.A. e Procurando a Nemo, pero nunca fixo ningún traballo en solitário até de agora nun filme da Pixar.

    Lasseter dirixiu as dúas primeiras partes da franquía de Toy Story, pero está arestora moi ocupado co seu novo posto de oficial creativo xefe da Disney Animation coo para permitirse traballar en filmes concretos. Michael Arndt, o guionista que foi nominado ao Oscar por Little Miss Sunshine, está a escribir o argumento.

    Lasseter tamén revelou un trato "tras do telón" na Walt Disney Feature Animation, unha compañía separada da Pixar pero que está baixo o control de Lasseter e Catmull, e anunciou que Chris Williams, un veterán artista da Disney, dirixirá o lanzamento en 2008 de American Dog, un filme que até de agora fora desenvolvido e posto baixo o control do director de Lilo e Stitch, Chris Sanders, quen deixou a Disney recentemente.

  • [14:51 04/02/2007] Vários xornais informaron de que M. Night Shyamalan está a traballar novamente no guión de The Green Effect, unha proposta de filme sobre unha crise medioambiental a grande escala que se convirte nunha loita da humanidade por dominar á natureza, após de que vários estudos lle denegasen a finanzación para o seu proxecto.

  • [14:51 04/02/2007] O protagonista da série orixinal de Star Trek, Leonard Nimoy, presentará Star Trek: Beyond the Final Frontier, un documental que producirá o History Channel e que falará sobre os 40 anos de história da venerábel franquía. O especial poderá ver-se o 19 de febreiro nos Estados Unidos, pero ainda non hai data para que a Canle da História o emita en Galiza.

  • [14:51 04/02/2007] A produción mexicana O Labirinto de Pan resultou a grande trunfadora na gala dos prémios españois Goya, acadando un total de sete estatuíñas, entre elas a de Millor Actriz Revelación (Ivana Baquero), Guión Orixinal, Fotografía, Són, Efectos Especiais, Maquillaxe e Perruquería e Montaxe.

  • [14:51 04/02/2007] O lendário escritor de fantasía heróica David Eddings prendeu lume ao seu garaxe accidentalmente mentres tentaba secar a gasolina que pingaba dun coche avariado. Cando un pouco do líquido caiu ao chan, Eddings prendeu un anaco de papel e botouno ao charco por ver se era inflamábel. Ninguén resultou ferido na violenta deflagración.

  • [2:04 28/01/2007] Natasha Henstridge (Species) ven de ser contratada para protagonizar xunto a Jonny Lee Miller o episódio piloto dunha nova série fantástica da canle ABC, Eli Stone, no que interpretará á moza do avogado de Miller, quen seica pode ser unha profetisa.

  • [2:03 28/01/2007] The Weinstein Co. e mais a Lionsgate Films veñen de se facer cos dereitos mundiais para Teeth, unha comédia de terror que será estreada esta semana no Festival de Sundance. O filme está protagonizado por Jess Weixler no papel dunha estudante favorábel á abstinéncia sexual que descubre que a súa vaxina posúe dentes.

  • [2:03 28/01/2007] Sean Connery dixo nunha recente entrevista que está a considerar interpretar o papel do Dr. Henry Jones na vindeira cuarta entrega da saga de Indiana Jones, o papel que xa interpretara en 1989 en Indiana Jones e a Derradeira Cruzada: "Polo momento non hai ren decidido", comentou Connery, e engadiu: "Non teño o guión. Todo depende do guión".

  • [2:03 28/01/2007] A Columbia Pictures comezou as negociacións co guionista de Spider-Man, David Koepp, para que escriba o guión da cuarta entrega da popular franquía do trepamuros. Koepp, que ven de rematar o guión para a cuarta parte da saga de Indiana Jones, escribiu o guión do Spiderman orixinal en 2002.

  • [2:03 28/01/2007] A compañía de animación xaponesa Production I.G. ven de adquirir os dereitos do editor Kodansha para converter o clásico filme de debuxos animados de ciéncia-ficción de 1995 Ghost in the Shell nunha película con actores reais.


    Orson Scott Card, aos cómics

    [13:25 11/03/2007] As compañías The Dabel Brothers e Marvel Comics desenvolverán un cómic cunha história orixinal escrita por Orson Scott Card e co persoaxe central de Ender Wiggin, o persoaxe protagonista dos clásicos libros de ciéncia-ficción de Card O xogo de Ender e A voz dos mortos.

    A história orixinal no "Enderverso" levará por título Gold Bug e terá lugar moi preto da final do libro O xogo de Ender, cando as Andrew "Ender" Wiggin chega a un planeta onde fundar unha nova colónia co cargo de governador. Será publicado como parte da colección en capa dura do primeiro volume da adaptación ao cómic dos libros de propaganda mormona de Orson S. Card A história de Alvin Maker: o Profeta Vermello, publicada por Marvel Comics e producida pola Dabel Brothers Productions.

    Este cómic levará os debuxos de Jin Han e un guión de Jake Black. A marvel planea novos proxectos para o Enderverso que serán anunciados pola Dabel Brothers Productions ao longo deste ano.


    Shyamalan terá un "Happening"

    M. Night Shyamalan[13:24 11/03/2007] O seguinte filme de M. Night Shyamalan será The Happening, un thriller baseado nun guión que a 20th Century Fox mercou en 2001. Os estudosxa lle deron a luz verde a este filme, que Shyamalan escribiu e dirixirá en Philadelphia este agosto. A Fox `lanea que a estrea se produza en xuño de 2008.

    O trato da Fox, que foi desvelado polo presidente da Fox Filmed Entertainment Tom Rothman, remata cun complexo proceso para Shyamalan, quen dende O sexto sentido fixera todos os seus filmes para a Disney. Nombergantes, após do fracaso de Lady in the Water (feita na Warner), o director sentiu a necesidade de mudar de compañía unha vez máis.

    Shyamalan será o produtor, xunto a Sam Mercer. Tamén se axuntará co produtor de Munich Barry Mendel, con quen xa traballou en O sexto sentido e mais O protexido.

    A película será a primeira que Shyamalan faga cunha calificación para maiores de 18 anos, porque é un thriller paranoide sobre unha família que está a fuxir dunha crise natural que representa unha ameaza para a humanidade.

    Shyamalan continuará preparando e rodando The Happening mentres escribe o fuión de Avatar: The Last Airbender.


    Confirmado: Abrams dirixirá Trek XI

    [22:46 03/03/2007] Rematando con meses de especulacións en todos os sentidos, confirmou-se que J.J. Abrams asinou o pasado día 23 para dirixir a seguinte entrega da saga de Star Trek no cinema, a undécima película da série. Ultimamente circulaban rumores de que Abrams, que tamén co-guionizará e producirá esta Star Trek XI, podía ter decidido non dirixir o filme.

    Coma xa sabedes, "Star Trek XI" (título provisório) xirará ao redor das figuras dos xoves cadetes da Académia Estelar James T. Kirk e Mr. Spock, narrando o seu primeiro encontro na Académia e a súa primeira misión ao espazo. Abrams e mais a Paramount declinaron de todos os xeitos facer comentários sobre se este será o argumento ou se pode ser outro. O guión desta nova entrega será obra de Roberto Orci e Alex Kurtzman.

    Abrams é o prolífico creador, produtor executivo e director da série de TV Perdidos e do filme Misión: Imposíbel 3. Leva meses desenvolvendo o proxecto de Star Trek XI a través da súa compañía Bad Robot (filial da Paramount).

    "Se hai algo que eu morría por ver era a brillantez e mais o optimismo do mundo do creador de Star Trek, Gene Roddenberry de novo na pantalla grande", dixo Abrams no seu discurso. "Alex e Bob escribiron unha história emocionante que recolle e respecta o canon de Star Trek, pero que sigue o seu própio curso. O noso obxectivo é facer unha película para todos: os fans de toda a vida e os non iniciados".


    King confirma a Torre Escura

    [22:46 03/03/2007] Stephen King, o prolífico mestre so terror, confirmou aos nosos reporteiros o pasado día 24 na convención do cómic en New York que os creadores de Perdidos J.J. Abrams e Damon Lindelof adaptarán a súa saga de sete volumes A Torre Escura ao cinema. "Dixen que non a todo o mundo até hai ben pouco, porque non acreditaba moito nas súas posibilidades para convertela nunha boa película", dixo King nunha mesa redonda na que se discutían as adaptación da súa obra ao cómic. "Quero dicir, esta é a obra da miña vida, dende que tiña 22 anos. É moi importante para min. Normalmente, cos outros libros, non me importa un carallo. A miña postura é: ide, facede unha película, e se é boa, estupendo, pero se é mala, irá aos andeis do Blockbuster, e eu ainda gañarei dereitos de autor por ela".

    King tamén revelou que desbotou unha oferta do seu colaborador dende hai moito, o director e guionista Frank Darabont, quen xa adaptara Cadea Perpétua e A Milla Verde e está a traballar noutras adaptacións de King. "Frank veu a min, e coñezo a Frank dende antes de que ambos os dous tiveramos un can", desvelou King. "Frank dixo, tío, gostaríame facer a Torre Escura. E eu dixen: Frank, dá-me un acougo! Xa tes "A Brétema" e "O Mono". Xa colliches os contos de prisión... Abonda de poñer demasiado no teu prato."

    King, que é un recoñecido fan de Perdidos, só aceptou vender os dereitos sobre A Torre Escura cando Abrams (Misión: Imposíbel III) e Lindelof se lle achegaron. "Coñezo o traballo de J.J. Abrams e de Damon Lindelof, que é o seu colbourador en "Perdidos"" dixo King. "Damon é un friqui total dos cómics, e lle encantan os libros da Torre Escura. Confío neses tíos, sonvos ben espelidos. Cando dixeron que querían falar de facer isto, eu dixen: Sabedes o que? Por que non mercades os dereitos sobre os libros e vemos o que podedes facer? Eles dixeron: Canto queres polos dereitos? E eu respondín: dezanove dólares. [É un contrasinal que aparece moitas veces nos libros] E iso é o que me pagaron, e aí estamos".


    Pan leva tres Oscars

    [22:46 03/03/2007] O filme fantástico rodado en español por Guillermo del Toro O Labirinto de Pan levou para casa tres Oscars na 79ª gala da Académia de Hollywood celebrada o pasado 25 de febreiro, e convertíndo-se asemade na grande trunfadora da noite entre os filmes de xénero. O Labirinto de Pan, que orixinalmente optaba a seis prémios, gañou nas categorías de millor dirección artística, millor maquillaxe e millor realización, pero perdeu nas de millor guión orixinal, millor banda sonora e millor filme estranxeiro.

    Happy Feet gañou o Oscar á millor película de debuxos animados, batendo a Cars e Monster House.

    Piratas do Caribe 2 levou o Oscar aos millores efectos especiais, pero perdeu noutras tres categorías técnicas. O filme de piratas gañou na súa categoría a Superman Returns e Poseidon.

    Finalmente, o filme de ciéncia-ficción mexicano Fillos dos Homes perdeu en todas as categorías nas que estaba nominado: millor guión adaptado, realización e edición de cinema.


    Instinto Básico 2, a peor película

    [22:46 03/03/2007] A película Basic Instinct 2 tivo a dubidosa honra de se converten no filme máis distinguido na vixésimo séptima edición dos prémios Razzie, adicados ao peor cinema estreado durante o ano pasado, pero alomenos este ano podemos dicir que o cinema fantástico non tivo moita representación.

    "Ainda que decidiron repartir o seu ódio, os votantes deste ano decidiron claramente situar a involuntariamente hilarante "Basic Instinct 2" á cabeza", anunciaron hoxe os organizadores nun comunicado.

    A fita obtivo catro trofeos Razzie, correspondentes ás categorías de peor película, peor continuación, peor guión e peor actriz, que recaiu en Sharon Stone, protagonista tamén do éxito de taquilla Basic Instinct (1992).

    Un prémio menos obtivo a comédia Little Man, que na gala destes galardóns anti-Oscar, celebrada en Los Ángeles levou-se tres trofeos.

    Peor nova versión, peor actor (ex-aequo a Marlon e Shawn Wayans) e peor parella na pantalla (Shawn Wayans, ben co seu irmán Marlon ou con Kerry Washington) foron as deshonras acadadas por esta história sobre un ladrón anano que finxe ser un bebé, que os organizadores dos Razzie consideraron "lonxe de ser divertida".

    O terceto dos "gañadores" completouse co filme fantástico Lady in the Water, acreedora de sendos Razzies ao peor actor secundário e director, ambos para o seu realizador, M. Night Shyamalan, en prámio á sua "megalomanía", segundo o comunicado.

    A categoría de peor actriz secundária foi especialmente rifada entre "dúas loiras carentes de talento", Jenny McCarthy -gañadora o ano pasado- e Carmen Electra, que levou-se o gato ao auga por Date Movie e mais Scary Movie 4.

    A estatuiña, consistente nuna lata de película cunhas pelotas de golf a xeito de moras pegadas e pintadas de dourado, está valorada nuns cinco dólares e os nominados non adoitan asistir á cerimónia de entrega, ao contrario cós Oscar.


    Búscan-se guionistas para a JLA

    [22:46 03/03/2007] A Warner Brothers ven de contratar aos escritores Kiernan e Michele Mulroney para que fagan o guión dun filme baseado nos populares cómics da JLA (Liga da Xustiza de América), da DC Comics. Esta é a primeira grande contratación que fan os estudos ao redor deste proxecto de filme.

    Os cómics presentan unha asociación de super-heroes na que están integrados Superman, Batman, Wonder Woman, Aquaman, Flash, Lanterna Verde e mais o Detective Marciano, entre outros. Os estudos ainda non decidiron cales destes poderían participar no filme.

    O desenvolvemento da película é complicado porque a Warner xa ten proxectos sobre Batman e Superman e está a producir secuelas para ambos os dous heroes, con Christian Bale en Batman Begins e The Dark Knight e mais Brandon Routh en Superman Returns e mais a súa secuela ainda sen título. O estudo ademáis está a facer un filme sobre Wonder Woman.

    Os realizadores Chris Nolan (Batman Begins) e Bryan Singer (Superman Returns) están xa preparándo-se para dirixir as seguintes entregas das súas respectivas franquías. The Dark Knight ten previsto o seu lanzamento en 2008 e o seguinte de Superman en 2009.

    A JLA produciu moitas séries de debuxos animados na tele, incluindo as dos anos 60 e 70 Super Amigos e a máis recente, da canle Cartoon Network, Justice League Unlimited, da Warner Brothers Animation.


    Anunciados os nominados aos Nebula

    [22:46 03/03/2007] Veñen de se anunciar os nominados para os prémios Nebula deste ano, que recoñecen ás millores obras escritas de fantasía e ciéncia-ficción. O galardón outórgao anualmente a Science Fiction and Fantasy Writers of America. Os gañadores serán dados a coñecer no decurso da Fin de Semana dos Nebula, a celebrar entre o 11 e o 13 de maio en New York. Aí vai a listaxe de candidatos:

    • Novela: The Privilege of the Sword, por Ellen Kushner, Seeker, por Jack McDevitt, The Girl in the Glass, por Jeffrey Ford, Farthing, por Jo Walton, From the Files of the Time Rangers, por Richard Bowes, To Crush the Moon, por Wil McCarthy.
    • Novela curta: Burn, por James Patrick Kelly, Sanctuary, por Michael A. Burstein, The Walls of the Universe, por Paul Melko, Inclination, por William Shunn.
    • Conto longo: The Language of Moths, por Chris Barzak, Walpurgis Afternoon, por Delia Sherman, Journey Into the Kingdom, por M. Rickert, Two Hearts, por Peter S. Beagle, Little Faces, por Vonda N. McIntyre.
    • Conto curto: Echo, por Elizabeth Hand, Helen Remembers the Stork Club, por Esther M. Friesner, The Woman in Schrodinger's Wave Equations, por Eugene Mirabelli, Henry James, This One's for You, por Jack McDevitt, An End to All Things, por Karina Sumner-Smith, Pip and the Fairies, por Theodora Goss.
    • Guión: Batman Begins, por Christopher Nolan e David S. Goyer; Howl's Moving Castle, por Hayao Miyazaki, Cindy Davis Hewitt e Donald H. Hewitt; Battlestar Galactica (episódio Unfinished Business), por Michael Taylor; Doctor Who, (episódio The Girl in the Fireplace), por Steven Moffat.

    Tamén se anunciaron os finalistas para o prémio Andre Norton, outorgado á millor obra fantástica ou de ciéncia-ficción do ano para xoves adultos. Os nominados son Magic or Madness, por Justine Larbalestier, Devilish, por Maureen Johnson, The King of Attolia, por Megan Whalen Turner, Midnighters #2: Touching Darkness, por Scott Westerfeld, Peeps, por Scott Westerfeld, e Life as We Knew It, por Susan Beth Pfeffer.

