As novas de NOVAFANTASIA.COM

Marzo-Maio de 2005


  • [1:30 17/03/2005] Segundo apontan últimos rumores na preprodución de Superman Returns, Brian Synger poderia "resucitar" ao finado Marlon Brando para que interpretase ao pai kryptoniano de Superman, Jor El. Brando, que xa interpretou ao personaxe no filme orixinal de Richard Donner, podería ser recuperado mediante CGI ou mediante escenas eliminadas do antigo filme, xa que o seu papel ocuparía escasos minutos da metraxe.

  • [16/03/2005 13:15] A actriz alemá Franka Potente confesa-se fan do cinema de terror, por ser, di, "a experienza mais cinematográfica". Ademais, compara ese xénero coa comédia e a comida picante: "De todas elas coñeces o efeito que che van producir", explica. Potente visitou onte Madrid para falar de Creep, filme dirixido polo debutante Christopher Smith, que se estrea o próximo venres en España e que a actriz compara co conto de Alicia no país das marabillas, pois a heroína do filme, ao igual que a nena do conto, "cae como por un buraco e atopa-se en outro mundo no que hai unha espécie de monstro.

  • [1:52 15/03/2005] Quentin Tarantino negou nun sítio web as novas que lle vencellan ao futuro da saga de Venres 13 e segundo os cales el sería o director da vindeira entrega: "O que está a acontecer con Venres 13? Nada! É unha completa mentira", dixo Tarantino. "Góstame Jason e todo iso, pero non teño intención de dirixir unha película. A New Line falou comigo sobre iso, pero foi unha completa fabricación, ese artigo. Gostaría-me facer unha película de terror. Só estou a dicir que non vai ser Venres 13".


    A vinganza do Sith abrirá Cannes

    Hayden Christensen no Episódio III[1:24 20/01/2005] O capítulo final da saga da Guerra das Galáxias, o Episodio III: A vinganza do Sith, será o encarregado de abrir ofícialmente a vindeira edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes, que terá lugar desde o próximo dia 11 de maio.

    O filme será apresentado poucos dias antes da sua estrea nas salas comerciais de todo o mundo (19 de maio) e será un anticipo de luxo para todos aqueles afortunados que podan acudir á sua proxección.

    O Episodio III, protagonizado por Ewan McGregor, Natalie Portman e Hayden Christensen, retomará a acción tres anos despois da Batalla de Geonose, coa Guerra dos Clons chegando ao seu fin. Obi-Wan Kenobi será enviado a levar á xustiza ao Xeneral Grievous, o malvado líder do exército androide separatista. Mentres tanto, en Coruscant, o Chancelor Palpatine acrescentará o seu poder, autoproclamándose Emperador e oferecendo os segredos da Forza a Anakin Skywalker para o atrair ao lado escuro.

    A 58º edición de Cannes tamén apresentará Cinderella Man, novo film de Ron Howard protagonizado por Russell Crowe e Renee Zellwegger; e Brokeback Mountain, o drama sobre cowboys gais que dirixe Ang Lee, con Heath Ledger e Jake Gyllenhaal como parella protagonista.

  • [1:30 17/03/2005] X-Men 3 xa ten director: un case completo descoñecido que leva por nome Matthew Vaughn. Este tal Vaughn foi o produtor dos dous filmes mais celebrados de Guy Ritchie (actual esposo de Madonna): Lock & Stoch e Snatch: Porcos e Diamantes. O seu único filme como director até hoxe é Layer Cake. Todo o reparto orixinal repite para X-Men 3, a excepción de Halle Berry.

  • [1:29 17/03/2005] O mítico escritor e guionista de comics Neil Gaiman está a realizar unha poxa en ebay.com na que o gañador obterá o direito de nomear a unha das naves da vindeira novela do autor que ten o título de Anansi boys. O obxectivo da poxa é recadar fondos para "The Comic Book Legal Defense Fund", e as poxas pecharán-se mañán, 18 de marzo.

  • [13:30 24/03/2005] Thomas Haden Church, que estivo nominado ao Oscar este mesmo ano polo seu papel en Entre copas, foi contratado para interpretar a un dos malos de Spider-Man 3, segundo informou o mesmo director Sam Raimi, ainda que non dixo a cal. Se cadra, podería ser Sandman (o Home de Area), pero como Raimi non confirmou ren tamén se manexa a posibilidade de que dea vida a Kraven ou mesmo a Eddie Brock (Veleno).

  • [13:30 24/03/2005] A actriz Natalie Portman impresionou a todo o mundo no plató de rodaxe de V for Vendetta en Berlín cando comezou a falar en alemán perfectamente. Ao contrário de moitos actores, que deben ser dobrados por mor da barreira do idioma, a políglota Portman, de 23 anos, comezou a falar de contado na língua local. Un voceiro dixo que "Pasou todo o día falando en alemán. Fíxo-se moi popular entre a equipa de rodaxe alemá no plató". A protagonista da Guerra das Galáxias, educada na prestixiosa universidade americana de Harvard, fala perfectamente hebreo, francés e xaponés, así coma alemán e por suposto inglés.

  • [1:08 19/03/2005] O voso website favorito, NOVAfantasia.com, permanecerá sen movemento, ainda que aberto ás visitas, até o vindeiro día 24 de marzo, por mor das vacacións que o seu Editor e o voso seguro servidor van tomar-se para viaxar á capital do vello Império Austrohúngaro. Voltaremos en catro días!

  • [1:06 19/03/2005] Parker Posey (Blade: Trinity) ven de se unir ao reparto da vindeira película de Bryan Singer, Superman Returns, para facer o papel da malvada axudante de Lex Luthor, Kitty Koslowski.

  • [21:59 17/03/2005] A última lenda urbana creada para promocionar o filme Constantine é algo patética: seica din que Keanu Reeves e o director Francis Lawrence foron atacados polas pantasmas que habitaban en dous cuartos do plató 16 dos estudos onde se rodou o filme. Reeves e Lawrence tiveron que fuxir despavoridos perante a presenza "maléfica" destes espectros pouco amigables... serían os tíos de Casper?.

  • [21:59 17/03/2005] O creador de Buffy Cazavampiros, Joss Whedon, ven de asinar para dirixir a versión para o cinema da heroina do cómic Wonder Woman, segundo anunciou hoxe a Warner Brothers, e tal e coma vos anunciáramos en NOVAfantasia.com hai un mes. Joel Silver e Leonard Goldberg producirán esta película, para a que ainda non hai unha protagonista.

  • [21:59 17/03/2005] Shekhar Kapur será o director de Solace, un filme protagonizado por Bruce Willis sobre un médico con poderes psíquicos recrutado pola Policía para deter a un asasino en série que tamén ten poderes psíquicos. A New Line Cinema será a compañía que produza esta película, escrita por Ted Griffin e Sean Bailey. Kapur fora o director de Elizabeth, gañadora dun Globo de Ouro e un prémio da BAFTA.

  • [12:48 17/03/2005] Nicolás Casariego, o escritor finalista do Prémio Nadal 2005, presentou a súa obra Cazadores de luz hai uns días en Santiago. Nunha entrevista manifestou que "en España [a ciéncia ficción] é unha irmá pequena da literatura e bastante desprezada. Para min era un reto e un risco escribir unha novela ambientada no futuro, porque aquí hai pouquísima tradición e está considerada á parte da literatura, ademáis de estar moi encasillada. Non ten ren que ver co mundo anglosaxón, no que se considera un tipo de literatura porque ti ao escribir podes colocar-te no presente, no pasado e no futuro. É bastante extraño que en España tan poucas veces alguén se coloque no futuro. Eu planteeino para facerse preguntas sobre o presente, que é no fondo o que pretendes cando escribes".

  • [1:29 17/03/2005] O polémico filme de Mel Gibson A Paixón de Cristo provocou o ano pasado un forte incremento dos ataques contra sinagogas e intereses xudeus en Canadá, segundo denunciou hoxe a Liga polos Dereitos Humanos. No seu informe de 2004 din que o feito de que a película presente aos xudeus coma "asasinos de Cristo" provocou 32 ataques en 2004, nove deles en febreiro, cando foi estreada a película, e 15 nos tres meses seguintes. Mesmo unha canle de televisión canadiana chegou dicir que "hai un complot xudeu para controlar o mundo".

  • [1:29 17/03/2005] O señor dos aneis vai ser levado á escena como musical, anunciaron o martes os produtores á prensa. O espectáculo, baseado na obra fantástica clásica de J.R.R. Tolkien, estreará-se en marzo de 2006 en Toronto para ir a Londres seis meses despois. Sen embargo, os produtores prometeron retornar á história orixinal da Terra Média e non tentar reproducir os incríbeis efeitos especiais da triloxia cinematográfica, que recadou 3.000 millóns de dólares (2.270 millóns de euros) en todo o mundo e acaparou un feixe de de Oscars. A música está a escrebe-la A.R. Rahman, un compositor de filmes de Bollywood e está a traballar co grupo finlandés de folk Varttina.

  • [13:55 24/03/2005] O Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción organizou un acto de conmemoración do centenário do falecemento de Jules Verne. O pasado mércores 23 de marzo, véspera dos cen anos do pasamento do escritor, celebrou-se o acto no centro veciñal "Val do Fragoso" de Vigo, fronte ao estadio de Balaídos. Houbo un pase do audiovisual 20.000 leagues under the sea, de Richard Fleisher, un fóro sobre Jules Verne e máis a apresentación da I IberCon. Os reporteiros de NOVAfantasia.com non puidemos asistir porque estabamos de vacacións en Áustria, pero daremos máis información a medida que saibamos máis cousas.


    Joss Whedon poderia dirixir Wonder Woman

    [23/02/2005 17:45] O produtor Joel Silver (Matrix) confirmou nunha recente conferéncia con fans de Wonder Woman que quere ao director Joss Whedon como máximo responsábel no proxecto do futuro filme adicado á superheroina.

    Silver pretende que o criador de Buffy Cazavapiros faga unha reinvención do personaxe ao estilo do Batman de Tim Burton ou o Superman de Richard Donner, dada a sua ampla experienza no terreo da ciéncia ficción e concretamente ao seu traballo na série xuvenil Buffy Cazavampiros.

    O produtor non quixo facer nengunha mención sobre a actriz que interpretaria á mítica heroína, pero con Whedon ao fronte as opcións de Sarah Michelle Gellar ou Charisma Carpenter para se facer o papel protagonista poderian ficar reducidas a cero, dadas as malas relazóns do director con ambas actrices.

  • [3:59 27/03/2005] Seica no pasado Festival Internacional de Cinema de Las Palmas de Gran Canária (sur de España), o mítico director Roger Corman, quen era membro do xurado, púxose en contacto con produtoras españolas para facer un novo filme que podería desarrollarse nas illas Canárias. O productor, de 80 anos, non deu detalles sobre o argumento nin a equipa técnica inda que interesou-se moito polos coñecementos dos produtores locais sobre os recursos cinematográficos das illas.

  • [22:23 25/03/2005] O problemático actor Tom Sizemore (The Relic, Red Planet) ven de ser condeado a dous anos de cárcere por consumir drogas mentres estaba en liberdade condicional. O actor fallou sete probas ás que estaba obrigado, após de ser condeado xa en 2003 por bater na súa moza Heidi Fleiss. Onte, Sizemore chorou e implorou ao xuiz para que lle dese outra oportunidade, pero non houbo xeito.

  • [22:23 25/03/2005] Un traballador da TV canadiana foi despedido ao se probar que foi o culpábel de que un episódio de Doutor Who andase xa pola Internet. O episódio de 45 minutos, titulado Rose apareceu na Rede o pasado 7 de marzo antes de que fose emitido pola BBC.

  • [22:23 25/03/2005] Jessica Alba, quen vai facer o papel dunha bailarina de strip-tease na vindeira Sin City, dixo nunha entrevista que cando aceptou o papel non sabía que debía aparecer espida, así que finalmente non teremos esa sorte e non poderemos vela sen roupa, porque decidiu que bailaría cun biquini, "para non amolar a meu pai", segundo dixo.

  • [3:33 25/03/2005] O guionista e director M. Night Shyamalan pasou-se á Warner Brothers deixando á Disney para poder facer a súa seguinte película, Lady in the Water. A película vai sobre o encarregado de mantemento dun edifício que atopa unha ninfa mariña na piscina do seu edifício de apartamentos. Shyamalan escribiu o guión e producirá o filme baixo o seu selo Blinding Edge Pictures. En agosto comezará a procura de localizacións para a rodaxe en Philadelphia, mentres que a estrea podería ser en xullo de 2006.

  • [3:33 25/03/2005] Frank Miller, creador do cómic Sin City que axiña há ser tamén unha película, dixo nunha recente entrevista que o filme que se está a rodar baixo a dirección de Robert Rodriguez é do seu agrado. Miller engadiu que nunca tivo a intención de converter o seu cómic en película, pero que a persistencia de Rodriguez lle convenceu.

  • [3:59 27/03/2005] Os membros do xurado da Sociedade Libertária Futurista veñen de elixir aos finalistas aos prémios de millor novela e Clásico dos prémios Prometheus de 2005 que se entregarán nunha cerimónia na vindeira WorldCon que este año celébra-se en Glasgow entre o 4 e o 8 de agosto. Os finalistas en novela son State of Fear, de Michael Crichton, Anarquia, de Brad Linaweaver e Kent J. Hastings, Newton's Wake, de Ken MacLeod, Marque and Reprisal, de Elizabeth Moon e The System of the World, de Neal Stephenson. E os candidatos a entrar no Salón da Fama da Sociedade son: It Can't Happen Here (novela de 1936 de Sinclair Lewis), V for Vendetta (novela gráfica de 1988 de Alan Moore e David Lloyd), A Time of Changes (novela de 1971 de Robert Silverberg), The Lord of the Rings (triloxía de 1954 de J.R. R.Tolkien) e The Weapon Shops of Isher (novela de 1951 de A.E. Van Vogt).

  • [3:59 27/03/2005] O Museu da Ciéncia-Ficción de Seattle ven de anunciar a sua primeira listaxe de ingresos no Salón da Fama da Ciéncia-Ficción. Os novos membros son Stephen Spielberg, na categoría de cinema e televisión, Philip K. Dick na categoría de Literatura, Chesley Bonestall na categoría xenérica de Arte, e Ray Harryhausen, na ainda máis xenérica categoría de "Outros".


    O «Fantasporto» convida a Milladoiro

    [23/02/2005 17:45] O Fantasporto, Festival internacional de Cinema de Porto, é un dos certámes mais importantes do xénero, con cen mil espectadores por ano, e cumpre nesta edición o seu 25 aniversário. Desde onte e até o 6 de marzo, entre os 19 filmes da Sección Oficial de Cinema Fantástico apresentarán-se catro produccións españolas.

    Entre os títulos en competición destaca Fráxil, o mais recente traballo de Juanma Bajo Ulloa, que o define como "unha história de amor diferente". A el soman-se Vermello sangue, de Christian Molina, unha sanguenta odisea protagonizada por Paul Naschy, quen interpreta a un actor vido a menos que decide eliminar aos famosos que logran fama sen posuir talento; A promesa, do galego Héctor Carré, protagonizada por Carmen Maura; e The Birthday, comédia negra de Eugenio Mira sobre un xove que ve como todo se lle volta en contra durante unha festa de aniversário.

    Ademais, o festival, que ten como sede central o Teatro Rívoli, dedicará retrospectivas á xigantesca indústria índia de Bollywood, ao novo cinema alemán, á obra do produtor local Tino Navarro, ao cinema de terror xaponés e ao actor Cristopher Lee, do que se proxectarán filmes como Rasputin e dous que protagonizou ás ordes de Jess Franco: Conde Drácula e O castelo de Fu Manchú.

    Entre os convidados, a organización confirmou a presenza do realizador Guillermo del Toro e de Vincenzo Natali, o director canadiano autor de Cube, que compete aquí con Nothing.

    Ademáis, e para celebrar os seus 25 anos, paralelamente á sétima arte a organización decidiu "invocar o fantástico mundo da música". Asi criou-se o Fantas Sound, un ciclo especial de concertos que abrangue diferentes estilos musicais: folk, rock, jazz, blues e pop. O certame musical terá lugar entre o 25 de febreiro e o 4 de marzo no Teatro Sá dá Bandeira, no centro da cidade. Para abrir o evento estará o grupo Milladoiro, a banda mais emblemática da música tradicional galega, que casualmente tamén comemora este ano os seus 25 anos de carreira. Todos os concertos darán comezo ás 21.30 horas (hora portuguesa) e ademais da presenza de Milladoiro o dia 25, destaca a do jazzman João Bosco o domingo, dia 27.

  • [0:22 29/03/2005] A Disney está en negociacións con Tony Scott para que dirixa o thriller romántico de ciéncia ficción Deja Vu para o produtor Jerry Bruckheimer. O filme vai sobre un axente do FBI que viaxa atrás no tempo e namóra-se dunha muller que vai ser asasinada. Bruckheimer espera poder escomezar a rodaxe en verán ou outono.

  • [0:04 28/03/2005] Finou aos 63 anos o parapsicólogo Fernando Jiménez del Oso no Hospital da Princesa de Madrid tras padecer unha longa enfermidade. Jiménez del Oso era o director da revista Enigmas e o mais popular dos psudocientíficos nos meios de comunicación españois. O seu debú en televisión chegou da man do director e guionista Chicho Ibáñez Serrador, ao aparecer no capítulo O regreso da série Histórias para non dormir. En 1976, TVE estreou o seu programa Mas Allá. Algunhas das súas séries de ficción (que el pretendía presentar como documentais) foron promovidas en coproducción coa Televisión de Galiza.

  • [3:59 27/03/2005] Comezou en Vancouver (Canadá) a rodaxe da produción da Revolution Studios The Fog, o remake do clásico thriller de terror de 1981 do mesmo título. Dirixido por Rupert Wainwright (Stigmata), o filme está baseado en The Fog, escrito por John Carpenter e a recentemente falecida Debra Hill. A estrea está prevista para o 14 de outubro de 2005. Tom Welling (Superman en Smallville), Maggie Grace e Selma Blair son os protagonistas.

  • [3:59 27/03/2005] Os gañadores dos prémios da Asociación Britanica de Ciéncia-Ficción (BSFA) correspondentes a 2005 veñen de ser anunciados, e son a portada da novela de Ken MacLeod Newton’s Wake, de Stephan Martiniere á millor ilustración, Mayflower II de Stephen Baxter ao millor relato e River of Gods, de Ian McDonald pola millor novela.

  • [3:59 27/03/2005] O comité organizador da WorldCon que se celebrará o vindeiro vrao en Glasgow ven de anunciar o resultado das nominacións para os prémios Hugo. Recebíron-se 546 votos, e dado que o seu interese ainda non é moi grande para os lectores galegos, deixámos-vos o enderezo oficial da súa páxina web, onde poderedes atopar a listaxe completa (que é ben longa) con todos os candidatos.

  • [23:48 29/03/2005] A actriz reconvertida en novelista Carrie Fisher está disposta a revelar os segredos dos filmes orixinais da saga da Guerra das Galáxias nunha exposición do que houbo tras as escenas da triloxía clásica. Fisher, de 48 anos, escribiu un diário durante os anos 70 e 80, cando interpretou á princesa Leia Organa.

  • [0:22 29/03/2005] O gañador da edición deste ano do Prémio Philip K. Dick para a millor novela publicada orixinalmente en formato de peto no 2004 nos Estados Unidos foi Gwyneth Jones, pola novela Life. A novela Apocalypse Array de Lyda Morehouse recebiu este ano a mención especial. Os gañadores deste prémio foron anunciados este fin de semana na Norwescon celebrada en SeaTac, Washington (Estados Unidos).

  • [1:57 31/03/2005] Kristen Bell e o recén chegado Steve Talley serán os protagonistas de Pulse, a longamente agardada versión americana do filme de terror xaponés Kairo. O director Jim Sonzero fará o seu debut no cinema (até agora só fixera anúncios) e a produción correrá a cargo de Mike Leahy e Joel Soisson. Pulse vai sobre un website no que cando entra a xente, fican dominados pola forza escura que está atrás do sítio. Moi bonito, pero non coidedes que a NOVAfantasia.com lle acontece o mesmo!

  • [23:48 29/03/2005] Russell Crowe e mais o director Ron Howard están a soar como nomes para The Power of Duff, un filme sobrenatural guionizado por Stephen Belber sobre un presentador do telexornal cuxas oracións en antena obteñen resposta. A Universal mercou o guión este mes e a DreamWorks participará como sócio na produción.

  • [23:48 29/03/2005] O soño de Orlando Bloom de se converter no vindeiro James Bond semella por se facer realidade, pero será interpretando ao xove 007. O actor de O Señor dos Aneis confirmou que está en negociacións para protagonizar un filme sobre o xove 007: "Encánta-me a ideia, en princípio, porque pode ser moito máis aventureiro e facer máis escenas de acción". O filme sobre o xove 007 estará baseado nunha nova novela e estará ambientado nos anos 30, moito antes de que Bond descobrira a súa paixón polos Martinis axitados, non remexidos.

  • [1:57 31/03/2005] Halle Berry di agora que volverá á saga de X-Men para a terceira entrega se o seu papel de Treboada é máis importante ca na primeira película. A protagonista de Catwoman dixo que ainda non lera o guión, pero que se lle dan máis minutos, voltará, e se non, pois nada. Pois xa veremos.


    George Bush e Halle Berry, gañadores dos Razzies

    O logo dos Razzies[2:15 28/02/2005] E os piores do ano son... George W. Bush e Halle Berry. O presidente americano e a actriz gañadora dun Oscar comparten este ano o deshonor dos prémios Razzie como os piores de Hollywood. A listaxe de gañadores destes desonrosas galardóns, unha espécie de antioscars concedidos en Hollywood 24 horas antes dos Oscar, inclúe tamén a outros dous membros do gabinete de Bush, ademais da cantante e celebridade Britney Spears.

    Na 25ª edición dos galardóns, Halle Berry pasou de gañar a estatuiña máis prezada, o Oscar, a se convertere na pior actriz do momento grazas ao seu último filme, Catwoman. O filme obtivo un total de catro Razzies ao pior do ano e xunto ao de pior actriz está o de pior filme, pior dirección (a do francés Pitoff) e pior guión. O polémico documental Fahrenheit 9/11 empatou con Catwoman nas suas catro vitórias ao pior do ano, pero todos os seus galardóns foron destiñados aos seus protagonistas e non á obra de Michael Moore.

    Ademáis, o filme Scooby Doo 2 obtivo o prémio ao pior remake ou secuela, Campo de batalla: a Terra gañou o prémio ao pior drama dos últimos 25 anos, é dicir, de toda a história dos Razzies, e Arnold Schwarzenegger o de pior actor deste mesmo periodo.

    Os gañadores dos prémios Razzie receben unha figura do tamaño dunha bóla de golf envolta en fita e pintado de cor dourada. Un prémio valorado en 4,97 dolares que nunca chega a mans dos galardoados porque é rara a ocasión na que acode algun dos aspirantes, e este ano non foi unha excepción.

  • [0:03 01/04/2005] Christopher Eccleston, protagonista da nova série da BBC Doutor Who, ven de abandoar o persoaxe por temor a ser encasillado, segundo manifestou. O primeiro episódio foi visto por 10 millóns de espectadores en Inglaterra, o que foi un récord tal que xa se encargou unha segunda tempada mália que só vai emitido un capítulo. E agora os produtores están a procurar outro protagonista desesperadamente: seica hai conversas con David Tennant.

  • [1:57 31/03/2005] Un mundo interactivo no que milleiros de usuários, dende todos os puntos do mundo, conectan-se ao unísono para dirixir o destino das suas persoalidades cibernéticas. O novo xogo desenvolvido por Monolito para a Warner Bros Entertaiment e Sega é só o punto de partida de Matrix: online, o título que promete ser a continuación da saga e contar coa mesma equipa artística dos filmes encabezado por Lawrence Fishburne no papel do visionário Morpheo. Entre os actores que emprestaron a sua imaxe e a sua voz para a causa atopan-se Monica Belluci (Perséphone), Lambert Wilson (Merovincio), ou Mary Alice (O Oráculo). A matrix volve a se recargar o 8 de abril para toda Europa na plataforma PC, e esta vez todos poderemos ser parte activa dela.

  • [1:57 31/03/2005] O pasado 22 estreou-se a última longametraxe de Wes Craven, Cursed, na que facendo honra ao seu título, a rodaxe xa semellaba "maldita". Multitude de problemas de produción, de guión e sobre todo de trocos no reparto, provocaron unha demora de mais dun ano na estrea que condenaron para sempre o filme. Non veremos na montaxe final a Skeet Ulrich, nen a Corey Feldman, ainda que se manteñen Christina Ricci e Shanon Elizabeth, todos eles habituais do fantástico.

  • [2:25 02/04/2005] O antigo protagonista de Expediente X, David Duchovny, anunciou que será o protagonista da vindeira película de ciéncia-ficción Parallel, escrita e dirixida polo novato Josh Boone. Seica é un filme con realidades paralelas, onde Duchovny fará dous papeis á vez.

  • [2:25 02/04/2005] Din que o novo xefe da Paramount, Brad Grey, está por botar atrás o proxecto de levar ao cinema o clásico do cómic de Alan Moore Watchmen, porque non lle parecen ben os cen millóns de dólares de orzamento dos que se fala, ainda que oficialmente os estudos afirman que a película vai-se facer baixo a dirección do inglés Paul Greengrass (The Bourne Supremacy).

  • [0:03 01/04/2005] Dean Haglund, ún dos protagonistas de The Lone Gunmen, a série secuela de Expediente X, dixo que o episódio piloto no que os tres superfriquis evitan que un avión se estrele contra as torres xemelgas foi rodado oito meses antes dos ataques terroristas, pero que ainda así non hai ningunha conspiración agocha nel. A série foi cancelada por baixa audiéncia.


    Oscar para Os Incribeis

    [28/02/2005 13:09] Os Incribeis foi a película que gañou o Oscar ao millor filme de animación da Académia de Hollywood esta noite, batendo a Shrek 2. É a segunda vez consecutiva que a Pixar Animation se fai con este prémio, que o ano pasado obtivo con Procurando a Nemo.

    Outros gañadores da gala no xénero da fantasía e a ciéncia ficción foron ¡Olvídate de mi! polo millor guión orixinal (de Charlie Kaufman) e John Dykstra e a súa equipa de artistas dos efectos especiais por Spiderman 2. Ademáis, Unha série de catastróficas desdichas de Lemony Snicket acadou o prémio á millor maquillaxe, gañando ao filme español rodado en Galiza Mar Adentro. A millor banda sonora foi para Finding Neverland, o filme sobre o creador de Peter Pan, James Barrie.

  • [23:28 03/04/2005] Fixéron-se públicas as nominacións aos prémios Bram Stoker á literatura de terror que son concedidos pola asociación Horror Writers of America. Os gañadores anunciarán-se no decurso da convención anual da HWA que terá lugar en Califórnia o vindeiro 25 de xuño. Ademáis a HWA anunciou que o prémio a toda unha vida será concedido a Michael Moorcock, e o prémio da HWA a editoriais especializadas será para Delirium Books. A listaxe completa cos candidatos aos prémios deste ano podédelos atopar neste enderezo.

  • [17:15 03/04/2005] A escritora galega Blanca Riestra gañou a XXVII edición do Prémio de novela Tigre Juan pola súa obra El sueño de Borges, que a própria autora define como "unha fábula gótica". Riestra (A Coruña, 1970) comentou que a novela "é un pouco complicada: sucede na Praga de Rodolfo II e mistura histórias de alquimistas e manuscritos perdidos". A autora sinoalou que na novela "mistúran-se histórias e épocas" co fío condutor da figura de Jorge Luis Borges, que dá unidade ao libro.

  • [2:25 02/04/2005] O novo filme de M. Night Shyamalan, The lady in the water, xa ten protagonistas: Paul Giamatti (Entre Copas e American Splendor) e Bryce Dallas Howard, unha das actrices de moda na actualidade.

  • [1:55 06/04/2005] Todos os martes do mes de abril a Aula de Cinema do Campus de Esteiro (Ferrol) da Universidade da Coruña programa un ciclo de cinema de fantasía e terror. O día 25, dentro do Festival de Teatro universitário, está prevista a representación de Frankestein pola aula de teatro de Ourense.

  • [1:55 06/04/2005] A canle Fox (que en Galiza poden ver os aboados de "R") estreou o 4 de abril Perdidos ("Lost"), a série revelación, xunto a Desperate Housewives de 2004. Creada por J.J. Abrams, o guionista de Alias, Perdidos cónta-nos a história dos 48 pasaxeiros dun avión accidentado nunha remota e despovoada illa do Pacífico, onde terán que convivir mália as diferéncias entre eles.


    Peter Jackson demanda á New Line

    Peter Jackson, director de 'O Señor dos Aneis'[0:50 02/03/2005] Wingnut Films, a produtora de Peter Jackson, ven de demandar á New Line Cinema reclamando que lle deron unha porcentaxe inferior nos benefícios que lle correspondían pola triloxía de O Señor dos Aneis.

    A Wingnut Films alega nunha demanda federal presentada o luns en Los Angeles (Califórnia) que a New Line e mais a súa filial Katja Motion Pictures non calcularon axeitadamente os benefícios, incluindo os que corresponden á venda de DVDs do filme de 2001 O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel.

    A demanda non especifica que cantidade queren obter polos danos ocasionados pero afirma que o filme recadou máis de 314 millóns de dólares nos despachos de billetes americanos e máis de 556 millóns de dólares no resto do mundo (en total, uns 700 millóns de euros), á parte os benefícios polas vendas de vídeos e diverso merchandising.

    A demanda acusa aos estudos de proporcionar tratos favorables ás filiais da compañía, unha práctica habitual entre as produtoras para evitar ter que repartir benefícios cos seus socios. Segundo a demanda, a New Line non procurou tratos no mercado libre e aberto con compradores auténticos, senón que vendeu os dereitos directamente a compañías filiais.

  • [1:55 06/04/2005] Ryan Reynolds confesou nunha recente entrevista que agarda poder facer o papel protagonista na vindeira película baseada no persoaxe da DC Comics Flash, que vai dirixir David Goyer.

  • [1:56 06/04/2005] Frank Langella fará o papel do director do Daily Planet, Perry White, na vindeira Superman Returns, sustituindo ao actor inglés Hugh Laurie, quen renunciou antes de comenzar seica porque tiña unha axenda moi chea por mor dunha série que está a rodar para a canle Fox.

  • [1:56 06/04/2005] O produtor Chris Moore fará o seu debú na dirección con Race With the Devil, un remake dun thriller de terror de 1975 sobre unha secta satánica.

  • [1:56 06/04/2005] Xa non sabemos se tomar en sério ou non os rumores, pero agora é o de sempre, Pierce Brosnan, quen seica ten todas as papeletas para se facer de novo co papel de axente 007 na vindeira Casino Royale. Din que os prebostes da Sony queren que sexa o protagonista porque non confían en ningún outro, e claro, agora haberá que agardar e ollar.

  • [1:56 06/04/2005] As protagonistas da série fantástica Desperate Housewives foron "cachadas" polos fotógrafos mentres se atopaban enzarzadas nunha forte rifa. Seica aconteceu cando Teri Hatcher, a estrela da série, foi colocada no centro do grupo mentres sefacían unha foto, e aí xurdiron as envexas agochas durante meses. A cuestión é que os paparazzis non desperdiciaron a oportunidade e a foto saíu na portada das revistas.


    Feira do Fanzine en Almada

    [21:26 05/03/2005] Recebimos a seguinte comunicación dos nosos amigos da Câmara Municipal de Almada, que de seguido reproducimos na súa literalidade:

    Estamos a preparar a 8ª edição da Feira Internacional do Fanzine e outras publicações alternativas, que terá lugar na Casa Municipal da Juventude - Ponto de Encontro, em Almada entre o 13 e o 21 de maio de 2005.

    Gostariamos de poder contar com as vosas publicações na grande exposição que irá acolher publicações alternativas, vindas de todo o mundo. Enviem-nos os vossos fanzines até o próximo día 6 de abril, para a morada: Ponto de Encontro - Rúa Trindade Coelho 3, 2800-297 Cacilhas - Almada (Portugal).

    Contamos também com a vossa participação na divulgaçao deste evento. Após o encerramento, receberão ainda alguma documentação relativa à Feira.

    Até lá, um abraço!

  • [1:57 06/04/2005] Os actos do Día Internacional do Libro Infanto-Xuvenil continúan toda esta semana en librarías e bibliotecas de Vigo. "El Corte Inglés" desenvolve eventos relacionados coa data conmemorativa, en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil na primeira planta do local adicado á Informática (Gran Vía, 28). Alí mesmo haberá un taller de ilustración con plastelina e o venres, a entrega dos prémios do concurso "Cómo imaxinas a Don Quixote de neno?". O luns inaugurou-se na sección de libraría do Centro Comercial Plaza-E unha exposición de libros en galego de Andersen, Jules Verne, Tolkien e de Peter Pan. A mostra poderá visitar-se até o sábado 9 de abril.

  • [1:56 06/04/2005] Pois si: Sean Connery repetirá o seu papel como 007 unha vez mais, pero desta volta para a vindeira versión do videoxogo da Electronic Arts de Dende Rúsia con amor. Connery gravará os diálogos para o xogo.

  • [1:56 06/04/2005] Sin City tivo anoite a sua estrea mundial no Teatro Mann de Westwood, Califórnia, coa asisténcia da totalidade do reparto e do mesmo Frank Miller, creador dos cómics nos que se basea a longametraxe. O website IESB colocou vários vídeos do evento mentres que a páxina oficial de Sin City realizou algunhas modificaciones abondo interesantes.

  • [22:58 07/04/2005] Para non deixar de falar de rumores (algún terá que ser o verdadeiro), os produtores da vindeira película de James Bond veñen de rexeitar os informes dun xornal inglés segundo o cal o actor daquela país Daniel Craig ven de se facer co papel do superespía. Craig, de 37 anos, era ún dos candidatos xunto a Clive Owen, e agora din que Barbara Broccoli (produtora da saga de 007) ofreceu-lle o papel para as vindeiras tres películas.

  • [22:58 07/04/2005] A actriz holandesa Famke Janssen ven de asinar o seu contrato para volver a interpretar un papel en X-Men 3, malia que o seu persoaxe (Jane Grey) morrera na segunda parte para salvar aos seus compañeiros mutantes. Pero dado que nos comics Jane Grey tamén morreu unhas vinte veces, sempre resucintando de contado, non haberá ningún problema para que osfans traguemos co que sexa.

  • [22:58 07/04/2005] Michael Bay será definitivamente o director de The Transformers, a vindeira produción da DreamWorks e a Paramount, con Steven Spielberg de produtor executivo. The Transformers será unha longametraxe baseada na popular liña de xoguetes, que á súa vez converteu-se nunha série de cómics e logo nunha série de debuxos animados nos anos 80. A rodaxe comezará en outono.

  • [22:58 07/04/2005] A BBC, que hai uns días informou da "fuxida" do actor protagonista da série Doutor Who, Christopher Eccleston, tivo que pedir públicas desculpas ao actor por malinterpretar os motivos da súa saída da série. Agora din que xa chegaran ao acordo de só facer unha tempada con el, e iso é o que aconteceu realmente. Ademáis, tamén confirmaron, tal e coma vos adiantou NOVAfantasia.com, que están en negociacións con David Tennant como posible sustituto de Eccleston.

  • [1:14 07/04/2005] A cantante Alaska protagoniza hogano o cartel da Semana de Cinema Fantástico e de Terror de Donosti, na que, ademáis das fitas que compiten nas seccións de longas e curtametraxes, exhibirá-se unha retrospectiva de filmes españois do xénero e celebrarán-se sete exposicións temáticas. Alaska presentou nunha conferéncia de prensa, á que tamén asistiu o director da Semana de Cinema Fantástico e de Terror, José Luis Rebordinos, o cartace da decimosexta edición deste festival, que terá lugar na capital guipuscoana entre o 29 de outubro e o 5 de novembro.

  • [22:58 07/04/2005] A Editorial Planeta DeAgostini informou nun comunicado dirixido á prensa que, tal e como vos informáramos previamente en NOVAfantasia, a partir do vindeiro mes de xuño de 2005, pasará a editar e publicar en España os cómics de DC Comics, incluindo as liñas editoriais do Universo DC, Vertigo e Mad. Para más información, podedes consultar regularmente a súa páxina web planetadeagostinicomics.com.

  • [0:27 13/04/2005] Sean Astin (O Señor dos Aneis) emprestará a súa voz para a vindeira película de debuxos animados Cat Tale. Elisha Cuthbert, Stanley Tucci e Alan Cumming tamén participarán neste filme, no que xa están integrados Fred Willard, Catherine O'Hara, Billy Idol, Rip Torn e Chazz Palminteri. Astin porá a voz a Rover, un gato criado en Canópole que volve á súa casa en Gatópole.

  • [0:27 13/04/2005] Máis de douscentos anos de narrativa fantástica en catalán foron axuntados baixo o título Els altres mons de la literatura catalana por Galaxia Gutenberg e mais o Círculo de Lectores co obxectivo de "paliar a pouca visibilidade" deste xénero (?).

  • [21:43 11/04/2005] É cuestión de tempo que os contos e novelas de Neil Gaiman sexan adaptados ao médio que o fixo famoso, o cómic. Agora é Neverwhere (versión novela publicada en España por Norma), que está a ser adaptada ao cómic pola DC. O primeiro número (de nove previstos) sae á venda, na liña Vertigo, o 22 de xuño nos EE.UU. Neverwhere, primeira novela de Neil Gaiman en solitário (antes asinara Bos presáxios con Terry Pratchett) naceu en realidade como un proxecto para a televisión; en 1996 foi estreada a minisérie de seis capítulos na BBC. A novela, baseada no guión da minisérie, apareceu dous anos despóis.

  • [0:01 09/04/2005] Ainda que a nova non se fixo pública polo de agora (será publicada no vindeiro informe de progresos da IberCon), xa sabemos que foi creada unha lista de correio para participar e manter-se ao día no que respeita á I IberCon, a celebrar en Vigo este ano. A lista cháma-se Ibéria Fantástica, e podedes atopala neste enderezo web. Novamente moitas grazas a Ignacio Agulló por nos facilitar esta primícia!

  • [0:28 14/04/2005] Francis Ford Coppola ven de abandoar o seu proxecto de dirixir un filme de ciéncia-ficción titulado Megalopolis. Segundo informaron fontes españolas, o director dixo que o proxecto era grande de máis polo que se lle fora das mans e que decidira adialo indefinidamente. Seica Coppola leva traballando neste proxecto dende hai máis dunha década e xa ten rodadas centos de horas de material, pero foi adiado tantas veces que non se espera que o recupere axiña.

  • [0:27 13/04/2005] John Wentworth, un alto executivo da Paramount Television, a canle que produce Star Trek: Enterprise, non só negou que os estudos manteñan ningún tipo de conversas con "Trek United", o grupo de fans que está a recadar cartos para evitar a cancelación da série, senón que mesmo enviou o mes pasado unha carta ao xefe do grupo, Tim Brazeal, decíndo-lle que os estudos non aceptarán os cartos dos fans para ese propósito: "a decisión de cancelar a série é definitiva", dixo.

  • [0:27 13/04/2005] O website oficial de Gillian Anderson vai celebrar unha poxa pública en eBay na que se ofertarán traxes e outros artigos provintes da série Expediente X na que Anderson interpretou á axente Dana Scully. Os benefícios irán a parar a unha organización de loita contra a fibromatose, enfermidade que sofre o irmán de Anderson dende 1984. A poxa comezou o pasado 10 de abril e rematará o vindeiro 1 de maio.

  • [0:27 13/04/2005] A Sociedade Heinlein ven de escoller aos escritores de ciéncia ficción Larry Niven e Jerry Pournelle como gañadores do prémio Robert A. Heinlein 2005, que recoñece á millor obra de ciéncia ficción ou ao millor escrito ténico inspirado na exploración humana do espazo. Os prémios serán entregados o vindeiro 4 de setembro en Seattle no decurso da Convención de Ciéncia Ficción de Norte América.

  • [22:31 14/04/2005] subcontratado (sic) é unha novela por entregas, escrita directamente nun blog. É unha experienza nova que vai probar o seu autor, o noso colaborador Santiago Eximeno. Será unha novela on-line, na que se amosará o proceso de creación dende cero.

  • [0:28 14/04/2005] Din que Mel Gibson está a planear facer unha película sobre o recentemente falecido Papa Xoán Paulo II. O actor e director é membro dunha seita ultracatólica chamada "Sagrada Família", e o venres pasado enviou a unha equipa de rodaxe a Roma para capturar tomas que poidan servir para o seu proxecto. Ademáis deste filme, seica Gibson está tamén a desenvolver outra épica relixiosa sobre os tres nenos que supostamente viron á Virxe María en Fátima, Portugal, en 1917.


    Phantasm resucita?

    [22:02 10/03/2005] A New Line Cinema está en negociacións finais co realizador Don Coscarelli para traer de novo o filme de terror de culto Phantasm de novo á pantalla grande. O Phantasm orixinal, que Coscarelli escribiu e dirixiu en 1979, era a história dun rapaz chamado Mike e dos seus amigos, que loitaban contra un misterioso ladrón de tumbas coñecido coma "O Home Alto" e as súas esferas voadoras. A película tivo tres secuelas, todas elas dirixidas por Coscarelli.

    Coscarelli sería o produtor desta nova versión, na que o Home Alto viaxa de vila en vila resucitando aos mortos e recrutándoos como exército para loitar a todos os que se lle opoñan. Mike, que estáa desenvolver poderes psíquicos, e mais o seu irmán, tentarán detelo. A película está a ser desenvolvida como un relanzamento e como posible triloxía sobre a maioría de idade de Mike.

    Coscarelli dixo que foron tres os elementos que fixeron destacar á triloxía no eido do terror: o Home Alto, interpretado por Angus Scrimm, as esferas e a ambientación.


    Lucas di que O Sith será para maiores

    [22:02 10/03/2005] George Lucas di que a entrega final da saga da Guerra das galáxias podería obter unha calificación de "para maiores de 13 anos" nos Estados Unidos: "Non coido que eu levase a un neno de 5 ou 6 anos a ver isto. É forte de máis", dixo Lucas ao respeito do seu filme A Vinganza do Sith nunha recente entrevista. "Eu coido que será probabelmente para maiores de 13 anos, así que será o primeiro filme da saga para maiores de 13 anos".

    A Vinganza do Sith, a terceira e derradeira precuela na triloxía da Guerra das Galáxias, será estreada o vindeiro 19 de maio, e nela asistiremos á transformación de Anakin Skywalker en Darth Vader, un descenso baseado na visión de Lucas do inferno, un planeta mítico composto enteiramente de volcáns en erupción.

    "Ímo-lo mirar facer un pacto co demo", dixo o director. "O filme é moi escuro, moi emocional. É sobre todo unha traxédia".

    Mália as malas críticas que levaron os Episódios I e II, Lucas dixo que realmente está moi contento e encantado coa saga enteira.


  • [22:31 14/04/2005] Seica o protagonista de Snatch: Porcos e diamantes e Operación swordfish, Vinnie Jones, está a negociar o seu contrato para interpretar a Juggernaut, que será ún dos supermalvados de X-Men 3. A longametraxe, que estará dirixida polo produtor dalgunhas das fitas nas que apareceu Jones, Matthew Vaughn, comezará a se rodar en breve.

  • [22:31 14/04/2005] O "duro" de Hollywood Bruce Willis (O Quinto Elemento) foi onte honrado en París (Franza) pola súa contribución á indústria cinematográfica polo governo daquel país. O actor, de 50 anos, foi nomeado Officier dans l'Ordre des Arts et des Lettres (Oficial da Orde das Artes e das Letras) nunha cerimónia presidida polo Ministro de Cultura galo, Renaud Donnedieu de Vabres, quen dixo que "este é o xeito francés de render tributo a un actor que é o epítome da forza do cinema americano". Willis dixo estar emocionado e agradeceu moito esta honra.

  • [13:44 19/04/2005] Star Wars: Revelations é un filme de 40 minutos de duración e 250 Megas de tamaño, recén estreado na Internet, pero que utiliza os persoaxes e o universo da Guerra das Galáxias, todo sen permiso de George Lucas e sen case médios (a pesar do cal tardou tres anos en se realizar). A cuestión é que como ninguén cobrou ren por facela, non se lles pode demandar. A descarga podédela facer dende aquí e por suposto que recomendámola para os fans máis fans da saga das Galáxias!

  • [21:50 16/04/2005] Warwick Davis (o anano de Willow e Harry Potter) dixo nunha recente entrevista que está por cumprir o seu soño de protagonizar e producir unha película chamada Agent One-Half ("Médio Axente"), unha aventura de espías da que dixo que será "unha espécie de história ao James Bond".

  • [21:50 16/04/2005] O director Lee Tamahori será o encargado de realizar a vindeira película de Nicolas Cage, Next, unha adaptación dunha obra do escritor clásico de ciéncia-ficción Philip K. Dick. Tamahori (Morre Outro Día) dixo que o filme comezará a se rodar este verán e será estreado contra o ano que ven. Next está baseado no relato de Dick The Golden Man, sobre un home que pode ver o futuro máis próximo.

  • [21:50 16/04/2005] Ainda que hai uns días o voceiro da Paramount negaba todo tipo de contactos cos fans de Star Trek para aceptar o seus cartos cara a producir unha quinta tempada da série Star Trek: Enterprise, agora os fans agrupados ao redor da organización "Trek United" din que estar a manter conversas en segredo e que xa hai algunhas canles interesadas, concretamente unha canadiana.

  • [13:16 16/04/2005] Se o vello Sinbad volvese ás illas, a inmortal obra de Álvaro Cunqueiro, será a primeira obra galega traducida ao árabe. Este ano, o PEN Clube de Galiza encargou a tradución ao árabe desta novela, que está a facer o hispanista marroquino Larvi el Harbi e servirá de prólogo a outra acción expansionista das letras galegas no mundo árabe como será "a tradución dunha antoloxía de poetas galegos" á nosa língua, adiantou onte o presidente do PEN Clube de Galiza, o poeta Luís González Tosar.


    McCaughrean escribirá a segunda parte de Peter Pan

    Geraldine McCaughrean[23:04 13/03/2005] A escritora de libros infantís Geraldine McCaughrean foi escollida para escreber a segunda parte da história de Peter Pan, o neno que nunca quixo medrar do novelista e dramaturgo escocés James Mathew Barrie (1860-1937). A autora británica foi escollida por un xurado do hospital de nenos Great Ormond Street de Londres, que ten os direitos da história orixinal de Barrie, e o seu nome foi anunciado hoxe no centro de conferéncias Olympia desta capital.

    O hospital decidiu o ano pasado encarregar a procura dun autor para que elaborase a segunda parte de Peter Pan, unha novela escrita en 1904 e que apareceu primeiro nun teatro da capital británica e anos despois en forma de conto. Editoriais e axentes literários de todo o mundo foron convidados o ano pasado a apresentar nomes de autores preparados para seguir os pasos do famoso héroe infantil.

    Asi, o hospital optou pola autora británica, gañadora en tres ocasións do prémio literário Libro do Ano Infantil Whitebread: "É un priviléxio abraiante e de enormes proporcións deixar-se perder no País de Nunca Xamais, armada só cunha pluma, e sabendo que estou a camiñar nas veneradas pegadas de Barrie", dixo hoxe a autora. "Completar este libro será a aventura literária da miña vida, e con tanta diversión! Estou encantada", afirmou.

    O título da nova história chamará-se Capitán Pan e o hospital estipulou que debe contar cos personaxes orixinais: Wendy, Campaíña e o capitán Garfo. No xurado que escolleu á escritora figurou David Barrie, descendente do criador do famoso neno: "Coido que a JM Barrie lle gostaría o seu estilo [da autora], e se me engano, el voltará para perseguirnos", dixo.

    McCaughrean gañou en xaneiro pasado o terceiro prémio Whitbread de libro infantil por Not the end of the world, un história sobre ao Arca de Noé. Tamén obtivo ese galardón en 1987 por A little lower than the angels e en 1994 por Gold Dust.

    Cando JM Barrie morreu en 1937, deixou os direitos de reprodución e outros direitos de propriedade intelectual de Peter Pan ao coñecido hospital de nenos de Londres. Agora, as regalías da nova obra dividirán-se entre McCaughrean e o centro sanitário.

    A directora executiva do hospital Great Ormond Street, Jane Collins, dixo hoxe que sempre querian facer a segunda parte polo "enorme pracer que Peter Pan deu a nenos e adultos durante mais de cen años" e pola "oportunidade de seguir co xeneroso apoio de JM Barrie ao hospital de nenos. Peter Pan pode que nunca medre, pero os ingresos que nos xerou axudaron a moitos outros nenos a medrar durante anos", suliñou Collins.

  • [13:44 19/04/2005] O Grande Irmán non descansa: agora é o director de orquestra americano Lorin Maazel quen dará a coñecer unha faceta nova do seu talento coa estrea mundial, o vindeiro 3 de maio en Londres, da súa ópera 1984, baseada na obra homónima do novelista George Orwell. Seica é un encargo que lle fixo a Maazel o director alemán de ópera August Everding cando estaba ao fronte da de Múnich, pero ése finou en 1999, e o seu sucesor non asumiu o proxecto, polo que Maazel tivo que seguir pola súa conta.

  • [13:44 19/04/2005] Disque Peter Jackson, por mor da titánica producción de King Kong que está a facer arestora, perdeu trinta quilos e está a ficar incapacitado para asistir á rodaxe da súa película, polo que lle pediu nada menos que a Bryan Singer, quen anda pola mesma zona rodando Superman Returns, que lle sustituise por un día. O pior é que as malas línguas afirman que ao día seguinte Jackson non puido continuar, polo que foi de novo sustituido, desta volta por Frank Darabont e por espazo dunha semana, até rematar a rodaxe. Soa a montaxe comercial, pero tampouco desbotamos nada.


    O Hobbit pode agardar

    [1:51 15/03/2005] O director de O Señor dos Aneis, Peter Jackson, ven de dicir nunha recente entrevista que pasarán alomenos tres anos antes de que poda poñer-se a rodar O Hobbit. Jackson está arestora ocupado con King Kong, e segundo dixo, deberemos agardar tres ou catro anos antes de que O Hobbit vexa a luz da súa man.

    Os dereitos de O Hobbit están divididos entre a MGM e a New Line Cinema. Jackson dixo que estaba desexando regresar á Terra Média, pero que a venda da MGM á Sony puxo as cousas nun punto incerto: "Coido que hai probabelmente un desexo e mais unha vontade de intenta-lo e de face-lo, pero coido que vai haber unha chea de avogados sentados nunha habitación tentando botar abaixo o asunto mesmo antes de que comece".

  • [0:12 20/04/2005] O actor inglés Christopher Eccleston non perdeu tempo na procura dun novo traballo após de deixar a série Doctor Who: agora vai ser o malvado en O Código Da Vinci. Eccleston é o máximo favorito para iterepretar ao monxe asasino Silas na vindeira adaptación ao cinema que vai facer Ron Howard da popular novela de Dan Brown. Din que Jim Carrey tamén estaba na lista de candidatos, pero nunca se sabe. O filme xa conta cun reparto no que estarán Tom Hanks, Jean Reno e Audrey Tautou e comezará a súa rodaxe en xuño.

  • [0:12 20/04/2005] Scott Bakula, o protagonista da série cancelada Star Trek: Enterprise, dixo que os plans para facer unha película baseada na série ficaron conxeados cando na Paramount chegaron novos xefes a primeiros deste ano. Bakula dixoquye está desexando facer o filme, pero que non sabe o que vai pasar coa franquícia agora.

  • [0:12 20/04/2005] Outra série que seica está preto do seu fin é a das irmás Halliwell, Charmed (en España, Embrujadas). Seica din que a presente tempada será a derradeira após de que o derradeiro episódio, a mitir nos EE.UU. o vindeiro 22 de maio, traia unha grande sorpresa final. Pero ainda hai espranzas, así que os fans xa poden comezar a campaña de rigor!


    A Igrexa inicia unha cruzada contra O Código da Vinci

    [13:14 16/03/2005] A Igrexa Católica rompeu o seu silenzo sobre a novela de Dan Brown O código da Vinci. O cardenal Tarcisio Bertone, arcebispo de Xénova, declarou que a história está construída a base de mentiras. Bertone explicou a un xornal italiano, segundo recolle a BBC, que está preocupado polo feito de "que a xente se cria esas falsedades. Nun libro que se vendeu tanto e que está en todas partes, hai un alto risco de que moita xente tome por verdades as hipóteses da novela", explicou o cardeal. Ún dos argumentos da história é que a Igrexa ocultou un suposto fillo entre Cristo e María Magdalena.

    Bertone realizou estas declaracións por própria vontade, sen ser preguntado, e un voceiro do cardeal negou que se deba a presións do Vaticano, desacougado polo alto número de vendas que atinxiu en todo o mundo o libro de Dan Brown. Pero o certo é que a Igrexa decidiu lanzar unha cruzada contra O Código dá Vinci, o maior éxito literário dos últimos tempos, un libro que "revela" o matrimónio de Xesus Cristo e María Magdalena. A batalla para rebater as "mentiras, distorsións e erros" das páxinas de Dan Brown será encabezada, por orde do Vaticano, polo cardenal Tarcisio Bertone, bispo de Xénova.

    Bertone, un dos posibeis sucesores do Papa, comezou con esta misión onte mesmo e declarou que a novela de Brown é un intento deliberado de desacreditar á Igrexa Católica mediante falsacións absurdas e vulgares. O bispo de Xénova tratará agora de desmontar as tramas conspirativas da novela cunha série de debates públicos. O primeiro debate contra Brown será hoxe en Xénova.

    A designación do Cardenal Bertone é un claro sinal de que o Vaticano está nervoso pola continuidade do éxito internacional desta novela, que ainda que di poucas ou ningunha verdade, non é menos certo que é un intento de trocar unha mentira por outra. Que cada quen escolla a que máis lle goste.

  • [2:04 23/04/2005] Natalie Portman (a raíña Amidala da Guerra das Galáxias) será a protagonista de Mr. Magorium's Wonder Emporium, un filme fantástico que guionizará e dirixirá Zach Helm. Richard Gladstein e Jim Garavante serán os produtores. Portman fará o papel da xerente dunha tenda de xoguetes que semella cobrar vida por mor do espírito do seu excéntrico propietário, e cando a súa saúde comeza a fallar, quere entregarlle a tenda a ela. Portman aínda terá que poñer este filme na ringleira da axenda, xusto despóis de Goya's Ghosts, na que é a coprotagonista canda Javier Bardem, ambos os dous dirixidos por Milos Forman.

  • [22:19 21/04/2005] Steven Fry confirmou nunha entrevista que el será ún dos intérpretes de V for Vendetta, o filme baseado na clásica novela gráfica de Alan Moore, e que lle acompañarán no reparto John Hurt, Tim Pigott-Smith e Sinead Cusack. A película estará producida polos irmáns Wachowski, e James Purefoy, Natalie Portman e Stephen Rea tamén serán membros do reparto. A rodaxe comezou hai unhas semanas e está arestora a se producir en Berlín.

  • [1:47 21/04/2005] Os fans máis acérrimos da Guerra das Galáxias terán a ocasión de acadar un número ún nas listas de éxitos de supervendas musicais para o seu filme favorito, porque a sintonía orixinal do filme vai ser editada como single o mes que ven. A canzón, composta e dirixida por John Williams e interpretada pola London Symphony Orchestra, aparecerá o 23 de maio en todo o mundo, só catro días despóis da estrea oficial de A Vinganza do Sith.

  • [1:47 21/04/2005] Ian McKellen (Gandalf en O Señor dos Aneis) e Alfred Molina (Spiderman 2) terán tamén un papel reservado na vindeira O Código Da Vinci, o filme que dirixirá Ron Howard adaptando a novela de Dan Brown. Molina fará o papel do Bispo Arigarosa, mentres que McKellen interpretará a Sir Teabing. E se queredes saber quen son estes persoaxes, lede a novela, cuxa edición en galego é posíbel atopar en calquera libraría!

  • [0:21 27/04/2005] O actor Denzel Washington (Seven) será o protagonista do thriller de viaxes polo tempo Deja Vu que vai dirixir Tony Scott e producir Jerry Bruckheimer. O trío xa fixera xuntos anteriormente o thriller de submarinos Crimson Tide. O guión, de Terry Rossio (Piratas do Caribe) vai sobre un axente do FBI que pode viaxar polo tempo e namóra-se dunha muller que vai ser asasinada.

  • [21:50 25/04/2005] O prémio de relatos en español Domingo Santos 2005 vai-se convocar en breve prazo. Tráta-se dun prémio que dende 1992 é orgaizado xunto con cada HispaCon. Na súa edición actual, está financiado pola Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror (AEFCFT). O Colectivo Nemo, orgaizador este ano da IberCon, ten a decisión de fixar o importe do prémio, pero como na Simetria non semellan estar moi pola laboura de participar orgaizando un prémio paralelo en portugués, o Domingo Santos será a primeira actividade "monolíngüe" asociada á futura IberCon.

  • [2:25 24/04/2005] Finou onte o célebre actor inglés John Mills (nado en 1908). Ainda que era ben popular para calquera afeccionado ao cinema, o xénero fantástico non-o botará en falla. Entre as súas escasas contribucións cabería destacar Quatermass, Dr. Strange, A volta ao mundo en 80 días (1989) e Frankenstein (1993).

  • [2:04 23/04/2005] Disque Hugh Jackman (Lobezno en X-Men) está na súa Austrália natal rodando secretamente escenas para a vindeira película de Superman de Bryan Singer. Os informes aseguran que Jackman fará do pai adoptivo de Clark Kent, Jonathan Kent, en escenas de flashback que se verán na vindeira Superman Returns. Por certo, que o que non son rumores senón realidade é a primeira foto oficial de Superman, que podedes ver nesta ligazón.

  • [10:13 28/04/2005] O pasado 19 de abril finou o director de cinema George P. Cosmatos, coñecido sobre todo por ser quen fixo esa "obra mestra" titulada Rambo, pero entre cuxos créditos figura ademáis unha de ciéncia-ficción: Leviathan, unha espécie de cópia de Alien pero baixo o mar e feita en 1989.

  • [0:21 27/04/2005] A estrea mundial da derradeira entrega da saga da Guerra das Galáxias acadou vender nuns poucos minutos todos os billetes das seis proxeccións. Só había 1.000 entradas para a estrea o 16 de maio no cinema Leicester Square Empire de Londres e os fans só tardaron cinco minutos en mercar todos os billetes.

  • [0:21 27/04/2005] Joel Silver, produtor da vindeira adaptación cinematográfica da superheroina do cómic Wonder Woman, dixo nunha entrevista que deu carta branca ao director e guionista Joss Whedon para "reinventar" ao persoaxe clásico. Silver dixo que o filme será moito millor que as anteriores adaptacións de superheroinas feitas polo cinema.


    Tirante o branco, en rodaxe

    [1:28 17/03/2005] O director español Vicente Aranda comezará o vindeiro dia 28 a rodaxe de Tirante o branco, a adaptación cinematográfica desta obra clásica da literatura épica catalana. O cineasta apresentou hoxe o proxecto á prensa acompañado pola equipa artística do filme, encabezado polo actor inglés Caspar Zafer e a xove española Esther Nubiola, a omnipresente Victoria Abril, Ingrid Rubio, o italiano Giancarlo Giannini e a inglesa Jane Asher, ainda que non asistiu Leonor Watling, quen dará vida a unha das damas da corte de Bizáncio.

    Aranda, que levaba perseguindo este proxecto dende hai corenta anos, escolleu adaptar non os cinco tomos dos que consta o romance, se non só a parte na que o heroe chega a Constantinopla no intre no que o Emperador está moi vello e a sua heredeira, a sua única filla, Carmesina, carece de predisposizón política.

    É entón cando o Grande Turco, que está a perder batallas, ve como solución para tomar o poder casar con Carmesina. Pero as damas da corte, todas namoradas de Tirante, consideran que debe ser el quen cortelle á xove para chegar asi ao poder.

  • [20:41 28/04/2005] David Duchovny, o axente Mulder de Expedientes X, regresará ao mundo do paranormal en The Secret, o último filme xaponés de terror do que se vai facer un remake americano. O actor e director suizo Vincent Perez será o encargado de dirixir esta nova versión con Luc Besson no papel de produtor executivo. Lili Taylor e Olivia Thirlby tamén intervirán no filme. The Secret é un remake da película xaponesa de 1999 Himitsu, cun triángulo entre un pai, unha nai e unha filla de 16 anos. Cando a nai morre nun accidente, o seu espírito enmeiga o corpo da moza.

  • [20:41 28/04/2005] Sean Bean (O Señor dos Aneis) será o protagonista de Silent Hill, un novo filme baseado nun xogo de ordenador de acción estridente e zombis por todas as partes nunha vila abandoada. Bean será o home do persoaxe de Radha Mitchell. Ademáis, no reparto xa están Laurie Holden (Expediente X), Deborah Kara Unger (Ruido Branco), Kim Coates (Hostage) e Tanya Allen (Starhunter). Christophe Gans (A Irmandade do Lobo) será o director.

  • [20:41 28/04/2005] Brannon Braga confirmou nunha entrevista o que será o seu primeiro proxecto após de deixar a nave Enterprise: Threshold, un episódio piloto para unha nova série baseada nunha invasión alieníxena. Braga co-escribiu o guión e será o produtor executivo con David Goyer (Blade: Trinity), quen á súa vez será o director. No reparto van estar Charles S. Dutton (Gothika) e Brent Spiner (Data en Star Trek: A nova xeración).

  • [20:41 28/04/2005] Platinum Dunes, a compañía de Michael Bay, está en negociacións co produtor Peter Guber e con Mandalay Pictures para desenvolver un remake do clásico do terror de 1963 Os paxaros, dirixida por Alfred Hitchcock. A nova versión estará baseada, o mesmo que o orixinal, no relato de Daphne du Maurier sobre uns paxaros que misteriosamente atacan ás persoas dunha vila. A Universal, que posúe os dereitos deste filme, xa producira en 1998 un remake de Psicose baixo as ordes de Gus Van Sant. Esperemos que o resultado desta nova versión non sexa tan desastroso coma no caso do filme de Van Sant.


    Finou André Norton

    André Norton[1:05 19/03/2005] A escritora de ciéncia ficción e fantasía André Norton, autora da saga de Mundo de Bruxas, finou aos 93 anos de idade.

    A súa morte foi anunciada pola súa amiga Jean Rabe, quen informou de que Norton morrera o pasado 17 de marzo por mor dun fallo cardíaco na súa casa de Murfreesboro, un subúrbio de Nashville (Tennessee, Estados Unidos).

    Norton pedira antes da súa morte que non quería ter funerais (algúns coidaban que era seguidora do wiccanismo e outros que era atea), polo que será incinerada xunto con dous exemplares da súa primeira e derradeira novelas.

    Nacida como Alice Mary Norton o 17 de febreiro de 1912 en Cleveland, escribiu máis de 130 libros de moitos xéneros distintos durante unha carreira que durou case 70 anos. O seu alcume, André, que pasou a ser o seu nome legal en 1934, comezou a utilizalo porque coidaba que só ía escribir para nenos e que un nme de home había axudala nas vendas.

    A Sociedade "Science Fiction and Fantasy Writers of America" creara recentemente o Prémio Andre Norton para novelas xuvenís, e o primeiro galardón será entregado en 2006.

    A súa série Mundo de Bruxas, que vai sobre un planeta imaxinário ao que só se pode chegar mediante a máxia, inclue máis de 30 novelas. A súa obra ainda é pouco coñecida en Galiza, pero a súa saga das bruxas é todo un clásico da fantasía, recoñecida coma unha das primeiras e máis famosas aparicións da temática fantástica na ciéncia ficción clásica.

    Norton foi a primeira muller que obtivo o recoñecemento de Grande Mestre da ciéncia ficción da SWFA (Sociedade Americana de Escritores de Ciéncia Ficción). A súa derradeira novela copleta, Three Hands for Scorpio, será editada en abril.

    Vigalondo rodará un filme de ciéncia ficción

    Nacho Vigalondo[13:39 24/03/2005] O director de cinema Nacho Vigalondo, que está disposto "a non perder a perspectiva" despois de ter sido candidato ao Oscar, debutará na longametraxe con Os cronocrimes, un filme de ciéncia ficción "divertido, moi frenético e imprevisíbel" na que non haberá "raios láser nen naves espaciais chocando entre si".

    Vigalondo alimentará duas das súas paixóns cando en setembro se poña diante da cámara: a ciéncia ficción e as postas en cena "mínimas" e "con pouca complexidade de orzamento", explicou nunha recente entrevista o cineasta cántabro, quen esta semana volveu á sua aldea natal, Cabezón de la Sal. Os seus viciños ainda están "alucinados" co seu éxito en Hollywood, ainda que non se trouxese a estatuiña pola sua curtametraxe 7:35 da mañá, o "bicho raro que se coara nas nominacións".

    A el lle gostaria que Cantábria fose o escenário de Os cronocrimes' porque os exteriores son montañosos e as localizacións "moi do norte", pero recoñeceu que a decisión final non lle corresponde "ao cen por cen".

    Fanático da ciéncia ficción, e en especial das novelas dos anos sesenta e setenta, "cando os escritores forzaban a sua imaxinación até uns límites que ainda surprenden", o seu filme arrinca coa viaxe cara atrás no tempo dun home que, no canto de se trasladar "á infáncia ou a unha época ensoñadora", só viaxa vinte minutos "e aí se comeza a desencadenar un engrello, que como o proprio título suxire, non pode rematar moi ben".

    A sua intención é facer "un primeiro filme que teña realmente connotación de primeiro filme", sinalou o cineasta, que se enfrentará ao repto de que en España se "tomen en sério conceitos e situacións que asociamos ao cinema americano". Pero antes porá-se a traballar nunha nova curtametraxe, O choque, por "puro amor ao curto" e "non para demostrar ren", como acostuma ocorrer, ao seu xuízo, con quen se lanzan ao xénero "coa vista posta en facer despois un longo ou demostrar a sua valia como directores".

  • [0:14 29/04/2005] Clive Owen ven de asinar o seu contrato para protagonizar a vindeira película de ciéncia-ficción da Universal, Children of Men, que será dirixida por Alfonso Cuaron (Harry Potter e o Prisioneiro de Azkaban). A película está ambientada nun futuro onde a xente xa non pode ter nenos. Marc Abraham e Eric Newman producirán este filme, que está baseado na novela homónima do escritor de mistério P.D. James. Deste xeito, Owen seica ten menos papeletas para interpretar a James Bond, pero xa veremos o que acontece...

  • [0:14 29/04/2005] Os irmáns Larry e Andy Wachowski, que están a producir e coguionizar a vindeira adaptación cinematográfica da novela gráfica de Alan Moore V for Vendetta, tamén dirixirán algunhas escenas para este filme, segundo anunciou hoxe o produtor Joel Silver. Será a primeira vez que os Wachowski dirixan unha película dende que remataron a súa triloxía de Matrix.

  • [21:11 28/04/2005] A canle en español Antena 3 (visíbel dende case toda Galiza) ven de programar para o mes que ven o que chaman "o maio galáctico", que non ten ren que ver coa sua equipa de fútbol favorita, senón que seica emitirán as cinco películas estreadas da saga da Guerra das Galáxias, por orde non cronolóxica de estrea senón de episódios. Xa sabedes: se queredes ver unha chea de publicidade misturada con algo de ciéncia-ficción, pois aí tedes a ocasión perfecta.

  • [20:41 28/04/2005] Doug Jones, que fixo de axente acuático en Hellboy, anunciou no seu sítio web oficial que de novo vaise reunir co director daquel filme, n Guillermo del Toro, para facer a película de terror española O Labirinto de Pan, do que xa vos déramos novas en NOVAfantasia.com hai uns meses. Jones fará de Pan neste filme, unha secuela de O Espiñazo do diaño, dirixido por Del Toro en 2001.

  • [0:14 29/04/2005] Batman Begins será estreada antes do agardado: o mércores 15 de xuño, no canto de o facer o 17. A Warner Brothers mudou a data para beneficiar-se de que o día 15 rematan as clases nos coléxios dos nenos nos Estados Unidos. A estrea tamén será adiantada en Franza, Bélxica, México, as Filipinas e Taiwán.


    Orson Scott Card enfrónta-se a Iron Man

    Iron Man, o superheroe[23:50 29/03/2005] O novelista de ciéncia-ficción gañador de dous prémios Hugo Orson Scott Card (O Xogo de Ender) foi encarregado pola Marvel Comics para que escriba dúas miniséries de cinco episódios sobre o superheroe Iron Man, e o primeiro número está xa por sair.

    Card dixo nunha entrevista que "hai unha razón pola que eu apreciei a oportunidade de traballar con Iron Man. Non hai dúbida de que Tony Stark é o verdadeiro home, e Iron Man só un papel que el interpreta. Coido que estou fascinado co desenvolvemento dunha persoa en superheroe, o que é o motivo polo que gusto das películas de Spiderman pero déixan-me frío outros filmes de superheroes que dan moi rápido o chimpo cara a unha história dun tipo con uniforme".

    Card nunca oira falar de Iron Man até que Nick Lowe e a Marvel contactaron con el, e mergullou-se de contado no persoaxe. "O que intrigou-me foi o xeito no que, ao contrário ca outros superheroes, [Iron Man] representa unha icona para a sociedade", dixo Card. "Somos poderosos, pero só por mor da tecnoloxía que 'levamos posta'".

    Card dixo que non lle desacougaba pasar-se ao mundo do cómic, porque xa escribira antes para outros médios, como obras de teatro, novelas en casete e guións de vídeo. Pero moitas cousas que fixo ainda fican descoñecidas: "Moito depende en como fique de contenta a Marvel cos primeiros cinco comics e como os reciban os lectores".

  • [16:28 30/04/2005] Radio Praga informou que o máis importante escritor checo de ciéncia-ficción, Josef Nesvadba (1926-2005), finou á idade de 78 anos. A família de Nesvadba fixo o anúncio o pasado 26 de abril sen revelar máis detalles. As obras traducidas deste autor inclúen A derradeira aventura do Capitán Nemo e as coleccións O cerebro de Einstein e A morte de Tarzán.

  • [16:28 30/04/2005] Segundo informaron hoxe algúns médios galegos, un grupo de actores ofrece unha obra interactiva de terror nuna casa de turismo rural de Moaña. Pablo Sanmartín é o guionista e director dunha obra de teatro en tempo real e interactiva, que inclúe un cóctel, unha cea completa, queimada, copas, almorzo e aloxamento. Esta noite realizarán por última vez este espectáculo na casa de turismo rural "O Canastro" de Moaña, e seguirán despóis noutra casa de Cuntis. Para o espectáculo desta noite, sempre salferido de terror, está invitado Rafael Pintos, Vladimir, "o vampiro de Galiza". Noutras edicións a representación contara coa participación de actores profesionais coma Teté Delgado.

  • [16:28 30/04/2005] O pasado 26 finou por mor dun ataque ao corazón na súa Áustria natal a actriz Maria Schell (Viena, 1926), coñecida entre os afeccionados ao xénero fantástico polas súas aparicións en Superman (1978) no papel de Vond-Ah e na minisérie da televisión As Crónicas Marcianas (1980).

  • [0:14 29/04/2005] Nun escueto comunicado datado o 28 de abril, a Marvel Enterprises anunciou que ven de chegar a un acordo na súa demanda sobre Spiderman co seu creador Stan Lee, permitindo que Lee obteña unha parte dos benefícios da compañía polos filmes de Spiderman e outros proxectos que utilizan persoaxes de Stan Lee. Os termos concretos deste acordo non foron desvelados.

  • [22:13 01/05/2005] Temos máis novas sobre o acordo entre Stan Lee e mais a Marvel Comics. Lee recebirá unha compensación de vários millóns de dólares despóis de gañar a batalla polos dereitos de Spiderman que mantiña coa empresa que lle dá de comer. Ante o evidente risco de perder a demanda, a Marvel tivo que negociar e aceptar pagar-lle unha boa enchenta de millóns a Lee, quen dixo que está "profundamente apenado pola Marvel e pola xente que traballa alí". Vaiche boa!

  • [22:13 01/05/2005] A Guía do Autoestopista Galáctico xa é o número 1 na listaxe oficial do despacho de billetes nos Estados Unidos, só uns días despóis da súa estrea, con 21,7 millóns de dólares de recadación. Adaptada da novela homónima do defunto Douglas Adams, este filme vai sobre as aventuras dun tipo normal que é recollido por unha nave álien momentos antes de que a Terra sexa destruida para poder facer unha autoestrada interestelar. Os libros de Adams son clásicos e de culto dende hai décadas, o que sen dúbida non deixará indiferente a ningún dos seus millóns de fans.

  • [16:29 30/04/2005] Nick Cassavetes, de quen se informou recentemente que sería o director da adaptación cinematográfica do persoaxe de cómic Ironman, ainda non asinou contrato algún coa New Line, o que adiará o seu lanzamento de 2006 a 2007. O pasado novemebro, a New Line e mais a Marvel anunciaran o comezo do proxecto, pero Cassavetes, arestora traballando no guión, non entrou até meses máis tarde.


    Unha novela de CF gaña o prémio Risco

    Isidro Novo[17:14 03/04/2005] Coa novela Un escuro rumor tralo silencio, o escritor Isidro Novo (Lugo, 1951) foi elixido onte en Ourense gañador da sexta edición do Prémio Risco de Literatura Fantástica, convocado pola Fundación Risco e a editorial Sotelo Blanco. Novo obtivo o galardón por maioría do xurado, que destacou da novela que "está feita con ofício, por parte dun autor que amosa a súa habilidade na escrita e que introduce a ciéncia-ficción clásica dentro do prémio e a confirma dentro do xénero fantástico en Galiza".

    Un escuro rumor tralo silencio contén, segundo dixo o xurado, "unha lectura sociolóxica e aborda temas como o caciquismo, a marxinación social ou a degradación ecolóxica do médio". A novela de Isidro Novo é, ademais, unha homenaxe á triloxía Fundacións, de Isaac Asimov. Novo presentára-se ao certame baixo o lema "A Fundación Parahumana".

    O prémio está dotado con 6.000 euros e contempla a publicación do libro por Sotelo Blanco. O xurado estivo formado por Anxo Tarrío Varela, Arturo Lezcano Fernández, Ramón Caride Ogando, Armando Requeixo Cuba e Camino Noia. Como presidente actuou José Araújo Fernández e como secretaria Sara Outeiriño.

    O Prémio Risco de Literatura fantástica é unha iniciativa da Fundación Vicente Risco acollida polo Concello de Ourense, sendo a aportación do Concello Auriense á Fundación Vicente Risco, e que ten como finalidade promover a creación literária nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como é o da Literatura Fantástica. Na edición dos prémios colabora a Editorial Sotelo Blanco, o que permite poder presentar a obra premiada coa cerimónía da entrega do prémio. Os premiados nas diferentes edicións deste premio foron A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro (2000), O Caderno de Xabier López López (2001), A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro (2002) e O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando (2003). En 2004 o prémio fora declarado deserto.

  • [23:26 04/05/2005] A canle MTV ven de anunciar hoxe os nominados para os seus prémios anuais "MTV Movie Awards", nos que hai boa representación de filmes do xénero. Os gañadores serán dados a coñecer o vindeiro 9 de xuño nunha gala retransmitida pola mesma canle dende o Shrine Auditorium en Los Angeles. Para millor filme están nominados Kill Bill Vol. 2, Spiderman 2 e Os Incríbeis, e este ano hai unha nova categoría para o millor videoxogo baseado nunha película, na que son candidatos Spiderman 2, Van Helsing, As Crónicas de Riddick, Harry Potter e o Prisoneiro de Azkaban e mais Os Incríbeis.

  • [23:25 04/05/2005] A actriz chinesa Bai Ling revelou entre bágoas que as súas escenas foron recurtadas da versión final de A Vinganza do Sith, na que interpretaba á Senadora Bana Breemu. O motivo é que ousou aparecer espida no número de xuño da revista Playboy, o cal non agradou moito a George Lucas, por certo, o mesmo tipo que puxo case espida á princesa Leia na primeira película da saga...

  • [23:25 04/05/2005] Os vestidos que levou postos Judy Garland no clásico de 1939 O Meigo de Oz foron vendidos por 200.000 euros nunha poxa celebrada na casa Bonhams de Londres. O azul e branco, o máis famoso, foi para un comprador que non quixo ser identificado e que poxou por teléfone.

  • [21:57 02/05/2005] Harry Potter e o Cáliz de Lume, a cuarta entrega da saga cinematográfica baseada nos populares libros de J.K. Rowling, aparecerá simultáneamente en cinemas normais e en salas IMAX o vindeiro 18 de novembro.

  • [21:57 02/05/2005] Marcos Sánchez envíanos unha mensaxe relembrando que o prazo de apresentación de obras para o I Prémio de Banda Deseñada (cómic) "Castelao", convocado pola Deputación da Coruña e dotado cun prémio de 6.050 euros remata o vindeiro día 31 de mayo. Se queredes máis información, podéde-la atopar na páxina da Deputación.

  • [0:47 09/05/2005] As primeiras críticas de A Vinganza do Sith realizadas pola prensa especializada en pases privados nos Estados Unidos son bastante positivas, ainda que recalcan que é unha película moito máis violenta que as anteriores. O xornalista de Variety di que este episódio final resolve a meirande parte dos problemas das dúas entregas anteriores e é a millor película dende O Império contraataca. E o crítico de The Hollywood Reporter dixo pola súa banda que o filme é un thriller xenuino.

  • [0:47 09/05/2005] Bryan Singer, o director de X-Men, xa ten un novo proxecto para cando remate con Superman Returns: será unha película biográfica sobre Harvey Milk, o primeiro político nos Estados Unidos que revelou abertamente a súa homosexualidade.

  • [22:14 05/05/2005] Mália a metedura de zoco de Informativos Telecinco, que anunciaron sen probas ao inglés Daniel Craig (Tomb Raider) como novo axente 007, o único certo é que o devandito actor é só ún dos moitos que están a soar para se convertiren no superespía James Bond. O nome de Craig soóu pola Rede porque el mesmo dixo nunha entrevista que os produtores se puxeran en contacto con el para interpretar o cobizado papel, pero os últimos rumores seguen apuntando a que Pierce Brosnan regresará unha vez máis para o vindeiro filme da saga, Casino Royale. Xa veremos.

  • [22:14 05/05/2005] Xa está nos quiosques e librarías Batman: La maldición que cayó sobre Gotham, unha obra de Mike Mignola evidentemente influida por H.P. Lovecraft. Neste especial "Outros Mundos" prantéxa-se-nos un mundo alternativo a cabalo entre o século XIX e o XX no que o asasinato dos pais de Bruce Wayne non é un simples feito fortuito motivado por un roubo, senón que hai unha ampla história atrás que Bruce Wayne irá coñecendo pouco a pouco mentres intenta evitar que un deus maléfico destrúa Gotham.

  • [23:26 04/05/2005] Corre o rumor pola Rede de que Robert Rodriguez (Sin City) sería o encarregado de facer unha nova entrega da saga de Conan o Bárbaro, e que o director do filme orixinal, John Milius, foi despedido pola Warner Brothers, despóis de se pasar os últimos meses co proxecto de King Conan. Non está moi claro se o actual governador de Califórnia Arnold Schwarzenegger está implicado no proxecto.

  • [23:26 04/05/2005] Xa está á venda no mercado galego Mayam: La delegación terrícola, un cómic que chega dende Franza con tradución ao español. Ciéncia-ficción e intriga son os ingredentes desta nueva proposta que foi publicada por Norma Editorial. Asinado por Desberg e Koller, está ambientada nun planeta no que todas as relixións unen-se e manteñen as súas própias profecías. Non existen Estados e son as relixións as que marcan os destinos dos seus adeptos.

  • [23:26 04/05/2005] O director de Spiderman, Sam Raimi, dixo nunha recente entrevista que a Sony Pictures planea facer seis filmes en total, e que a el non lle importaría dirixi-los todos. Non faltaría máis!


    O ollo de vidro ao cinema

    [22:56 07/04/2005] O estudo galego de animación Dygra planea converter os contos de Daniel Castelao en histórias animadas. A produtora, que estreará este vindeiro verán O soño dunha noite de San Xoán, ten previsto acometer despois de setembro a animación das Memórias dun ollo de vidro, após do acordo acadado coa Editorial Galaxia.

    Seica nestes momentos a versión animada do Ollo de vidro está en fase de desenvolvemento e non se comezará a traballar sobre ela até pasado o verán. A intención do estudo é que este non sexa máis que un primeiro paso para ir levando á animación distintas obras do político e escritor rianxeiro, cun horizonte final que é facer unha produción máis ambiciosa sobre as obras de Castelao.

    Segundo o responsábel do estudo que tamén realizou O bosque animado, "a nosa ideia é que esta curtametraxe a desenvolvan animadores novos dos que se teñen formado connosco. Os animadores poderán decidir como contar desde o presente e para o porvir a Castelao", pero considera improbábel que se utilicen para facer as versións animadas dos seus contos elementos procedentes das súas viñetas, do seu grafismo ou da súa pintura.

    Tras producir Memórias dun ollo de vidro, Dygra ten previsto ir acometendo outras histórias de Castelao, grazas a un acordo ao que chegaron coa editorial Galaxia, que ten os dereitos de autor das súas obras. Os futuros formatos dependerán en parte desta primeira produción.

    Por outra banda, Dygra presentou en Compsotela un adianto da película de animación que estreará no vindeiro verán. Baseada nun texto de William Shakespeare O soño dunha noite de San Xoán exhibiu os seus personaxes principais e amousou cales serán as súas tramas: os fragmentos exhibidos da película son os da versión española con subtítulos en inglés para os representantes das distintas sociedades de autores internacionais. O pase, de pouco máis de vinte minutos, ofreceu a historia dunha rapaza que para salvar ao duque, seu pai, ten que ir na procura da raíña das fadas, Titana, acompañada por un grupo de personaxes entre os que se encontran Oberón e Demetrio, e acompañados do personaxe que na obra orixinal se chama Puck e na película leva o nome de "Perecho".

    A exhibición valeu tamén para apreciar a ambientación dos mundos nos que se moverá a história. Seguindo a obra shakesperiana, a película producida pola Dygra marca as diferenzas entre o mundo real e o mundo de fantasía das fadas. Entre as voces que darán vida sonora aos personaxes, ademais das voces de dobradores profesionais, puido-se escoitar a interpretación de Carmen Machi (Aida na série de Telecinco Sete Vidas).

  • [0:47 09/05/2005] A canle americana Spike TV dixo que ven de encargar un telefilme de dúas horas para que serva como piloto para unha nova série baseada nas películas de Blade. David S. Goyer, o guionista dos tres filmes e director do terceiro, seráo produtor executivo. É moi dubidoso que Wesley Snipes, protagonista das tres entregas da saga, participe de xeito algún neste proxecto, xa que ten unha demanda pendente coa produtora.


    O terror real de Amityville?

    [0:26 13/04/2005] O proprietário orixinal da casa de O terror de Amityville (lembremos que este filme está supostamente baseado en feitos reais) ven de botar pestes contra o remake do filme porque os produtores rexeitaron contratalo como conselleiro. George Lutz, que así se chama o indivíduo en cuestión, afirma ter sido a vítima na vida real desta "casa enmeigada" situada ás aforas de New York, e converteu a súa história nunha novela de terror que foi na que se baseou o filme orixinal de 1979.

    Pero Lutz está lonxe de estar impresionado co novo filme de Andrew Douglas, estreado nos Estados Unidos esta fin de semana, e di a quen quere escoitalo que o director iñorou as súas ofertas de axuda e como resultado, a película é totalmente fictícia e non ten ren de real. Como se poidera ser doutro xeito!

  • [1:03 10/05/2005] Steven Spielberg foi honrado polo Salón da Fama da Ciéncia Ficción pola súa contribución ao xénero no cinema. O realizador, director de cláicos coma Encontros na Terceira Fase, E.T. e parque Xurásico, úne-se aos escritores Philip K. Dick, Isaac Asimov e Jules Verne, tamén galardoados (pero a título póstumo) coa súa inclusión este Salón da Fama.

  • [1:03 10/05/2005] O mestre do terror escritor e director de cinema Clive Barker terá unha nova audiéncia entre os afeccionados aos videoxogos por mor de Demonik, un proxecto que uirá os videoxogos cos espectadores de cinema. A película será dirixida por John Woo, con Barker na produción. El mesmo terá a opción de escribir o guión. Tamén se fala de que podería aparecer unha novela gráfica ao mesmo tempo.

  • [1:03 10/05/2005] A produción española Tempus fugit, dirixida por Enric Folch, ven de obter ún dos prémios Golden Gate na 48ª edición do Festival Internacional de Cinema de San Francisco. Tempus fugit é un relato de ciéncia-ficción no que un mozo regresa dende o futuro á Barcelona de hoxe na procura do elixido para salvar o mundo do apocalipse.

  • [1:03 10/05/2005] Hugo Weaving ven de entrar no reparto de V for Vendetta, facendo o papel protagonista, e uníndo-se asemade a Natalie Portman, Stephen Rea, Rupert Graves e Stephen Fry. Weaving sustitúe neste papel a James Purefoy, quen tivo que marchar por causas non aclaradas.


    McGregor advirte aos fans de Star Wars

    [21:49 16/04/2005] O actor Ewan McGregor advertiu severamente aos fans que agardan atopalo ás portas do teatro en Londres onde vai estrear axiña unha obra para que non traian obxectos nin vaian disfrazados de persoaxes da Guerra das Galáxias. O actor escocés é o protagonista nunha produción no West End londinense do musical dos 50 Guys And Dolls from June que se estreará só 12 días despóis do Episódio III da saga da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith.

    E ainda que McGregor está preparado para toda a tolémia que se vai espertar ao redor da estrea galáctica, quere prohibir terminantemente aos fans da saga que se acheguen ás portas do teatro de Piccadilly. McGregor explicou que "Tomei unha decisión hai tempo, que non ía estar ás portas do teatro para asinar autógrafos aos fans da Guerra das Galáxias. Asinarei á xente que traia programas e cousas [do musical]. Pero se comezo, será un pesadelo".

  • [0:54 11/05/2005] A DC Comics desvelou o novo logotipo da compañía que aparecerá en todos os seus cómics e publicacións no futuro, así coma nas películas e séries detelevisión baseadas en perosaxes da editorial. O novo logo fará a súa primeira aparición na portada do especial The Return of Donna Troy o vindeiro 25 de maio nos EE.UU. Unha versión animada do logo aparecerá asemade na película Batman Begins.

  • [0:53 11/05/2005] George Lucas, director de A vinganza do Sith, dixo nunha entrevista que non vai ter problema por ter que abandoar para sempre a súa franquícia da Guerra das Galáxias, que creara hai case 30 anos, agora que se completa a saga co Episódio III.

  • [0:53 11/05/2005] Após de ficar anos nos caixóns dalgún produtor, o thriller de Steve Alten Meg poderá ao cabo converter-se en película. A New Line está a lle dar ás ao proxecto, co director de Twister Jan de Bont na realización e unha data de estrea prevista para o 4 de xullo de 2006. Meg, titulado ás veces como "O Tiburón Xurásico", é unha novela que vai sobre un megalodón, un tiburón prehistórico xigante.


    O Borbón magnetizado?

    Quen é quen?[0:10 20/04/2005] Na Marvel Comics están por sacar unha nova série, A Casa de M., cun argumento coma sempre interesante: os Vingadores e mais a Patrulla X terán que axuntar as súas forzas contra un inimigo común que se convirte na súa meirande ameaza: Wanda Maximoff, a filla de Magneto, tamén coñecida polo seu alcume da Meiga Escarlata. Wanda está fóra de control e o destino do mundo fica nas súas mans. A cuestión será se Magneto axuda ao mundo, á súa filla ou se usa os seus poderes para o seu próprio benefício. Lembrade que Magneto comezou sendo no Universo Marvel un supermalvado máis, para rematar por se converter en aliado dos mutantes e líder dun grupo mutante de seu.

    O número 1 desta nova série bimensual sairá en xuño nos Estados Unidos, pero mentres agardamos ese intre, xa podemos ir "degustando" algunhas imaxes do que será o cómic. E sorpresa! Unha das imaxes nas que se retrata a Magneto ten algunhas reminiscéncias para os cidadáns españois: a nova fasquía de Magneto, o "rei" dos mutantes, é cuspidiña á do rei de España Xoán Carlos I. Seica na Marvel Comics nin se lles ocorreu que alguén se poidera decatar deste pláxio, pero a semellanza, como podedes ver nas fotos que vos axuntamos, é algo máis ca "sospeitosa". Por certo, que tal estará o Borbón levitando co casco de Magneto...?

  • [23:26 11/05/2005] O produtor Joel Silver dixo á Associated Press que Austrália está na primeira na súa lista de localizacións para rodar a vindeira Wonder Woman. Silver engadiu que ainda non hai unha data para o escomezo da rodaxe, para a que está xa contratado o director Joss Whedon, ainda completando o guión.

  • [23:26 11/05/2005] Finou o animador Joe Grant (1908) o pasado 6 de maio. Grant foi o deseñador do persoaxe da bruxa na película da Disney Brancaneves e os sete ananos. Ademáis, foi o coguionista de Dumbo e traballou nos deseños de Aladdin, O rei León e Mulan.

  • [0:54 11/05/2005] O website NataliePortman.com ven de publicar unha foto da actriz Natalie Portman totalmente calva. Natalie tivo que afeitar-se a cabeza para poder aparecer de tal fasquía nunha escena na que está na prisión na vindeira película dos irmáns Wachowski, V For Vendetta.

  • [22:29 12/05/2005] A 19ª edición do prémio Arthur C. Clarke xa ten gañador: a novela Iron Council de China Miéville. É a segunda vez que Miéville gaña este prémio, dotado con2.000 libras, porque xa o obtivera en 2001 con Perdido Street Station, o que o convirte na segunda persoa xunto con Pat Cadigan que obtén este galardón dúas veces. O prémio foi anunciado nunha cerimónia celebrada o día 11 de maio no English Heritage Lecture Theatre, en Londres.

  • [22:28 12/05/2005] Brian Levant dirixirá a vindeira película de ciéncia-ficción da New Line Cinema, Planet Terry, sobre un fan da CF que descubre de súpeto que é un álien que foi enviado á Terra como parte dun programa intergalácticode protección de testemuñas. Cinco Paul e Ken Daurio escribiron o guión, baseado nun cómic ainda sen publicar debuxado por Rob Liefeld, quen tamén será o produtor.

  • [22:28 12/05/2005] O relato Origami, gañador do Prémio Ignotus de 2003, do noso colaborador Santiago Eximeno, ven de ser traducido ao búlgaro por Khristo Poshtakov e publicado en Science Fiction Library. O relato orixinal podéde-lo ler nesta páxina web.

  • [23:26 11/05/2005] Ewan McGregor está asustado dos fans da Guerra das Galáxias e polo seu fervor pola saga. O actor, de 34 anos, interpreta a Obi-Wan Kenobi, e dixo nunha recente entrevista que non atopou moi inspirador o seu traballo nas tres películas nas que intervén porque todas están máis baseadas nos efectos especiais que na actuación, pero o que de verdade lle asusta son os fans: "unha vez topei-me cun tipo ás portas do teatro e preguntou-me 'Obi-Wan. Tes algún consello para un aprendiz de Jedi?' Eu dixen-lle 'Non, non sexas ridículo'. É que mete medo.".


    Lucas dá que falar

    [0:19 27/04/2005] George Lucas fixo unha aparición estelar na Celebration III, a convención de fans da Guerra das Galáxias máis grande do mundo, que tivo lugar en Indianapolis (EE.UU.) o pasado sábado 23 de abril, e falou sobre A vinganza do Sith, a sexta e definitiva película da súa saga. Era a primeira vez que Lucas aparecía nunha convención de fans dende 1987.

    Lucas confirmou que hai dúas séries de Star Wars en produción: unha de episódios de média hora con gráficos xerados por ordenador que continuará a actualmente emitida pola Cartoon Networks e outra con acción real, ambientada no tempo que vai entre o final de A Vinganza do Sith e o comezo de Unha nova esperanza. Esta última série comezará a se producir dentro dun ano, e Lucas planea escribir e dirixir a primeira tempada todo á vez.

    Por outra banda, xa está confirmado oficialmente que George Lucas terá unha aparición estelar na série O.C. facendo de si mesmo nun episódio que vai aparecer o vindeiro 12 de maio nos Estados Unidos. Neste episódio, Lucas expresa o seu interese por unha novela gráfica feita por Seth (persoaxe que interpreta Adam Brody. Mesmo Lucas invita a Seth a comer e lle dá algúns consellos.


    Snipes demanda a Blade: Trinity

    [0:19 27/04/2005] O protagonista de Blade: Trinity, Wesley Snipes, ven de demandar á New Line Cinema, ao seu guionista e director David Goyer e mais ao produtor executivo Toby Emmerich nun intento de procurar máis de 5 millóns de dólares en danos. Na demanda, presentada o pasado 18 de abril nos tribunais de distrito de Los Angeles, Snipes alega que, violando o seu contrato, o director, o guión e mais o reparto de Blade: Trinity fóron-lle impostos. Tamén di que ainda lle deben unha parte do seu soldo e que foi aldraxado e ridiculizado por mor da súa raza. A New Line declinou facer comentários.

    Goyer escribiu os guións das tres entregas da saga de Blade. Segundo a demanda, Snipes estaba xa desacougado polo feito de que o guionista tamén fose o director na terceira parte e non foi informado deste feito até seis semanas antes de que escomezase a rodaxe. Tamén afirma que non lle deron unha oportunidade de rexeitar o "humor xuvenil" do guión e mais o troco no persoaxe de Blade, que ten dous acompañantes, interpretados por Ryan Reynolds e Jessica Biel. Snipes afirma que o verdadeiro propósito de Blade III era preparar o camiño a eses dous "axudantes" para que no futuro poideran interpretar filmes de seu.

    Snipes acusa a Goyer de ser o responsábel das malas críticas recebidas polo filme, citando críticas que describen a Goyer como "unha elección desastrosa" e que tildan á película de "desastre total". Blade: Trinity, estreada o pasado decembro, obtivo tan só 52 millóns de dólares no mercado americano, polo que Snipes alega que aínda lle deben 3 millóns de soldo.

  • [19:51 14/05/2005] O excéntrico cineasta David Lynch está a gardar tan ben o segredo dos detalles da súa vindeira película a presentar no festival de Cannes, que insistiu que ainda non se debe revelar nin como serán os posters oficiais. O creador de Twin Peaks axuntou a un grupo de actores, entre eles Laura Dern, Harry Dean Stanton e Jeremy Irons para este misterioso thriller, que seica vai-se titular Inland Empire. Lynch só dixo que "vai sobre unha muller con problemas, é un mistério, e iso é todo o que podo dicir".


    Concurso Domingo Santos 2005

    [21:53 02/05/2005] O Colectivo Nemo de Fantasía e Ciéncia-Ficción, organizador, e mais aa Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror, patrocinadora, veñen de convocar o Concurso Domingo Santos 2005.

    Adicado ao xénero fantástico, e denominado na honra dunha das figuras máis sobranceiras deste xénero en língua española, o concurso de relatos Domingo Santos celébra-se anualmente dende 1992.

    Para participar, haberá que enviar un relato escrito en español, entre 8.001 e 15.000 palabras, que se encadre nos xéneros de ciéncia­ficción, fantasía ou terror, establecéndose o límite dun relato por cada autor. Os relatos deben hacharse inéditos, non premiados en concursos, nin apresentados a concursos pendentes de resolución.

    A data límite para o envío de relatos é o 30 de xuño de 2005, e foi establecido un prémio de 1.000 €, aportado pola Asociación Española de Fantasía, Ciencia­Ficción e Terror, ao que se aplicarán as deducciones fiscais vixentes, sen que poida declararse deserto.

    O xurado estará constituído por Sergio Mars (AEFCFT), Iñaki Fariña (AGASF), Iván Solla (Novos Segreis), Nacho Agulló, Rafael Fontán, Fernando Moreiras, Jaime Velasco (Colectivo Nemo de Fantasía e Ciéncia-Ficción), o secretário Carlos Balseiro e mais o presidente Juan Miguel Aguilera.

    Para atopar as bases completas deste concurso, podede-vos dirixir a esta ligazón, que temos gardadas nun ficheiro PDF en español.


    Ciclo de cinema en galego

    [10:11 28/04/2005] A empresa Yelmo Cineplex, que conta con 10 salas de cinema en Vigo, anunciou a celebración na cidade olívica do Festival de Cinema Galego, que segundo os seus organizadores "nace como resposta a unha necesidade moi sentida por moitos dos cidadáns de Vigo, como é a de poder gozar de determinados filmes feitos en galego e no idioma galego". O festival, ou mais ben, o ciclo de tres filmes, realiza-se en colaboración co Servizo de Normalizazón Lingüística do Concello de Vigo. "O obxectivo de Yelmo Cineplex é axudar, na medida do posibel, a incrementar o coñecemento e mailo uso do idioma galego, ademais de recobrar o prestixio da própria lingua, garantindo a súa presenza no ámbito da exibizón cinematográfica", explicaron.

    Entre os filmes que van proxectar só hai ún de temática realmente fantástica, a produción animada Pinocho 3000 (6 de maio), pero tamén poderá ver-se Trece badaladas, un filme de mistério baseado na novela homónima de Suso de Toro (13 de maio).

    Mália as baixas cifras de cinema galego, en Yelmo non perden o optimismo: dixeron que nos últimos anos a produción audiovisual galega incrementou o seu volume de negócio nun 159 por cento, e que "destaca o numero de proxectos realizados, xa que se pasou dunha longametraxe ao ano, a princípios da década pasada, ás dez longametraxes que se realizaron entre 2001 e 2002, coa previsión de manter esta tendéncia a meio prazo".

  • [14:54 17/05/2005] Os responsabeis de The Jim Henson Company veñen de desatar toda caste de rumores ao declarar á revista "Variety" que Cristal Escuro, o filme clásico realizado por Jim Henson e Frank Oz en 1982, terá unha secuela. O poder do Cristal Escuro é o título da história na que actualmente traballan o autor do tratamento orixinal, David Odell e Annette Duffy.

  • [14:54 17/05/2005] O canadiano David Cronenberg, con History of Violence, presentou o seu filme na sección a competición oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes. O filme está baseado nun cómic de John Wagner e Vince Locke, e non convenceu para nadaá crítica, que afirma que o resultado é unha película esquemática, sen matices, superficial e tópica, pero cun ritmo vibrante.

  • [14:54 17/05/2005] Mateo Gil, guionista de Mar adentro e inseparabel escritor das películas de Alejandro Amenábar, é o director do cuarto telefilme do ciclo de terror Películas para non durmir, que coordina Chicho Ibáñez Serrador para a canle Telecinco. Natalia Millán, Juan José Ballesta e Jordi Dauder son os protagonistas desta trama que se roda en Madrid.


    Gañadores dos Prémios Nebula 2004

    [21:53 02/05/2005] Os gañadores da edición de 2004 dos Prémios Nébula, que concede anualmente a SWFA (Asociación Americana de escritores de ciéncia-ficción e fantasía), foron anunciado o pasado sábado 30 de abril, no decurso do tradicional banquete da asociación. celebrado este ano en Chicago.

    A listaxe completa cos gañadores é a seguinte:

    • Millor novela: Paladin of Souls, de Lois McMaster Bujold.
    • Millor novela curta: The Green Leopard Plague, de Walter Jon Williams.
    • Millor conto longo: Basement Magic, de Ellen Klages
    • Millor conto curto: Coming to Terms, de Eileen Gunn
    • Millor guión: O Señor dos Aneis III: O Retorno do Rei, de Fran Walsh, Philippa Boyens e Peter Jackson

    No mesmo acto entregáron-se outros prémios: o Grande Mestre Memorial Damon Knight, que foi para Anne McCaffrey, e mais o prémio por servizos prestados á SFWA, entregado a Kevin O'Donnell, Jr.


    31ª edición dos Prémios Saturn

    [23:29 04/05/2005] A estrambótica Académia Cinematográfica de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror dos Estados Unidos honrou un ano máis aos millores artífices do xénero fantástico. Os gañadores deste ano por categorías foron:

    • Millor Película de CF: Esquéce-te de min!
    • Millor Película Fantástica: Spiderman 2
    • Millor Película de Terror: Zombies Party
    • Millor Película de Acción/Aventura/Thriller: Kill Bill: Vol. 2
    • Millor Película Animada: Os Incríbeis
    • Millor Actor: Tobey Maguire (Spiderman 2)
    • Millor Actriz: Blanchard Ryan (Open Water)
    • Millor Actor Secundário: David Carradine (Kill Bill: Vol. 2)
    • Millor Actriz Secundária: Daryl Hannah (Kill Bill: Vol. 2)
    • Millor Actor Revelación: Emmy Rossum (A Pantasma da Ópera)
    • Millor Director: Sam Raimi (Spiderman 2)
    • Millor Guionista: Alvin Sargent (Spiderman 2)
    • Música: Alan Silvestri (Van Helsing)
    • Vestiário: Kevin Conran (Sky Captain e o mundo do mañá)
    • Maquillaxe: Hellboy (Jake Garber, Matt Rose, Mike Elizalde)
    • Efectos Especiais: Spiderman 2 (John Dykstra, Scott Stokdyk, Anthony LaMolinara, John Frazier)
    • Millor Série de TV: Perdidos
    • Millor Série Sindicada/Cabo: Stargate SG-1
    • Millor Presentación de TV: Farscape: Peacekeeper Wars
    • Millor Actriz de TV: Claudia Black (Farscape: Peacekeeper Wars)
    • Millor Actor Secundário de TV: Terry O'Quinn (Perdidos)
    • Millor Actriz Secundária de TV: Amanda Tapping (Stargate SG-1)
    • Millor DVD: Starship Troopers 2: Heroe da Federación
    • Millor DVD Edición Especial: O Señor dos Aneis: O Retorno do Rei
    • Millor DVD Clásico: O amencer dos mortos
    • Millor Colección DVD: Triloxía da Guerra das Galáxias
    • Millor Lanzamento DVD Television: Smallville (Tempadas 2 e 3)
    • Millor Lanzamento DVD Retro Television: Star Trek A Série Orixinal
    • Prémio á carreira de Tom Rothman e Stephen J. Cannell
    • Prémio de Recoñecmento Especial a Star Trek


    IberCon: adianto do adianto

    O cartace da Ibercon[2:27 08/05/2005] Grazas aos nosos reporteiros máis inquisitivos, xa vos podemos ofrecer en exclusiva mundial un adianto do que será a información de progresos sobre a organización da IberCon, que vai ser publicada axiña.

    Entre as novas máis salientabeis destacamos que a IberCon conta con novos enderezos web na Internet: a partir de agora o seu sítio localíza-se no domínio ibercon.org. O domínio inicial, ibercon.tk, que apresenta a única diferenza de contar com publicidade, continuará funcionando indefinidamente.

    Ademáis, xa está rematado o cartace da I IberCon, creado polo deseñador Vicente Agulló. O motivo central do cartace, que ten un xeito moi kitsch e inclúe referéncias a Espazo 1999, é unha unión da ponte "25 de Abril" en Lisboa coa ponte de Rande en Vigo. Podédelo ollar millor no website da IberCon.

    O Cine-clube Lumière e o Agrupamento Astronómico Rías Baixas converten-se en entidades colaboradoras da I IberCon. Xunto coas entidades colaboradoras (Asociación Gallega de Ciencia Ficción) e a Associação Cultural e Juvenil Novos Segreis, e as asociacións nacionais Simetria, Associação Portuguesa de Ficção Científica e Fantástico e AEFCFT, suman seis entidades que participan na I IberCon.

    Confírma-se a primeira convidada de honra da IberCon, Laura Gallego. A presenza desta convidada está patrocinada pola AEFCFT. Gallego é autora dunha obra en constante crecemento: as suas dezasete obras publicadas até a data totalizan centos de milleiros de exemplares vendidos, e foi xa traducida a média dúcia de línguas (galego NON incluido).

    Para rematar, hai que dicir que o Colectivo Nemo está a preparar unha guia de viaxe para chegar a Vigo e unha guia de aloxamentos, ademáis de negociar unha oferta de aloxamento especial para os visitantes da IberCon nun hotel de catro estrelas no centro da cidade.

  • [1:31 18/05/2005] Seica a vindeira película de James Bond, Casino Royale, comezará a se rodar o vindeiro ano 2006 en Praga. A elección da capital checa ergueu moitas controvérsias na indústria inglesa, pero o prezo moito máis barato convenceu aos produtores. Ainda así, non hai ren decidido segundo din na Eon de Londres, e tampouco comentan nada os dos Estudos Barrandov de Praga.

  • [14:54 17/05/2005] A película española El habitante incierto, de Guillem Morales, ven de gañar o prémio do Festival de Cinema Fantástico de Bilbo, "Fant 2005", dotado con 5.000 euros. O xurado deste certamen deu o palmarés da undécima edición deste festival, primeira na que a mostra adoptou a fórmula de competición. O filme gañador narra la historia de Félix (Andoni Gracia), un arquitecto que sinte cómo a sua estabilidade emocional rácha-se cando a sua noiva néga-se a seguir vivindo con el.


    Prémios Analog e Asimov

    [1:04 10/05/2005] Segundo publica a web da Science Fiction and Fantasy Writers of Amercia, veñen de se faceren públicos os gañadores dos prémios anuais que conceden as revistas americanas Analog Science Fiction and Fact e Asimov's Science Fiction, mediante votación realizada entre os lectores de ambas as dúas publicacións.

    Os prémios foron anunciados no decurso dun xantar celebrado coincidindo coa entrega dos Prémios Nebula da SFWA o pasado 30 de abril. De seguido vai a listaxe cos gañadores:

    Prémios de Analog (Anlab Awards):

    • Millor conto: Shed Skin, de Robert J. Sawyer
    • Millor conto longo: Short Line Loco, de Stephen L. Burns
    • Millor novela curta: Layna's Mirror, de Rajnar Vajra
    • Millor artigo: Open Minds, Open Source, de Eric S. Raymond

    Prémios Asimov:

    • Millor conto: Travels With My Cats, de Mike Resnick
    • Millor conto longo: The Garcia Narrows Bridge, de Allen Steele
    • Millor novela curta: Liberation Day, de Allen Steele
    • Millor Poema: Heavy Weather, de Bruce Boston
    • Millor Artista: Donato Giancola

  • [1:06 19/05/2005] Din que ven de aparecer un filme pornográfico pertenecente ao pasado do lendário actor Christopher Lee, rodado en 1970. A película é Eugenie: The story of her journey into perversion, e Lee afirma que aparece sen saber que era un filme porno: "O que non sabía é que cando marchei, todo o mundo sacou-se a roupa". Xa, claro, e nós que somos parvos.

  • [1:06 19/05/2005] Após dunha longa batalla contra o cancro de pulmón, o enfisema e a neumonía, finou o pasado martes en Burbank (Califórnia) Frank Gorshin aos 72 anos. O actor fora nominado aos Emmy polo seu papel do enigmático Adiviñanza na série clásica da televisión Batman.


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM