O reparto de Batman 5

[23:04 4/03/04] A Warner Brothers informou de que a quinta entrega da saga de Batman titulará-se Batman Begins e non Batman: Intimidation Game, como se rumoreou. Esta quinta entrega fará voltar a Batman ás súas orixes e suponse que nons explicarán como comezou a ser o cruzado da capa.

Ademáis, os estúdios annciaron oficialmente xa o reparto do filme, que estará dirixido por Christopher Nolan. Ken Watanabe (O derradeiro samurai) será o malvado Ra's Al Ghul, Liam Neeson será o mentor de Bruce Wayne, Henri Ducard, e Morgan Freeman será Lucius Fox. Os outros protagonistas serán Christian Bale no papel de Bruce Wayne e Batman, Michael Caine coma o mordomo Alfred e a guapa Katie Holmes facendo dunha amiga de Wayne. Os rumores sen confirmar apuntan a Dennis Quaid no papel dun xove Jim Gordon antes de se converter no comisário de policía de Gotham City.

O guión será de David Goyer (quen por certo vai dirixir Blade: Trinity, a terceira entrega da saga de Blade), e o proxecto comezará a se rodar en Londres este mesmo mes, cun ollo posto na súa estrea contra o 2005.


Homenaxeando á Lúa

[23:05 4/03/04] O Colectivo Nemo iniciou o día 4 de marzo un novo ciclo de películas, desta volta adicado á lúa. O XIX Ciclo de Fantasía e Ciéncia-Ficción enmárca-se dentro da Tertúlia Viguesa do xénero fantástico, que se celebra todos os xoves a partir das 21:30 h. no Café UF de Vigo, situado na rúa Pracer, 19.

A programación do ciclo é a seguinte:


  • [11:29 07/04/04] A Columbia TriStar Home Entertainment ven de anunciar o lanzamento dunha película que aparecerá directamente no mercado do vídeo pero que soa interesante: a segunda parte de Starship Troopers, que levará por título Starship Troopers 2: Hero of the Federation para o vindeiro 1 de xuño.

  • [11:29 07/04/04] Matt Ruff foi o gañador do prestixioso prémio de ciéncia ficción James Tiptree Jr. 2003 pola súa novela Set This House in Order: A Romance of Souls. O prémio está dotado con 800 euros en metálico.

  • [11:29 07/04/04] Bill Carlton, un home de Portland, Oregón, fallou no seu intento de bater o récord do mundo co videoxogo Asteroids. O récord, consistente en estar 27 horas seguidas nunha soa partida de 41 millóns de puntos, leva 22 anos sen caer, e desta volta non foi posible porque a máquina deixou de funcionar. De todos os xeitos, seica Carlton non ía moi ben, porque din que co seu ritmo de puntos tería precisado xogar dous días máis para chegar aos 41 millóns.

  • [21:22 30/03/04] A Sony ven de confirmar que o lanzamento de Spiderman 3 producirase o vindeiro 4 de maio de 2007 e que os protagonistas serán Tobey Maguire e Kirsten Dunst. Este anúncio a longo prazo seica debe ter algo que ver cos poderes de adiviñación dalgún meigo, porque a segunda parte inda está por estrear (será o 30 de xuño nos Estados Unidos).

  • [21:22 30/03/04] Os veteráns Tom Wilkinson e Rutger Hauer únen-se ao reparto de Batman Begins, a quinta entrega da série de Batman que está a se rodar arestora baixo a dirección de Christopher Nolan.

  • [21:22 30/03/04] Dave Kajganich será o director do remake de A invasión dos ultracorpos, un filme clásico da ciéncia ficción que foi estreado orixinalmente en 1956 e que xa tivo unha primeira revisión en 1978.

  • [21:22 30/03/04] Steven Spielberg e Tom Cruise están a considerar NOva Celándia como posible escenário para o seu filme A Guerra dos Mundos. Dende que O Señor dos Aneis abrira a posibilidade deste país, seica todo o mundo está a fixar-se nel. A ver cando acontece o mesmo con Galiza.

  • [21:22 30/03/04] O director Frank Darabont (A Milla Verde) será o encargado de escribir o guión de Misión Imposible 3, un filme que voltará a protagonizar Tom Cruise.

  • [21:22 30/03/04] A Nickelodeon Movies e a productora de Will Smith van desenvolver o filme de ciéncia ficción de acción The Mark, unha vella ideia cun guión de Rob Lifield. Smith será o protagonista deste filme, no que descobre que a marca dun cadavre foi-lle trasferida ao seu corpo, dándolle poderes especiais.

  • [21:22 30/03/04] A nova série da canle SCI FI Channel, Mad Mad House, estreou-se cunha querela interposta polos respresentantes da relixión vudú, que se queixan do suposto desprezo que se lles fai aos seus deuses.

  • [21:22 30/03/04] Christopher Eccleston será o vindeiro Doutor Who na série que a BBC vai resgatar do esquecemento a finais deste ano. Eccleston será dester xeitro o noveno actor que dea vida ao mítico persoaxe.


    Yuzna e os cans

    [22:31 10/03/04] Brian Yuzna dirixirá o novo filme Rottweiler, unha película sobre un can monstruoso que se semella moito a Terminator.

    Yuzna, que ven de dirixir o filme Beyond Re-Animator para a productora española Fantastic Factory, encarárgase deste xeito doutro proxecto con aires españois, porque o guión de Rottweiler está baseado no libro do escritor canário Alberto Vázquez Figueroa, que inda que non ten ren de fantástico, vaise converter en filme de xénero. O conto orixinal vai sobre o duelo entre un can e mais un prisioneiro fuxido en Centroamérica, pero na película vaise engadir algo de tecnoloxía e un chisco de futuro para obter unha atmosfera ao estilo de Edgar Allen Poe.

    Yuzna afirmou nunha entrevista que inda que non contarán cun orzamentocoma o de Parque Xurásico, van precisar unha chea de gráficos xerados por ordenador para animar ao maléfico can, ademáis, claro está de contar cun de verdade.

  • [1:55 12/04/04] Richard Morgan foi o gañador do Prémio Philip K. Dick 2003 pola súa novela Altered Carbon. Ademáis, deuse unha mención de honra para Jane Jensen pola súa novela Dante's Equation.

  • [1:55 12/04/04] Atopouse o B-38 no que voaba o autor de O Principiño Antoine de St.-Exupery cando desapareceu durante a Segunda Guerra Mundial. St.-Exupery desapareceu durante unha misión de recoñecemento sobre Franza en 1944. En 1998, un pescador atopou un brazalete co nome da esposa de St.-Exupery e parte dun traxe de piloto. O avión foi descoberto en 2000, pero non foi sacado do seu sítio até 2003. O seu número de série ven de ser agora identificado coma o pertencente ao avión de St.-Exupery. Mália o descobremento, inda non hai explicación para saber por que o avión caiu.

  • [2:46 10/04/04] En Pontevedra, A paixón do Cristo proxecta-se nun centro comercial e o público asistente é abordado por dous xoves que reparten folletos da "Sociedade Bíblica" e convidan aos que se paran a escoitar-lles a seguir a sua fe. Seica a presenza dos membros da Sociedade Bíblica conta co plácet da produtora do filme, porque o seu folleto ilustra-se con várias imaxes extraídas da película de Gibson, que foron cedidas pola distribuidora e respeitan o copyright da empresa propriedade de Mel Gibson.

  • [11:29 07/04/04] Os fans da série Angel, que vai ser cancelada dentro duns días, orgaizaron unha manifestación o pasado 31 de marzo diante das portas dos estúdios da Warner en Burbank, Califórnia, pedindo a súa continuidade.

  • [11:29 07/04/04] O mítico escritor de ciéncia ficción Robert Silverberg, quen morreu o ano 2002, será por fin nomeado "Grande Mestre" pola Science Fiction and Fantasy Writers of America no decurso da gala de entrega dos prémios Nebula, o vindeiro 17 de abril.

  • [11:29 07/04/04] A estrela de Expediente X, David Duchovny, confimou aos reporteiros nunha recente entrevista que haberá unha segunda parte da película Expediente X, e que polo que el sabe, será coma un episódio independente da série. Non se sabe se participarán a axente Scully ou o sustituto de Mulder, Doggett (Robert Patrick).

  • [11:29 07/04/04] Keanu Reeves será o protagonista de A Scanner Darkly, unha nova película baseada noutra novela de Philip K. Dick. Richard Linklater podería ser o director, mentres que a producción correrá a cargo de George Clooney e Steven Soderbergh. A história vai sobre unha droga no futuro coa que ún pode mudar de face.

  • [11:29 07/04/04] Larry Knowles, o creador do famoso sítio de Internet adicado ás novas do cinema Ain't It Cool News, será o coproductor da película de CF Princess of Mars para a Paramount Pictures. A película está baseada na série de libros de Edgar Rice Burroughs.

  • [14:24 14/04/04] O director de Face/Off e Paycheck, John Woo, ven de mercar os dereitos para facer unha adaptación cinematográfica do popular videoxogo Metroid.

  • [14:24 14/04/04] Shawn Ashmore (X-Men), Danny Glover (Depredador 2) e Kristin Kreuk (da série Smallville) serán os protagonistas da nova série de TV que adaptará á pequena pantalla as aventuras creadas por Ursula K. LeGuin na súa saga de libros de fantasía épica Terramar. Gavin Scott, o de As brétemas de Avalón, será o guionista.


    Nomes para a cidade do pecado

    [0:16 23/03/04] Robert Rodríguez, quen ten por diante a complicada tarefa de dirixir o filme baseado en Sin City, acaba de facer pública a lista de actores relacionados coa producción, todos eles de grande nível e popularidade. Este filme, baseado na saga do famoso debuxante Frank Miller, tentará surprender ao público de todo o mundo, mesmo a quen non coñecen a obra orixinal da cal parte.

    Entre os nomes relacionados con Sin City atopamos a intérpretes tan coñecidos e respeitados coma Bruce Willis, Elijah Wood, Leonardo DiCaprio, Mickey Rourke, Brittany Murphy, Kate Bosworth ou Jaime King. Vários deles xa teñen asinado contrato para o filme, mentres que outros ainda están negociando-o con Dimension Films, a produtora de tan interesante proxecto. Asimesmo, soan os nomes doutros actores do estilo de Benicio Del Toro ou Maria Belo, ainda que estes se atopan nunha fase mais afastada, polo que poderian non formar parte do filme.

    Se todo vai ben, o filme comezará a se rodar o antes posíbel, pero dependerá tamén do tempo que teñan as estrelas, que son actores, na sua maioria, coas axendas moi apretadas.


  • [14:24 14/04/04] O amencer dos mortos, a película que lle quitou o primeiro posto nos despachos de billetes á sanguenta Paixón do Cristo, terá unha segunda parte. Será O vóo dos mortos e irá sobre dous zombis que espertan á vida mentres van voando nun avión. Menuda ideia para Bin Laden!


    A Guerra dos Mundos volve

    [0:16 23/03/04] Traballaron xuntos na história futurista Minority Report, e seica a sua relazón foi positiva, posto que Tom Cruise e Steven Spielberg voltarán a atopar-se coa intención de realizar un remake de A Guerra dos Mundos. Este proxecto, dotado dun grande orzamento, tentará facer história na meca do cinema, aportando efeitos especiais e rostos actuais á história que todos coñecemos grazas ao romance-filme orixinal.

    O guión do remake estará corrixido por David Koepp (Secret Window), quen amañará o primeiro escrito de Josh Friedman, que se baseou no romance orixinal escrito polo mítico H.G. Wells. A razón do tempo que transcorra até a aprobación do guión final, se poderá calcular a data de início de rodaxe, ainda que se as previsions se cumplen, Spielberg comezará o traballo a finais do próximo ano 2005. O remake de A Guerra dos Mundos naceu en 2002, cando Tom Cruise e a sua parceira de CW Productions Paula Wagner apresentaron o proxecto aos representantes da Paramount. Co tempo, DreamWorks enrolou-se como sócio, e pouco despois tamén o fixo Spielberg, quen se fará cargo da dirección, atopando en Tom Cruise ao protagonista principal da história.

    Mentres Indiana Jones 4 segue conxelada, o director mostra interese en The Rivals, un drama escrito por Robin Swicord situado no século XIX. Pola sua parte, Cruise está a preparar Mission: Impossible 3 para a Paramount, que será responsabilidade do director Joe Carnahan, coñecido grazas a filmes coma Narc. Co tempo saberemos se a unión de Cruise e Spielberg logra facer xustiza a A Guerra dos Mundos, un romance que, ao converter-se en programa de rádio, fixo história en Estados Unidos da man de Orson Welles.


  • [14:28 21/04/04] Mark Friedman foi contratado para escribir a adaptación cinematográfica de O vento nos salgueiros, o novo filme que mistura acción real e debuxos por ordenador. A película estará baseada no libro de Kenneth Graham e xa tivo unha adaptación anterior a debuxos animados en 1949.

  • [14:28 21/04/04] Os rumores xa comezan a andar ao respeito dos actores que darán vida aos protagonistas da versión cinematográfica de Os Catro Fantásticos. E entre eles destacamos ao que apunta a Tim Robbins para o papel do malvado Doutor Doom. Sería curioso, pero daría igual, porque Doom sempre levou unha máscara.

  • [2:12 17/04/04] John Malkovich unira-se ao reparto do filme The Hitchhiker's Guide to the Galaxy (Guía do autoestopista galáctico), dándo-lle asemade unha boa dose de calidade a este filme baseado no clásico da ciéncia ficción de Douglas Adams. Malkovich fará o papel dun líder relixioso chamado Humma Kavula, e a película comezará a se rodar este mesmo mes en Londres.

  • [2:05 17/04/04] A Warner Brothers ven de anunciar que a cuarta entrega da saga de Harry Potter, Harry Potter and the Goblet of Fire, será estreada o vindeiro 18 de novembro de 2005. A película comezará a súa producción a finais deste ano, porque a terceira parte, Harry Potter e o prisioneiro de Azkabán ten a súa data de estrea fixada para o 4 de xuño.

  • [14:43 14/04/04] Os prémios Arthur C. Clarke, que non poderán seguir celebrándose no Museu das Ciéncias de Londres por mor dunha suba no aluguer, teñen xa un novo fogar: o English Heritage Lecture Theatre no centro comercial New Burlington Place. A asisténcia á gala será só por invitación e terá lugar o vindeiro 12 de maio ás 6:30 hora local.

  • [14:24 14/04/04] O director Quentin Tarantino comentou nunha recente entrevista que lle dixo a Pierce Brosnan que adaptara Casino Royale coma a quinta e derradeira película de James Bond. Casino Royale ven sendo unha comédia dos anos 60.

  • [14:24 14/04/04] O director Tim Story, actualmente rodando unha adaptación americana da película francesa Taxi será posiblemente o encarregado de dirixir Os Catro Fantásticos, o filme que levará aos popularespersoaxes do cómic á pantalla grande a partir de agosto.

  • [14:24 14/04/04] Xa hai data para o lanzamento do Episódio III da Guerra das Galáxias: o 19 de maio de 2005. Polo de agora só nos Estados Unidos e en Canadá, pero a última vez foi un acontecemento mundial, polo que haberá que ir reservando cadeira no noso cinema favorito nesas datas.

  • [14:24 14/04/04] Gail Carson Levine será a escritora encargada de continuar coas aventuras de Campanela no País de Nunca Xamáis. A Disney Publishing contratouna para crear un mundo que non estivera moi lonxe da ideia do autor orixinal James M. Barrie e que así encaixe cos novos proxectos sobre Peter Pan da multinacional.

  • [14:28 21/04/04] Lembráde-vos da rifa ao redor da precuela de O Exorcista?. Pois seica agora queren facer dúas versións da nova película The Exorcist IV: The Beginning e sacalas en DVD. Morgan Creek, o productor que despediu ao director Paul Schrader por non facer de O Exorcista IV un filme "gore", non se fía moito do seu sucesor Renny Harlin e quere lanzar as dúas versións, para que o público compare.

  • [20:52 23/04/04] Dende hoxe xa está dispoñible o tráiler do filme xermano Alone in the Dark, baseado no popular videoxogo do mesmo nome e nos Mitos de Cthulhu. Podedes botar unha ollada neste sítio web.

  • [14:28 21/04/04] A Warner Bros ven de facer algunhas indagacións co creador de Buffy Cazavampiros e Angel, Joss Whedon, por ver se sería posible facer unha película cos seus persoaxes. Os fans de Angel seica obteñen así un pequeno trunfo após da desaparición da súa série. Asimesmo, tamén hai rumores que indican que podería facerse unha película baseada na série Roswell, tamén cancelada.

  • [23:32 27/04/04] A protagonista de Matrix Carrie-Anne Moss o será tamén do vindeiro filme Misión: Imposible 3 xunto a Tom Cruise. A película será estreada en 2005.

  • [23:32 27/04/04] O filme O Castigador tivo tan bo resultado nos despachos de billetes nos Estados Unidos que xa están a pensar nunha secuela, de novo rodada en Tampa (Florida).

  • [23:33 27/04/04] Após dos sarcásticos comentários de Jackie Chan sobre as recentes eleccións en Taiwán, algúns lexisladores daquel país queren prohibirlle a entrada no seu território e prohibir asimesmo as súas películas. O actor dixo que as eleccións foran "o meirande chiste do mundo".


    O "Avispón Verde" vivirá

    [0:16 23/03/04] O director Kevin Smith confirmou que, de non ocorrer unha traxédia, el será o encargado de facer The Green Hornet, novo filme baseado na série de televisión O Avispón Verde (e que antes foi programa de rádio), que trunfou anos atrás nos Estados Unidos. Deste xeito, o director e actor atreve-se cunha grande producción, onde contará con 56 millóns de euros (70 millóns de dólares), cifra abondo para realizar algo grande.

    Polo momento, Smith está a traballar nun guión (todos os seus fans coñecen a sua grande faceta de guionista), pero xa se pensa no reparto, en que estilo terá o filme (sério, con pequenas notas de humor), e en detalles "freakis" do seu estilo. Se ben a intención é criar un film sério, o director confirmou que está a escreber unha parte para Jason Mewes, o seu eterno parceiro de fechorías, con quen xa compartiu traballo en filmes como Mallrats, Dogma ou Clerks. Por se isto fora pouco, e segundo Smith, hai posibilidades de ver a outros dos seus habituais en pequenos cameos, algo que encantará aos fans do director.

    Quen será o eleito para honrar o traballo de Bruce Lee? (tempo atrás falou-se de Jet Li, e ainda non hai en Hollywood alguén mais apropiado ca el), aparecerán Bluntman e Chronic como herois convidados? logrará revitalizar o clásico de televisión? Todo iso saberemo-lo en agosto de 2005, data fixada para a sua estrea en América.


  • [23:32 27/04/04] Hugh Jackman confirmou que terá un papel importante na vindeira película de Darren Aronofsky, o tantas veces proxectado filme épico de ciéncia ficción The Fountain. Jackman fará tres papeis nun filme que vai básicamente sobre a procura da fonte da eterna xoventude.

  • [23:32 27/04/04] O penúltimo rumor é que Stephen Sommers (Van Helsing) está xa contratado para dirixir un novo filme sobre o mítico heroe do cómic Flash Gordon, producido pola Universal Pictures.

  • [23:32 27/04/04] O productor de Star Trek Rick Berman dixo que xa está en marcha a undécima película da saga. Seica será unha precuela, pero non quixo engadir ren máis. A pobre recadazón que obtivo Nemesis é o problema que ninguén quere volver a ter, e polo tanto non se contará cos persoaxes de A nova xeración.

  • [23:32 27/04/04] Peter Jackson e a súa muller e sócia Fran Walsh, xunto a Philippa Boyens, tamén sócia na producción de O señor dos aneis, están en conversas para adaptar a novela de Alice Sebold The Lovely Bones á pantalla grande. A novela vai sobre unha nena de 14 anos violada e asasinada que é a narradora da história.

  • [23:32 27/04/04] O guionista de X-Men David Hayter foi contratado para reescribir o guión de Iron Man para a New Line Cinema, baseado na série de Marvel Comics. Agárdase unha estrea contra o ano 2005.

  • [23:32 27/04/04] Agora din que Darren Aronofsky (Pi) é o máximo candidato para dirixir a versión da clásica novela gráfica de Alan Moore Watchmen. O guionista de X-Men David Hayter foi o autor do guión deste filme.

  • [23:38 27/04/04] Piratas do Caribe lidera a listaxe de nominados para os prémios da MTV, con seis candidaturas, que inclúen millor película, millor malvado e actriz máis destacada. Os outros candidatos para millor filme son Procurando a Nemo e O Señor dos aneis: o retorno do rei.

  • [23:32 27/04/04] Jennifer Lynch será a directora de Surveillance, un thriller sobrenatural sobre policías que é história dun axente do FBI que atopa a tres posibles víctimas dun asasino en série.


    O retorno de Brian

    [21:08 27/03/04] Rainbow, unha distribuidora americana dirixida por Henry Jaglom, anunciou a sua intención de voltar a estrear nos cinemas a clásica comédia A Vida de Brian, protagonizada polo famoso grupo inglés Monty Python e baseada na vida do Xesús Cristo. A razón de tal decisión produce-se por dous motivos: o 25º aniversário da sátira relixiosa, e a polémica criada por A Paixón de Cristo, da cal queren tirar algo de proveito para promocionar o filme dos míticos cómicos.

    A produtora mencionou que a volta de A Vida de Brian servirá como antídoto á polémica criada polo filme de Mel Gibson, e ademais, virá-lles como anel ao dedo para criar algo de contra-programazón, o cal sempre anima as cifras de despacho de billetes. Para a estrea de A Vida de Brian está-se a pensar en diferentes eslogans, coma "Mel ou Monty" ou "A Paixón dos Python". Lamentabelmente, esta estrea só está prevista para Los Angeles, New York e outras cidades importantes dos Estados Unidos, asi que por aqui, deberemos conformar-nos coa edición en DVD (de escasa calidade).

    Polo intre, os membros do xa desaparecido grupo Monty Python non deron a sua opinión ao respecto, ainda que se esperan declaracións, xa que o seu apoio á estrea sería fundamental.


  • [23:32 27/04/04] Nick Hamm, director do thriller de ciéncia ficción Godsend (en España vaise titular Enviado) dixo nunha recente entrevista que a película tiña cinco finais distintos xa rodados. A película vai sobre un pai (Robert de Niro) que após da morte do seu fillo, terá unha segunda oportunidade grazas á clonazón.



    Tres persoas morreron xa vendo "A Paixón"

    [20:39 29/03/04] Unha muller venezolana finou dun infarto tras ver A Paixón de Cristo, co que xa soman alomenos tres os espectadores falecidos en diversos paises após de ver este filme que causou polémica pola sua sanguinoléncia.

    Mary Beracasa, de 61 anos, comezou a sentir dóres no peito mentres via o pasado sábado o filme de Mel Gibson nun cinema de Caracas e abandonou a sala "condenando severamente as fortes escenas", tras do cal finou a seis metros da porta da sala, informou hoxe o diário caraqueño 2001. "Pese a que se lle emprestou o auxílio respectivo, os médicos aseguraron que se tratou dun paro cardiaco fulminante", engadiu.

    Este mesmo mes, un pastor presbiteriano brasileiro morreu mentres via o filme, tamén dun ataque cardíaco, a mesma causa que se apontou após do falecemento doutra espectadora do filme o pasado febreiro nos Estados Unidos.

    A Paixón do Cristo, que se estreará en Galiza o vindeiro día 2, se centra nas últimas doce horas de vida de Xesús Cristo, con crúas escenas de tortura e crucifixión que xeraron polémica, ao igual que o seu suposto antisemitismo.



    Os Prémios do Terror

    [14:43 14/04/04] Os gañadores dos Prémios IHG (International Horror Guild) foron dados a coñecer o pasado 10 de abril no decurso da Convención Mundial do Terror celebrada en Phoenix, Arizona. E esta é a listaxe dos premiados:

    Previamente á gala xa foran anunciados os prémios de "Lenda Vivinte" que este ano levaron Stephen King e Everett F. Bleiler. Jack Cady fora tamén anunciado con anterioridade coma gañador do prémio Especial póstumo.


    Pulpediciones volve a publicar

    [0:06 04/04/04] O selo editorial Pulpediciones, pertencente a Riu Henares, S.L., volve a publicar romances de fantasia e ciéncia ficción mália a ágria polémica na que se viu envolta desde hai uns meses debido a prácticas editoriais que bordéan a ilegalidade e que van dende o impago aos seus traballadores até á publicazón en España de grandes éxitos de autores estranxeiros sen o permiso de ditos autores, pasando por copiar descaradamente as traducións que realizaron fai décadas outras editoriais nos romances clásicos que están a publicar actualmente.

    Esta mesma semana aparece no número 36 da revista Gigamesh un excelente artigo de investigación xornalística asinado por Alberto Cairo onde con probas contundentes enumera todas e cada unha das irregularidades que cometeu Pulpediciones. Asimesmo, várias persoas manifestaron que a dia de hoxe Pulpediciones ainda non lles pagou a débeda que ten con elas en conceito das obras que lles publicou.


    Prémios BSFA

    [14:43 14/04/04] Os prémios da fantasía e a ciéncia ficción inglesa, os BSFA (British Science Fiction Achievement) foron dados a coñecer o pasado 11 de abril no decurso da Eastercon, unha convención fantástica celebrada nesas datas. E os gañadores foron estes:


  • [9:52 05/05/2004] O médico croata de Urxéncias, Goran Visnjic, podería protagonzar xunto a Jennifer Garner o filme Elektra, a secuela de Daredevil que dirixirá Rob Bowman.

  • [9:52 05/05/2004] A cuarta entrega de Indiana Jones volve atrasarse, porque os seus responsables teñen axendas moi apretadas até 2005: Harrison Ford ten que protagonizar The Wrong Element. Steven Spielberg dirixirá unha película sobre os ataques terroristas nas Olimpiadas de 1972 en Munich, e George Lucas xa ten abondo coa sexta entrega da Guerra das Galáxias.

  • [9:52 05/05/2004] O actor Kenneth Branagh será o rival de Tom Cruise na seguinte entrega da saga de Misión Imposible, a terceira. O actor inglés únese deste xeito a Carrie-Anne Moss e a Ving Rhames no reparto.

  • [9:52 05/05/2004] Dúas novas de prensa rosa: a protagonista de Catwoman, Halle Berry, presentou unha demanda de divórcio contra o seu marido Eric Benet en Los Angeles o pasado 26 de abril, e mentres tanto, a estrela de O Señor dos Aneis Cate Blanchett (Galadriel) deu a luz a un bebé, o seu segundo fillo, o 23 de abril.


    Á procura do guión

    [1:51 18/04/04] Os creadores de Creative Screenwriting Magazine e mais o seu servizo de novas CS Daily uniron forzas con John Carpenter para atopar o novo éxito cinematográfico dentro do xénero do suspense. Para elo todos os guionistas posibles poderán ter a oportunidade de ver a súa história no cinema, estando dirixida polo mesmo Carpenter. O gañador recebirá 500 dólares (400 euros), a posibilidade de ver o seu guión no cinema, opcións a bonus de producción, e saber que John Carpenter lerá a história. A data límite é o 1 de xuño, e por suposto hai que escribir en inglés.

    Por certo, que o rañas de Carpenter (algúns dirán que só é algo "frugal") dá 400 euros, pero o prezo que adoitan ter os guións orixinais en Hollywood é de 400.000 euros de média.


    A caza da besta

    [22:42 16/04/04] A partir do vindeiro 14 de maio estará nos cinemas o filme Romasanta, unha producción de Filmax con actores españois rodada en inglés e dirixida ao mercado internacional. Pero cun toque especial: vai sobre un lobishome galego.

    Galiza, 1850. Os bosques están plagados de lobos. Cada vez son mais os desaparecidos. Os cadaveres mutilados apresentan feridas salvaxes xunto a incisións próprias dun cirurxán. Esa contradicción aterroriza aos aldeanos que non se atreven a cruzar os bosques. A lenda do lobishome expande-se. Bárbara e a sua irmá Josefa viven nunha casa en metade do bosque. Só cando chega Manuel, un vendedor ambulante e amante de Josefa, de quen Bárbara está segredamente namorada, se senten a salvo.

    Esta é a sinopse do filme baseado na história real de Manuel Blanco Romasanta, o vendedor ambulante que confesou ter matado a trece persoas e utilizada a sua graxa para facer xabrón. Romasanta foi xulgado en Allaríz en 1852 e evitou a condena a morte alegando que en realidade era un lobishome. Bárbara foi a única supervivinte de catro irmás.

    Os protagonistas son Julian Sands, Elsa Pataky, John Sharian e Gary Piquer, ademáis de Maru Valdivielso e Laura Mañá, dirixidos por Paco Plaza cun guión de Helena Serra. Entre os títulos de crédito atopamos ademáis a Brian Yuzna coma produtor criativo.


    Outra volta de rosca

    [21:46 15/04/04] A sala Ensalle de Vigo será o escenário da despedida temporal da Compañía Arte Livre, que durante un ano se embarcará nunha xira por Brasil, Arxentina e Uruguai. Pero antes, o grupo porá en escena A volta do parafuso (Outra volta de rosca), de Henry James, un clásico do terror cuxa trama está ambientada nunha casa na Inglaterra vitoriána cando unha institutriz é contratada para coidar a dous nenos e entáboa unha escura relazón de poder coa outra muller que traballa na casa. Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno encarnan os papeis protagonistas.

    As funcións desenvolverán-se desde hoxe, xoves, ao sábado, ás 21 horas e o domingo ás 20 horas.


    6os. Encontros de FC&F de Cascais

    [21:31 15/04/04] Segundo informan os nossos companheiros de Simetria.org, e baixo a denominação de Encontros com Marte na Periféria do Império, vai-se desenvolver a sexta juntança dos afeizoados á ficção científica no nosso país irmão, todo elo baixo o seguinte Programa Oficial:

    30 Abril, sexta-feira:

    1 Maio, sábado, no Grande Auditório do Centro Cultural de Cascais:

    2 Maio, domingo, na Capela do Fundador (Pequeno Auditório) do Centro Cultural de Cascais:

    Actividade Decorrente: Feira de Troca de Livros (Centro Cultural de Cascais, dias 1 e 2 de Maio)

    A feira e os almoços e jantares irão ser nas Conversas da Gandarinha, o restaurante do Centro Cultural de Cascais. É necessária inscrição para os jantares.

    Este programa preliminar poderá ser alterado. Consultade em Simetria.org para verificar alterações no programa.


  • [9:51 05/05/2004] O director de Hellboy, o mexicano Guillermo del Toro, confirmou aos seus fans que xa hai plans para facer unha secuela da súa película. A recadación obtida polo de agora nos despachos de billetes (uns 70 millóns de dólares) fai "aconsellable" esta medida.

  • [9:51 05/05/2004] Bob Ducsay, productor do filme a peiques de se estrear, Van Helsing, dixo nunha recente entrevista que a canle de televisión americana NBC vai desenvolver unha série secuela titulada Transylvania, ambientada no universo do filme.

  • 9/05/04 9:04 PM [9:51 05/05/2004] Jessica Alba podería formar parte tamén do elenco de actores da vindeira película de Robert Rodriguez, Sin City, baseada na série de novelas gráficas de Frank Miller, quen seica din que está a codirixir con Rodriguez, ademáis de compartir terefas de producción. Outros actores tamén xa contratados para esta película son Bruce Willis, Mickey Rourke, Jaime King, Brittany Murphy, Elijah Wood e Carla Gugino.

  • [9:52 05/05/2004] A censura como xeito habitual de facer as cousas ten plena vixéncia no "país das liberdades": agora son os membros da NASA quen teñen prohibido facer declaracións sobre o filme por estrear The Day After Tomorrow, que vai sobre os efectos do quencemento global e que supón unha adverténcia pouco agradable para George Bush. O Presidente ameazou con sancións para quen o deixe mal perante a Prensa.

  • [9:51 05/05/2004] Nicholas Brendon, o actor que deu vida durante sete anos a Xander na série Buffy Cazavampiros, anunciou que ven de entrar voluntáriamente nun programa de desintoxicación de alcool, segundo informou o seu website.

  • [18:10 09/05/04] O irmán maior de Kevin Spacey (K-Pax), Randall Fowler, ven de desvelar un pasado moi escuro, onde sufriu abusos sexuais por parte do seu pai, un dereitista que pertencía ao Partido Nazi Americano e que estaba obsesionado con Adolf Hitler, no seu libro I'm Spacey's Brother Whether He Likes It Or Not ("Son o irmán de Spacey, góstelle ou non")


    A gala dos Nebula

    [20:31 19/04/04] Na noite do sábado 17 de abril celebrou-se en Seattle (Washington, EEUU) a gala anual dos Prémios Nébula, que organiza a Science Fiction and Fantasy Writers Association, onde se fixeron públicos os prémios do mesmo nome, e que foron os seguintes:

    Tamén se concedeu o Prémio Grande Mestre Damon Knight Memorial a Robert Silverberg, póstumamente.


  • [0:28 15/05/04] Cando todo falla no país das liberdades, é hora de que os heroes tomen o control novamente: Terminator e Rambo volverán unha vez máis para nos amosar onde está a verdadeira forza da democrácia. Din que o mesmísimo governador Schwarzenegger terá un papel en Terminator 4, mentres ca Sylvester Stallone protagonizará unha nova aventura de Rambo, o relembrado heroe da guerra do Vietnam (esa que "empataron" os americanos contra os terroristas daquela).

  • [0:28 15/05/04] Neal Stephenson foi o gañador do prémio Arthur C. Clarke coa súa novela Quicksilver.

  • [18:10 09/05/04] O editor do fanzine Ma-Ycro, o noso leitor e ás veces mesmo colaborador Txisko Ruiz, anúncia que o número cero ven de saír á luz. Ma-Ycro é un fanzine electronico, en formato PDF, centrado no terror e a fantasia escura. Podédelo baixar da web http://maycrosoft.com.

  • [21:52 19/05/04] Terry Gilliam (12 Monos) dirixirá o filme fantástico Tideland a partir do vindeiro 7 de setembro en Saskatchewan, Canadá.

  • [21:53 19/05/04] A antiga estrela das séries de televisión Angel e Buffy Cazavampiros Charisma Carpenter (Cordelia) será a rapaza de portada do número de xuño da revista Playboy.

  • [21:53 19/05/04] O director Andrew Adamson contratou a Tilda Swinton para facer o papel da malvada Bruxa Branca na versión cinematográfica das Crónicas de Nárnia de C.S. Lewis. O filme podería estrearse contra o nadal de 2005.

  • [21:53 19/05/04] Ed Zwick (O derradeiro samurai) está en conversas para dirixir o vindeiro filme sobrenatural da Dreamworks, The Talisman, baseado na novela de Stephen King e Peter Straub.

  • [21:53 19/05/04] Michael Caine protagonizará xunto a Danny DeVito e Kristin Scott Thomas o filme The Nature of Enchantment, un drama tinxido de fantasía sobre un neno-besta que producirá a compañía 50 Cannons cun orzamento de 18,5 millóns de dólares. A rodaxe escomezará en setembro en Montreal baixo a dirección de Nick Brandt.


    A Hispacon en Vigo?

    [1:28 26/04/04] Fernando Moreiras, novo presidente do Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción, ven de anunciar a convocatória dunha rolda de prensa para o vindeiro martes 27 ás 18:30 h. na Casa do Libro de Vigo. Nesta rolda presentarán o seu proxecto de celebrar unha grande Convención de Fantasía e Ciéncia-Ficción en Vigo ou Pontevedra.

    Este proxecto reúne por primeira vez na história a HispaCon, convención española con 21 edicións celebradas, e os Encontros, xornadas portuguesas con 5 edicións celebradas, e atraería á nosa terra a afeizoados de toda España e todo Portugal.

    Asimesmo, o Colectivo Nemo apresenta o seu XX Ciclo de Fantasía e Ciéncia-Ficción, adicado aos Herois do Espazo. Esta actividade celébrase no marco da Tertúlia viguesa do xénero fantástico, que se celebra todos os xoves a partir das 21:30 no Café UF de Vigo (Rúa do Pracer, 19).

    A programación do Ciclo é a que segue:

    • Maio, 6: Flash Gordon conquista el Universo, de Ford Beebe e Ray Taylor. EE.UU., 1940

    • Maio, 20: Perdidos en el Espacio: El Guardián. 20th Century Fox Television. EE.UU., 1965

    • Xuño, 3: Doutor Who: O terror dos Zigons. BBC TV. Reino Unido, 1975

    • Xuño, 17: Buck Rogers no século XXV: O planeta das rapazas escravas. universal Television. EE.UU., 1979


    Asimov en galego

    [0:25 21/04/04] Ir Indo Edicións, en colaboración coa Casa do Libro, presentou os novos títulos da súa Colección "Clásicos Ir Indo", nun acto que tivo lugar onte na Casa do Libro de Vigo. A presentación contou coa presenza do editor de Ir Indo, Bieito Ledo, a directora da colección, Anxos Vázquez e o secretário da Fundación Carlos Casares, Damián Villalaín.

    Aínda que a preocupación por levar ao público galego obras clásicas xa estaba presente a través da publicación de obras coma o relato policial (De Poe a Conan Doyle) ou o relato fantástico (De Poe a Lovecraft), editados dentro da colección de Narrativa, hai ano e medio decidiuse abrir unha nova colección centrada neste tipo de textos.

    Así, en outubro de 2002, comezou a súa andaina "Clásicos Ir Indo", co obxecto de traducir os grandes clásicos da literatura universal á nosa lingua, poñendo a disposición do público galego lecturas indispensables dos autores máis universais de todos os tempos coma Edgar Allan Poe, Rudyard Kipling, Scott Fitzgerald ou Jules Verne.

    A colección iniciouse cunha selección de relatos breves de Edgar Allan Poe baixo o título Berenice e outros relatos, moitos dos cales foron os precursores do conto policial contemporáneo. A este primeiro título seguiulle a obra máis coñecida de Jules Verne, 20.000 leguas baixo dos mares.

    A partir de agora, os títulos seguirán aumentando con novelas ou volumes de relatos curtos de mestres da literatura fantástica coma Guy de Maupassant, Ray Bradbury ou Isaac Asimov. Ademais, a boa acollida dos títulos publicados até o de agora fan que algún deles poida chegar a reeditarse nos próximos meses.

  • [21:53 19/05/04] O terceiro ano consecutivo de descensos na audiéncia de Star Trek: Enterprise sinifica unha forte ameaza de peche da série, o que convertería á tempada 2004-05 na primeira dos últimos 17 anos sen unha série da saga de Star Trek na televisión.

  • [21:53 19/05/04] O guionista e director de Hellboy, o mexicano Guillermo del Toro, desenvolverá unha secuela para o filme xunto a Mike Mignola, o productor executivo e creador do persoaxe do cómic no que está baseado o filme, que leva unha recadación de 59 millóns de dólares (50 millóns de euros).

  • [21:53 19/05/04] Após do megaéxito de Jason vs. Freddy xa están a falar dun proxectoque axuntaría non só a eses dous persoaxes, senón tamén ao malvado Ash do filme Evil Dead. Está claro que Deus os cría e eles axúntanse.

  • [21:53 19/05/044] A Sony Pictures Entertainment, a Universal Pictures e mais a Spyglass están en conversas para facer unha segunda parte do filme Bruce Almighty (que en España foi titulado "Como Dios"). Os planos inclúen a contratar de novo a Jim Carrey para o papel protagonista.

  • [21:57 19/05/04] A estrela irlandesa Pierce Brosnan será de novo o superespía James Bond, após de chegar a un acordo coa família Broccoli. O actor, de 51 anos, estivo a piques de perder o seu posto cando algúns executivos consideraron que xa ía vello de máis para interpretar ao sexy superaxente.

  • [22:47 20/05/04] A Sociedade Libertária ven de anunciar os finalistas dos seus prémios Prometheus 2004, outorgados ás obras de ciéncia ficción que promoven o pensamento libertário. Os nominados á millor novela son Naked Empire, de Terry Goodkind; The Pixel Eye, de Paul Levinson; Spin State, de Chris Moriarty; Harry Potter and the Order of the Phoenix, de J.K. Rowling e Sims, de F. Paul Wilson.

  • [22:46 20/05/04] A estrela da saga de 007 Pierce Brosnan seica desespera para que ao seu amigo Quentin Tarantino se lle permita dirixir unha película de James Bond. O director de Kill Bill, actualmente no Festival de Cannes, foi nomeado Oficial das Artes e das Letras polo governo francés, e coida que iso sería "fantástico".


    Apresentado o proxecto de Hispacon en Vigo

    [20:03 27/04/04] Nunha concurrida rolda de prensa na que estiveron presentes os máis destacados meios de comunicación, membros do Colectivo Nemo encabezados polo seu presidente Fernando Moreiras deron a coñecer o seu proxecto polo que pretenden que a vindeira Hispacon (convención española do xénero fantástico) e os vindeiros Encontros (convención portuguesa) se celebren na cidade de Vigo. A tal fin, unha delegación do Colectivo estará presente nos 6os. Encontros en Cascais para tentar facer a presentación do seu proxecto e solicitar apoios.

    Segundo manifestaron, para que este importante acontecemento teña lugar na Galiza sería preciso atopar apoios económicos abondo. Para elo tentarán solicitalos do Concello de Vigo, e se non é posible, do de Pontevedra, onde este tipo de actividades seica son menos desprezadas polos políticos.

    En calquera caso, o máis importante é obter o voto favorabel dos membros da xunta directiva da Asociación Española de Fantasía, Ciéncia Ficción e Terror (AEFCFT), cousa que non será doada por mor das devanditas caréncias de apóio institucional. No que respeita aos organizadores dos Encontros de Ficção Científica e Fantástica, o voceiro do Colectivo Nemo asegurou que xa obtiveran o seu beneplácito no pasado, e que agardaban obtelo novamente.



    Filmax apresenta Pinocho 3000 en Teo

    [22:10 27/04/04] A empresa galega Filmax Animation apresentou no Pazo de Adrán, en Teo, o filme PK3: Pinocho 3000, que se estreará nos cinemas españois o vindeiro 16 de xullo.

    O filme, que supuxo un investimento de dez millóns de euros, está ambientada no ano 3003 e apresenta ao popular personaxe de Pinocho como un robot.

    Á apresentación oficial asistiu o anciano Manuel Fraga, admirador das andanzas doutro eminente mintireiro. Pola súa banda, o presidente do Grupo Filmax Entertainment, Julio Fernández Rodríguez, destacou que a sua aposta é facer filmes de grande nível que compitan en todo o mundo.

    Entre os proxectos que Filmax Animation ten en marcha destacan unha versión do Quixote, que se estreará para festexar o cuarto centeário da publicazón da obra, e Nocturna. Estes filmes producidos en Galiza son posíbeis grazas ao proxecto denominado Cartoon Factory, promovido fai catro anos polo empresario Julio Fernández, que previa un investimento de mais de 42 millóns de euros e a producción de 15 séries audiovisuais.


  • [21:24 26/05/04] Edward Neumeier, guionista da vindeira Starship Troopers 2: Hero of the Federation, secuela de Starship Troopers, dixo que se a primeira entrega recebiu inspiración da propaganda da Segunda Guerra Mundial, esta vai recebila da propaganda da Guerra de Corea. Se seguimos así, axiña há vir a de Iraq.

  • [21:24 26/05/04] A Deputación da Coruña ven de convocar o prémio literário "Torrente B." dotado cun prémio de 25.000 euros. O prazo remata o 1 de Xullo. Podedes ver as bases do prémio na páxina web da Deputación da Coruña.

  • [23:00 21/05/04] O derradeiro fin de semana de xullo celebrará-se en Madrid (España) o Buffyton, que é a primeira convención española de Buffy Cazavampiros. Os actores que mais posibilidades teñen de vir son Anthony Stewart Head e Emma Caulfield, dous secundários da série. As entradas terán distintos prezos, entre 75 e 150 euros.

  • [23:01 21/05/04] Stan Winston será o encarregado de crear o traxe de Superman para o seu novo filme. Winston e a sua equipa son responsábeis da série de "Terminator", "Alien", "Predator" e "Parque Xurásico". O novo deseño do traxe está a ser esculpido en músculos (como o traxe de Batman que usou Michael Keaton).

  • [21:24 26/05/04] A série Angel rematou, pero o seu creador Joss Whedon "ameaza" con que o "Buffyverso", ou sexa, o universo ao redor da série orixinal Buffy Cazavampiros inda está vivo e pode dar novo froitos.

  • [21:24 26/05/04] Shrek 2 debutou o pasado 21 de maio nos Estados Unidos cun novo récord nas billeteiras: 11,8 millóns de dólares de recadación nun só día para unha película de debuxos animados. O anterior récord estaba no poder de Pokemon dende 1999 con 10.1 millóns.

  • [21:24 26/05/04] Finalmente haberá máis episódios de Star Trek: Enterprise, e o presidente do departamento de entretimento da UPN, Dawn Ostroff, dixo que o clamor dos fans foi abondo para lles decidir a renovar unha tempada máis a série.

  • [21:24 26/05/04] James Doohan, o actor que deu vida a Scotty na série orixinal de Star Trek, fará a súa derradeira aparición nunha convención de fans o vindeiro 28 de agosto en Hollywood. Doohan estará acompañado polo reparto orixinal, con William Shatner, Leonard Nimoy, Nichelle Nichols, Walter Koenig, Majel Barrett Roddenberry e Grace Lee Whitney. O día 27 de agosto Doohan recebirá unha estrela no popular Paseio da Fama.

  • [21:24 26/05/04] O menos famoso filme de 1971 do director George Lucas, a súa primeira película THX 1138, terá unha segunda oportunidade nos cinemas a partir do 10 de setembro cunha nova versión do director, seguido do lanzamento dun DVD para coleccionistas.

  • [21:24 26/05/04] Stephen Sommers, director das dúas primeiras películas da saga de Mómia, ven de manifestar nunha recente entrevista que non se vai encargar de máis entregas.

  • [20:08 06/06/04] Un ano despóis de que a Marvel Comics demandara á Sony por mor do seu persoaxe Spiderman, do que dicían que fixeron todo o posible por afastalo da compañía de cómics, as dúas empresas chegaron a un acordo amigable que pasa pola entrega dunha nova e substanciosa cantidade de cartos para a Marvel.

  • [20:08 06/06/04] Din que Brendan Fraser podería converterse en Reed Richards, ou sexa, Mr. Fantastic na vindeira película sobre os Catro Fantásticos, baseada nos populares persoaxes da Marvel Comics. Outros candidatos a ocupar postos no filme serían Michael Chiklis (A Cousa), Paul Walker (Johnny Storm) e Tim Robbins no papel do malvado Dr. Doom. O guión din que corre a cargo de Mark Frost, o mesmo de Twin Peaks.

  • [20:08 06/06/04] Ven de estrearse nas nosas pantallas de cinema Sex, unha producción española dirixida por Antonio Dyaz e protagonizada por Enrique Alcides, Leire Berrocal e Coque Malla entre outros. Este filme forma parte da "Triloxía dos sentidos", que comezou o director con Off e que rematará con Eye, e pode entrar no ámbito do fantástico porque inda que foi concebido coma unha adaptación do Decamerón de Bocaccio, os protagonistas axúntanse para fuxir dun desastre nuclear que está a arrasar a Terra.

  • [21:21 02/06/04] A casa na que viveu J.R.R. Tolkien desde 1930 a 1947 está en venda por 2,7 millóns de dólares. Situada ao norde de Oxford, coida-se que Tolkien escrebeu O Hobbit e o comezo de O Señor dos Aneis nesta casa de seis cuartos.

  • [21:24 26/05/04] Na páxina 208 da revista DT de xuño aparece a portada do libro do noso benquerido leitor Pablo Santiago García, Alicia en el lado oscuro entre as leituras recomendadas con motivo da Feira do Libro de Madrid, onde por certo o 5 de xuño estará asinando libros na caseta 249, de cinco do serán a dez da noite.


    Ovnis ou centellas?

    [0:21 15/05/04] Científicos da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) negaron que os obxectos avistados por pilotos da Forza Aérea Mexicana sexan obxectos voadores non identificados (ovnis). A explicación, din, é moito mais mundana: centellas, un fenómeno meteorolóxico durante o que se forman burbullas de gas ionizado.

    O pasado luns a televisión mexicana emitiu un vídeo captado en marzo por un avión da Forza Aérea no que aparecia unha série de 16 obxectos filmados cunha cámara infravermella e que foi interpretado por místicos do fenómeno ovni como unha confirmación da presenza extra-terrestre.

    Nom embergantes, os científicos do Instituto de Astronomía e de Investigacións Nucleares da UNAM botaron unha xerra de auga fría ao entusiasmo dos crédulos dos ovnis e das especulacións, ao sinalar que este é un fenómeno meteorolóxico coñecido como centellas, as cales se forman por burbullas de gas ionizado.

    "As centellas son unhas bólas esféricas de gas ionizado con baixa densidade de electróns e temperaturas superiores aos 30 mil graus centígrados. Propagan-se en forma horizontal a través do ar e desintegran-se ao chocar con algun obxecto", dixo Rafael Navarro, do Instituto de Investigacións Nucleares.

    Engadiu que é un fenómeno de electrificación atmosférica que se estudou pouco, debido a que son fenómenos detectabeis a simple vista, que son detectados por radares e observados con cámaras infravermellas, ademais de que son atraídos por obxectos metálicos.

    Sinalou que xeralmente as centellas se rexistaron ao nivel da superfície terrestre, e que ésta é probabelmente a primeira vez que se observa na parte alta da atmosfera.

    O director do Instituto de Astronomía, José de Jesús Franco, negou que os fenómenos na atmosfera sexan de orixe extraterrestre e sinalou que o Ministério da Defensa debería entregar o vídeo para que sexa analisado polos especialistas.

    Explicou que este tipo de fenómenos deben ser tratados cun critério rigorosamente científico xa que "un manexo irresponsábel desta información, lonxe de disipar dúvidas, as aumenta e confunde á sociedade".

  • [20:08 06/06/04] Só un día despóis de que Shrek 2 batera records nas billeteiras americanas, a Dreamworks ven de anunciar que van facer unha terceira parte da saga do ogro de debuxos animados, e que mesmo haberá unha cuarta entrega.

  • [22:48 11/06/2004] Tom Cruise obtivo o permiso das autoridades alemanas para rodar parte do seu filme Misión Imposible 3 no Reichstag de Berlín, inda que baixo severas condicións.

  • [22:48 11/06/2004] David Duchovny dixo que a segunda entrega da saga cinematográfica de Expediente X está en preparación: "Gillian Anderson (Dana Scully) quere facelo, eu quero facelo, Chris Carter, quen escribiría e produciría o filme quere facelo. E eu coido que os estúdios Fox queren facelo".


    O Capitán Trueno no cinema

    [19:59 25/05/04] Após dun breve paso polos videoxogos, o mítico persoaxe do cómic español Capitán Trueno chegará ao cabo ás pantallas. O filme, de imaxe real e producido pola Filmax, será o debut como director de cinema de Alejandro Toledo. A produtora presidida por Julio Fernández retoma un proxecto que se estancou no 2001 seica por falla de orzamento. Despóis de anos de repensar o proxecto, Julio Fernández aportaá os cartos para que por fin teñamos un filme que leve á pantalla os cadriños que distrairon o lecer de várias xerazóns de nenos españois.

    Sen concretar as datas, o filme comezará a rodar-se nos primeiros meses do 2005 cun reparto que ainda non foi pechado, e financiada ao 100% por capital español a través de Castelao Productions.

    Filmax puxo en circulación, a través do seu web, un cartaz de estilo futurista e unha sinopse na que se conta como naceu o Capitán Trueno. Do texto deduce-se que o personaxe estará acompañado polos seus inseparabeis Goliath e Crispín, que a sua noiva de toda a vida Sigrid terá papel fundamental e que Trueno marchará ás cruzadas a loitar cóbado con cóbado con Ricardo Corazón de León para ceibar Palestina de mouros: é nese território de batalla contínua onde gaña o título de Capitán. Pero non hai bons se non hai malos e o Capitán Trueno padece, como Ricardo, a existéncia dun hermanastro tiránico e dunha coalición de "poderes malignos e místicos".


    Finou Narciso Ibáñez Menta, mestre do terror

    [17:09 16/05/04] O actor, realizador e guionista Narciso Ibáñez Menta finou a mediodía de onte en Madrid (España) aos 91 anos de idade, vítima dunha longa enfermidade que padecía desde fai uns tres anos.

    Foi un mestre do xénero de intriga, terror e da caracterización, e traballou, príncipalmente en España e Arxentina, para cinema, teatro e televisión, en várias ocasións baixo a dirección de seu fillo, o coñecido realizador televisivo Chicho Ibáñez Serrador.

    Narciso Ibáñez Menta nacera o 25 de agosto de 1912 en Sama de Langreo (Asturies). Integrante dunha importante família de artistas teatrais, comezou a traballar no seo da mesma, saiu de xira por América e debutou no cinema nunha curtometraxe de 1929.

    Posteriormente asentou-se na Arxentina, onde rodou 21 filmes, e traballou en numerosas séries de televisión, desde o primeiro momento relacionadas co xénero de terror, o mistério ou policiaco.

    Posteriormente en España sementou un grande éxito en séries coma Histórias para non durmir, onde traballou ás ordes do seu fillo Chicho, ou É vosté o asasino?. Entre os seus filmes destacan Unha luz na fiestra, de 1941; História de crimes, de 1942; ou Tres citas co destino, de 1953. Durante os anos cincuenta protagonizou o filme mais importante de terror da cinematografía arxentina, Obras mestras do terror, dirixida en 1959 por Enrique Carreras. Nos anos setenta voltou a interpretar cinema de terror con A saga dos Drácula, de 1972, onde fixo o papel dun conde Drácula avellentado. Nos oitenta fixo do parapsicólogo Sebastián D'Arbó na triloxia formada por Viaxe ao alén, O ser e Alén da morte.


  • [20:48 15/06/2004] Renny Harlin, director da segunda versión da precuela de O Exorcista, dixo nunha recente entrevista que el considera que o seu filme non é gore nin ten máis violéncia cá primeira versión, que fora dirixida por Paul Schrader.

  • [23:20 11/06/2004] Para o vindeiro 25 de xuño Iker Jiménez, o programa "Milenio 3" e a Cadena SER convocaron a todos os seus oíntes a unha "alerta ovni", ou sexa, a pasar unha noite espertos mirando para o ceo a ver se aparece algún extra-terrestre. Sabendo que é moi difícil que os ET comparezan á convocatória, algúns propuxeron fabricar os ovnis e instituíu-se un prémio. Quen participa nese concurso (estudiantes dun coléxio secundário, xente dun clube de aeromodelismo, e outros particulares) abriron unha lista en Yahoo! para intercambiar ideias sobre como construir ovnis.

  • [22:47 11/06/2004] Os criadores de Gollum e as paisaxes tolkienianas da Terra Meia na triloxia cinematográfica de O Señor dos Aneis, do ogro Shrek e das paisaxes apocalípticas de O dia de mañá achegarán-se até A Coruña entre os dias 5 e 9 de xullo pola celebración da terceira edición do encontro Mundos Dixitais, que se apresentou onte no Centro On de Caixagalicia.

  • [22:48 11/06/2004] Tobey Maguire ven de dicir nunha recente entrevista que "viu o inferno" cando ía enfundado no seu traxe de Spiderman, porque o traxe lle pillaba o pelo do corpo. O actor tivo que pasar por unha estricta dieta vexetariana para poder entrar no uniforme do superheroe.

  • [22:48 11/06/2004] El día que hicimos la Transición de Pedro Jorge Romero e Ricard de la Casa, publicado en España en 1997 na antoloxia Visiones da AEFCF, e traducido e publicado en EEUU en 2003 na antoloxía Cosmos Latinas por Andrea L. Bell e Yolanda Molina-Gavilan, é un dos candidatos aos prémios Sidewise 2003 na categoría de millor conto. Os outros son a obra de Geoffrey Landis The Eyes of America, a de Robert L. O'Connell The Cuban Missile Crise: Second Holocaust, a de Chris Roberson O One e a obra de Robert Silverberg The Reign of Terror.


    Unha comédia de extra-terrestres

    [21:27 26/05/04] Os sucesos e circunstáncias que vive un extra-terrestre que se ve obrigado a vivir entre un grupo de humanos son o fío conductor dunha nova telecomédia que empezou a rodar Antena 3, El inquilino. Trata-se dunha producción de Plácido Arango para a canle privada de Planeta cuxo nú argumental lembra moito a unha antiga série americana de éxito, Alf.

    A série contará cun reparto coral encabezado por Jorge Sanz, Pablo Carbonell, Pilar Bardem e Javier Martín.

    Nela, un alieníxena está perdido por Madrid. A nave na que chegou foi-se sen el, deixándo-o só na Terra. Pola súa constitución extra-terrestre só pode sobrevivir na atmosfera do noso planeta unhas 24 horas. A única solución consiste en atopar un corpo humano para ocupar até que volvan a lle rescatar. Ese corpo é o dun escritor que comparte piso cunhas rapazas, e que encarna Jorge Sanz.


  • [22:16 16/06/2004] O ogro verde de Shrek 2 superou ao peixiño de Procurar a Nemo nos despachos de billetes americanos e a película da DreamWorks converteu-se no filme de animación que máis recada na história nos Estados Unidos, porque xa leva até hoxe 354 millóns de dólares nada máis empezar.

  • [20:48 15/06/2004] David Twohy, guionista e director da vindeira The Chronicles of Riddick, a precuela da exitosa Pitch Black, dixo que este filme está concebido coma o primeiro dunha nova triloxía, inda que non están previstas as dúas seguintes películas.

  • [20:48 15/06/2004] O director da vindeira King Kong, Peter Jackson, ven de contratar ao actor que deu vida ao Gollum en O Señor dos Aneis, Andy Serkis, para que novamente interprete a un persoaxe pouco agradecido, xerado por computador: ao mesmo gorila xigante.

  • [22:46 17/06/2004] O guionista Robert Lees (1913-2004) foi asasinado o pasado 13 de xuño na súa casa de Hollywood. Lees, autor do guión de Abbot e Costello atopan a Frankenstein e Abbot e Costello atopan ao home invisible, foi decapitado por un vagamundo que ademáis asasinou ao veciño de Lees. O asaltante foi logo arrestado. Lees foi censurado durante o maccarthismo e tivo que escribir baixo o seudónimo de J.E. Selby para sobreviver.

  • [22:46 17/06/2004] A defunta série de televisión Buffy Cazavampiros vai resucitar en forma de série de debuxos animados. Inda que Sarah Michelle Gellar non repetirá o seu papel coma protagonista, din que o creador Joss Whedon contratou a Giselle Loren, a voz de Buffy no videoxogo.


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM