As novas de NOVAFANTASIA.COM

Maio - Xullo de 2005


  • [1:29 21/05/2005] O Episódio III da Guerra das Galáxias non para: A Vinganza do Sith ven de se estrear e xa é o récord de recadación de todos os tempos no primeiro día. Ven de acadar 50 millóns de dólares nos despachos de billetes, batendo a Shrek 2, que mantiña o récord con 44,8 millóns dende o ano pasado.

  • [1:29 21/05/2005] A Vinganza do Sith xa está pirateada: xa se poden atopar dúas cópìas distintas pola Rede dende o mesmo día da súa estrea. Calcúla-se que xa a baixaron unhas 16.000 persoas esta versión, que seica é unha cópia cun código de tempo, o que indica que non é para distribuir nos cinemas, senón de uso interno dos estudos. A compañía Lucasfilm non quixo facer declaracións ao respeito de quen podería ser o culpábel desta fuga de material interno.

  • [1:06 19/05/2005] Robert Sheckley, ún dos derradeiros escritores clásicos da ciéncia-ficción, está a vivir unha espécie de pesadelo nun hospital privado de Quiev (Ucraina) após de sofrir unha insuficiéncia respiratória progresiva mentres asistía como invitado a unha convención de literatura de ciéncia-ficción naquel país. Por problemas dos seguros médicos da organización da convención e do seguro médico que ten contratado nos Estados Unidos, o escritor non pode abandoar o hospital ucraíno até non pagar os 7.000 dólares que adebeda, máis 1.000 dólares extra por cada día que estea ingresado.

  • [1:06 19/05/2005] Confirmou-se que o creador e director da Guerra das Galáxias, George Lucas, ten unha pequena aparición (un cameo) na derradeira entrega da série, A Vinganza do Sith. Só os fans con millor vista poderán albiscalo nunha escena cunha multitude na que seica tamén aparecen as súas fillas, pero Lucas non quixo confirmar en que escena é concretamente.

  • [1:44 26/05/2005] Segundo informa a axéncia de novas estatal de España, Efe, a grande cantidade de apostas a favor de que o director da escola de Harry Potter, o meigo Dumbledore, sexa o persoaxe que morre na derradeira entrega da saga, alertou sobre a posibilidade dunha filtración sobre o contido do libro, ainda pendente de distribución. Mália que J.K. Rowling, autora dos libros de Potter, non quixo revelar quen será o persoaxe que morre en Harry Potter e o Príncipe Mestizo, que sairá á venda o 16 de xullo, moitos poxadores coidan ter a respuesta, o que fai sospeitar que alguén podería ter desvelado os segredos do libro, impreso en Alemaña con grandes medidas de seguridade.

  • [1:06 24/05/2005] Veñen de se facer públicas as nominacións para os prémios Sidewise, que recoñecen a exceléncia no eido da história alternativa (ucronías), unha das máis interesantes pólas da ciéncia-ficción. Este ano os prémios serán dados a coñecer na convención Interaction en Glasgow, Escócia. A listaxe completa dos candidatos podédela obter neste enderezo web.

  • [1:06 24/05/2005] Asemade tamén foron anunciadas as candidaturas para os prémios Mythopoeic, outorgados anualmente ás obras que exemplifican o espírito dos "Inklings", é dicir, o grupo que formaron J.R.R. Tolkien e mais os seus colegas literários C.S. Lewis e Charles Williams. Os gañadores serán dados a coñecer na conferéncia Tolkien 2005 en Birmingham, Inglaterra, o vindeiro 15 de agosto.

  • [1:06 24/05/2005] Agora din que a escritora inglesa J.K. Rowling, autora das aventuras de Harry Potter, está a considerar adicarse á ficción para adultos, segundo revelou o xornal dominical "The Sunday Times". Rowling está por completar o séptimo e derradeiro libro da saga do famoso neno meigo e seica ten interese pola novelas policíacas.

  • [1:06 24/05/2005] O Episódio III da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith, xa recadou 158 millóns de dólares nos seus catro primeiros días de exhibición nos Estados Unidos e 303 millóns de dólares en todo o mundo, o que supón un novo récord mundial que deixa moi atrás aos 114 millóns de Spiderman.

  • [1:06 24/05/2005] Din que George Lucas preguntou pola dispoñibilidade do actor australiano Matthew Newton para ver se está libre para aparecer na vindeira série de televisión da Guerra das Galáxias que está a preparar o todopoderoso amo e señor da Lucasfilm. Seica Newton podería interpretar a Anakin Skywalker, ou a algún outro persoaxe principal da nova série.

  • [1:29 21/05/2005] Topher Grace, recén saido da série That '70s esta semana, ven de se unir ao reparto de Spiderman 3 no papel dun dos dous malos do filme. Os detalles aínda non foron revelados, pero xa sabemos que Thomas Haden Church será o outro inimigo de Spiderman nesta entrega.

  • [19:28 28/05/2005] O Episódio III da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith, xa ten un novo récord no peto: é a película que máis rápidamente recadou 200 millóns de dólares, en tan só 8 días. E en todo o mundo leva xa 357 millóns de dólares. Neste escaso tempo é xa a 59ª película máis vista da história, pero como é óbvio, non se vai contentar con iso, porque seguirá escalando postos.

  • [21:53 26/05/2005] O produtor e director Michael Bay rexeitou aparentemente as informacións que o vencellaban a un remake do clásico de Alfred Hitchcock Os paxaros. Nunha entrevista, dixo que "non quero falar de "Os Paxaros", porque iso está moi por baixo da liña de flotación". As súas referéncias mariñeiras ían dirixidas á série que está a rodar, A Illa.

  • [1:44 26/05/2005] Ser a nova moza de Tom Cruise comeza a render benefícios para Katie Holmes, segundo contan as malas línguas pola Rede, e é que seica vai atopar un papel para Misión Imposíbel 3, se cadra xunto a Lindsay Lohan. Disque Holmes é a máxima favorita para reemprazar a Scarlett Johansson no papel da moza de Cruise na secuela desta saga de acción fantástica.

  • [1:44 26/05/2005] Segundo un libro que ven de ser publicado nos Estados Unidos, o governador de Califórnia Arnold Schwarzenegger sospeita que o seu antigo rival Sylvester Stallone foi o líder da campaña que se desatou nos anos 80 e que tiña por obxecto acusar ao protagonista de Terminator de ser un simpatizante dos nazis. As dúas estrelas de Hollywood foron inimigos dende que en 1988 Schwarzenegger tivese un romance coa ex muller de Stallone Brigitte Nielsen, ainda que seica hoxendía xa son de novo grandes amigos.

  • [1:44 26/05/2005] Xa comezan a aparecer listaxes completas de fallos de continuidade referidas a A Vinganza do Sith. O sítio web Moviemistakes.com, famoso por facer estas compilacións, leva xa contabilizados 14 erros de "tracking" neste filme, ainda que son moitos menos que os do que abriu a saga, o Episódio IV Unha nova esperanza, no que se contaron até 214 fallos.

  • [1:44 26/05/2005] A New Line ven de adquirir os dereitos da novela gráfica de ciéncia-ficción Interman, sobre un xove que foi criado en reclusión e que descubre que foi alterado xenéticamente polo governo para se converter nunha máquina de matar superhumana. Jeff Parker foi o creador e editor deste cómic, que vai ser producido na súa versión para o cinema por Beau Flynn e Tripp Vinson. Din que o guionista de O Exorcista: O Comezo, Alexi Hawley, está a escribir a adaptación.

  • [1:44 26/05/2005] O novelista de terror e director Clive Barker ven de se asociar co produtor Jorge Saralegui en Midnight Picture Show, unha empresa que vai facer dúas películas de terror ao ano. A meirande parte destes filmes estarán baseados nos relatos dos seis volumes de Os Libros de Sangue de Barker.

  • [1:44 26/05/2005] Entre o 4 e o 3l xullo terá lugar en Ávila (España) un curso de verán co título Memórias do futuro: ciéncia-ficción e utopía na Universidade Nacional de Educación a Distáncia (UNED), dirixido por Ramón del Castillo Santos. O curso ofrecerá un panorama xenal das relacións entre a literatura e o cinema de ciéncia-ficción e o imaxinário utópico dende finais do século XIX até o afundimento do comunismo e a era postmoderna.

  • [19:28 28/05/2005] O matrimónio de produtores formado por Walter F. Parkes e Laurie MacDonald confirmou nunha recente entrevista que están a desenvolver a terceira parte da saga de The Ring. Nesta ocasión, segundo dixeron, non estará necesariamente Naomi Watts e mais o rapaz que interpreta ao seu fillo, David Dorfman, presentes nas dúas primeiras entregas.

  • [1:18 01/06/2005] Está a correr un rumor pola Internet segundo o cal Sylvester Stallone volverá a se sentar na cadeira do director para trasladar á pantalla grande a vida de Edgar Allan Poe, quen seica será interpretado polo actor alcoólico Robert Downey Jr.. AInda non hai ren confirmado, pero isto soa bastante raro.

  • [23:49 28/05/2005] O escritor de ciéncia-ficción Robert Sheckley regresou onte aos Estados Unidos após de ficar atrapado durante un mes nun hospital de Quiev (Ucraína), enfermo e sen cartos para se pagar o tratamento. Os médicos informaron que ten unha grave enfermidade do pulmón pero que estaba en condicións de realizar a viaxe. Seica o multimillonário mafioso Viktor Pinchuk, dono de tres canles de televisión e presidente dun partido político relacionado co antigo presidente corrupto Leonid Kuchma, foi quen pagou o tratamento hospitalário e mais o vóo do escritor.

  • [19:28 28/05/2005] Seguindo as doutrinas que dicta a súa esperpéntica relixión, a Ciencioloxía, Tom Cruise ven de declarar unha guerra aberta contra os psiquiatras, porque segundo dixo, "a súa pseudo-ciéncia conduciu a unha crise de drogas aos nenos de hoxendía". Relembremos que segundo Ron Hubbard, o fundador desa relixión, os psiquiatras son enviados dunha raza extra-terrestre que quere dominar o mundo.

    Cinema fantástico en Cannes

    O cartaze do filme[23:46 11/05/2005] Cunha longametraxe francesa en competición, Lemming, do franco-alemán Dominik Moll, un filme que con variada fortuna incursiona no fantástico e irracional, inaugurou-se a 58ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes, considerado o mais importante do mundo. Nesta ocasión, as longametraxes que loitan pola Palma de Ouro, a máxima recompensa do certame, son 20 e proveñen de 13 países.

    A película de Moll parte do encontro de dúas parellas, que amodiño vai derivando cara un universo turbulento e sombrío. Todo o proceso do filme prepara a irrupción do irracional, pero segundo opinou a crítica, cando se apresenta esta fase, que se prefigura na primeira parte, chega con ela a decepción: ao espectador custa-lle crer o que o director pretende. O filme non fala somentes de pantasmas e de medos. Para Moll, o fantástico non semella ser un fin en si mesmo, se non que lle permite dar unha estrutura narrativa ao filme.

    En termos xerais, Lemming é un filme escuro na que a inminencia dun perigo cria unha tensión permanente, que se ve incrementada porque a história está contada desde vários pontos de vista. A trampa na que, segundo parte da critica caiu Moll, é a da inverosimilitude. Todo pode-se filmar, mentres teña unha lóxica interna e sexa cribel. E en Lemming hai algunhas lagoas que é difícil encher de sentido.

    Encanto ao resto dos realizadores que aspiran á Palma de Ouro, figuran tamén algúns xenuinos representantes do fantástico: o canadiano David Cronenberg con A History of Violence e Sin City, de Robert Rodríguez.

    Pero por suposto, a grande nova para nós será, xa fóra de competición, o ponto final da segunda triloxia da Guerra das Galáxias, A Vinganza do Sith. Alí estaremos para vos informar!


  • [1:18 01/06/2005] A actriz Brooke Shields ven de lle dar unha labazada dialéctica ao seu antigo amigo Tom Cruise, quen ousou critica-la polo seu "inaxeitado" uso das drogas para tratar unha depresión post-parto que tivo hai tempo. Cruise, quen afirma que xa axudou a moitas persoas a sair da droga grazas á súa estrambótica relixión (a Ciencioloxía), atacou a Shields por mor da súa dependéncia do fármaco "Paxil". Pero Shields non ficou calada e dixo que non vai aceptar consellos dunha persoa que consagrou a súa vida a adorar seres do espazo exterior: "Os seus comentários son perigosos. Debería limitar-se a salvar ao mundo dos áliens".

  • [1:18 01/06/2005] George Lucas ven de aprobar o guión de Jeff Nathanson para unha cuarta entrega da saga de Indiana Jones, o mesmo que xa fixo o director Steven Spielberg. Iso deixa a rodaxe do filme só a expensas do aprobado de Harrison Ford, pero éste ainda non leu o guión. O comezo da rodaxe está prevista para o verán de 2006, e seica nos papeis protagonistas repetirían Harrison Ford e Sean Connery.


    Os Sith atacan Cannes!

    George Lucas e Darth Vader en Cannes[1:16 16/05/2005] A Vinganza do Sith, a sexta e definitiva entrega da saga da Guerra das Galáxias, eclipsou a todos os demáis acontecementos celebrados onte domingo en Cannes, onde había un par de fitas que entraban na competición oficial, pero tiveron a mala sorte de coincidir coa proxección, fóra de concurso, da agardadísima estrea mundial do filme de George Lucas, que atraiu o interese maioritario da prensa mundial.

    Hai xa 28 anos que a famosa frase "Hai moito tempo, nunha galáxia moi, moi afastada" apareceu nas pantallas de cinema, e onte domingo foi a derradeira vez que eran estreadas. A película mereceu a entrada con alfombra vermella e a presenza do seu director e de vários dos protagonistas. Centos de fans berraron para poder ver de preto e con sorte mesmo tocar aos seus ídolos, entre eles a Natalie Portman, quen interpreta á raíña Amidala e que chegou co pelo curtado ao cero por mor do novo filme que está a rodar, V for Vendetta.

    No que respeita á película, a crítica coindidiu en que esta entrega final é moito máis escura e tenebrosa que o resto, e mesmo un xornalista dixo que se sentiu "baleiro" após de ver o filme, pero non porque fose malo, senón porque é o final.

    A cuestión é que este ano, sen a presenza de Michael Moore e o seu Fahrenheit 9/11, non faltou quen quixo ver unha crítica á política do presidente americano George Bush no guión de A Vinganza do Sith. Os espectadores non puideron evitar facer comparacións entre as cuestións políticas que se poden ver no filme e a realidade: así, cando a raíña Amidala sentenza que "así é como morre a liberdade. Cun aplauso atroador" mentres o Senado galáctico aproba outorgar o poder a un dictador. Ou cando o futuro Darth Vader ameaza cun "se non estás comigo, estás contra min", que soa moi semellante á frase de Bush "ou estades connosco, ou estades cos terroristas".

    En fin, ainda que Lucas negou que houbera intencionalidade política nestas frases, o certo é que a fita amosa o asalto ao Estado por parte dos Sith que, coa excusa de defender a liberdade e a democrácia, aplastan é República, instauran a censura e a dictadura e edifican un império. Calquera paralelismo coa realidade actual corre por conta dos espectadores.


    O sexto Harry Potter desvelará-se en Edinburg

    [17:25 15/05/2005] Un total de 70 nenos afortunados poderán asistir ao lanzamento mundial da sexta entrega das aventuras de Harry Potter, o vindeiro 16 de xullo en Edinburg (Escócia), grazas ao concurso lanzado hoxe pola sua autora, J.K. Rowling.

    A escritora inglesa anunciou unha iniciativa conxunta cos meios de comunicación dos paises de fala inglesa para que un grupo de nenos, de entre 8 e 16 anos, asista ao acto no maxestoso castelo da capital escocesa, a sua terra natal.

    Cando pase un minuto despois da medianoite do dia 16, Rowling lerá fragmentos do esperado Harry Potter e o príncipe mestizo, entre as moitas das surpresas que deparará ese fin de semana aos gañadores do concurso.

    Así, os selecionados chegarán á esplanada do Castelo en carruaxes tirados por cabalos antes do acto de lanzamento, que será retransmitido en directo por todo o mundo. Despois, dirixirán-se ao interior do castelo, onde desfrutarán dunha enchenta ao estilo da escola de máxia de Hogwarts.

    O domingo estará reservado para que os gañadores interroguen a Rowling, no que a escritora prometeu que será a sua única rolda de prensa sobre o libro. E por se isto fora pouco, cada un deles se levará unha cópia da penúltima entrega das aventuras do meigo mais famoso do mundo, asinada, evidentemente, pola própria autora.

  • [1:20 03/06/2005] O escritor de ciéncia-ficción Harlan Ellison, coñecido pola súas frecuentes saídas de tón, cargou contra os esforzos de Steven Spielberg para facer unha boa adaptación ao cinema do clásico de H.G. Wells A Guerra dos Mundos. Ellison non dubidou en chamar a Spielberg "ególatra", "arrogante" e advertiu ao cineasta que "non lle mataría poñér o fodido nome [de Wells] na película".

  • [1:20 03/06/2005] J. Michael Straczynski, ocupado agora mesmo escribindo os guións para os cómics dos Catro Fantásticos, dixo nunha entrevista que ten pensado facer unha história na que se narren os esforzos do Governo para lle arrebatar os fillos a Reed e Susan Richards. En fin, algo así coma as novelas máis dickensianas.

  • [1:20 03/06/2005] Coa publicación de Vinte mil légoas de viaxe submariña, o xornal vigués "Faro de Vigo" escomeza dende hoxe día 3 unha oferta editorial que leva por título "O millor de Jules Verne". Na colección serán incluidas once obras do escritor francés (ainda que poñan o seu nome en castelán) considerado pai da literatura de ciéncia-ficción. Hai que advertir que todos os libros serán publicados en español, sen excepcións.

  • [2:40 02/06/2005] O penúltimo rumor: a gañadora do concurso de Miss Universo do pasado ano, Jennifer Hawkins, podería interpretar a Supergirl na longametraxe que se está a preparar sobre a superheroína, segundo comentaron várias emisoras australianas.

  • [2:40 02/06/2005] O gañador dun Oscar Morgan Freeman venceu o seu disgusto polos filmes comerciais e decediu-se a participar na rodaxe de Batman Begins tan só porque os filmes de éxito están moi ben pagados. O veterano actor está orgulloso de ter participado en filmes de éxito de crítica coma The Shawshank Redemption ou Million Dollar Baby, pero seica temía que iso limitase a cantidade de cartos que podía gañar, así que aceptou participar no vindeiro filme de Batman: "Nunca me pediran participar en filmes coma Batman, Superman, Spiderman, a Guerra das Galáxias ou así. Alec Guinness, ún dos meirandes e máis aclamados actores ingleses, interpretou a Obi-Wan Kenobi na Guerra das Galáxias e dixo que gañara máis cartos só con esa película que con todas as demáis xuntas. Así que eu pensei, pois vale, adiante".

  • [2:40 02/06/2005] Walter Koenig, quen interpretou ao oficial Chekov na série orixinal de Star Trek, dixo nunha recente entrevista que está a planear participar nunha curtametraxe feita por fans e que só será distribuida pola Internet, todo para regresar ao seu persoaxe, que lle fixo famoso hai case 40 anos.

  • [13:33 07/06/2005] A Wildside Press ven de anunciar plans para mercar a cabeceira máis clásica das revistas de terror: Weird Tales. Durante os últimos anos a Wildside tivera unha participación minoritária na sociedade, pero a partir do número 337 da revista converteu-se no accionista único. Os actuais co-editores Darrell Schweitzer e George H. Scithers seguirán á fronte dos seus postos, pero agora xunto a un terceiro, o presidente da Wildside, John Gregory Betancourt.

  • [14:56 05/06/2005] A série Perdidos adianta nunha semana a sua estrea en TVE-1. Por axustes de última hora na programazón, o filme da tarde de hoxe será substituído por un ou dous capítulos desta série que relata as peripécias nunha illa do Pácifico de 48 supervivintes após un acidente aéreo. Acción, fantasía, violéncia e mistério únen-se en Perdidos, que até agora só estaba dispoñíbel na canle Fox.

  • [1:20 03/06/2005] O director Robert Rodriguez confirmou que el e mais o debuxante de comic Frank Miller planean comezar a rodaxe de Sin City 2 contra o mes de xaneiro de 2006, ainda que arestora están sen rematar nin o guión nin se ten ideia do reparto.

  • [15:21 11/06/2005] Microsoft Corp. está preto de vender os dereitos para que se faga unha película baseada no seu popular videoxogo Halo após dunha rolda de conversas entre indústrias de Hollywood por ver quen lle vai pagar máis. O videoxogo é unha série de ciéncia-ficción sobre un guerreiro chamado Master Chief que combate aos áliens. O contrato podería pechar-se por dez millóns de dólares máis un 15 por cento sobre os benefícios.

  • [15:21 11/06/2005] Este fin de semana estrea-se en Galiza Rottweiler, un filme realizado en España o ano pasado pero que só fora estreado nos Estados Unidos, por certo sen éxito algún. A fita vai sobre un rapaz que consigue escapar dun campo de prisioneiros da "Zona Fronteiriza", unha barrera creada pola Unión Europea no sul de España destiñada a deter o fluxo de inmigrantes. O protagonista fuxe perseguido por un feroz can con queixada e dentes metálicos.

  • [13:33 07/06/2005] A Twentieth Century Fox e mais a Marvel Entertainment veñen de contratar a Brett Ratner para que sustitúa a Matthew Vaughn no posto de director da vindeira entrega da saga mutante X-Men. Con isto agardan poder ter o filme preparado para a súa estrea en 2006. Ratner (Rush Hour) é un entusiasta dos comics e o seu nome xa foi posto en consideración para dirixir a primeira entrega, X-Men, antes de que lle deran o cargo a Bryan Singer.

  • [13:33 07/06/2005] O autor da novela O Exorcista, William Blatty, ven de demandar a Morgan Creek Productions porque supostamente non lle pagaron unha cantidade que lle debían por dereitos de autor ao respeito da última secuela da franquícia. Blatty pide 750.000 dólares, a cantidade que segundo dí lle prometeran se o estudo facía unha secuela da película de 1973, como así foi.

    Estrea dun filme vigués de terror

    O cartace do filme[18:31 20/05/2005] O mastigar dos mortos nas súas tumbas, unha mediametraxe escrita polos vigueses Óscar Suárez, Ángel Regueiro e o lalinense Emilio Suárez e dirixido polo primeiro, celebra hoxe a sua estrea ás 20:30 horas no Centro Social Caixanova da cidade olívica.

    O filme, que se rodou o verán pasado en localizacións de Vigo, na aldea abandonada de San Colmede de Crecente, en Barcia de Mera e en San Xoán do Mosteiro, ten como protagonista a unha vella glória do espagueti western: Aldo Sanbrell, un actor que participou en mais de 300 filmes e morreu en mais da metade e que está no reparto de clásicos coma Por un feixe de dólares ou O bo, o feo e o malo. O filme vigués, inscrito no xénero de terror gótico, ten algo de lovecraftiano, ainda que os autores aseguran que está baseado na tradición popular galega. José Meín, Ángel Outerelo, Iria Piñeiro, Sergio García e Manuel Valdés completan o reparto.

    O guión de O mastigar das mortos nas suas tumbas xa foi galardoado: gañou o primeiro prémio no IV Certame de Guións do Festival de Curtometraxes de Alcobendas, onde competiu con outros 108 traballos de toda España.

    Suárez debutou coescribindo e interpretando con Ángel Regueiro a mediametraxe bélica musical The Last Patrol (prémio Xociviga ao mellor filme en vídeo). No 2000 escrebiu e dirixiu a sua primeira curta fantástica, Amazonas 2000, que participou na sección de vídeo de Sitges. E no 2001 escrebiu e dirixiu, de novo con Regueiro, o curto As báguas da raíña, selecionado na sección Brigadoon de Sitges. Arestora traballa no proxecto que será a sua primeira longametraxe, Pánico Pop.

    Após da estrea de O mastigar dos mortos, a partir das 22 horas celebrará-se unha festa no Clube Vademecum na que ademais se apresentará o novo disco do grupo de acidjazz funk Donatore dei Groove. Alí estaremos os reporteiros de NOVA fantasia!


    Kelsey Grammer: de Frasier á Besta en X-Men 3!

    Kelsey Grammer[1:11 19/05/2005] O presidente dos Estudos Marvel, Avi Arad, falou para a prensa o martes pasado e o certo é que encheunos de novas moi xugosas ao respeito da vindeira X-Men 3.

    "Está por escomezar", dixo Arad sobre o filme. "Na miña opinión, X3, dende unha perspectiva da história e o guión, é máis grande que a primeira e a segunda. Está construida no noso mundo, no mundo dos mutantes. na primeira parte tiñas que saber o que é un mutante e as súas relacións coa humanidade e coa irmandade. A segunda era realmente unha caste de continuación, pero con máis diversión".

    E a terceira?. Pois segundo Arad, "A terceira parte apresentará ao Anxo, á Besta, Kitty Pryde e o Juggernaut. Só iso xa vale o prezo da entrada. E hai máis, o Juggernaut é Vinnie Jones. Anxo ainda non está pechado, estamos procurando uns tíos, é un grande papel, pero estamos moi perto, dentro duns días".

    E logo chegou a bomba: a Besta. "Era o millor nome para o traballo. E o nome é... Kelsey Grammer! É un pouco raro sepensas nelo un segundo". Pois si: Arad confirmou que o protagonista de Frasier é o home para interpretar ao persoaxe mutante de pelo azul. Segundo Arad, a Besta interpretada por Grammer será un médico pacifista e superintelixente.

    O novo persoaxe feminino será Kitty Pride, no que xa se basearon os responsabeis da primera entrega dos "X-Men" para establecer a relación entre Lobeto e Pícara na película. Pride é unha rapaza capaz de "entrar en fase", o que sinifica que pode atravesar paredes. A actriz elixida para encarna-la é Maggie Grace, coñecida por aparecer na série Perdidos da Fox (en Galiza, podéde-lo seguir a través de "R").


  • [13:01 12/06/2005] A web Universo Marvel ven de inaugurar unha nova seccion: Novas do Universo Marvel. Como o seu nome indica, adicarán-se a ir recopilando as novas de actualidade relacionadas co Universo Marvel, tanto nos Estados Unidos coma en España. E para estrena-la apresentan a primeira parte dunha entrevista exclusiva a Marco Ricompensa, coordinador editorial de Panini.

  • [13:01 12/06/2005] Dende que a editorial Planeta perdeu os dereitos de publicación de Marvel en España, a favor de Panini, movéron-se axiña para se faceren cos dereitos da DC, a outra grande editorial americana de cómics de superheroes. E agora veñen de inaugurar a súa nova colección de Batman coa reedición de Batman: Ano Un, o clásico de Frank Miller e David Mazzuchelli, e só por 0,95 €, o que a convirte en moi recomendábel.

  • [22:42 13/06/2005] Algúns xornais americanos anúncian que George Lucas revelou o outro día na súa festa de homenaxe que o persoaxe Boba Fett aparecerá na série de televisión que se vai comezar a producir axiña. Non sabemos que é o que lle ven os fans a este persoaxe secundário, que por presión popular converteu-se nun dos protagonistas máximos da saga.

  • [23:53 14/06/2005] J.K. Rowling prohibiu que o seu vindeiro Harry Potter e o príncipe mestizo poida ser publicado legalmente en formato de libro electrónico. De feito, non permitiu que ningún dos seis libros que até agora compoñen a saga apareza neste formato. Ainda que na editorial dan motivos técnicos e comerciais para isto, o certo é que o único motivo é impedir a piratería.

  • [22:42 13/06/2005] O actor Kevin Spacey alporizou aos fans que mercaran entradas para a obra de teatro que está a representar en Londres, The Philadelphia Story, porque xa non seguirá facendo nela ningún papel. Spacey, director artístico da compañía, abandonou a obra para irse a Hollywood a rodar Superman Returns, e os seus fans, que mercaran entradas coa intención de velo, ficaron cun palmo de narices, porque o seu sustituto non aparece nos pósters.

  • [22:42 13/06/2005] Hugh Jackman ven de fundar unha compañía chamada Seed Productions, coa que xa asinou un contrato coa 20th Century Fox que inclúe unha secuela de X-Men centrada no persoaxe que el interpreta, Lobeto. Jackman e mais o seu sócio John Palermo están a agardar polo guión de David Benioff para producir esta secuela, que de todos os xeitos non comezará a se rodar até que remate a terceira entrega da saga dos mutantes, en maio de 2006.

  • [22:42 13/06/2005] A moza de Tom Cruise, Katie Holmes, anunciou que está a se converter á igrexa da Ciencioloxía, abrzando así a relixión de seu noivo. Holmes, que está en Londres de promoción da súa película Batman Begins, dixo o luns que está encantada de recebir leccións desa seita, fundada polo escritor de ciéncia-ficción L. Ron Hubbard. A actriz, de 26 anos, profesaba até agora a relixión católica.

  • [23:53 14/06/2005] O actor Dana Elcar (1927) finou o pasado 10 de xuño. Era coñecido polo seu papel na série MacGyver, pero interpretou a Dimitri Moisevitch no filme 2010 e tamén traballo en películas de xénero coma Condorman.

  • [23:53 14/06/2005] O actor Ed Bishop (1932) finou o pasado día 8 de xuño. Entre os fans do fantástico era coñecido polo seu papel de Ed Straker na série dos anos 70 UFO, pero tamén tivo un pequeno papel en 2001: Unha Odiseia do Espazo e apareceu en Battle Beneath the Earth e The Mouse on the Moon. Tamén fixo a dobraxe dos persoaxes da versión de debuxos animados de "Star Trek".


    Pechada unha web con A vinganza dos Sith

    [21:45 26/05/2005] O sítio de Internet Elitetorrents.org, no que até onte podían atopar-se vencellos desde os que descarregar filmes a través da rede de troco de arquivos BitTorrent, foi pechado polas autoridades dos Estados Unidos despois de ter sido denunciada por Hollywood. Entre outros filmes suxeitos á lei de propriedade intelectual, daba acceso ao derradeiro capítulo da Guerra das Galáxias que puido descarregar-se por esta via seis horas antes da sua estrea en salas comerciais de todo o mundo.

    A axuda para acceder á última entrega da saga creada por George Lucas foi o desencadeante dunha operación na que foron emitidas ordes de detención contra 10 persoas. Ademais, foron confiscados os servidores desde os que se xestionaba a actividade do sítio e o troco de arquivos.

    A redada estaba dirixida aos indivíduos coñecidos como "primeiros proveedores", ou a aqueles que colgaron na rede o material suxeito aos direitos de propriedade intelectual. Os investigadores non deron detalles concretos sobre o lugar onde se produciu a operación, chamada "D-elite", pero dixeron que se levou a cabo en coordinación con axentes federais de Arizona, Califórnia, Illinois, Kansas, Ohio, Pennsylvania, Texas, Virginia e Wisconsin.

    Estes casos son considerados un problema preocupante por Hollywood, pois filmes e discos moi esperados comezan a chegar antes á Rede que aos cinemas ou ás tendas. A consecuéncia no caso de A vinganza do Sith foi que en 24 horas mais de 10.000 cópias do filme foron trocadas entre sócios de Elite Torrents - uns 133.000 segundo as autoridades americanas - e usuários da rede de BitTorrent. Segundo os investigadores esta rede distribuiu nos últimos meses 17.800 títulos, incluíndo música, cinema e programas informáticos, que xerarian, segundo as mesmas fontes, até 2,1 millóns de descargas.


    Verne viaxará por Galiza

    [19:26 28/05/2005] Vigo será o vindeiro 3 de xuño o punto de partida da travesía que o "Naumón" realizará por augas galegas para achegar a 19 portos a exposición conmemorativa do centeário da morte de Jules Verne que alberga nas suas adegas.

    Carlos Pradissa, membro do grupo grupo teatral catalán La Fura dels Baus, quixo por elo relembrar o vencello que o escritor francés tivo con Vigo e a sua ría e sinalouno como "mestre" pola sua afinidade con todo o relacionado coa tecnoloxía e a inventiva.

    O "Naumón" visitará os portos que permiten o seu atraque, xa que ten 60 metros de eslora e pesa 1.100 toneladas.

    O barco, un vello cargueiro, foi adquirido en Noruega co visto bó dun "vigués que é o tío dun integrante da compañía", lembrou Pradissa. Decidiu-se daquela que se repararía en Vigo. Aquí, a remodelación levou-se a cabo nos Asteleiros Freire, reconvertindo a vella nave nun moderno contedor cultural e artístico, o primeiro flotante do estado español.

    Agora, esta espectacular estrutura levará pola Galiza atlántica unha exposición itinerante sobre Jules Verne cuxa ruta concluirá en xullo na Coruña.

    "Naumon" é un proxecto da Fura dels Baus que costou tres millóns de euros e que comenzou coa botadura do barco, en Vigo a primeiros de nadal de 2003, e que estivo presente no Fóro das Culturas de Barcelona e nas Olimpiadas de Atenas do ano pasado.



    Os anglicanos tamén vetan O código Da Vinci

    [1:17 01/06/2005] Nun comunicado difundido hoxe, a abadía de Westminster de Londres negou-se a que se rode entre as paredes do seu milenário templo ningunha escena da película O código Da Vinci. Os responsábeis da abadía consideran "poco sólido" o contido teolóxico da novela na que se basea o filme.

    O comunicado recolle ademáis que sería "inaxeitado" gravar alí parte da adaptación cinematográfica do libro do escritor americano Dan Brown, cuxa visión do cristianismo foi condeada polo Vaticano e mais a Igrexa anglicana: "Non podemos eloxiar ou refrendar as polémicas e díscolas suxestións históricas e relixiosas que se fan no libro, nin tampouco as suas visións da cristiandad e do Novo Testamento", afirma a nota.

    A abadía tamén instou aos guías turísticos que traballan no templo a axudar á Igrexa a corrixir os "erros de feito" que contén o libro.

    Segundo o comunicado, a obra apresenta "erros" coma a afirmación de que o poeta Alexander Pope pronunciou un elóxio no funeral de Isaac Newton ou que os turistas poden frotar as placas de latón das tumbas da abadía para calcar a imaxe dos defuntos alí enterrados.

    O filme de O código Da Vinci está protagonizado polo actor americano Tom Hanks e mais a actriz francesa Audrey Tautou, famosa pola sua interpretación na fita Amélie (2001).

    A película sobre a exitosa novela, que vendeu máis de vinte millóns de exemplares en todo o mundo, está-se a rodar en diversos escenários, entre eles o Museu do Louvre de París, e chegará aos cinemas en maio de 2006.

  • [23:53 14/06/2005] Os máis importantes actores de Batman Begins, coma o protagonista Christian Bale ou Gary Oldman xa asinaron para facer a secuela, pero outros coma o director Christopher Nolan ou os actores Morgan Freeman e Katie Holmes ainda non.

  • [23:53 14/06/2005] O clásico escritor de ciéncia-ficción Brian Aldiss foi condecorado polos seus servizos á Literatura como Oficial do Império Británico, segundo foi confirmado na listaxe de premiados deste ano co gallo do aniversário da Raíña.

  • [0:16 16/06/2005] Lane Smith, ún dos protagonistas da série de TV Lois e Clark, onde interpretaba ao director do xornal "Daily Planet", Perry White, perdeu a súa batalla contra o síndrome neuromuscular ALS e finou en Califórnia, segundo informaron várias fontes. O actor, de 69 anos, era coñecido pola súa interpretación do xefe de Clark Kent na devandita série. Un sobriño de Smith declarou que agradece a todos os fans pola preocupación, os bós desexos e as oracións: "Lamentamos dicir que o meu tío Lane Smith finou onte, o que constitúe unha bendita liberación do seu ALS. Moitas grazas polo vos oapoio". Smith aparecera tamén en filmes coma Amencer Vermello e Air America.

  • [0:16 16/06/2005] O actor da entrega orixinal da Guerra das Galáxias Mark Hamill, que interpretaba a Luke Skywalker, é un candidato a facer agora do Joker, o malvado inimigo de Batman na vindeira secuela do persoaxe dos cómics. Outros candidatos son Crispin Glover e mais o australiano Lachy Hulme, pero Hamill é o favorito dos fans após de interpretar a voz do Joker na série de debuxos animados.

  • [0:16 16/06/2005] A compañía de Sam Raimi, Ghost House Pictures, desenvolverá o filme de terror Monkey's Paw, baseado nunha ideia dos escritores Dave Kajganich e Tom McAlister. O filme, o mesmo có episódio de Os Simpsons, vai sobre unha man de mono que é atopada por un pai de família e que seica concede calquera desexo que se lle pida.

  • [0:16 16/06/2005] Xa se coñecen os nomes dos cinco finalistas da edicion de 2005 do Prémio Pablo Rido, ún dos máis prestixiosos do fantástico en español, organizado pola Tertúlia Madriñeña e que está dotado con 666 € e mais unha estatuiña. Os finalistas son Ramón Muñoz Carreño con En casa del veneno, Santiago García Albás con Y descargo el viento de sus velas, Eugenio Sanchez Arrate con La canción de los huesos, José Javier Bataller Gómez con Llueve en tejat prior 1 e Jorge Hernández Rofa por Nidoh cuco sobre el bolo de alguien.

  • [23:53 14/06/2005] O Salón do Cómic de Barcelona vén de distinguir o traballo de Miguelanxo Prado - mellor obra en español e mellor guión para A mansión dos Pampín - e do fanzine "BD Banda". Os galardóns son a confirmación de que a creatividade na banda deseñada galega xa non é cousa de figuras illadas ou de promesas para o futuro, senón que se trata dunha realidade cun alto nivel xeral de calidade e que está buscando a conexión co seu público.

  • [23:53 14/06/2005] O director James Cameron confirmou que o seu seguinte filme, que comezará a se rodar en decembro, será Battle Angel, unha película en 3D baseada no manga xaponés homónimo, pero que tamén podería facer ao mesmo tempo outro proxecto titulado Project 880. Ambos os dous filmes serán dorados en 3D con cámaras de alta definición.

  • [0:16 16/06/2005] A primeira convención oficial da série televisiva Perdidos tivo lugar en Burbank, Califórnia, a pasada semana e nela soubo-se que na segunda tempada haberá protagonistas novos, xa que a sección de cola do avión seica tamén tivo supervivintes. Ao final vai resultar que no avión viaxaban todos os Estados Unidos! En fin, que Michelle Rodrigues (Resident Evil) e pode que mesmo Samuel L. Jackson (Star Wars) poderían ser algúns dos novos protagonistas.

  • [0:16 16/06/2005] Julian McMahon é outro dos candidatos a James Bond que está en negociacións cos produtores para se facer co cobizado papel de 007. McMahon, de 36 anos, é coñecido polo seu papel de Christian Troy na série televisiva Nip/Tuck, pero especialmente por facer de Doutor Morte en Os 4 Fantásticos.

  • [0:16 16/06/2005] Após do fracaso de Polar Express, Robert Zemeckis non se rende e pensa continuar con películas de animación dixital de captura de movementos e seica é esa tecnoloxía a que pensa empresgar na súa vindeira película, Beowulf, adaptación do poema épico que constitúe a primeira obra coñecida en língua inglesa. Os actores que aparecerán neste filme serán Anthony Hopkins, Robin Wright Penn, Ray Winstone e Brendan Gleeson. O guión será de Roger Avary (Pulp Fiction) e nada menos ca Neil Gaiman, o mítico guionista de cómics.

  • [0:16 16/06/2005] Nicole Kidman atacou a un fotógrafo da prensa "rosa" no mesmo tapete vermello do cinema de New York onde se estreou o seu novo filme Bewitched o pasado luns. O fotógrafo púxo-se diante dela porque non quixo pousar, pero a actriz, perdendo os nervos, enfrontou-se ao "paparazzi" e berrou-lle "é vostede un bruto". O publicista da Kidman desculpouna dicindo que tivera un mal día.

  • [0:35 16/06/2005] Xa está dispoñíbel nas librarías de toda Galiza a versión en galego de Anxos e demos, o éxito editorial de Dan Brown, autor de O Código da Vinci (tamén traducida ao galego), que ven da man de El Aleph Editores. É de agradecer que esta editorial catalana teña a ben publicar os grandes éxitos internacionais na nosa língua, e isto debería facer que as editoriais galegas se lles caíse a cara de vergoña, pero claro, seguro que xa teñen unha batería de escusas preparadas, como por exemplo, que non reciben subvencións por iso.

  • [21:29 18/06/2005] A revista "Forbes" ven de facer pública a súa habitual listaxe de persoas máis ricas e famosas, e este ano temos a George Lucas, director e produtor da saga da Guerra das Galáxías no cuarto posto. Pola súa banda, o autor de O Código da Vinci, Dan Brown, ocupa o 12º lugar mália as campañas desatadas na súa contra.

  • [21:29 18/06/2005] Batman Begins estreou-se nos despachos de billetes americanos con 15,1 millóns de dólares no seu primeiro día de exhibición, que foi o mércores pasado. Esta cifra fica moi afastada dos 50 millóns que obtivera A Vinganza dos Sith, pero é unha cantidade abondo boa como para animar á Warner a continuar facendo películas do home morcego.

  • [0:27 22/06/2005] As primeiras críticas de Bewitched, a nova película de Nicole Kidman, Will Ferrell, Michael Caine e Shirley MacLaine, non son nada positivas. Ainda que afirman que o argumento é innovador e interesante (tráta-se dun remake da clásica série dos anos 60, pero na que a protagonista que fai de Samantha é de verdade unha bruxa), o guión non alcanza ningún intre bó e a execución final é demasiado pobre. Xa veremos, porque en Galiza ainda non poidemos mirala.

  • [23:40 20/06/2005] Catro persoas foron arrestadas após de que Tom Cruise resultara empapado cun micrófono-brincadeira na estrea londinense do seu novo filme A Guerra dos Mundos onte á noite. Cruise estaba a atender aos fans no tapete vermello canda a súa moza Katie Holmes cando un xornalista falso mollouno usando un micro cheo de auga. Cruise montou en cólera e esixiu responsabilidades. A policía tivo que deter ao bromista, que agora será acusado de agresión.

  • [23:40 20/06/2005] Edicións Minotauro e Cafés Marcilla veñen de convocar a III edición do Prémio Internacional de Ciéncia-Ficción e Literatura Fantástica en español. O prémio está aberto a escritores que apresenten novelas orixinais e inéditas e cuxo argumento poda englobarse dentro da ciéncia-ficción, a literatura fantástica e o terror. A dotación económica deste prémio, de 18.000 euros, convírte-o no millor dotado do mundo no xénero da literatura fantástica e da ciéncia-ficción. A admisión de orixinales pechará-se o 4 de novembro deste ano.

  • [21:29 18/06/2005] O clásico director George A. Romero, que regresará após de dúas décadas ao xénero que creara coa vindeira película de zombis Land of the Dead, dixo que o filme podería marcar o comezo dunha nova rolda de películas adicadas aos seus monstros favoritos.


    Matthew Vaughn abandoa X-Men 3

    [2:38 02/06/2005] A tan só oito semanas do comezo da rodaxe de X-Men 3, o seu director Matthew Vaughn ven de abandoar o proxecto producido pola 20th Century Fox por "motivos persoais".

    Vaughn, quen reside en Londres, planeara viaxar entre a súa casa e as localizacións do futuro filme en Vancouver (Canadá), pero foi-se decatando de que tería que se mudar a Los Angeles alomenos durante un ano, e seica non quería deixar á súa família nin obrigalos a seguilo, polo que finalmente decediu-se por esquecer este proxecto.

    "Este non é un caso de diferéncias creativas", dixo o xefe dos Estudos Marvel, Avi Arad. "Esta é unha decisión persoal de Matthew, e podo asegurar que ten o corazón partido". Os estudos anunciarán axiña quen será o seu sustituto, así coma o actor que interprete ao Anxo.

    Todos os membros da equipa de rodaxe, así coma os actores, proceden da anterior entrega da saga. Hai uns días anunciára-se que Kelsey Grammer interpretaría á Besta e que Vinnie Jones faría o papel do Juggernaut. A estrea deste filme segue pendente para o 26 de maio de 2006.

  • [0:27 22/06/2005] O actor escocés Alan Cumming ven de abraiar aos seus fans após de anunciar que se retira da vindeira entrega da saga de X-Men, na que interpretaba ao mutante Rondador Noiturno. Segundo unha mensaxe deixada no seu sítio web, "Alan non aparecerá en "X-Men 3". A Fox non fixo efectiva a súa opción para interpretar a Rondador Noiturno nunha segunda película". O voceiro de Cumming confirmou este anúncio, mália que as novas da canle MTV dixeran qur o actor participaría na terceira película da saga.

  • [0:27 22/06/2005] Tom Cruise estivo hoxe en Madrid (España) para promocionar A guerra dos mundos rodeado dun amplo dispositivo de seguranza, para evitar que o último filme de Steven Spielberg que o actor protagoniza poidiera ser pirateado. Detector de metales, móbiles requisados e visor noiturno, para evitar que no pase de prensa se coara algunha persoa coa intención de gravar a película baseada no clásico de H.G. Wells, protagonizaron as horas prévias á rolda de prensa no Planetário de Madrid, na que Cruise falou de cinema, da sua futura voda, da ciencioloxía e da importáncia da família.

  • [0:27 22/06/2005] A Marvel Enterprises e mais a 20th Century Fox veñen de presentar unha demanda contra Sony Pictures Entertainment e Revolution Studios por infracción dos dereitos de autor e competéncia desleal, xa que afirman que a comédia de superheroes Zoom usa elementos clave da franquícia de X-Men. O guión de Zoom, protagonizado por Tim Allen, inclúe unha escola para superheroes, unha sala de adestramento e unha sinistra axéncia governamental. Zoom non comezou ainda a se rodar, pero a decisión da Sony de estrea-la o 12 de maio, dúas semanas antes da terceira entrega de X-Men, ten moito que ver con esta demanda.


    A "Fura dels Baus" en Vigo

    O cartaze do espectáculo da Fura[15:03 05/06/2005] A compaña teatral catalana deixou coa boca aberta á maré de xente que acudiu ao porto vigués coa esperanza de ver algo, ainda que poucos o conseguiron. Ao redor das dez da noite de onte, milleiros de vigueses camiñaban apurados na mesma dirección para ver o espectáculo dos artistas d'A Fura dels Baus. O único problema foi que non habia forma de o ver ben dende nengún punto do porto.

    Mália a sua escala xigantesca, foi desfrutada en toda a sua grandiosa dimensión por menos dun tércio dos alá congregados, xa que os que optaron por se situar na beira da esplanada do Náutico non puideron ver ren. A acción estaba ao outro lado, dentro da Estación Marítima.

    A Fura realizou un show en celebración do comezo dos actos festivos ao redor da regata Volvo Ocean Race que partirá de Vigo este ano. A segunda parte da "Tetraloxia Anfíbia" estivo especialmente interesante no ceo, que era de onde colgaban os actores-acróbatas sobrevoando cabezas. A beleza estaba nos xogos de luces, efeitos visuais como a fina chúvia caindo sobre os espectadores, o monicreque xigante rompendo augas entre o griterío do público, os buzos colgantes bailando a muiñeira, inéditas coreografías aéreas, a música de Carlos Núñez, actores vestidos pol´A Canalla escalando as velas do "Naumon"... en fin, o millor foi a proxección sobre a horrenda fachada do Hotel Bahía e a despedida migratória, moi axeitada ao lembrarmos que nesa Estación Marítima de Vigo despedíron-se centos de miles de galegos camiño de América.

    Agora, a mostra "A viaxe do capitán Nemo" ficará aberta a bordo do "Naumon", atracado no peirao da Laxe. Non é o "Nautilus", pero o visitante case chega a acreditar. No interior da nave, a exposición traslada o ambiente e a estética do escenário no que transcorrian as peripécias do mítico navegante criado por Jules Verne.

    Así, unha pantalla de forma circular converte-se no ollo de boi polo que a tripulación do Nautilus observaba os fondos mariños e aos seus habitantes. A falta de visións subacuáticas reais, proxectan-se os filmes que adaptaron ao cinema o texto de Verne. Un comedor listo para unha cea de Nemo e os seus acompañantes. Un órgao que traslada a paixón musical do mariño. Fotografías do Vigo que o escritor francés viu durante a sua estáncia de 1878, cando acudiu á cidade para coñecer en persoa os escenários criados pola sua imaxinación para descreber a visita do Nautilus á Ria. Exemplares do conchas. Paneis non demasiado lexíbeis que descreben os periplos submarinos de Nemo. Todo está na exposición.

    No mesmo lugar e de 11:00 a 22:00 ficará o barco e o mundo do Nemo até o vindeiro dia 12 de xuño, cando o "Naumon" e a sua exposición aboiante partan da dársena viguesa a percorrer outros vinte portos do litoral galego para realzar a saída desde Vigo da Volta ao Mundo de Vela.


    Suspendida a estrea da Guerra dos Mundos

    [14:55 05/06/2005]O último e esperadísimo filme do director americano Steven Spielberg xa non se estreará en Tóquio. Segundo informou onte a cadea británica BBC na sua edición electrónica, o temor a un posíbel fallo na seguranza do acontecimento levou á empresa de distribución UIP a suspender a premiere mundial d´A Guerra dos Mundos.

    A gala estaba prevista para o vindeiro dia 13 pero xa non poderá celebrar-se porque os produtores non están seguros de que haxa unha seguranza absoluta na aparición das principais estrelas do filme perante os afeizoados. Ademais, existe a dúvida mais que razoábel de que se poda aproveitar a proxección da estrea para conseguir cópias piratas do filme, que despois se distribuirian na Internet ou no mercado negro.

    A UIP emitiu un comunicado no que lamentaba ter que cancelar a estrea, pero que todo era por mora da seguranza. O problema agora son os 7.000 fans xaponeses que gañaran unha entrada para asistir á gala, e aos que previsibelmente, oferecerán-se-lles prémios alternativos.

    O filme de Spielberg baséa-se no clásico da ciéncia-ficción do escritor H.G. Wells sobre unha invasión marciana.

  • [1:58 24/06/2005] Tom Cruise, protagonista do filme de Steven Spielberg A Guerra dos Mundos, presentou a película en New York, e afirmou que non lle preocupa que a súa pertenza á seita da Ciencioloxía poida prexudicar as opcións do filme nos despachos de billetes. Cando lle preguntaron se considera que hai algunha ligazón entre os áliens da película e os que segundo a súa relixión viñeron á Terra hai millóns de anos, Cruise non contestou con claridade e enfadou-se co xornalista, preguntándo-lle á súa vez a que médio pertencía.

  • [1:58 24/06/2005] A MTV Films ven de mercar os dereitos para facer unha película baseada na novela de Holly Black Valiant, sobre unha comunidade de fadas que viven nos sotos da cidade de New York. Chuck Roven (Batman Begins) e Alex Gartner serán os produtores deste filme.

  • [0:28 22/06/2005] Os bromistas que lle fixeron unha bricandeira a Tom Cruise mollándoo con auga antonte na gala da estrea de A Guerra dos Mundos en Londres foron xa ceibados, segundo anunciou a Policía. Os gamberros poderían ser acusados de agresión se Tom Cruise decide presentar cargos contra eles, coma seica vai acontecer. Por certo que segundo informou o xornal inglés Daily Mirror, a roqueira Sharon Osbourne foi tratada tamén coa mesma brincadeira, pero ela decediu tomar-se a xustiza pola man e lles respondeu cun caldeiro cheo de auga.

  • [0:27 22/06/2005] Christian Bale, Michael Caine e Morgan Freeman veñen de asinar os seus contratos para aparecer na segunda parte da película de Batman que ven de se estrear, Batman Begins, pero a nova moza de Tom Cruise, Katie Holmes, non renovou o seu contrato. Os produtores temen que o filme non teña demasiado éxito e xa están a recurtar o orzamento das estrelas, polo que decediron prescindir de Holmes, segundo din tamén porque á Warner Bros non lle gusta que esté a sair con Tom Cruise, que está a se converter no verdadeiro protagonista alá por onde pasa, eclipsando ao mesmo filme.

  • [1:09 26/06/2005] O actor inglés Paul Bettany úne-se á listaxe de candidatos na carreira por interpretar ao Joker na vindeira secuela de Batman Begins. O director Christopher Nolan non deixou ningunha dúbida de que o malvado persoaxe terá unha forte presenza na secuela, xa que na derradeira escena do actual filme o Joker deixa unha carta á vista do público. Os sítios web adicados a Batman énchen-se de fans que fan as súas apostas, con Crispin Glover e Mark Hamill nos postos de saída.

  • [1:09 26/06/2005] Os prémios da International Horror Guild chegan ao seu undécimo ano, e xa temos aos nominados que podedes consultar neste enderezo web. Baseados en recomendacións públicas, os prémios recoñecen aos millores cada ano no eido do terror e da fantasía escura. Xunto aos nominados, o IHG distinguiu a Gahan Wilson co Prémio á Lenda Vivinte.

  • [1:09 26/06/2005] Xa foron anunciados os finalistas ao prémio John W. Campbell Memorial deste ano, que distingue á millor novela de ciéncia-ficción publicada nos Estados Unidos cada ano. O gañador será dado a coñecer no decurso da Conferéncia Campbell, que ten lugar do 7 ao 10 de xullo en Lawrence, Kansas. A listaxe completa cos 12 candidatos podédela ver neste enderezo web.

  • [1:09 26/06/2005] Tamén temos a listaxe de candidatos para o prémio Theodore Sturgeon Memorial, outorgado anualmente ao millor relato de ciéncia-ficción publicado nos EE.UU. O gañador será dado a coñecer no decurso da Conferéncia Campbell, que ten lugar do 7 ao 10 de xullo en Lawrence, Kansas. A listaxe completa cos 20 candidatos podédela ver neste enderezo web.

  • [1:58 24/06/2005] O ultracristiano Mel Gibson, director do filme A Paíxón de Cristo, non tivo reparos en acusar e lograr a condea dun home desequilibrado que lle perseguía coa intención de rezar con el. Un tribunal condeou a Zack Sinclair con tres anos de cadea (a máxima condea permitida pola lei) sen que Gibson se inmutara o máis mínimo.


    Detidos os ladróns da última entrega de Harry Potter

    [13:31 07/06/2005] Vários exemplares da novela ainda non publicada de Harry Potter foron roubados e oferecidos ao xornal inglés "The Sun", que avisou á Policía e facilitou a detención de dous homes durante a entrega do material, informaron onte o xornal e as autoridades. Os presuntos ladróns das cópias do libro, Harry Potter e o príncipe mestizo, reuniron-se cun fotógrafo nunha vivenda de Kettering (Northamptonshire, ao norde de Londres) e pediron 50.000 libras (uns 75.000 euros) por elas, segundo un reporteiro do diário.

    Os responsábeis de "The Sun" informaron á Policia do oferecimento dos dous ladróns, e ésta rodeou o lugar do encontro. Alá, os xornalistas filmaron a ambos homes en segredo. Durante as negociacións, o reporteiro do xornal foi ameazado cun revólver e os ladróns realizaron un disparo de fogueo. A policía interveu e detivo aos dous suspeitosos, de 19 e 37 anos, á vez que se incautou de dous libros. Un dos ladróns traballaba como axente privado de seguranza nun almacén onde están gardados exemplares da novela até a sua saída á venda o 16 de xullo. Seica tamén se ofereceu unha cópia do libro ao "Daily Mirror".

    Os avogados da autora da novela, J.K. Rowling, apresentaron perante o Tribunal Supremo de Londres unha petición para que sexa castigada calquera publicazón anticipada do libro.


    A estrea da Guerra dos Mundos

    [13:31 07/06/2005] A indústria do cinema ergueu-se para rexeitar os informes que din que a estrea mundial de A Guerra dos Mundos de Steven Spielberg fora cancelada en Tóquio, Xapón. Agora afirman que a estrea foi sinxelamente adiada por mor dalgunhasfallas de seguridade, e que a estrea para o resto do mundo non se verá afectada. Onte as axéncias informaron que a estrea fora cancelada porque non había medidas de seguridade abondo para protexer ás estrelas, entre elas Tom Cruise, fronte aos 7.000 fans que se agardaban.

    Nunha declaración feita pública hoxe, a UIP dixo que "Paul Takaki, presidente de UIP Xapón, está estremadamente orgulloso de hospedar a estrea mundial e anceia dar a benvida a Steven Spielberg, Tom Cruise e Dakota Fanning ao Xapón".

  • [21:56 27/06/2005] A organización do Concurso Domingo Santos 2005 lembra nunha nota que estamos nos derradeiros días de prazo para participar no Concurso de Relatos, xa que a data límite é o vindeiro 30 de xuño. A organización quere tamén expresar que está ao tanto das dificultades expostas por participantes, referidas á complicación que supón eliminar os dados persoais dos ficheiros informáticos que conteñen os relatos. A organización sabe que a informática causa inconvintes coma estes, e para evitar desacougos aos participantes, o secretário do concurso encárga-se de procurar calquera posibel información residual e elimina-la, para garantir que o xurado recibe os ficheiros sen ningún tipo de información do participante.

  • [21:56 27/06/2005] O presentador de televisión Matt Lauer puxo a proba a paciéncia de Tom Cruise o pasado venres cando lle preguntou en directo polos seus comentários sobre asdrogas e a Ciencioloxía. O actor, un fervente seguidor das doutriñas desa seita, aldraxara públicamente a Brooke Shields hai unhas semanas por mor do seu uso de antidepresivos post-parto. Cruise respondeu-lle ao entrevistador: "Tí non coñeces a história da Psiquiatría. Eu si". A entrevista púxose moi quente cando Lauer defendeu un medicamento chamado Ritalin, e Cruise púxo-se moi sério ainda que sen chegar perder os nervos mentres atacaba ás drogas e aos antidepresivos.


    Comunicado da Simetria

    [17:39 09/06/2005] Após das fortes acusacións dalgúns afeccionados ao fantástico en Portugal, a asociación co-organizadora da IberCon, Simetria, e a través de Gustavo Mil-Homens, non tardou en facer público un comunicado onde se dá conta dunha xuntanza celebrada o pasado 21 de maio en Cascais.

    Na devandita xuntanza, falou-se da antoloxía bilíngüe a ser lanzada na IberCon, para a que decediu-se que para garantir a presenza de cinco traballos de cinco escritores lusos a Simetria dirixa convites a escritores de calidade e eventualmente xa publicados, pero ainda pouco divulgados. Ademáis, a Simetria irá organizar unha Antoloxía On-line, que é aberta ao público. Esta Antoloxía destina-se a reunir e congregar todos aqueles que se interesan pola escrita de FC&F, ben como os seus leitores, e será tamén aberta á participación do fandom español.

    Ademáis das actividades xa suxeridas pola Simetria á organización da IberCon, propuxéron-se ainda outras, que serán incluídas no programa a sumeter pola Simetria á IberCon. Entre elas, palestras, apresentacións e painéis, e mais unha feira de Troca de Libros.

    O comunicado non cita a mensaxe de Jorge Candeias na lista de correio iberiafantástica, nin dá resposta ás súas adverténcias sobre a posíbel auséncia de fans portugueses na IberCon.


    Problemas lusos na Ibercon?

    [1:01 09/06/2005] Seica grupos de afeccionados portugueses ao fantástico, coma E-nigma, Sci-Freaks ou a associação Épica non están dispostos a asistir á HispaCon se o seu país é representado pola associação Simetria, actual co-organizadora da Convención a celebrar en Vigo. Segundo revelou Jorge Candeias no fóro de correio iberiafantástica, vários portugueses ligados à FC e ao fantástico têm tentado ao longo das últimas semanas, sem qualquer sucesso, obter respostas junto da Simetria a uma série de perguntas que a ideia da Ibercon tem levantado. A princípio houve alguém, que se descreve a si mesmo como um "membro júnior", que ainda deu algumas respostas, mas desde 20 de Maio que ninguém se digna a dizer o que quer que seja.

    Uma vez que há actividades previstas que irão ser fortemente penalizadas se não forem tratadas em tempo útil, não é possível esperar mais que a Simetria faça alguma coisa que justifique a sua condição de apoio à organização da Ibercon e é tempo de contactar directamente a organização com as dúvidas plantexadas pelos fans lusos.

    Entre esas dúvidas, fála-se da antologia com os contos do Domingo Santos e também com uma participação portuguesa, mas não sabem nada sobre a forma que revestirá essa participação portuguesa. Foi sugerido que a antologia deverá ser bilingue, em português e espanhol, mas nada sabem para além disso.

    Segundo diz Jorge, depois desta atitude da Simetria, será difícil que muitos dos portugueses ligados à FC aceitem participar na convenção caso não o possam fazer de forma totalmente autónoma da associação.

    Jorge engadiu que "dada a incapacidade demonstrada pela associação, ao longo de mais de duas semanas, em dar uma resposta qualquer a estas dúvidas simples, eu não tenho nenhuma confiança em que ela seja capaz de reunir contos em quantidade e, sobretudo, qualidade suficiente para não envergonhar a FC portuguesa numa publicação que seria a primeira do género. Temo o pior, caso não se faça algo rapidamente".


  • [19:13 29/06/2005] No seguimento do primeiro "Leituras" - um pequeno encontro de entusiastas do fantástico português -, que decorreu em novembro de 2004, a 2ª sessão está marcada para dia 23 de julho, sábado, às 17h00, na Livraria Ler Devagar em Lisboa. Encontram-se já confirmadas algumas presenças que conhecidas do meio da Ficção Científica portuguesa. Pode ser uma boa desculpa para ir conhecer Lisboa.


    Fallado o Prémio Merlín

    [12:59 12/06/2005] O escritor Ramón Carredano Cobas, con Unha branca de cobre para Martiño, recibiu onte o Prémio Merlín de Literatura Infantil nunha gala celebrada na illa de San Simón, en Redondela. O prémio está dotado con 7.500 euros. Carredano é o autor de A unlla da águia, novela que gañara o prémio Avilés de Taramancos de 2004. Nesta ocasión a novela carece de elementos fantásticos coma a gañadora do ano pasado.

    O prémio Xerais recaiu en Teresa Moure, autora de Herba moura, unha novela con ambientación histórica, protagonismo feminino e referéncias filosóficas. Herba Moura está ambientada no século XVIII con catro personaxes principais: Cristina de Suécia, Hélène Jans, unha meiga holandesa, unha muller contemporánea e mais o filósofo Descartes.

    Con este acto rematou a celebración do XXV aniversário da creación da editorial Xerais.


    A festa de George Lucas

    [15:19 11/06/2005] O "mestre jedi" George Lucas recebiu o pasado xoves un baño de multitudes nunha cea de gala celebrada na súa honra e á que acodiron as máis importantes estrelas de Hollywood que pasaron polas súas películas. No decurso da festa entregou-se-lle o Prémio polos Méritos dunha Vida do Instituto Americano do Cinema (AFI).

    A cerimónia tivo lugar no Kodak Theater de Los Angeles e alí puido verse a Steven Spielberg, Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Robert Duvall, Richard Dreyfuss e mesmo a C3P0, R2-D2, Chewbacca e ao Capitán Kirk de "Star Trek", William Shatner, quen fixo de presentador e mesmo cantou My Way rodeado por un grupo de gardas imperiais da Guerra das Galáxias.

    Por certo que Harrison Ford, quen tamén recebiu un prémio AFI foi preguntado sobre a cuarta entrega da saga de Indiana Jones e dixo que "encanta-me Indiana Jones, e se vós podedes soñar novos xeitos de me torturar, estarei alí para Indiana Jones 4".

  • [0:36 01/07/2005] A versión cinematográfica de O Código da Vinci de Dan Brown comezou a se filmar en París baixo a dirección de Ron Howard, apoderándo-se do museu do Louvre. A rodaxe continuará até o 30 de xuño no museu, onde está a Mona Lisa. Os protagonistas do filme, coma xa vos anunciáramos previamente, son Tom Hanks, Audrey Tautou e Jean Reno. A seguinte etapa nesta rodaxe será Londres.

  • [0:36 01/07/2005] O pasado día 25 finou aos 41 anos Michael Cuneo por mor dun tumor cerebral. Cuneo era membro da equipa que gañou o prémio Emmy sete veces polas súas maquetas da nave estelar Enterprise na série Star Trek: a nova xeración.

  • [22:22 29/06/2005] A Asociación de Psiquiatras Americanos (APA) condeou ao protagonista de A Guerra dos Mundos Tom Cruise por dicir que a Psiquiatría é "unha pseudo-ciéncia" nunha entrevista co reporteiro televisivo Matt Lauer hai uns días: "É irresponsábel por parte do señor Cruise utilizar a publicidade do seu filme para promocionar os seus puntos de vista ideolóxicos e evitar que a xente con enfermidades mentais reciba os coidados que precisan", dixo o presidente da APA, Steven S. Sharfstein.

  • [22:22 29/06/2005] A actriz protagonista de A noiva de Chucky, Jennifer Tilly, foi a vencedora dun concurso de póquer en Texas, gañando 158.625 dólares (127.000 euros) e impoñéndo-se a 600 xogadores profesionais nunha série de partidas que durou dous días.

  • [22:22 29/06/2005] Nunha entrevista co xornal alemán Bild, o actor Tom Cruise deixou abraiado a todo o mundo cando afirmou que "por suposto" que existen os homiños verdes: "é vostede tan arrogante como para coidar que estamos sós no universo? Hai moitas cousas aí fóra, nós non-o sabemos".

  • [22:21 29/06/2005] Melissa Joan Hart, a protagonista da série de TV Sabrina, está esperando o seu primeiro fillo para xaneiro de 2006, co seu home dende hai case dous anos, o roqueiro Mark Wilkerson.

  • [0:36 01/07/2005] A organización ven de anunciar os finalistas do I prémio de relato fantástico Avalon: El hombre divergente, Irene duerme, Muerta en un 95%, No es tela asfáltica, Nueva Delhi fue un suburbio de Londres e El programa. O gañador dará-se a coñecer o 9 de xullo durante a celebración do Baile da Raiña da Asturcón.


    Praga é perigosa para Harry Potter

    [23:39 20/06/2005] A filmación de Harry Potter e a Orde do Fénix regresará á súa localización orixinal en Inglaterra após de que os pais do actor que fai de Harry, Daniel Radcliffe, fixeran públicos os seus temores de que a rodaxe non era segura na República Checa. A rodaxe tivo que levarse até Chéquia cando os directivos da Warner Bros dixeron que precisaban aforrar custes e quixeron pechar os estudos Leavesden en Hertfordshire, pero os pais de Daniel, Alan Radcliffe e Marcia Gresham, comentaron aos produtores que non querían permitir que o seu fillo, que vai cumprir 15 anos o mes que ven, pasara unha soa noite nunha cidade tan perigosa coma Praga, famosa polo seu sexo noiturno: "Praga non é lugar para que un rapaz de 15 anos pase vários meses", dixeron.

    Por outra banda, o director de Harry Potter e o Cáliz de Lume, Mike Newell, dixo nunha recente entrevista que a película, que é a cuarta entrega na saga das adaptacións do persoaxe de J.K. Rowling no cinema, tivo que ser significativamente recurtada por mor de axustes no orzamento.

    Newell confirmou que os produtores mesmo chegaran a considerar dividir o libro en dúas películas, pero que finalmente se decediron por facer unha soa película moi recurtada con respeito á súa versión en papel. Unha das cousas que non veremos serán as relacións coa família Dursley, pero seica a acción non vai faltar para deleite dos fans desta saga.

  • [17:01 05/07/2005] O soño dunha noche de San Xoan foi a producción española máis vista desta fin de semana e a quinta de todas as produccións nas salas españolas. Segundo os dados do Box Office, a película da produtora galega Dygra conseguiu 40.000 espectadores e recadou 200.000 euros. Manolo Gómez, productor do filme, indicou que "a recaudación do sábado duplicou á do venres e a do domingo duplicou á do sábado".

  • [0:36 01/07/2005] O venres celebrou-se a cea de entrega do prémio Pablo Rido na sua XIV edición. Os finalistas xa volos comunicáramos hai unhas semanas, e o xurado, composto por Alfredo Lara, Francisco José Súñer Iglesias, Gabriel Gómez Manzaneque, José María Benito e Miguel Latorre finalmente declarou gañador do prémio, consistente en 666 € e mais una estátua conmemorativa, ao conto En la casa del veneno, de Ramón Muñoz Carreño.

  • [17:01 05/07/2005] Brett Ratner, o director da vindeira X-Men 3, está considerando engadir un novo persoaxe ao grupo mutante, creado por el mesmo, e que consistirá nunha sexi serea mutante que no canto de loitar, seduce aos seus opoñentes. A nova mutante ainda non ten unha actriz para interpretala, peroxa soan Kate Nauta e Aya Sumika. E din que asprobas para interpretar a este persoaxe están abertas para todas as rapazas con bó corpo que teñan entre 20 e 30 anos.

  • [17:01 05/07/2005] O director de O Señor dos Aneis, Peter Jackson, ven de perder 30 quilos após de rematar o seu traballo en King Kong. O realizador, famoso polo seu sobrepeso e mais polas súas gafas, tamén perdeu estas últimas, porque operou-se de miopía e agora mostra unha nova fasquía que o fai case irrecoñecíbel.

  • [17:01 05/07/2005] A Guerra dos Mundos, o novo filme de Tom Cruise, comezou con moita forza na súa estrea nos Estados Unidos, cunhas vendas de 77,6 millóns de dólares, o segundo millor récord para unha película estreada na fi nde semana do 4 de xullo, festa nacional americana. Nestes intres xa leva recadados un total de 113,3 millóns de dólares nos seis días que van dende a súa estreao pasado 29 de xuño nos EE.UU. e en Canadá.

  • [17:01 05/07/2005] O protagonista da série de TV Os Inmortais, Adrian Paul, dixo no seu website que vai producir e protagonizar unha quinta entrega da saga no cinema. Seica nestes intres están a escribir o guión, mentres que a película será rodada nalgures en Europa do Leste a finais deste ano.

  • [17:01 05/07/2005] Ed Sanchez, co-director de O proxecto da bruxa de Blair, comentou á prensa que o seu novo filme, Altered, vai sobre áliens e non sobre pantasmas. Nesta película, cinco cazadores son abducidos polos áliens, quen abusan deles. Catro sobreviven e mudan para sempre, e quince anos despóis, terán a oportunidade de vingarense secuestrando eles mesmos a un extra-terrestre.

  • [0:48 07/07/2005] A partir do vindeiro domingo 10 de xullo, a canle Telecinco sustitúe "La hora de los corazones solitarios" por Jake 2.0, unha série de ciéncia-ficción emitida na canle americana UPN en 2003. O protagonista é Jake Foley, un informático que se transforma nun axente secreto despóis de sufrir un extraño accidente que o convirte no primeiro home "computerizado" do mundo con poderes sobrehumanos. A série está protagonizada por Christopher Gorham e Judith Scott, e non tivo ningún éxito nos EE.UU. onde foi cancelada pola baixa audiéncia tras só unha tempada.

  • [1:01 06/07/2005] O actor escocés Ewan McGregor loitou contra o alcoolismo durante o seu ascenso á fama, e caiu nunha depresión producida pola bebida. Pero o Obi-Wan Kenobi da Guerra das Galáxias non pode comprender por queningún dos directores cos quetraballou tentou sacalo da espiral do alcool. Nunha entrevista en Playboy, McGregor confesou que se sinte avergoñado dos seus primeiros traballos no cinema, e que nunca ningún director lle dixo que preferiría que non bebese.

  • [1:01 06/07/2005] Lee Anne DeVette, a irmá de Tom Cruise, saiu na súa defensa por acreditar nos extra-terrestres e dixo que esas crenzas non están vencelladas directamente á súa fe na Ciencioloxía. Segundo DeVette, Tom nunca viu ningún álien.

  • [1:01 06/07/2005] A actriz cómica Rosie O'Donnell saiu na defensa de Brooke Shields na súa polémica con Tom Cruise, após de que o actor criticase á protagonista de O lago azul por usar antidepresivos. No seu sítio web, O'Donnell dixo que non lle impresionan as opinións de Cruise e que Brooke ven de salvar a moitas mulleres por ter dito a verdade.

  • [1:01 06/07/2005] A "Épica - Associação Portuguesa do Fantástico nas Artes" ven de emitir un comunicado no que louban a petición do Colectivo Nemo respeito a contactos ou material referente ao Fantástico en Portugal, pero afirman ter algunhas condicionantes que lles impiden garantir a súa presenza na IberCon, especialmente o feito de coincidir a data da IberCon coa organización en Lisboa do "Forum Fantástico". Polo de agora desexan comemorar e apoiar a I Ibercon cun número especial do seu fanzine, en español e portugués.

  • [1:13 11/07/2005] O día 8 estreou-se nos Estados Unidos o filme Os Catro Fantásticos, e mália as pésimas críticas obtidas pola prensa especializada, xa acadou chegar aos 56 millóns de dólares de recadación no seu primeiro día, que ainda que non é ningún record, si é moito máis do agardado pola 20th Century Fox.

  • [0:20 08/07/2005] A produtora de Leonardo DiCaprio, Appian Way, que posúe os dereitos para o cinema da novela de Kurt Vonnegut Berce de Gato, pretende convertela por fin en película, escrita por Richard Kelly e Darren Aronofsky. Berce de Gato é unha distopía apocalíptica ambientada nunha república bananeira e que narra a loita por se apropiar da substáncia máis letal do planeta, o xelo IX.

  • [18:01 07/07/2005] Entre as novidades de Edicións Xerais para este verán atopamos Fahrenheit 451, o clásico da ciéncia-ficción de Ray Bradbury por fin traducido á nosa língua. Fahrenheit 451 é un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura. O seu prezo de 10,50 € é ben asequíbel para todo o mundo.

  • [0:02 12/07/2005] Esta fin de semana entregaron-se durante a ReaderCon 2005 os prémios Rhysling de poesía de ciéncia-ficción, e os gañadores foron No Ruined Lunar City de Greg Beatty na categoría de poema curto e Soul Searching de Tim Pratt na categoría de poema longo. Ademáis, aproveitou-se para nomear Grande Mestre da Asociación de Poesía de Ciéncia-Ficción a Robert Frazier.

  • [1:13 11/07/2005] A muller do actor Michael Chiklis tivo que ser sacada do plató onde o seu home estaba a rodar Os Catro Fantásticos a primeira vez que o mirou vestido co seu "uniforme" da Cousa, porque provocou-lle un ataque de claustrofóbia. A muller de Chiklis ficou impresionada cando viu ao seu home perante ela, disfrazado co traxe que o fai semellar a un home de pedra, e sofriu un ataque de pánico. Chiklis dixo que "a miña pobre muller ten claustrofóbia e cando me viu ficou aterrorizada".

  • [1:13 11/07/2005] A première do filme Os Catro fantásticos en New York o pasado día 6 foi un completo desastre. Unha choiva torrencial e un proxector estropeado obrigaron a cancelar a estrea do filme na Illa da Liberdade en New York. Agardába-se que os convidados chegaran á illa ás 7 da tarde e os protagonistas ás 7 e média, para que o filme comezase ás nove, pero ás 6 e média comezou a chover e todo o escenário ficou empapado, obrigando á prensa e aos publicistas a fuxir despavoridos. Cando chegaron os protagonistas ás nove e média, e todo semellaba arranxado, un proxector fallou aos dez minutos e impediu xa definitivamente que se poidera estrear a película.

  • [1:13 11/07/2005] O coñecido sítio web de venda de libros pola Internet Amazon.com ven de emitir un comunicado no que declaran que J.K. Rowling é a autora que máis libros vende, con 771.000 até a data, e iso ainda por lanzar-se o sexto tomo da súa saga de Harry Potter. Por certo que no cuarto posto está O Código da Vinci de Dan Brown.

  • [0:02 12/07/2005] Os nosos curmáns asturianos de Xixón móven-se bastante ben nisto do xénero fantástico e veñen de anunciar o gañador do Prémio Avalon de Relato Fantástico, organizado pola AsturCon que se celebrou estes días. Entreos membros do xurado estivo xente coma Rodolfo Martínez e os seu membros acordaron por unanimidade outorgar o prémio ao relato No es tela asfáltica, de José María Sánchez de Toca Catalá.

  • [0:02 12/07/2005] Os lendários sables láser que usaron Luke Skywalker e Darth Vader na película orixinal da Guerra das Galáxias formarán parte dun lote que será poxado o 29 de xullo cun prezo inicial de 140.000 dólares en Los Angeles. Outros artigos que tamén serán poxados serán o traxe laranxa de Skywalker como piloto da nave X-Wing, valorado en 80.000 dólares, a máscara de Yoda e un fusil dun garda de asalto. O sable láser de Darth Vader de O Império contraataca podería alcanzar os 60.000 dólares, e o de Luke os 80.000.


    Preparando Misión Imposíbel 3

    [0:26 22/06/2005] Laurence Fishburne (Matrix) e Philip Seymour Hoffman (Almost Famous) están xa por asinar para entrar no reparto da película de Tom Cruise Misión Imposíbel 3, que comezará a se rodar o vindeiro 18 de xullo en Itália. Fishburne fará do mentor de Cruise, mentres que Hoffman interpretará ao vilán. O creador da série de TV Alias, J.J. Abrams, dirixirá o filme, no que tamén participan Michelle Monaghan, Ving Rhames, Jonathan Rhys Meyers e Keri Russell.

    Por outra banda, a actriz Scarlett Johansson decidiu non aparecer na vindeira terceira entrega de Misión Imposíbel porque di que Tom Cruise tentou converte-la á súa seita da Ciencioloxía. Cruise, que é o produtor e o protagonista da película, entrevistou-se con Johansson para ver se ela quería entrar no reparto, e levouna á sede da súa igrexa. Segundo revelou unha fonte interna, após dúas horas de conversa tentando convertela, Cruise abriu unha porta amosando unha habitación chea de xefes da ciencioloxía que estaban agardando para comer coa parella, e nese intre Johansson marchou.

    A secuela ven estando en boca de todos durante moito tempo, con constantesatrasos na súa rodaxe, por mor do troco do director orixinal Joe Carnahan xusto antes de que se comezase a rodaxe o ano pasado. A película será estreada o 5 de maio de 2006.


    Sarah Michelle Gellar no país das marabillas

    [0:25 22/06/2005] A Universal Pictures confirmou que vai facer unha nova versión de Alícia no País das Marabillas que se vai chamar Alice e que será unha adaptación do videoxogo American McGee's Alice, con Sarah Michelle Gellar (Buffy Cazavampiros) no papel protagonista e o director de A Matanza de texas Marcus Nispel á fronte do proxecto.

    Alice será unha película baseada no videoxogo da Electronic Arts creado por American McGee, ún dos principais deseñadores de xogos coma Quake e mais a série Doom. O videoxogo da EA está á súa vez baseado nos libros de Lewis Carroll Alícia no País das Marabillas e Alícia a través do espello, que son xa de domínio público por ter transcurrido máis de 90 anos dende que foron escritos. Erich e Jon Hoeber adaptarán o guión.

    No videoxogo, Alícia medrou e xa é unha muller adulta. Após da morte de seus pais nun incéndio, Alícia regresa ao País das Marabillas, un lugar escuro e ameazador cheio de espellos, pocións máxicas, festas sen sentido e animais que falan, e onde terá que se enfrontar á malvada Raíña de Corazóns.

    Gellar, coñecida entre os fans do fantástico por aparecer na película The Grudge e protagonizar a série de TV Buffy Cazavampiros, comezará axiña a rodar Southland Tales, de Richard Kelly.

  • [14:50 14/07/2005] A Paramount ven de contratar a Owen Wilson para protagonizar o seu anceiado proxecto A vida secreta de Walter Mitty, que será producido polo equipo pai-fillo composto por Samuel Goldwyn Jr. e John Goldwyn. Mark Waters será o director, cun guión de Richard LaGravenese. O filme foi orixinado por un relato de James Thurber e foi convertido en película xa en 1947, protagonizada por Danny Kaye.

  • [14:50 14/07/2005] O escritor Michael Moorcock, autor da saga de Elric, está ingresado nun hospital de París por mor dunha infección orixinada ao lle realizar un bypass. Fontes médicas afirman que se non se consigue deter a infección, terán que lle amputar a perna.

  • [14:50 14/07/2005] Ademáis de en Canadá, o libro de Harry Potter que será posto á venda a partir do día 16 tamén foi vendido accidentalmente por anticipado en New York, pero Mandy Muldoon, a compradora, que o mercou para o seu fillo de nove anos, dixo que pensaba devolvelo de contado.

  • [14:50 14/07/2005] A edición dixital do xornal español "El Mundo" fará unha entrevista a través da Internet aos protagonistas do filme Os Catro Fantásticos, que será estreada mañán. Se queredes participar enviando as vosas preguntas, o enderezo web é este.

  • [1:33 13/07/2005] A roqueira inglesa Marianne Faithfull está desolada porque os médicos lle prohibiron participar na película O retrato de Dorian Gray após de sufrir un recente ataque ao corazón. A cantante, de 58 anos, ía facer o papel da condesa na adaptación ao cinema do clásico do terror fantástico de Oscar Wilde, pero tivo que abandoar antes do comezo e foi trasladada ao hospotal cunha forte dór no peito. O manager e mozo de Faithfull, Francois Ravard, dixo que "Marianne quería facelo realmente, pero tivo que se retirar no último intre. Tivo un leve ataque ao corazón, pero xa está ben". A cantante terá que deixar agora de fumar.

  • [1:33 13/07/2005] O actor Tom Cruise confirmou que está a educar aos seus dous fillos adoptados xunto a Nicole Kidman, Isabella e Connor, de 12 e 10 anos de idade respectivamente, na relixión da Ciencioloxía. Segundo relata a revista oficial da perigosa seita, Isabella ven de completar os estudos do "Manual Básico", un curso introdutório á relixión. Parece incríbel que mentres que algúns feixistas ainda négan-se a que unha parella homosexual poida ter fillos, sexa permitido que rapaces indefensos sexan criados por seitas destrutivas coma esta.

  • [1:33 13/07/2005] A Dark Horse Comics lanzará o primeiro cómic dos catro que ten previstos de Aeon Flux o vindeiro 24 de agosto, mentres que a película será estreada en decembro, protagonizada por Charlize Theron. Timothy Green II foi o debuxante e Mike Kennedy escribiu o guión. Na película, Theron fai o papel principal, unha traballadora de dentro de 400 anos no futuro e que loita contra un réxime totalitário que semella parte dunha sociedade perfecta.

  • [1:33 13/07/2005] A organización da IberCon ven de confirmar que João Barreiros vai ser convidado de honra na IberCon xunto coa española Laura Gallego.

  • [14:51 14/07/2005] O cantante do grupo xuvenil Matchbox 20 Rob Thomas rexeitou os rumores segundo os cales mantivera unha relación sexual con Tom Cruise, pero o que realmente lle sentou mal é a parte do rumor que afirmaba que é un seguidor da Ciencioloxía. O cantante está horrorizado polos informes que dicían que fora atopado na cama co protagonista de A Guerra dos Mundos e quixo acalar os rumores. Pero seica está ainda máis ofendido polo rumor de que é un membro da seita da Ciencioloxía, e dixo que "se eu fose gai, Tom non estaría arriba na miña lista... o número ún sería Brad Pitt. Estou máis ofendido polos rumores que din que son un cienciólogo".


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM