[22:49 14/09/04] Ao dicer adeus ao robot dourado despois de case trinta anos, Anthony Daniels derramou unha bágoa morriñenta polo criado mecánico que mudou a sua vida: "Oh, si, houbo bágoas. Foi un adeus moi emotivo", dixo Daniels verbo da sua última escena como C-3PO, o androide que se converteu nunha icona dos filmes da Guerra das Galáxias.
A sua última escena no sexto e derradeiro filme da série de George Lucas non tivo nengun tipo de máxia embriagadora para o actor. Os efeitos dixitais encarregan-se diso: "Rematei a rodaxe do último filme a semana pasada. Para a última toma, tiven que camiñar por un corredor azul deixando atrás un fondo azul e falando con alguén que non estaba alí", explicou o actor. A vinganza do Sith chegará ás pantallas o vindeiro mes de maio e completará a triloxía de filmes anteriores ao trío de filmes orixinal, que contan a história que había atrás daquela batalla entre o ben e o mal nunha galáxia moi afastada que triunfou nos 70 e 80.
Para Daniels, non é ningún segredo dicir cal é o seu favorito dos seis filmes: "A primeira conectou con todo o mundo. Ainda funciona como un filme divertido e brillante. Ainda ten vida".
Cando Lucas decidiu remontar-se atrás na história de Anakin Skywalker, Daniels non o tivo tan claro: "A devoción de George polos efeitos dixitais descompensou os filmes. Demasiados personaxes virtuais fan que a história fique sometida", afirma.
Para Anthony Daniels, de 58 anos, intepretar a un robot pesado que soa como un remilgado mordomo inglés transformou a sua carreira. "El abriu-me o camiño cara esa estraña clase de imortalidade. A xente ten-lle moito agarimo e a sua imaxe perseguiu-me por todo o planeta", di, mentres lembra a incomodidade de se pasear polo deserto tunecino co seu uniforme metálico para facer história do cinema.
Ainda que os críticos sempre admiraron a boa sintonía que existiu entre C-3PO e R2-D2, para Daniels non foi o mesmo: "Estaba falando comigo mesmo todo o tempo. Foi unha experiéncia moi solitária. Estaba pechado nunha caixa e tiña un amigo que non falaba comigo".
[22:49 14/09/04] "En televisión é todo tan políticamente correcto que dan ganas de vomitar. Estamos cheos de famílias encantadoras, hai que facer cousas diferentes e divertidas", manifesta Álex de la Iglesia, cineasta basco que realizará para Telecinco a primeira "película para non durmir", O cuarto do neno, con Leonor Watling e Javier Gutiérrez.
Recén chegado do Festival de Cinema de Toronto, onde apresentou a sua última longametraxe, Crimen ferpecto, que se estreará o 22 de setembro, De la Iglesia asegura que o espectador vai pasar moito medo co seu primeiro traballo de ficción para a pequena pantalla, médio no que fixo decorados e dirixiu o espazo Inocente, inocente.
"O meu debut na ficción televisiva é con "O cuarto do neno", unha história de terror familiar porque afortunadamente non todas as famílias son perfectas", reitera o director, guionista e produtor, que xunto aos seus colegas Mateo Gil, Jaume Balaguerò, Paco Plaza e Enrique Urbizu, forma parte do ciclo de seis filmes para televisión baseado nas xa clásicas Histórias para non durmir, de Chicho Ibáñez Serrador.
"Recuperar esas histórias fantásticas e de terror é un proxecto que ven de lonxe, eu mesmo tentei poñe-lo en pé, pero era complicado porque non estamos a falar da fórmula série de televisión, se non de seis filmes de 70 minutos cadanseu ao estilo de "A pegada do crime". Non había maneira de erguer esta idea que, grazas ao acordo Filmax-Telecinco, hoxe é unha realidade", afirmou.
[22:49 14/09/04] O Instituto Galego das Artes Escénicas (Igaem) convocou a decimoterceira edición do Prémio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais inéditos escritos en galego. O galardón ten unha dotación económica de 6.025 euros.
O instituto publicará a obra premiada na colección "Os libros do Centro Dramático Galego", que coedita con Edicións Xerais. Tamén apoiará a sua posta en escena atendendo aos seus obxectivos de difusión e promoción do teatro.
[22:49 14/09/04] Após do recente éxito conseguído co videoxogo Doom 3, a famosa série de acción en primeira persoa atopa-se no momento ideal para dar o chimpo ao cinema. Se ben o filme fora confirmado con anterioridade, asi como o seu protagonista (The Rock), ainda non se coñecia a identidade do director responsábel do proxecto.
Agora confirma-se a participación como director de Andrzej Bartkowiak, quen conta no seu historial con filmes de acción tan "bós" coma Romeo debe Morrer ou Nacer para morrer, ambos os dous con Jet Li como protagonista. Este director, coñecido polos seus filmes cheos de golpes e artes marciais, tamén foi o responsábel de devolver a Steven Seagal ao mundo do cinema. Fixo-o a través do filme Ferida Aberta, grazas ao que o actor de acción voltou ao estrelato despois de tres anos sen traballar.
Descoñecen-se os nomes dos actores secundários que poderian aparecer en Doom, pero coñecendo os gostos de Bartkowiak, non seria estraño ver a intérpretes como DMX, Tom Arnold ou mesmo Mark Dacascos.
[13:48 19/08/04] Nunha decisión que non sorprendeu a ninguén, a Industrial Light & Magic foi a escollida por Steven Spielberg para facer os efectos especiais na película A Guerra dos Mundos, o vindeiro proxecto de Spielberg que está a ser acelerado estes días.
[0:45 20/08/04] Finou o compositor Elmer Bernstein mentres durmía na sua casa de Califórnia aos 82 anos. Ainda que foi nominado en 14 ocasións ao Oscar, só gañou unha vez con Thoroughly Modern Millie. O seu millor traballo foi Os Sete Magníficos, pero tamén compuxo a música de filmes do xénero coma Os Cazapantasmas, Como ser John Malkovich, Wild Wild West, Moonraker ou Un lobishome americano en Londres.
[13:48 19/08/04] O creador de Buffy Cazavampiros e Angel, Joss Whedon, dixo nunha recente entrevista que está preparado para regresar ao universo de Buffy (o Buffyverso) con telefilmes unha vez que reciba a luz verde da WB. Ademáis, afirmou que estaría encantado de ser o director da nova película sobre a Patrulla X, agora que botaron a Bryan Singer.
[13:48 19/08/04] A Comisión Federal de Comunicacións (órgano que nos Estados Unidos ocúpase de moitas cousas, entre elas da censura na tele) rexeitou por unanimidade a queixa dun grupo conservador contra un episódio de Buffy Cazavampiros no que os protagonistas practicaban sexo. Afortunadamente, fixérono sen espirse, e iso salvounos.
[21:04 24/08/04] A nena protagonista da versión orixinal de O Exorcista, Linda Blair, está a aparecer nos trailers para a cuarta película da saga (recén estreada nos EE.UU.): Exorcist: The Beginning, pero a actriz, actualmente de 45 anos, só recibe 279 dólares ao día por esa "interpretación". Guy McElwaine, presidente da empresa productora de Exorcist: The Beginning, dixo que lamenta o enfado de Blair polo escaso pago, pero que é o legal.
[21:04 24/08/04] O Great Ormond Street Hospital, o hospital infantil inglés que é proprietário dos direitos de copyright sobre o libro Peter Pan, está a procurar un escritor que faga unha segunda parte do libro e así poder seguir recebindo pagos polos devanditos direitos, que expiran en 2007. En 1929, J.M. Barrie donou os direitos de autor ao hospital, que de todos os xeitos néga-se a informar da cantidade que recibe anualmente por este concepto.
[22:41 23/08/04] Os creadores de South Park, Matt Stone e Trey Parker, veñen de facer unha paródia do filme Thunderbirds con escenas de monicreques mantendo relacións sexuais. O polémico dúo quere crear controvérsia para darlle publicidade á súa película Team America: World Police na que se mofan do presidente George W. Bush e da súa procura das inexistentes armas de destrucción masiva.
[22:41 23/08/04] Após do terrible fracaso de Dragóns e Mazmorras, a segundaparte do filme non contará copn case ningún dos actores orixinais. O único que quere seguir é Bruce Payne, quen interpretaba a Damodar.
[0:45 20/08/04] Agora é o guionista de comics Warren Ellis o que está a publicar unha "bitácora" na que dá información dende os estudios de gravación da serie Global Frequency (adaptación dunha das súas obras impresas). A serie estrearase en marzo de 2005 nos EE.UU. e estase a rodar en Canadá, onde o guionista toma imaxes co seu teléfone móbil.
[0:45 20/08/04] O actor Julian McMahon é o último grande nome vencellado ao papel de James Bond. O australiano úne-se deste xeito a outros candidatos: Orlando Bloom, Jude Law e Clive Owen.
[22:49 14/09/04] O actor inglés Dougray Scott seica ven de bater na liña de meta aos seus competidores (Eric Bana, Ioan Gruffud e Clive Owen) na competición por se facer co papel que até agora ostentaba Pierce Brosnan como James Bond. O protagonista de Matar a un rei, de 38 anos de idade, obtivo o cobizado papel após de manter duras discusións coa produtora dos filmes de Bond, Barbara Broccoli, e será o séptimo actor que apareza enfundado no traxe do aposto axente secreto da Súa Maxestade británica.
Scott fará a súa primeira aparición na 23ª película de James Bond após de que a Eon Productions decidira que quería voltar a ter un un actor máis novo na liña do seu colega escocés Sean Connery, segundo revelan vários xornais ingleses. Un voceiro da produtora dixo: "Os produtores anceiaban devolver a Bond unha figura máis sexi pola que Sean foi tan famoso. Obviamente para Sean non é posible voltar á súa idade, así que procuraban un actor xove con características semellantes. Dende entón Barbara e Dougray estiveron mantendo conversas, e ela coida que el será o perfeito novo 007 para o século XXI". Brosnan anunciara hai dous meses que non voltaría a ser novamente James Bond.
[21:04 24/08/04] A actriz Sigourney Weaver deixou caer que podería considerar participar noutra entrega da saga de Alien, para explorar o "lado escuro" do seu persoaxe, a tenente Ellen Ripley. Weaver quere que a série regrese ás súas orixes para se enfocar na psicoloxía dos persoaxes.
[21:04 24/08/04] Din que o persoaxe Clark Kent podería realizar un cameo na agardada Batman Begins, e dado que este filme fala sobre o pasado de Batman, a aparición de Tom Welling interpretando a Clark Kent no filme está cantada. Xa veremos.
[4:50 27/08/04] O actor Nathan Marlow (famoso por aparecer na versión americana de Grande Irmán) dixo nunha recente entrevista que viña de facer unha proba para interpretar ao Home de Aceiro na vindeira película de Superman que vai dirixir Bryan Singer.
[4:50 27/08/04] O guionista e director Kevin Smith comentou nunha entrevista que podería abandoar o proxecto de Green Hornet porque a súa última película, Jersey Girl, foi un desastre nos despachos de billetes e agora perdeu a súa confianza para dirixir un proxecto de grande orzamento.
[2:29 26/08/04] O director Daniel Petrie (1920-2004) finou de cancro o pasado 22 de agosto. Petrie acadou a fama con séries televisivas coma Marcus Welby e Studio One nos anos 50 e 60, e pasou-se á ciéncia-ficción cos filmes The Neptune Factor e Cocoon: O regreso. Ao longo da súa vida obtivo oito prémios Emmy.
[22:57 31/08/04] Todo fica na casa: Dakota Fanning ven de asinar para interpretar á filla de Tom Cruise no vindeiro filme de Steven Spielberg, A Guerra dos Mundos. Fanning xa protagonizara o anterior traballo de Spielberg, a minisérie sobre ovnis Taken, pero seica non se encontrou co director durante as rodaxes...
[22:57 31/08/04] Centos de fans de Star Trek despedíron-se de James Doohan (Scotty) na súa derradeira aparición, nunha convención en Los Angeles o pasado 29 de agosto. O actor, de 84 anos, decediu retirarse após de ser diagnosticado co mal de Alzheimer hai uns meses. Doohan, quen tamén sofre de Parkinson e diabete, enviou bicos á multitude e participou nunha charla titulada "A influenza de Scotty na sociedade".
[4:49 27/08/04] A 20th Century Fox está a instar ás igrexas americanas para que convenzan aos seus fregueses para que merquen o DVD do controvertido filme de Mel Gibson A Paixón de Cristo. Os estudos enviaron 260.000 cartóns postais ás igrexas ofrecendo envíos masivos do filme, así coma máis de seis millóns de mensaxes de correio electrónico. O DVD será lanzado ao mercado o vindeiro día 31.
[4:50 27/08/04] Un voceiro da Lucasfilm negou tallantemente os rumores que apuntaban a que George Lucas planeara tres novas partes da súa saga da Guerra das galáxias. O rumor percorrera a Rede durante estes días, seica espallado por websites un tanto aborrecidas.
[4:50 27/08/04] A compañía proprietária do espectáculo dos tigres brancos en Las Vegas rexeitou entregar o vídeo co ataque dos animais contra Roy Horn. As autoridades investigan posibles violacións na lei de benestar dos animais.
[0:21 17/09/04] O actor Gary Oldman, fiel á súa fama de indisciplinado, ven de abandoar a rodaxe do Episódio III da Guerra das Galáxias (A vinganza do Sith) porque seica di que rexeita traballar ilegalmente fóra dos Estados Unidos. O protagonista de Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban chegara ao acordo de poñer a voz do cabaleiro Jedi malvado Xeneral Grievous nesta nova película, pero deixou a produción porque esta realíza-se fóra dos límites do Sindicato de Actores e das regras que este organismo impón nos Estados Unidos.
O voceiro de Oldman explicou que "Gary estaba emocionado e anceiaba traballar no filme. O problema é que a película está feita sen membros do Sindicato de Actores. Isto sinifica que Gary estaría a traballar ilegalmente fóra do país. Deixando á parte o respecto e mais a solidariedade cos outros membros, el non podería e nin tan sequera consideraría violar a regras deste sindicato".
[21:31 03/09/04] Scarlett Johansson unirá-se a Ewan McGregor para protagonizar o thriller de ciéncia ficción The Island. Michael Bay (Armageddon) será o director, baixo a producción da DreamWorks e cunha data de comezo da rodaxe fixada xa para o día 25 de outubro. O filme vai sobre un home "perfecto" que vive nunha illa utópica, de onde tentará fuxir.
[21:12 03/09/04] Dende o luns 6 a canle privada Telecinco comeza unha nova programación para a noite dos luns. Novos casos de CSI: Miami substituirán á série Embrujadas, que se estivo a emitir todo o vran. Pero, iso si, sen rematar con todos os episódios desta sexta tempada. Non se sabe se chegarán emitirse algunha vez.
[22:57 31/08/04] A actriz gañadora do Oscar Charlize Theron resultou ferida durante a rodaxe do seu novo filme, Aeon Flux en Alemaña, e seica non se decatou até despóis da gravidade da súa leixón, producida mentres facía ela mesma as escenas máis arriscadas. A rodaxe tivo que ser paralisada até que se recupere. Aeon Flux é un filme de ciéncia ficción sobre unha plaga que aniquila á humanidade, e Theron interpereta a unha sexi guerrilleira adicada a loitar contra o governo.
[0:21 17/09/04] A compaña teatral Dispara Teatro propón, dende esta noite até o domingo, un drama emocional que recrea a derradeira noite de Edgar Allan Poe. Escrita e protagonizada por Javier Tenías e José Manuel Camín, a obra desenvólve-se nun ambiente onírico, no que Poe, acompañado de Griswold, o seu biógrafo e "amigo", e de Leonor, musa e personificación das mulleres da sua vida, vive as suas derradeiras horas.
Dispara Teatro contou co grupo zaragozano de rock Sick Brains para confeccionar a banda sonora desta sesión de teatro titulada Poe. A obra será representada os días 16, 17, 18 e 19 de setembro na sala Ensalle, esta noite e mais o domingo ás 21:30 horas, mentres que os outros dous días comezará ás 22:30 horas. O prezo da entrada é de 9 euros.
Dispara Teatro céntra-se nun tipo de montaxes escénicas onde prima a interpretación e a estética do literário; pretende oferecer propostas dinámicas e vincular-se cun tipo de teatro independente que cada vez emerxe con máis forza fronte ao tópico que afirma que só gosta a comédia.
[11:10 17/01/2005] Non houbo sorte para os candidatos do xénero fantástico nos elitistas Globos de Ouro concedidos esta noite, pero alomenos fica-nos o consolo de ver a Natalie Portman (a Raíña Amidala da Guerra das Galáxias) obtendo o prémio á Millor actriz secundária por Closer, ademáis de Teri Hatcher (Lois Lane en Lois e Clark) e a William Shatner (o capitán Kirk en Star Trek) gañando os prémios á Millor actriz de comédia por Desperate Housewives e ao Millor secundário de série por Boston Legal respectivamente.
[23:00 13/01/2005] James Marsden (Cíclope en X-Men) e Hugh Laurie (tamén outro actor habitual de Bryan Singer) uníron-se ao reparto de Superman Returns. Marsden fará o papel do namorado de Lois Lane, Richard White, e Laurie fará de Perry White, editor do "Daily Planet". Os dous persoaxes están relacionados, pero os estudos negáron-se a comentar se son pai e fillo.
[23:00 13/01/2005] A Disney ven de contratar a Brian Klugman e Lee Sternthal para que escriban un novo guión para Tron, o filme de 1982 sobre un programador que é absorbido por un ordenador nun mundo paralelo dentro do seu programa. A película orixinal é considerada unha adiantada ao seu tempo, e agora Klugman e Sternthal queren volver a retomar aquel ambiente, pero usando á Internet.
[1:24 20/01/2005] De regreso cos rumores, o actor australiano Hugh Jackman rexurde como máximo favorito para se facer co papel de James Bond, segundo as principais casas de apostas inglesas, que xa ofrecen unhas gañanzas de dous contra ún, moi por riba dos seus competidores Clive Owen e Ewan McGregor. Haberá que lles facer caso, que éstes están a se xogaren os cartos!
[1:24 20/01/2005] O actor Wesley Snipes ameazou de morte ao director de Blade: Trinity, David Goyer porque sentiu que o seu persoaxe fora deixado de menos para lle facer sítio aos dous novos da saga. Segundo denúncian os "prestixiosos" xornais ingleses, Wesley ameazou de morte a Goyer, quen temeu pola súa vida. Non embergantes, un voceiro de Goyer dixo que "Wesley é un actor de método. Sempre hai moita tensión no plató".
[6:07 18/01/2005] Ainda quedan catro meses para a estrea do Episódio III da Guerra das galáxias, A vinganza do Sith, pero xa hai fans facendo cola diante dos despachos de billetes: un rapaz de 27 anos de Seattle chamado Jeff Tweiten é o primeiro en acampar diante da sala de cinema "Cinerama". Din que os seus amigos fornécen-lle con roupa, aperitivos e algo de compañía. Supoñemos que en troques, comprará-lles unha entrada...
[0:49 02/01/2005] O pasado sábado estreou-se nos Estados Unidos a producción do galego Julio Fernández para a Filmax, The Darkness, dirixida por Jaume Balagueró e protagonizada por Anna Paquin, Lena Olin, Iain Glen, Fele Martínez e Fermí Reixach. A película, de producción 100% española e distribuida por Dimension Films, estreouse en 1.700 pantallas e recadou na sua primeira fin de semana (24-26 de decembro) 6.163.306 dólares (4.531.842 euros), situándose na séptima posición do "ranking" de despacho de billetes americano entre Spanglish e The Polar Express.
Darkness, a segunda película de Balagueró (que actualmente está a rematar a postproducción da agardada Fragile, con Calista Flockhart e Elena Anaya), rodou-se íntegramente en Barcelona e foi estreada en España en outubro de 2002, convertíndo-se nuna das produccións estatais máis importantes do ano con 4 millóns e médio de euros recadados e máis dun millón de espectadores.
Esta estrea do filme nos Estados Unidos úne-se aos éxitos que colleitou Darkness en países coma Itália, México ou Franza. Arestora o filme ocupa o 8º lugar no ranking americano, pero con malísimas críticas por parte do público e da opnión especializada. Nos Estados Unidos foi calificada con "PG-13", o que sinifica que só poden vela os maiores de 13 anos, por ser un filme de terror, contér violenza e linguaxe "ofensiva".
Dende o pasado 13 de outubro está nas pantallas americanas O Maquinista, outra producción de Julio Fernández. A película, esta vez con moito millores críticas, pero cunha districución moi limitada da man da Paramount Classics, foi dirixida por Brad Anderson e protagonizada por Christian Bale, Aitana Sánchez-Gijón e Jennifer Jason Leigh. En España situou-se entre as dez primeiras películas na recadación.
Próximamente, chegará tamén ás carteleiras dos Estados Unidos El Cid, la leyenda, outra producción da Filmax Animation dirixida por José Pozo, que acadara o prémio Goya á Millor Película de Animación en España.
[21:31 22/01/2005] El Grito (o nome co que foi estreado en España o remake americano do filme xaponés A Maldición (The Grudge)) terá unha secuela. Esta secuela será a continuación da versión americana e non un remake da segunda parte orixinal (A Maldicion 2) estrenada en España hai uns meses. Takashi Shimizu sera o director desta secuela. Nombergantes, a presenza de Sarah Michelle Gellar no papel protagonista ainda non foi confirmada.
[22:53 20/01/2005] O realizador inglés David Yates foi o elixido para se encargar da dirección do novo (o quinto) filme da saga de Harry Potter, A Orde do Fénix, segundo ven de anunciar a Warner Brothers. A produción será cousa de David Heyman e o guión de Michael Goldenberg. A filmación comezará en Inglaterra en xaneiro de 2006.
[21:31 22/01/2005] A estrea de Creep, un filme inglés interpretado pola alemana Franka Potente, e que estaba prevista para o día 21 deste mes, adía-se até o vindeiro 11 de marzo.
[21:41 22/01/2005] A web TumbaAbierta.com sortea entre os seus leitores cinco exemplares da novela El hombre lobo de París, de Guy Endore. Tráta-se dunha publicación en capa dura de Ediciones Jaguar cun fantástico prólogo.
[23:11 24/01/2005] Din que a protagonista de Amelie, a francesa Audrey Tautou, treme ao pensar que pode ser a elixida para interpretar o papel principal feminino na vindeira película O Código Da Vinci. Audrey faría o papel de Sophie Neveu, a xove criptóloga francesa que axuda ao protagonista a descobrir os segredos que ameazan ao mundo. Quen xa ten un pé e médio dentro do reparto é o tamén francés Jean Reno, para o papel do detective Bezu Fache. A rodaxe comezará a finais deste ano e a estrea vai prevista para maio de 2006.
[23:28 27/01/2005] Douglas Adams, o falecido escritor do clásico da ciéncia ficción Guía do Autoestopista Galáctico, foi honrado pola Unión Astronómica Internacional con que un asteroide leve o seu nome. O asteroide en cuestión foi elixido porque o seu nome orixinal, 2001 DA42, fai referéncia ao ano no que morreu Adams, ás súas iniciais e o número 42, que é, coma saben os fans da súa obra, e resposta á "vida, ao universo e a todo", segundo as histórias do Autoestopista.
[23:28 27/01/2005] O lendário debuxante e guionista de cómics Stan Lee vai-se asociar con Ringo Starr, o estrafalário ex-Beatle, para crear unha nova série de debuxos animados cun persoaxe que será o mesmo Starr convertido nun superheroe "cun grande sentido do ritmo", segundo din. Non se sabe que clase de superpoderes terá Ringo, pero está claro que atopar novos xeitos de gañar cartos será ún deles!
[23:28 27/01/2005] Seica a sexy actriz Jennifer Garner dixo que a súa recente película Elektra é "horrorosa", segundo revelou o seu ex-mozo Michael Vartan. Vartan, que foi o mozo de Garner mentres protagonizaba a série Alias en 2003, ainda mantén unha relación de amizade con ela, e seica foi por iso que lle revelou que esta película non é como para estar orgullosa dela, e que tivo que facela por mor de ter asinado un contrato.
[0:48 26/01/2005] O debuxante barcelonés Carlos Grangel atópa-se entre os nominados aos prémios Annie de animación na categoría de Deseño de persoaxes polo seu traballo en O espantatiburóns, a produción animada da DreamWorks que xa prepara e seu lanzamento en DVD para o 9 de febreiro. Os Annies son os máis importantes prémios da indústria do cinema de animación americano e se lles considera os Oscars dos debuxos animados. A cerimónia de entrega da 32ª edición destes galardóns celebrará-se o 30 de xaneiro en Glendale, Califórnia.
[0:48 26/01/2005] Koji Hashimoto, quen dirixira en 1984 Gojira (estreada nos Estados Unidos en 1985) finou o pasado día 9 de xaneiro aos 68 anos de idade. Tamén dirixiu en 1983 a película de ciéncia ficción Sayonara Xúpiter. Tamén pasou vários anos como axudante de dirección nos estudos Toho.
[0:24 26/01/2005] A famosa escritora J.K. Rowling, creadora dos libros sobre o xove meigo Harry Potter, ven de dar a luz unha nena, Mackenzie Jean Rowling Murray, informou o luns a súa casa editorial: "Os pais están encantados e a nai e a bebé están ben. Naceu onte en Edinburgh", dixo unha voceira da editorial Bloomsbury. A autora casara co doutor Neil Murray en 2001 e este é o segundo fillo de ambos. O primeiro, David, cumprirá dous anos en marzo. Rowling xa tiña unha filla, Jessica, quen naceu en 1993 dun matrimónio anterior.
[23:36 31/01/2005] Alan Cumming, quen nterpretou ao Rondador Nocturno na secuela mutante X2, ven de revelar que non está para nada disgustado co feito de que Bryan Singer non sexa o director da terceira parte, arestora en preparación: "Non estou amolado e non podo negalo. Coido que ten moito talento, e estou moi orgulloso do filme, é unha grande película, pero non disfrutei traballando con el". Cumming non quixo explicar polo miudo o que quería dicir con isto.
[23:36 31/01/2005] A gala dos prémios Goya do cinema español non foron especialmente dadivosos co cinema fantástico, o que non é raro falando de España, pero alomenos o prémio á millor película de debuxos animados foi para PK3 Pinocho 3000, dirixida por David Robichaud e producida pola Filmax.
[17:04 29/01/2005] Malas novas para o fantástico español: o famoso website de ciéncia ficción en español Cyberdark.net pecha as súas portas. Despóis de cinco anos, o seu responsábel afirma sentir-se imposibilitado de aturar esa carga. Por elo, o 1 de marzo pechan. O único que ficará da web será o domínio, as contas de correio, os artigos publicados até agora nunha listaxe, a tenda e as ligazóns. Para a biblioteca agardan ter ideias para "libera-la".
[15:31 29/01/2005] Pois agora é o actor Clive Owen o máximo favorito para suceder a Pierce Brosnan no papel de James Bond, após de obtér unha nominación para os Oscars o pasado martes. As casas de apostas inglesas xa non aceptan máis poxas para ver quen será o vindeiro 007, porque os clientes investiron cartos de máis en Owen agora que foi nominado polo seu papel en Closer. As apostas están 5 a 2, con Hugh Jackman e Ewan McGregor no segundo posto, con 4a 1.
[0:17 03/02/2005] A UPN e máis a Paramount Network Television anunciaron conxuntamente a chegada á "fronteira final" da série Star Trek: Enterprise, por mor da súa baixa audiéncia. Enterprise convírte-se polo tanto na primeira série da saga trekkie que chega a un final anticipado por mor dunha baixa audiéncia. Os seus 98 episódios pasarán polo tanto á história, pero os seguidores xa están a preparar unha campaña para pedir a súa continuidade.
[0:24 02/02/2005] O escritor de fantasía e ciéncia ficción Neil Gaiman revelou algunhas claves ao respecto do filme baseado en Beowulf que está a desenvolver xunto a Roger Avary e Robert Zemeckis. Zemeckis dirixirá este filme sobre o clásico poema épico medieval inglés facendo uso de técnicas de animación de "captura facial" semellantes aos de Polar Express.
[0:24 02/02/2005] O escritor alemán, tradutor e redactor Walter Ernsting, máis coñecido polo pseudónimo que utilizou, Clark Darlton, finou o pasado 15 de xaneiro á idade de 84 anos en Salzburg (Áustria). Ernsting estaba considerado un pilar fundamental na moderna ciéncia ficción alemá. Foi o cofundador dunha das séries máis famosas e duradeiras da "Space Opera" alemá: Perry Rhodan en 1961.
[0:24 02/02/2005] Nick Stahl, quen interpretou a John Connor (o xove líder dos rebeldes) no filme de 2003 Terminator 3, dixo que nin el nin Claire Danes aparecerán na cuarta entrega desta saga: "Ninguén do reparto vai regresar", dixo Stahl, quen engadiu que "A história en Terminator 4 vai mudar conceptualmente. Coido que será un chimpo no futuro, así que o meu persoaxe será un pouco máis vello. Iso é todo o que sei".
[23:36 31/01/2005] Os finalistas do Prémio Arthur C. Clarke de 2004, que se concede cada ano á millor novela de ciéncia ficción publicada por primeira vez en Inglaterra, foron Ian McDonald por River of Gods, China Miéville por Iron Council, David Mitchell por Cloud Atlas, Richard Morgan por Market Forces, Audrey Niffenegger por The Time Traveler’s Wife e Neal Stephenson por The System of the World. O gañador dará-se a coñecer o vindeiro 11 de mayo no English Heritage Lecture Theatre de Londres.
[21:24 05/02/2005] David Goyer, tendo ainda por estrear a terceira parte de Blade nas nosas carteleiras, será tamén responsábel da história de Batman begins e da encarnación cinematográfica do Motorista fantasma (o Ghost Rider). E agora, por se non fosen poucos superheroes, o seu recén anunciado proxecto será The Flash, o super-velocista creado en 1939 para a editorial DC Cómics e que xa contou cunha série de televisión de seu.
[0:17 03/02/2005] Xa temos máis novas sobre o filme de Superman após da elección de Kate Bosworth como nova Lois Lane e a confirmada participación de James Marsden (X-Men) e Hugh Laurie (Stuart Little): a fichaxe do xove Sam Huntington no papel do fotógrafo do "Daily Planet", Jimmy Olsen. Mália a súa xoventude, Huntington é xa coñecido por mor de filmes coma De xungla a xungla ou Non é outra estúpida película americana.
[23:36 04/01/2005] O lendário debuxante e guionista de cómics Will Eisner finou o 3 de xaneiro en Fort Lauderdale, Florida, após de sofrir complicacións nunha operación de cuádruple bypass, aos 87 anos de idade.
Eisner era unha auténtica lenda para o mundo do comic pero era coñecido especialmente entre os fans por ser o autor e ilustrador de The Spirit, un heroe que moraba nos cemitérios e que foi creado por Eisner en 1941. The Spirit foi publicado e distribuido nos xornais dominicais e foi lido semanalmente por 5 millóns de persoas dende 1941 a 1952. Posteriormente estes comics foron publicados e redistribuidos durante 60 anos.
Eisner foi ao coléxio co creador de Batman, Bob Kane, e proporcionou o seu primeiro traballo na indústria do cómic a xente coma Jack Kirby (o co-creador do Capitán América ou dos Catro Fantásticos) ou ao gañador do Pulitzer Jules Feiffer.
Entre as cousas que popularizou, ou mesmo inventou Eisner, está o mesmo concepto de novela gráfica, cando en 1978 publicou a súa história A Contract With God.
A indústria do comic honrou a Eisner nomeando os seus prémios principais, os Eisner, na súa honra. Estes prémios entréganse todos os veráns na Comic-Con Internacional en San Diego.
A novela gráfica final de Eisner, The Plot, foi rematada o pasado verán e será publicada en primavera por W.W. Norton.
Dado que Eisner era ateo, non haberá funerais por expreso desexo seu, e será enterrado canda súa filla Alice, que finou en 1969. Sobrevívelle a súa muller, Ann, e o seu outro fillo, John.
[20:54 03/01/2005] O torneo de xogos de ordenador en rede organizado polo Concello de Vigo xa está en marcha. Nel participan sete parellas no xogo Counter Strike e 25 xogadores no Halflife. O torneo comezou o 30 de decembro e durará ata o 5 de xaneiro.
Como en anos precedentes nestas datas de Nadal esta-se a disputar o Torneo de Xogos en Rede do programa "Súbete ao Castro" da Concellalía de Xuventude, no espacio xove do Castro (a carón da pista de bicis). O Torneo comezou o 30 de decembro e continúa hoxe, tralo parón de fin de ano, extendéndo-se durante os días 4 e 5 de xaneiro, entre as 17 e as 21 horas.
O torneo consta de dúas modalidades de xogo: individualmente xógase ao Halflife e por parellas ao Counter Strike, nun modelo de competición por roldas clasificatórias até chegar á grande final do torneo.
[22:55 07/02/2005] O director de animación de Atopar a nemo, Dan Lee, ven de morrer aos 35 anos após dunha dura batalla de 17 meses contra o cancro de pulmón. O empregado da Pixar Animation finou o pasado 15 de xaneiro no centro médico Alta Bates en Berkeley, Califórnia, despóis dunha longa carreira como bocetista, deseñador de persoaxes e animador en filmes coma Bichos e Toy Story 2.
[22:42 13/01/2005] A Deputación de Ourense foi o escenário onte da presentación da XV edición dos Encontros Literários da Cátedra Carlos Casares da Universidade. Consolidada xa coma unha das máis importantes citas literarias na cidade das Burgas, estes encontros pretenden ser unha sincera homenaxe á vida e obra do grande autor galego Carlos Casares, nacido en Xinzo de Limia (Ourense).
Na apresentación fíxose unha sentida gabanza de Casares, “espírito destes encontros”. Se o ano pasado o eixo central dos encontros foi a visión da literatura dende unha óptica feminina, este ano o tema será a fantasía. Quérese aproveitar así que no 2005 celébrase o aniversario da obra de Álvaro Cunqueiro Merlín e família: "Isto podería ser unha homenaxe tamén a Cunqueiro e a súa obra literária fantástica", explicou Marcos Valcarcel, director da sección de literatura do Liceo. "A literatura fantástica non tivo un grande desenvolvemento, sobre todo na posguerra española, polo que a maioría de autores que trataron este tema eran da periféria, coma Álvaro Cunqueiro e outros autores tanto galegos coma cataláns, que deseñaron unha nova alternativa ao realismo realizado polos autores españois após da guerra".
O vindeiro martes 18 intervirá Julio Llamazares coa conferéncia-coloquio "Fantasía ou realidade". O acto celebrará-se ás 20:15 horas no Salón Noble do Liceo ourensán.
[1:11 09/01/2005] Un preso preventivo acusado de ameazar con bombas a un fiscal nos Estados Unidos ven de demandar ao escritor de novelas de terror Stephen King, segundo revelaron fontes ben informadas nos xulgados americanos. Nunha demanda presentada o pasado 27 de decembro, o preso James Richards pide dez millóns de dólares ao escritor e ao seu editor por lle roubar a ideia para a novela (e a película) A milla verde.
Simon & Schuster, a compañía proprietária de Pocket Books, a editorial que publicou en 1999 a devandita novela, tamén está demandada neste xuizo. Richards quere que a editorial deixe de vender o libro e pide á Warner Brothers, produtora do filme, que deixe de emitir a versión para o cinema, ainda que os estudos non está nomeados na demanda.
Richards está arestora detido no Centro Correccional de Norfolk en Massachusetts, onde agarda xuizo baixo cargos de ameazar con poñer unha bomba ao Fiscal Federal de Massachusetts Michael Sullivan, segundo unha acusación federal.
"A demanda [de Richards] semella ter certa credibilidade", dixo Adam Rothberg, un voceiro da Simon & Schuster. "Temos toda a confiaza en que 'A Milla Verde' xurde da sempre verde e sempre medrante imaxinación de Stephen King".
[22:54 07/02/2005] O filme de terror sobranatural Boogeyman acadou o primeiro posto na lista dos filmes con maior recadación nos Estados Unidos, con 19,5 millóns de dólares no seu debut. A película, producida por Sam Raimi, estña protagonizada por Barry Watson no papel dun home que regresa á súa casa da infáncia para se atopar cos horrores do seu pasado, e entreeles, o Home do Saco.
[22:54 07/02/2005] A série Desperate Housewives gañou os prémios do Sindicato de Actores dos Estados Unidos polo seu reparto e pola súa protagonista (Teri Hatcher) na cerimónia celebrada o 5 de febreiro en Los Angeles. Hatcher gañou o prémio ámillor actriz de comédia e o reparto no seu conxunto por ser o millor nunha comédia, o que ven-se axuntar ao prémio do Globo de Ouro que xa obtivera Hatcher na edición do pasado mes.
[16:24 06/02/2005] Con máis dun mes de atraso, mañá ás seis do serán volve o xove Superman á TVE-1: Smallville inícia a terceira tempada co obxectivo de millorar as cifras das suas anteriores emisións (15%).
[21:24 05/02/2005] O cantante Rob Zombie regresará coa secuela de A casa dos 1000 cadáveres, o filme de 2003, escribindo e dirixindo a história da vinganza do sheriff John Wydell (William Forsythe). Segundo din, o filme será unha das demostracións de violenza gratuita máis sanguinária da história do cinema, que é precisamente o que os fans de Rob Zombie agardan ver! No seu sítio web oficial xa podedes ver o tráiler promocional.
[20:51 08/02/2005] A novela de León Arsenal Máscaras de Matar, vencedora do último prémio de ciéncia ficción e fantasía Minotauro, ven de ser publicada en Portugal pola Editorial Presença. Máscaras de Matar é sobre todo unha história de fronteiras; de terras de ninguén e de todos, onde a morte é unha presenza constante, mais é tamén e seguramente unha história sobre amizade; non aquela que se rexe por meras relacións cordiais, senón a que se apoia em relacións de cumplicidade e de entreaxuda.
[22:42 13/01/2005] Tal e coma vos adiantamos o pasado 18 de decembro nunha exclusiva mundial de NOVAfantasia.com, por fin aprobou-se a candidatura de Vigo por parte da Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror (AEFCFT) e da Simetría (Associação Portuguesa de Ficção Científica e Fantástica) para que o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción organice a IberCon.
Como dato importante dos progresos, pódese destacar que Caixanova concedeu que a IberCon se celebre nas súas instalacións, e que será nas datas 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro do 2005. O Centro Cultural Caixanova é o de máis avoengo e prestíxio de Vigo, situado no mesmo centro da cidade.
Por tanto, Vigo contará cun marco inigualábel para a celebración dunha IberCon que vai marcar história, porque suporá a unión da HispaCon cos Encontros. Algo que dará moito que falar nos vindeiros meses.
O Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción quere recoñecer que a posibilidade de organizar a IberCon na cidade de Pontevedra coa colaboración de entidades como o Pazo da Cultura ou o Cine-Clube Pontevedra era tan boa coma a posibilidade da cidade de Vigo que finalmente foi escollida.
[1:27 15/01/2005] Mais ca animada polos éxitos nacionais e internacionais de O maquinista e Darkness, a Fantastic Factory está a pleo rendemento. E a ponto de rematar o que é o seu proxecto mais cobizoso, Beneath still waters, adaptación da novela de terror de Matthew Costello dirixida por Brian Yuzna coa que o veterano José María Pou debuta no xénero.
A representación visual dunha cidade infectada polo mal, mergullada baixo unha lagoa creada por un encoro que agora, corenta anos despóis da sua construcción, rexurde en todo o seu esplendor diabólico, atrapou a Yuzna, quen dirixiu a primeira entrega do selo da Filmax adicado aos productos fantásticos, Faust, a vinganza está no sangue, fita á que seguiron Beyond Re-animator e Rottweiler.
[23:38 09/02/2005] Harry Potter e o Prisoneiro de Azkabán lidera as nominacións, con nove, para a 31ª gala dos prémios Saturno, anunciados o pasado 9 de febreiro pola dubidosamente prestixiosa Académia de Cinema de Ciéncia Ficción, Fantasía e Terror. As nominacións inclúen as de millor filme de fantasía, millor director e millor guionista. Outros filmes levaron sete candidaturas (Kill Bill 2 e Spiderman 2), mentres que Eternal Sunshine of the Spotless Mind, Sky Captain e o Mundo do mañá e Van Helsing acadaron cinco nominacións.
[23:38 09/02/2005] Marcia Cross, a protagonista da comédia fantástica Desperate Housewives quixo aclarar que mália os insistentes rumores nese senso, ela non é lesbiana: "Non-o son", dixo Cross, quen se preguntou de onde partiran os rumores e dixo que "supoño que isto ven de ter 42 anos e estar solteira. Non sei se precisaban atopar unha razón pola que non estou casada". E isto, acaso importá-nos?
[1:27 15/01/2005] O filme A promesa, do director galego Héctor Carré, foi selecionado para competir na 25ª edición do Festival de Cinema Fantástico de Porto (Fantasporto), do 21 de febreiro ao 7 de marzo, segundo anunciou onte o director do certame, Mário Darminsky.
A promesa, protagonizada por Carmen Maura e rodada en Galiza, será unha das catro fitas españolas a concurso, xunto a Vermello sangue, de Christian Molina e con guión e interpretación de Paul Naschy; The birthday, ópera prima de Eugenio Olla, e Frágil, do realizador basco Juanma Bajo Ulloa.
[23:38 09/02/2005] Segundo os últimos rumores, os productores de Harry Potter parecen decididos a lle dar un papel na saga a Elizabeth Hurley e todo semella apuntar que ese papel sería o da letal vilán Bellatrix, unha das máis leais seguidoras de Voldemort. A quinta entrega de Harry Potter comezará a se rodar a primeiros do ano que ven e será estreada en novembro de 2006.
[23:02 10/02/2005] Mañá, 11 de febreiro, chega ás nosas pantallas White Noise, o que subpón a volta ao cinema de Michael Keaton (Batman, Bitelchús) tras vários anos sen saber nada del. Keaton interpreta a un home que se comunica coa sua defunta esposa a través de psicofonías, para deleite dos crédulos seguidores de Jiménez del Oso. A cuestión é que este filme, con máis de 24 millóns de dólares de recadación nos EE.UU. nos seus dous primeiros días de exibizón, converteu-se na película que mais diñeiro fixo nun primeiro fin de semana de xaneiro de todos os tempos.
[23:38 09/02/2005] As novas sobre o posibel casting da nova entrega de Superman continúan: onte, a directora índia Mira Nair (A feira das vaidades), confirmaba que o protagonista da sua nova película, Karl Penn, ven de ser contratado para o filme do home de aceiro. Penn foi visto recentement en comédias coma Van Wilder, Animal Party ou Dos Colgaos muy fumaos.
[23:02 10/02/2005] Amazon.com recebeu xa 100.000 pedidos do próximo libro de Harry Potter, que ten prevista a sua saída ás librarías británicas para o vindeiro 16 de xullo. O libro, que levará por título Harry Potter e o príncipe mestizo, é a sexta novela da saga que comezara en 1997 con Harry Potter e a pedra filosofal. O cuarto libro, Harry Potter e a orde do Fénix, fora o libro mais popular na história de Amazon.com, cun total de 420.000 reservas con anterioridade á sua saída en xuño de 2003.
[23:02 10/02/2005] Despóis do éxito no despacho de billetes de Boogeyman na fin de semana da Superbowl (19,5 millóns de dólares), xa se fala da preparación da sua secuela. De feito, Barry Watson (o protagonista do filme) está a tratar de convencer ao director Sam Raimi de que non só se ocupe da segunda parte, senón de que ésta sexa rodada tamén en Nova Celándia. E outra secuela xa en preparación pola indústria americana é o de Chamada perdida, un filme máis ben pasábel (por non dicir malo), pero que tamén foi outro éxito de recadación.
[4:56 13/02/2005] Seica alguén na editorial "PublishAmerica" (especializada en sacar ao mercado libros cutres) escribiu nunha páxina web un artigo no que desprezaba totalmente a literatura de ciéncia-ficción e fantasía. Pois ben, en resposta, un grupo duns 30 autores de CF e fantasía (cuxa identidade se descoñece) axuntáron-se un fin de semana e decidiron escribir entre todos unha novela-culebrón espantosa titulada "Atlanta Nights", facéndoo todo o mal que lles fora posíbel. A cuestión é que logo ofreceron o manuscrito á editorial PublishAmerica baixo o alcume de "Travis Tea"... e foi aceptado. Uns días máis tarde, os autores difundiron o asunto aportando as mensaxes da editorial nos que louban a calidade da novela e se comprometen a publicala para lle dar "a oportunidade que se merece".
[4:56 13/02/2005] O actor de películas de acción Tom Sizemore (Planeta Vermello, Relic, etc.) foi encarcerado en Los Angeles após de que un xuiz declarase que o seu uso das drogas está "fóra de control". Na súa defensa, Sizemore dixo que é un indixente e que está a vivir nun garaxe en Whittier, Califórnia. Tamén dixo que está a esperar un fillo, pero o xuiz Antonio Baretto non estivo moi comprensivo e lle impediu ir a Cambóia á rodaxe dun novo filme. En 2003 xa fora encausado por bater á súa moza e condeado a pagar 25.000 dólares (17.000 euros).
[4:56 13/02/2005] Steven Spielberg dixo que ainda ten a esperanza de dirixir unha cuarta entrega da saga de Indiana Jones dentro dun ano e médio, ou se cadra menos. A productora de Spielberg, Kathleen Kennedy, confirmou pola súa banda que Jeff Nathanson, autor do libreto de A Terminal, foi o último contratado para escribir o guión desta secuela, após de que George Lucas rexeitara o anterior guión de Frank Darabont.
Gillian Anderson casa
[1:24 20/01/2005] A ex-protagonista da série Expediente X Gillian Anderson é xa unha muller casada, após de vencellarse co seu noivo Julian Ozanne en África. A parella fixo os seus votos o pasado 29 de decembro na illa Lamu's Shella, na costa de Quénia no Océano Índico. Anderson, de 36 anos, e Ozanne, de 42, casaron nunha cerimónia civil perante o oficial de distrito e a súa unión foi bendicida por un sacerdote queniano, segundo informan os xornais.
Ao acontecemento só asistiu a família máis próxima de Anderson, que se desprazou dende América en avión, e un feixe de amigos íntimos nos xardíns da mansión de estilo marroquino canda a praia pertencentes á "VIP" londinense Kate Barker. Un coro queniano cantou canzóns en swahili, mentres que a dama de honra foi a filla de dez anos de Gillian Piper, provinte do seu anterior casamento co director Clyde Klotz. Após da cerimónia, a parella celebrou unha cmida a base de langostas frescas, caranguexos e gambas, e despóis houbo fogos artificiais e un baile canda o lume.
[22:52 20/01/2005] En novembro anunciabamos que Stan Lee reclamaba á Marvel Comics o 10% dos benefizos que o filme Spiderman xerara en virtude dun contrato até daquela secreto, que Lee asinara. Segundo este acordo, Stan tiña dereito a cobrar un millón de dólares ao ano e ao 10% dos benefizos de calquera filme, série, xoguetes, etc. relacionado co seu persoaxe.
Marvel non quixo pagar esta cantidade a Stan Lee, inda máis tendo en conta que estaban daquela a discutir coa Sony, que aseguraba que Spiderman non dera á penas benefizos. Pero onte un xuiz federal deu a razón a Stan Lee, polo que a Marvel, segundo esta sentenza, deberá pagar a Stan o 10% do acordado nese contrato, é dicir, dos benefizos xerados polas dúas películas e as séries baseadas nos persoaxes que creara Lee.
O problema é que a Marvel logrou sair dunha difícil situación económica grazas precisamente a estes benefizos. Se a Marvel tivera que pagar esa porcentaxe a situación podería dexenerar moito. A sentenza polo tanto será recurrida, pero é de temer que calquera xuiz ordee facer cumprir o que se acordou.
Pola nosa banda non queremos ser malos, pero é que o señor Lee realmente non precisa para nada eses cartos, que seica é o único que lle importa, e que a todas luces parece unha cantidade desorbitada por ter inventado a Spiderman, cando o certo é que non foi el senón moito outros debuxantes quen desenvolveron ao persoaxe até facelo famoso.
[0:05 17/02/2005] Pois agora din que Pierce Brosnan foi despedido do seu posto como James Bond porque pedira 42 millóns de dólares por facer o papel do superespía británico por quinta vez. Os produtores rexeitaron a demanda do actor de 51 anos e decediron que procurarían outro 007 para a vindeira Casino Royale. En fin, esa é a versión dos produtores...
[1:10 16/02/2005] Anthony Daniels (C-3PO) revelou no sítio web oficial da Guerra das Galáxias que o seu persoaxe será o que diga a derradeira verba na vindeira precuela final da saga, A Vinganza do Sith, e que iso acontecerá no mesmo escenário onde tivera a primeira frase no Episódio IV, Unha nova esperanza.
[1:00 16/02/2005] Rutger Hauer (Blade Runner) ven de se unir ao reparto do vindeiro filme fantástico e de terror Minotauro. Tom Hardy (Star Trek: Nemesis) e Tony Todd (Candyman, Destino Final) tamén serán protagonistas desta película. A Hauer poderémolo ver axiña en dúas adaptacións de comcis, Batman Begins e Sin City. Minotauro, baseado no antigo mito grego de Teseo e o Minotauro, comezará a se rodar a finais deste mes en Luxemburgo baixo a dirección de Jonathan English.
[1:00 16/02/2005] Seica inspirado por unha recente enquisa na que participaron os leitores dun popular sítio web, o creador de Babylon 5 J. Michael Straczynski enviuou unha mensaxe a un grup ode novas pedíndo-lle aos fans que escriban á Paramount, posuidora dos dereitos da franquícia de Star Trek, para apoiar unha nova série trekkie que el e mais o seu colega Bryce Zabel desenvolveron o ano pasado.
[21:44 17/02/2005] Alex Proyas, director de Eu, Robot e Dark City, está en conversas para dirixir o thriller sobrenatural Knowing. A produtora da Sony Escape Artists está a desenvolver este proxecto. O filme vai sobre un home que desenterra unha cápsula do tempo de 1950 e que contén debuxos dun neno que predicen o futuro. Unha manchea de debuxos predicen acontecementos que xa pasaron, pero outros aínda non, e o home tentará evitar os desastres.
[21:44 17/02/2005] Corre o rumor de que o director George Lucas fará un cameo na vindeira entrega da saga da Guerra das Galáxias A Vinganza do Sith, a derradeira da série. E por se quereiades probas, mesmo corre unha suposta foto de Lucas con traxe galáctico e no papel dun tal "Baron Papanoida". A aparición sería nunha escena que hai nunha ópera.
[21:43 17/02/2005] A XV Semana Internacional do Cinema Fantástico da Universidade de Málaga, que se celebrará en Málaga (España) entre o 3 e o 11 de marzo, homenaxeará nesta edición a Jules Verne, co obxecto de celebrar o centenário do pasamento do escritor, e á obra de Cervantes O Quixote, polo cuarto centenário da súa publicación.
[1:45 17/02/2005] O Sultanato Islámico de Brunei ven de prohibir o filme (ainda por estrear) Constantine, baseado no popular persoaxe do cómic, por mor de como tratan as posesións demoníacas, as visións do inferno e ao "anxo renegado". A película, protagonizada por Keanu Reeves no papel dun antiheroe que loita contra os demos, foi considerada "non apta para ser vista polo público", segundo dixo Ahmad Kadir, secretário do departamento de censura de Brunei. O filme poderá ser visto na veciña Maláisia, e por suposto levará con orgullo esta censura como unha medalla contra o fanatismo relixioso.
[21:44 17/02/2005] Will Smith, protagonista de Eu, Robot e Homes de Negro, será o intérprete principal de He Comes Tonight, unha história escura sobre un superheroe desilusionado que ten unha aventura cunha muller casada. Jonathan Mostow (Terminator 3) será o director do proxecto, que leva circulando por Hollywood durante seis anos. O guión foi escrito orixinalmente por Vincent Ngo, pero seica contrataron ao guionista de Expediente X para reescribilo. A Columbia Pictures será a productora e o lanzamentoserá contra o ano 2006.
[23:10 24/01/2005] Coma cada ano, os prémios Razzie, que serven para se burlaren dos piores filmes producidos na Meca do cinema, teñen moito que ver co xénero fantástico, e desta volta outorgaron sete nominacións a Catwoman, para os galardóns á pior película, á pior actriz e aos pìores actores secundários (Sharon Stone e Lambert Wilson). Ademáis, a parella formada por Berry e/ou Stone con Benjamin Bratt está tamén nominada como a pior parella cinematográfica do ano.
Outros filmes que tamén contan cun grande número de nominacións son Alexandre Magno, con seis candidaturas, e a aquí descoñecida Superbabies: Baby Geniuses 2.
Pola súa banda, o presidente americano George Bush e algúns dos seus conselleiros recebiron nominacións pola súa aparición no documental de Michael Moore Fahrenheit 9/11. Bush foi nominado como pior actor, e Condoleezza Rice como pior actriz secundária. Donald Rumsfeld levou unha candidatura como pior actor secundário.
Ademáis, Vin Diesel gañou-se outra nominación ao prémio de pior actor por As crónicas de Riddick, e Arnold Schwarzenegger ao pior actor secundário por Around the World in 80 Days, na que fai un cameo.
Os Razzies, concedidos pola Golden Raspberry Foundation, serán anunciados un día antes dos Oscar, o vindeiro 26 de febreiro.
[1:42 22/01/2005] As autoridades francesas están por dar o "oui" definitivo a Ron Howard para lle permitir rodar escenas da súa adaptación á pantalla grande da novela de Dan Brown O Código Da Vinci: "Hai realmente un desexo moi forte de ver a película deste libro, mundialmente recoñecido, rodada no Louvre", din que dixo o director do museo parisino, Henri Loyrette.
A famosa novela segue o percorrido do profesor Robert Langdon na súa procura por descifrar as pegadas atopadas nos cadros de Leonardo Da Vinci que desvelan unha conspiración que dende hai séculos está a tentar acabar coa cristiandade.
Tom Hanks será o intérprete de Langdon a partir de novembro, cando comece a se rodar o filme baixo a dirección de Howard. Os produtores levan semanas polos arredores de Paris na procura de localizacións para as escenas máis abraiantes, e entre elas estará o museu do Louvre. Seica planean rodar de preto á Mona Lisa, que xoga un papel fundamental na novela.
Por certo que en Franza din que dous dos seus máis afamados actores, Sophie Marceau e Jean Reno, poderían interpretar senllos persoaxes, á criptóloga Sophie Neveu e mais ao policía Bezu Fache.
[21:44 17/02/2005] Os fans de Star Trek: Enterprise están a se organizaren para tentar salvar a súa série favorita após de que a canle UPN anunciara a primeiros de mes que planeaba deixar de emitila. Os trekkies están a tentar que outras canles se fagan cargo desta série que é unha precuela doutras que tiveron moito máis éxito, A nova xeración, Espazo Profundo 9 e Voyager. Os fans pretenden organizar unha manifestación para o vindeiro día 25 en Los Angeles. Nun xornal daquela localidade xa publicaron un anúncio a toda páxina no que reclaman atención para o seu caso: "O Capitán Archer e mais a tripulación do NX-01 precisan a túa axuda", rezaba o anúncio.
[21:44 17/02/2005] Dana, a viúva de Christopher Reeve, declinou a oferta de facer unha autópsia ao seu home após da súa morte o pasado outubro, porque está segura de que os médicos fixeron todo o posibel para lle salvar a vida. Dana, quen é tamén actriz, nunca coñeceu os detalles de como finou o seu home porque non quixo que o seu corpo pasara por máis probas despóis de morrer por mor dun ataque cardíaco. Segundo dixo, "Sei que non había ningunha razón. Tivo as millores enfermeiras, o noso médico estivo con el dende o princípio. Tivo os millores coidados. Sempre coidaron del. Se fallou o su corpo, pois fallou e xa está".
[21:44 17/02/2005] Nunha recente entrevista, o presidente de PublishAmerica defendeu a súa compañía contra os ataques do grupo de escritores de ciéncia ficción e fantasía que lle "coaron" o gol dunha novela pésima. Larry Clopper, presidente of PublishAmerica, dixo que a súa compañía xa sabía que a novela era moi mala antes de que se publicara a nova e que lle retirou a oferta que fixo de publicala. Está claro que a touro pasado todo se ve moito millor.
[2:21 19/02/2005] A canle Warner Bros de televisión ven de anunciar unha nova série de debuxos animados que contará cos populares bonecos da factoría (Bugs Bunny, o pato Lucas, o Coyote e o resto dos persoaxes dos Looney Tunes) nun mundo futurista. A série vai-se chamar Loonatics e estará ambientada no ano 2272, cos descendentes da família dos perosaxes actuais.
[2:21 19/02/2005] James Purefoy (Resident Evil) asinou para protagonizar xunto a Natalie Portman a vindeira adaptación da novela gráfica de Alan Moore V for Vendetta. O guión foi adaptado á pantalla grande polos creadores de Matrix, Andy e Larry Wachowski. Joel Silver producirá xunto aos irmáns Wachowski e James McTeigue, axudante de dirección en Matrix e A vinganza do Sith faráo seu debut como director. A rodaxe comezará en Berlín este marzo.
[0:47 26/01/2005] A ciéncia ficción, a fantasía e os filmes de terror tiveron unha boa acollida na 77ª gala dos nominados aos prémios Oscar, que tivo lugar hoxe pola mañá. O filme Finding Neverland recebiu sete nominacións, incluindo a de millor película e millor actor (Johnny Depp). A coprotagonista dese filme, Kate Winslet, tamén foi nominada, pero por unha película distinta, Eternal Sunshine of the Spotless Mind, que tamén é de ciéncia ficción.
Os gañadores dos Oscars serán dados a coñecer o vindeiro 27 de febreiro.
Finding Neverland tamén foi nominada a millor guión adaptado, e Eternal Sunshine of the Spotless Mind por millor guión orixinal, xunto co filme de debuxos animados Os Incribles. Este último é ademáis ún dos tres filmes nominados na categoría de millor película de debuxos animados, xunto a O Espantatiburóns e Shrek 2.
As películas de xénero tamén estiveron representadas nas nominacións aos millores efectos visuais, con Harry Potter e o Prisioneiro de Azkaban, Eu, Robot e Spiderman 2. Pola súa banda, Unha série de catastróficas desdichas de Lemony Snicket obtivo unha nominación pola millor maquillaxe.
Finalmente, o prémio á millor banda sonora tamén tivo representación do fantástico: Finding Neverland, Harry Potter e o Prisioneiro de Azkaban, Unha série de catastróficas desdichas de Lemony Snicket, A Paixón de Cristo e The Village. As nominacións á millor canzón inclúen a Accidentally in Love de Shrek 2, Believe de Polar Expres e Learn to Be Lonely, a nova canzón da versión cinematográfica do musical de Andrew Lloyd Webber A Pantasma da Ópera.
[2:21 19/02/2005] A icona da contracultura Peter Fonda está en negociacións para aparecer na vindeira adaptación do cómic Ghost Rider. Donal Logue tamén uniu-se ao reparto, que inclúe a Nicolas Cage, Eva Mendes, Wes Bentley e Sam Elliott. Ghost Rider comezará a se rodar esta semana en Austrália baixo a dirección de Mark Steven Johnson (Daredevil).
[0:47 26/01/2005] O xurado da segunda edición do Prémio Minotauro, formado por Fernando Savater, Chicho Ibáñez Serrador, Ángela Vallvey, Marcial Souto, León Arsenal (gañador da primeira edición), Mª Ángeles Mercader, Laura Falcó Lara e Francisco García Lorenzana, decidirá cal será a obra gañadora de entre as cinco finalistas á segunda edición do Prémio Internacional de Ciéncia Ficción e Literatura Fantástica en língua española convocado por Ediciones Minotauro e Cafés Marcilla.
Os cinco finalistas son:
O fallo do Prémio Minotauro, que na sua segunda edición recibiu 230 manuscritos, terá lugar en Madrid (España) o vindeiro xoves 17 de febreiro. O gañador desta segunda edición recibirá 18.000 €, feito que converte ao prémio no millor dotado a nivel mundial dentro do xénero fantástico e de ciéncia ficción.
[0:34 20/02/2005] Outro persoeiro que se apunta ao tema do fantástico é o papa Xoán Paulo II nun novo libro no que afirma para deleite dos fans de Jiménez del Oso que cando foi vítima do atentado de 1981 que case lle costa a vida, estivo "realmente no outro lado". No seu libro Memória e Identidade, que inclúe transcripcións das conversas do papa cuns amigos en 1993, o Pontífice repite a súa convicción de que foi a intervención divina a que lle salvou da morte, guiando á bala lonxe de órgaos vitais.
[2:21 19/02/2005] O escritor asturiano Rodolfo Martínez (autor de La sabiduría de los muertos e El sueño del rey Rojo) foi o gañador da segunda edición do prémio Minotauro de ciéncia ficción e literatura fantástica coa novela Los sicarios del cielo presentada baixo o título Ese incómodo ropaje. O galardon foi entregado nunha festa celebrada onte á noite en Madrid á que asistiron todos os membros do xurado agás Chicho Ibañez Serrador, tres dos finalistas, o próprio Rodolfo Martínez, Eduardo Vaquerizo e Víctor Conde, ademáis de numerosos membros das distintas publicacións españolas especializadas no xénero. A novela foi definida polo próprio autor como "unha fantasía urbana contemporánea" con toques que lembran a Clive Barker e Neil Gaiman. A obra verá a luz o vindeiro marzo.
[23:26 27/01/2005] As verbas coas que se apresentará a vindeira precuela de conclusión da saga da Guerra das galáxias, A vinganza do Sith, foron por fin reveladas cunha mensaxe enviada ao sítio web oficial de Star Wars. As verbas de introducción para cada episódio son xa un clásico tan agardado polos fans coma calquera outra parte do filme, e nesta ocasión serán as seguintes:
Dougray Scott será James Bond?
Gary Oldman abandoa as Galáxias
A derradeira noite de Edgar Allan Poe
A Filmax nos EE.UU.
Finou Will Eisner
"Súbete ao Castro" xa está en marcha
A fantasía será a protagonista no Liceo ourensán
Un preso demanda a Stephen King
Confirmada a HispaCon en Vigo
Yuzna rematou de rodar outra fita para a Filmax
Un filme semigalego competirá no Fantasporto
Stan Lee gaña o xuizo a Marvel
Catwoman e Bush copan as nominacións aos Razzies
O Código Da Vinci rodará-se no Louvre
Sete nominacións para Finding Neverland
Finalistas da II edición do Prémio Minotauro
Xa se coñece o comezo do Sith