  • [14:50 10/02/2007] Lee Bergere, o veterán actor de televisión que apareceu principalmente en Star Trek e Dinastía, finou o pasado mércores en Fremont, New Hampshire, aos 88 anos. Durante a súa carreira de 60 anos no cinema, apareceu en máis de 200 episódios de séries de TV. Nun episodio de Star Trek en 1966 titulado "A cortina salvaxe" Bergere interpretou ao Presidente Abraham Lincoln nunha escena da série que se fixo famosa.

  • [14:50 10/02/2007] Kate Bosworth (Superman Returns) está en negociacións para protagonizar o thriller sobrenatural After.Life. Este filme vai sobre unha rapaza (Bosworth) nun estado transitório entre a vida e a morte que loita por evitar ser enterrada viva. Agnieszka Wojtowicz-Vosloo escribiu o guión e será a directora desta produción da Constellation Entertainment.

  • [14:50 10/02/2007] O antigo membro do elenco de Perdidos Harold Perrineau foi atopado coprotagonizando o episódio piloto para a nova série da canle americana CBS Demons. O proxecto céntra-se en Gus, un psicólogo ex-cura xesuita que fai exorcismos. Perrineau fará o papel dun cura que coñece a Gus dende o seminário e que é o seu confesor.

  • [14:50 10/02/2007] O protagonista da última película da saga de James Bond, Daniel Craig, acadou o prémio ao millor actor polo seu papel en Casino Royale na 34º gala dos prémios de cinema do xornal inglés "Evening Standard". Este é o primeiro prémio que obtén Craig pola súa representación do axente 007.

  • [14:50 10/02/2007] Dino De Laurentiis confirmou aos nosos reporteiros que está a planear un remake do clásico da ciéncia-ficción dos anos 60 Barbarella, con Peter Weber (Hannibal Rising) na dirección. De Laurentiis describe o novo filme coma "A James Bond feminina no espazo exterior". A Barbarella orixinal é un filme de 1968, dirixido por Roger Vadim e baseado nun cómic francés, que interpretou unha daquela moi noviña Jane Fonda.

  • [14:50 10/02/2007] A Asociación Lovecraftiana "Nueva Lógia del Tentáculo" presenta o primeiro número da sua nova revista Electrónica de publicación periódica "A ESTELA DE LUVEH - KERAPT", e o seu Suplemento Especial que, neste primeiro número, homenaxea ao relato O Innomeábel de H.P. Lovecraft.

  • [14:50 10/02/2007] A Jim Henson Co. vai producir un trío de novos filmes baseados en libros fantásticos: The Boggart, de Susan Cooper, The Doubtful Guest por Edward Gorey e Monster Blood Tattoo de D.M. Cornish. A Henson's Creature Shop, a división de efectos especiais da compañía, producirá os persoaxes e mais as animacións por ordenador.

  • [14:50 10/02/2007] Fontes xeralmente ben informadas na Internet desvearon que John Cusack e Hilary Duff atoparán-se no reparto de actores do filme de ciéncia-ficción do guionista e director Mark Roper Talking to Dog. Descrito coma un cruce entre Mad Max e Veludo Azul, o filme da Remstar Distribution está ambientada nun futuro post-apocalíptico no que os humáns sofren o cámbio climático e as mulleres xa non poden ter fillos. Neste filme tamén participarán Rodrigo Santoro, Tom Conti, Joe Anderson, Lance Henriksen e Steven Berkhoff.

  • [14:52 04/02/2007] A Fundación Tres Culturas, organizadora do Congreso español de Ciéncia-Ficción Fantasía e Terror HispaCon 2007, informou de que as datas escollidas para a celebración serán do 2 ao 4 de novembro no Pavillon Hassan II en Sevilla. O seu lema será "As Tres Culturas". Estas tres "culturas" son as relixións que segundo a lenda conviviron en Andalucía hai dez séculos. Todos os interesados en asistir ou intervir podedes solicitar máis información no correio electrónico hispacon2007@gmail.com.

  • [14:52 04/02/2007] A IDW Publishing vai ir onde ningún editor de cómics chegou antes: van lanzar unha edición do seu cómic de Star Trek en idioma Klingon. Star Trek: Klingons: Blood Will Tell é unha nova minisérie de cinco episódios que estará dispoñíbel nunha edición especial de 40 páxinas íntegramente rotuladas en língua Klingon, pero iso si, acompañadas polo guión orixinal en inglés coma axuda á tradución. O cómic, que debutará en abril, tamén estará dispoñíbel nunha edición en inglés, pero só de 32 páxinas.


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM