A Paixón ergue paixóns

Após de proxectarse por primeira vez a película de Mel Gibson The Passion, a Liga Anti Difamación (un movemento xudeu contra os que negan o Holocausto) expresou o seu desacougo o pasado 11 de agosto porque segundo din, o filme dará azos ao antisemitismo ao reintroducir a ideia de que os xudeus son culpables da morte de Xesús. O rabino Eugene Korn, voceiro da L.A.D., asistiu a unha proxección privada da película mália que nun primeiro intre non lle permitiran a entrada.

"Este non é un desacordo entre os xudeus e o Sr. Gibson", dixo Korn. "Moitos católicos teolóxicamente informados expresaron os mesmos desacougos respeito do antisemitismo e esta película pode minar o diálogo cristiano-xudeu e facer voltar atrás o reloxo moitas décadas de progreso positivo nas relacións entre as dúas fes".

Un voceiro de Gibson, Alan Nierob, dixo que a intención do seu cliente é combatir o ódio, non alentalo. "Nin el nin a súa película están inspirados polo antisemitismo, e el continuará facendo o que poida para combatir o ódio e a intoleráncia".


Dalí e Disney, unidos

Un debuxo animado extraviado fai anos do pintor super-realista español Salvador Dalí e Walt Disney, que levou 57 anos completar, gañou o primeiro prémio nun festival de cinema australiano.

Os fragmentos da fita inconclusa Destiny, xunto co guión, os bocetos e un tema musical orixinal, foron montados cuidadosamente por unha equipa formada polo sobriño de Disney, Roy Disney, despóis de ter sido atopados nas arcas do estúdio.

Disney agora espera que Destiny, que se enfrentou con case 90 competidores para gañar o Grande Prémio de Curtametraxe do Festival Internacional de Cinema de Melbourne o venres pola noite, sexa considerado para unha nominación aos prémios Oscar e está a buscar formas de divulgar comércialmente o animado.

Nunha cea en Califórnia, Dalí e Disney decidiron colaborar no filme, que comezou en 1946, pero foi almacenada pouco despóis cando o estúdio Disney atravesou problemas financeiros despóis da Segunda Guerra Mundial. Os dous homes seguiron amigos polo resto das súas vidas, pero nunca mais tiveron a oportunidade de colaborar entre si.


Asimov's Ciéncia Ficción de novo nos quiosques

Segundo informan os nosos colegas de BEM, Edicións Robel editará a partir do mes de outubro a revista Asimov's Ciéncia Ficción en castelán. Cun formato tipo libro, calcula-se que incluirá unhas 200 páxinas de contidos. Robel está a traballar para que a revista sexa unha edición española real e non unha mera tradución, polo que, ademáis dos textos da súa matriz americana, incluira-se nas suas páxinas material autóctono.

O director de Asimov's Ciéncia Ficción será Domingo Santos, editor da revista dos anos 70 Nueva Dimensión e director dalgunhas coleccións do xénero en España nos últimos lustros, que xa estivera ao fronte de varias intentonas anteriores da man doutras editoriais e que non tiveron continuidade.

Santos contará coa colaboración, entre outros, de Miquel Barceló, Luis Vigil e Juanjo Sarto.


Cinema animado en Galiza

O póster da película ELCIDSegundo informa La Voz de Galicia, o grupo Filmax realizará unha ampliación de capital na que participará a SEPI. A empresa entrará ademáis no mercado de desenvolvemento e comercialización de videoxogos.

A empresa Filmax ven de anunciar que vai concentrar en Galiza a súa división de animación e que vai entrar dende a súa filial, Bren Entertainment, no mercado dos videoxogos.

Non son as únicas inversións que esta empresa audiovisual ten previstas para Galiza. Filmax encontrase nestes intres nun período de ampliación de capital e de diversificación do negócio que conta co respaldo da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) e que, entre outros proxectos, implicará a apertura de complexos de salas cinematográficas na Coruña e Lalín.

Julio Fernández, presidente de Filmax, explica que os proxectos, que comezarán a tomar corpo o próximo outono, teñen como obxectivo "multiplicar a nosa preséncia en Galiza, abrir novos eidos de negócio e completar os procesos audiovisuais: desenvolvemento, producción e exhibición".

A ampliación de capital que ten prevista Filmax supón 30 millóns de euros para un grupo de novos accionistas entre os que se encontra a SEPI. Esta sociedade invertirá na empresa, a través dasúa filial Sepide, oito millóns de euros, cinco deles como participacións e outros tres como un empréstito participativo.

A ampliación permitirá á Filmax ampliar a súa capacidade operativa. Deste xeito, a filial de animación, Filmax Animation, terá sede definitiva en Galiza e asumirá unha parte da laboura que viña desenvolvendo no sector a Bren Entertainment.

Filmax ten previsto estrear o próximo mes de decembro a súa primeira longametraxe de animación, El Cid. La leyenda, un proxecto no que se invertiron dous anos de traballo e que será a primeira aposta neste campo para entrar no mercado internacional da animación e competir coas grandes productoras americanas. O Cid será o producto estrela de Filmax para o próximo inverno, pero a intención da empresa, unha vez que puxo en marcha a película, é multiplicar a súa capacidade de producción.

De feito, o grupo quere ampliar as súas capacidades técnicas. Por unha banda, quere entrar de cheo nos efectos dixitais, especialidade á que adicará a súa filial, xa afincada en Galiza, Bren Enterteinment.

Estas novas capacidades tecnolóxicas terán dúas aplicacións, cando menos, no seo do grupo audiovisual. Por unha parte reforzarán a súa liña de producción de cinema fantástico e, por outra, permitirá que a empresa desembarque no negócio da creación, desenvolvemento e comercialización de videoxogos. Segundo o novo proxecto, será Bren a empresa que se convirta na factoría de xogos do grupo, creando productos para os diversos sistemas do mercado.

  • A nova versión de Peter Pan será moi distinta das anteriores, máis escura e sinistra, segundo conta a súa productora. Coma na obra orixinal de J.M. Barrie, o actor que fai de Capitán Garfo será o mesmo que faga do pai da família Darling. Ademáis, o filme, que será dirixido polo australiano P.J. Hogan, estará protagonizado por primeira vez por un actor que realmente ten 13 anos, Jeremy Sumpter. A película será estreada o 25 de nadal.

  • Ubi Soft anunciou unha oferta que incluirá unha proba gratuita do seu xogo de fantasía por Internet Shadowbane durante dez días. Os xogadores xa poden baixarse o software que se precisa para poderse beneficiar da oferta, válida tanto para PC coma para Mac.

  • As canles de televisión americanas non poñerán películas de Arnold Schwarzenegger mentres dure a súa campaña para governador de Califórnia, para así dar o mesmo tempo en antena a tódolos candidatos. As canles por cabo non entrarán neste xogo.

  • A censura oficial de Maláisia chegou á conclusión de que a película Coma Deus non é perigosa, despóis de todo, e mália as fortes obxeccións de grupos relixiosos e mesmo dun Ministro do governo daquel país.

  • O sítio web oficial de Frederik Pohl busca colaboracións, incluindo ensáios breves axeitados para unha audiéncia numerosa, recensións de libros, sinopses breves de traballos de Pohl, apreciacións, reminiscéncias, gráficos en formato .gif ou .jpg, suxestións de ligazóns a outros sítios, permisos para ligarse ao teu sítio e guías de estúdio. As suxestións, artigos e permisos deben enviarse a Rich Ehrlich.

  • Recentemente foron revelados por Rick McCallum algúns importantes adiantos sobre o argumento do Episódio III da Guerra das Galáxias: para comezar, Ian McDiarmid (Palpatine) vai ter un papel moito máis importante. Ademáis, a película explicará tódalas feridas de Darth Vader agás as da cara, e haberá unha escena na que a Anakin se lle dá o nome de Darth Vader e unha explicación do que sinifica. Sidious utilizará unha pantalla para ver cara a cara ao "Lado Escuro" da Forza, Obi-Wan loita con droids baixo o auga, e a batalla de apertura prodúcese no espácio, pero haberá outras batallas en terra. Finalmente, veremos de novo a Yoda loitando, a Padmé embarazada dos xemelgos Luke e Leia a menos dun mes para o parto e máis.

  • Lloyd Levin, ún dos productores da segunda parte de Lara Croft Tomb Raider, dixo que tamén está a producir unha versión para o cinema da clásica novela gráfica de Alan Moore e Dave Gibbon Watchmen, adaptada polo guionista de X-Men David Hayter.

  • Mitch Pileggi, o home que pasou case dez anos interpretando ao director Walter Skinner en Expediente X, voltará á televisión na série Tarzán, onde fará de Richard Clayton, o misterioso millonário dono de Greystoke Industries e tío do perdido Tarzán.

  • A Académia de Artes Escénicas dos Estados Unidos, encargada de dar os prémios Oscar, decidiu que The Matrix Reloaded e a vindeira Matrix Revolution non poderán participar nos prémios coma unha soa película. Agora os executivos deberán decidir cal das dúas pode participar na carreira dos Oscar.



    Novas de Straczynski

    Como o primeiro número do cómic Supreme Power, guionizado por J. Michael Straczynski, esgotou-se a nível mundial, foi colocado gratuitamente na rede segundo informou o próprio autor.

    Por outro lado hai que indicar que a compaña Ibooks Inc. publicará vários libros de Straczynski quen, non-o esquezamos, conseguiu gañar os Prémios Hugo, Eisner e Emmy. Os libros seleizoados son Straczynski Unplugged, unha colección de histórias curtas que inclúe várias de ciéncia ficción, Demon Night (reedición), o romance de terror Othersyden e a de temática sobrenatural Tribulations.


    Voltan os libroxogos de Loita-Ficción

    Segundo a web oficial de Wizard Books (editorial que actualmente está a reeditar en Inglaterra a famosa série de libroxogos "Loita-Ficción"), está previsto que en España se comece a publicar a reedición destes libros en Nadal de 2003.

    Por un lado, a editorial Timun Mas/Planeta publicará os catro primeiros volumes, que segundo a nova numeración corresponden aos seguintes títulos: O Feiticeiro da Montaña de Lume, A Cidadela do Caos, Labirinto Mortal e Creatura do Caos.

    Por outra parte, a editorial Devir publicará os dous primeiros tomos da epopeia de Meigos e Guerreiros: As Colinas de Shamutanti e Kharé, Cidade das Mil Trampas.

    Cadrando con esta nova, criou-se a primeira lista de correo sobre libroxogos en castelán, para que todos os afeizoados españois a estes libros podan estar ben informados.

  • A Académia de Artes Escénicas dos Estados Unidos, encargada de dar os prémios Oscar, decidiu que The Matrix Reloaded e a vindeira Matrix Revolution non poderán participar nos prémios coma unha soa película. Agora os executivos deberán decidir cal das dúas pode participar na carreira dos Oscar.

  • [12:33 12/09/2003]. Os productores Roy Lee e Doug Davison (The Ring) farán unha versión remodelada de A invasión dos ladróns de corpos para a Warner Brothers. A nova versión centrarase nunha protagonista feminina.

  • [12:33 12/09/2003]. Ridley Scott, director do clásico da ciéncia ficción de 1979 Alien, fará unha versión extendida da película na que haberá tres minutos cunha secuéncia nunca antes vista, e na que se explica que aconteceu con Dallas (Tom Skerrit) e os outros. A nova versión estrearase o 31 de outubro, Halloween.

  • [12:33 12/09/2003]. O antigo productor executivo da série Expediente X Frank Spotnitz ven de presentar o proxecto para unha nova série titulada The 13th Floor ("O 13º andar"), e que vai sobre un avogado que debe defender a xente morta que coida que foi condeada inxustamente ao inferno.

  • [12:33 12/09/2003]. Unha nai en Arkansas (EE.UU.) foi arrestada despóis de permitir que a súa filla de tres anos morrera asfixiado no interior do seu coche mentres ela xogaba co videoxogo de rol on-line EverQuest. Está acusada dun delicto de homicídio e podería ser condeada a dez anos de cárcere. Outro crime máis relacionado co rol?

  • [12:33 12/09/2003]. Jessica Biel (A Matenza de Texas) será a protagonista feminina de Blade: Trinity, a terceira entrega da série dirixida por David Goyer e protagonizada por Wesley Snipes.

  • [12:33 12/09/2003]. Buena Vista Interactive anunciou o lanzamento do videoxogo Tron 2.0, inspirado na película clásica de CF de 1982. O xogo conta coas voces dos actores orixinais.

  • [12:33 12/09/2003]. O director Gil Kenan vendeu o seu guión para unha película fantástica titulada Monster House á DreamWorks para que a compañía de Robert Zemeckis, a ImageMovers, a produza. A película vai sobre uns nenos que descobren que a casa do seu veciño é un monstro vivinte.

  • [12:33 12/09/2003]. Pierce Brosnan gañou a súa batalla legal para recuperar o seu nome na Internet. Así que o dominio piercebrosnan.com xa é seu e non do "ciberokupa" Jeff Burgar, quen o utilizaba para redirixir aos usuários cara a outro website.

  • [2:17 13/09/2003]. O actor Arnold Schwarzenegger, candidato a governador de Califórnia, inda vai segundo nas enquisas por detrás de Cruz Bustamante, o actual subgovernador e candidato demócrata. Arnold ten o problema de que o voto dos republicanos está dividido entre os "sérios" e os que o apoian a el.

  • [12:33 12/09/2003]. Matrix Reloaded acadou xa os 650 millóns de euros de recadación en todo o mundo.

  • [12:33 12/09/2003]. Buffy the Vampire Slayer: Chaos Bleeds, o último videoxogo baseado na xa clásica série de Canal+, aparecerá esta semana nas tendas. Desenvolvido por Eurocom Entertainment Software e Fox Interactive, o xogo está programado por Christopher Golden e Thomas E. Sniegoski. Trátase dunha aventura de loita en terceira persoa que ten lugar na vila de residéncia de Buffy, Sunnydale. Os xogadores poden escoller entre interpretar a Faith, a Willow, a Xander, a Spike ou a Sid. Chaos Bleeds está dispoñible para PlayStation 2, Xbox e GameCube.

  • [12:33 12/09/2003]. Finou Russ (Louis Russell) Chauvenet (1920-2003), un vello afeccionado americano creador de fanzines dos anos 40 coma Detours ou Sardonyx. Russ morreu na súa cama o pasado 24 de xuño aos 83 anos, pero sempre será lembrado por inventar a verba "fanzine" en outubro de 1940.

  • A New Line Cinema lanzará de novo as dúas primeiras películas do Señor dos Aneis, con material e escenas novos, dúas semanas antes da estrea da terceira entrega, O retorno do rei.

  • Johnny Depp tivo unha xuntanza co director Tim Burton para falar do papel protagonista en Charlie and the Chocolate Factory, onde podería facer de Willy Wonka. Esta sería a cuarta vez que traballan xuntos, após de Sleepy Hollow, Eduardo Manstesouras e Ed Wood.

  • [21:52 18/09/2003] Michelle Rodriguez e Alfred Molina únense ao reparto de voz para o filme Sian Ka'an, unha película de debuxos animados que será a primeira cun tema español e producida por hispanos. Os outros protagonistas "de voz" serán Plácido Domingo e Cheech Marin.

  • [21:52 18/09/2003] Lucy Lawless (Xena: a princesa guerreira) uniráse ao elenco de actores que interpretarán a nova série da Warner Bros Tarzan, no papel da tía de Tarzán.

  • [21:52 18/09/2003] Xa está en producción unha nova entrega da série de O Horror de Amityville. Daniel Farrands fará o guión.

  • [21:52 18/09/2003] O productor Jerry Bruckheimer comentou ao sítio web de "Latino Review" que Johnny Depp está conforme con interpretar de novo ao capitán pirata na secuela de Piratas do Caribe.

    Prémios e máis prémios

    Durante a convención mundial da fantasía celebrada a primeiros de mes (a TorCon 3) non se limitaron a papar hamburguesas e sabe deus que máis cousas típicas dos friquis ianquis; ademáis, seica houbo unha chea de prémios que dar, e de seguido imos ver os máis importantes:


    Chegan os Prémios Hugo 2003

    Por fin temos a listaxe cos gañadores dos Prémios Hugo 2003 concedidos durante a celebración da Torcon 3. A destacar o prémio ao millor romance para Robert J. Sawyer e os prémios que un ano máis (e xa deben ir uns 20 seguidos alomenos) reciben Dave Langford e Bob Eggleton:


    Ampliada a data de votación para os Ignotus

    A AEFCF a través do Administrador dos Prémios Ignotus, Juan A. Martínez, emitiu un comunicado para ampliar o prazo de votación de ditos Prémios, debido á cadráncia estival que fixo que se recebesen poucos votos até o momento.

    Este é o comunicado oficial:

    "Dado as datas de aparición das papeletas e as férias estivais (que práticamente se lapelaron), para dar unha maior oportunidade de votación, decidiu-se estender o prazo de recepción de votos da primeira fase.
    A nova data fica fixada a venres 6 de setembro á espera das vosas votacións.
    Juan A. Martínez. Administrador Prémios Ignotus 2003
    ".

  • [12:22 23/09/03] Os prémios Rhysling á millor poesía especulativa (enténdase, de xénero fantástico) foron este ano para Potherb Gardening de Ruth Berman e Epochs in Exile: A Fantasy Trilogy de Charles Saplak e Mike Allen.

  • [12:22 23/09/03] A exposición do Museu das Ciéncias de Londres sobre os efectos especiais da película O Señor dos Aneis é xa a máis exitosa da súa história, con 14.000 entradas vendidas de antemán antes da apertura do 16 de setembro.

  • [12:22 23/09/03] O Festival Cinematográfico H.P.Lovecraft 2003, adicado ás obras do lendário escritor, dará comezo no Hollywood Theatre en Portland, Oregón, o vindeiro 9 de outubro. Os invitados deste ano serán Jeffrey Combs, o director Brian Yuzna, o escritor S.T. Joshi e o actor Jack Donner. O ano pasado neste mesmo festival foi estreada nos EE.UU. a película semigalega Dagon.

  • [14:37 19/09/2003] Finou aos 95 anos de idade Edward Teller, o científico inventor da bomba de hidróxeno nos anos 40. Durante toda a súa vida loitou para que os Estados Unidos aumentasen sen limitación o seu arseal atómico. Participou na "caza de bruxas" do maccarthismo denunciando aos seus amigos e colegas. Sen lugar a dúbidas, Teller foi o principal responsable de que o planeta Terra estea inda hoxe en perigo de destrucción e foi o millor representante do cliché do "científico tolo".

  • [14:37 19/09/2003] Stephen King recibiu o 19 de novemebro a Medalla dos Prémios Nacionais do Libro da National Book Foundation pola súa contribución ás letras americanas. Entre os anteriores galardoados con este prémio están Daniel Boorstin, David McCullough, John Updike, Ray Bradbury ou Arthur Miller. Xunto coa medalla hai un prémio en metálico de 10.000 dólares. A Medalla dos Prémios Nacionais do Libro é o prémio máis prestixioso da literatura americana.

  • [21:53 18/09/2003] A Warner Brothers ven de encargar un episódio piloto para unha nova série sobre o superheroe da DC Comics Flash.

  • [21:53 18/09/2003] Frank Marshall, que está a producir a cuarta entrega da saga de Indiana Jones, afirmou nunha recente entrevista que a secuela non usará moitos efectos especiais xerados por ordenador.

  • [21:53 18/09/2003] O cantante Gavin Rossdale (líder da banda de rock Bush) e o actor Djimon Hounsou uniránse ao elenco que protagonizará Constantine, o filme baseado na série de cómics da DC Hellblazer. Keanu Reeves, Rachel Weisz e Tilda Swinton son os protagonistas principais.


    Despidos no Exorcista

    [12:32 12/09/2003]. O director de Exorcist: The Beginning Paul Schrader ven de ser despedido porque non puxo sangue, vísceras e vómitos abondo na cuarta entrega da série de terror. Seica Schrader non contou co apoio financeiro de Morgan Creek, o productor, que negouse a dar nin un can porque "ódia a película". Schrader fixo o que viña no guión: un thriller psicolóxico, pero sen vísceras.

    Nembergantes, Morgan Creek quería gore. Coidaba que iso era o que vendería, e houbo duras rifas entre el e Schrader, quen é máis partidário dun traballo artístico. Así pois, Paul foi despedido, e agora pensan en contratar a outro director para que rode máis escenas.

    O novelista Caleb Carr é o autor do guión e comentou á prensa que "o problema coa versión da película de Paul é que non alcanza o terror psicolóxico que estamos a procurar. Conta con algúns elementos dramáticos, que poden arranxarse con algunha rodaxe máis para facer unha moi boa película". O filme, protagonizado por Stellan Skarsgard, Gabriel Mann e Francesca Barone, foi rodado en Roma e Marrocos. O ex-director Schrader declinou facer comentários.


    Xa chega o comepecados

    O póster da película[12:32 12/09/2003]. Brian Helgeland, director da vindeira película de terror sobrenatural The Order, explicou por que o título do filme foi mudado (antes era The Sin Eater [O comepecados]) polo departamento de marketing da Fox: "gastaron a meirande parte do seu orzamento en publicidade para explicar que é un comepecados". A película vai sobre un sacerdote (Heath Ledger) e a súa procura dun comepecados, un ser sobrenatural que elimina físicamente os pecados das súas víctimas antes de matalas.

    The Order estreouse cun discreto sexto posto na listaxe das películas máis vistas esta fin de semana nos Estados Unidos. A crítica considerouna "aburrida" e "estúpida".

  • [12:22 23/09/03] Meryl Streep e Jude Law uniránse a Jim Carrey na versión cinematográfica da série de contos para nenos Lemony Snicket. Inda que aquí non nos soa de nada, seica nos EE.UU. son bastante populares. A rodaxe comezará en novembro.


    A primeira película de CF de Bollywood

    [12:32 12/09/2003]. A primeira película de ciéncia ficción da Hollywood da Índia, chamada popularmente "Bollywood", chegou ás pantallas dos Estados Unidos chea de áliens e naves espaciais por cortesía de Marc Kolbe e Craig Mumma, productores tamén de filmes coma Independence Day, Godzilla ou Spy Kids.

    Bollywood é coñecida sobre todo por facer unha chea de películas de dubidoso gusto sempre reconvertindo calquera xénero (terror, acción, thriller, histórica) nun espantoso musical, pero o seu novo éxito Atopado Alguén (ou Koi Mil Gaya en hindí), é unha mistura de E.T. e Rain Man.

    Hrithik Roshan, o George Clooney do subcontinente índio, é o heroe do filme. Interpreta a un adulto coa mentalidade dun neno de doce anos que continúa por accidente o traballo de procura de intelixéncia extra-terrestre que comezara o seu pai morto, após de xogar un pouco co seu PC. Así que ET chega e a diversión comeza.

    A película, que levou dous anos de rodaxe, está producida polo pai de verdade de Hrithik Roshan, o director de Bangalore Rakesh Roshan.

  • [10:17 03/10/03] A Warner Brothers abriu un novo website adicado ao seu novo filme de terror Gothika, protagonizado por Halle Berry, e que vai ser estreado o vindeiro 21 de novembro.

  • [12:15 29/09/03] Estoupou o escándalo na PulpEdiciones ao respeito da tradución da novela Guardianes del Tiempo escrita por Poul Anderson. Seica o tradutor que consta coma tal no libro foi un "pirata" que copiou literalmente outra tradución xa feita antes por unha tal Trinidad Valiente. A editorial pediu escusas e anunciou que vai iniciar as oportunas accións legais contra o tradutor que lles "colou" a obra copiada.

  • [0:50 26/09/2003] Por posibles problemas coa lei española de Internet (a tristemente famosa LSSI) a páxina web da publicación Lovecraft Magazine mudouse a estoutro enderezo electrónico, onde non poderá ser molestada polos censores aznarianos.

  • [10:34 24/09/03] A película Star Trek: Némesis foi estreada en Vigo o pasado 20 de setembro no cinema Salesianos. Co gallo do evento, o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciéncia-Ficción e o Cinema Salesianos orgaizaron unha preestrea a véspera, o venres 19 de setembro. Lamentablemente, NOVA fantasia non tivo novas deste feito até hoxe polo que non puidemos asistir.

  • [10:34 24/09/03] A edición en español da revista Asimov's Science Fiction ten xa unha páxina web de seu, onde mesmo se pode adquirir a revista, cuxo prezo por certo é de 5,95 euros. O lanzamento oficial nos quiosques será a primeiros do mes de outubro.

  • [12:22 23/09/03] Titan Books anunciou que vai lanzar Sandman: Endless Nights, unha antoloxía con novas histórias do guionista Neil Gaiman e que será a primeira novela gráfica de Sandman en sete anos. O máis interesante son os debuxantes que farán as histórias: Moebius, Milo Manara, P. Craig Russell, Bill Sienkiewicz e Miguelanxo Prado, entre outros.

  • [12:22 23/09/03] Benjamin Bratt (da série Lei e Orde) fará o personaxe masculino protagonista en Catwoman. As outras protagonistas son Halle Berry e Sharon Stone.

  • [12:22 23/09/03] O director francés Christophe Gans (A irmandade do lobo) adaptará un videoxogo de terror da Konami titulado Silent Hill para facer unha longametraxe.

  • [12:22 23/09/03] Entre os gañadores dos Emmy deste ano (entregados o pasado 13 de setembro en Los Angeles) houbo algunha série do xénero: Frank Herbert's Children of Dune gañou ún aos millores efectos especiais. Alias tivo dous: ún á millor maquillaxe e outro á millor coordinación dos dobres. A série Firefly gañou o Emmy aos millores esfectos especiais dunha série.


    Prémios Europa

    [2:13 13/09/2003]. Os prémios Europa 2003 foron presentados na FinnCon X/EuroCon 2003 o pasado 3 de agosto en Turku, Finlándia, e foron para:

  • [10:17 03/10/03] A série Enterprise mudará o seu nome e pasará a se chamar oficialmente Star Trek: Enterprise a partir do episódio do 24 de setembro. Deste xeito comezará a se identificar máis co mundo "trekkie" do que provén.

  • [10:17 03/10/03] A cuarta entrega de Mad Max ficará polo de agora no limbo porque Mel Gibson, o protagonista das anteriores tres películas, non lle apetece ir a rodar a irak mentres os americanos segan a ser masacrados por aquelas terras.

  • [10:17 03/10/03] Xa está no seu sítio web (www.lordoftherings.net) o tráiler da terceira parte do Señor dos Aneis, que será estreada este nadal.

  • [10:17 03/10/03] Monica Bellucci (Matrix Reloaded) ven de asinar para interpretar á raíña malvada na película fantástica de Terry Gilliam The Brothers Grimm, actualmente en rodaxe en Praga.

  • [10:17 03/10/03] David Hayter (ún dos guionistas de X-Men) confirmou que fará o seu debut como director cunha versión para o cinema da clásica novela gráfica de Alan Moore Watchmen.

  • [10:17 03/10/03] O productor Martin Poll e mailo guionista Larry Cohen interpuxeron o pasado 25 de setembro unha demanda de cen millóns de dólares contra a Fox, na que afirman que lles roubaron a súa ideia para a película A Liga dos Homes Extraordinários.

  • [10:17 03/10/03] O gañador deste ano do prémio Prisma á millor novela fantástica con contido romántico foi Contact, de Susan Grant.

  • [10:17 03/10/03] A Paramount ven de contratar á productora de Adam Sandler, a Happy Madison Productions, a creazón do filme Take Me to Your Leader, unha comédia espacial que vai sobre un conserxe da NASA que é lanzado accidentalmente nunha nave, pero aterriza en Iowa e alí todos o toman por un álien.


    J.K. Rowling, Príncipe de Astúrias

    J.K. Rowling[12:32 12/09/2003]. A escritora escocesa J.K. Rowling, autora da saga de Harry Potter, foi galardoada co popular prémio español "Príncipe de Astúrias" da concórdia. A súa obra, a teor do xurado, "trascende o eido literário para se converter nun vínculo de unión entre continentes e xeracións".

    Rowling comezou a escribir os libros de Harry Potter nun café de Edinburg cando era nai solteira e non tiña nin un céntimo nos petos. Agora gaña máis cartos cá Raíña Sabela de Inglaterra. As histórias do xove meigo, que baten récords de vendas en vários países de Europa, introduciron a millóns de nenos no pracer da leitura.

    Co Prémio da Concórdia, que recoñece "a laboura científica, técnica, cultural, social e humana realizada por persoas, equipas de traballo ou institucións no eido internacional", foron galardoados nos últimos anos Daniel Barenboim e Edward Said, que o compartiron en 2002, a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, ou institucións de tan dubidoso prestíxio coma a Real Académia Española da língua e a Asociación de Académias da Língua Española ou mesmo a Cáritas Española.

    Ao galardón, o derradeiro en se fallar nesta edición dos prémios que levan o título do herdeiro da coroa do reino español, optaban 38 candidaturas de 18 nacionalidades para as que se recibiron 114.000 cartas de apóio na sede da Fundación que concede os prémios. Para a meirande parte da xente que enviou as cartas, a concesión do prémio a Rowling é un xeito de "quitarse de enriba" a concesión do prémio para os milleiros de vontários que axudaron a limpar as costas da Galiza este inverno após da catástrofe do "Prestige" e que eran os principais candidatos a levar o prémio. Ao governo español resultaríalle moi incómodo conceder ese galardón a unha xente á que desprezaron e aldraxaron sen límite de vergoña ao longo dos últimos meses, polo que decediron darllo a unha celebridade a nivel internacional para eliminar calquera posible discurso negativo durante a cerimónia dos prémios.

  • [15:48 10/10/2003] O Prémio Heinlein, consistente en 427.350 euros en efectivo, ven de instituirse na 54¦ edición do COngreso Aeronáutico Internacional en Bremen (Alemaña). Os cartos irán para os indivíduos ou empresas que obteñan máis méritos no eido da técnica comercial aeroespacial.

  • [15:48 10/10/2003] A série de ciéncia ficción de culto da BBC O Doutor Who regresará con novos episódios á televisión inglesa. O primeiro DOutor Who comezou a se emitir en 1963 e rematou en 1989.

  • [20:23 04/10/2003] Pulsar, a revista en formato PDF que editaran dez números e máis un especial e que anunciaran a súa hibernación o pasado més de marzo, está a preparar a súa inminente reaparición no mercado para princípios do ano 2004. Os interesados poden facer chegar as súas colaboracións (en riguroso castelán) a pulsar-editores@pulsarfanzine.com.

  • [20:23 04/10/2003] Os prémios do II Certame "Nitecuento" foron este ano para Los dados de Dios, de David Hierro Mariné, Se dice por ahí de Oscar Daniel Salomón e Arrepentimiento de Carmela Fernández Trujillo. Os gañadores e máis os premiados con accésits serán publicado en forma de libro.

  • [20:23 04/10/2003] O actor Robert Downey Jr. segue a tér problemas coas drogas e ven de admitir que foi el o responsable de que Halle Berry, con quen protagoniza o filme de terror Gothika sofrira un accidente duirante a rodaxe que lle rompeu un brazo.

  • [20:23 04/10/2003] Pola súa banda, Dustin Hoffman, coprotagonista de J.M. Barrie's Neverland xunto a Johnny Depp, comentou nunha entrevista que tivo que rodar a meirande parte das súas escenas baixo a influéncia da morfina, após de rachar un dedo o primeiro día de rodaxe.

  • [10:17 03/10/03] Mary Shelley será relembrada cunha placa na casa de Londres onde morreu, unha honra xa proposta en 1975, pero que foi rexeitada polo vicário que daquela vivía alí, quen seguramente tiña medo de que unha placa na honra da autora de Frankenstein obrigara á xente a acodir alí con fachos e queimar a casa. O reverendo afirmou que a xente sería incapaz de distinguir entre a escritora e o monstro das películas. Seica todos somos parvos.

  • [10:17 03/10/03] Após dun debate intenso, o distrito escolar independente do Sul de Texas votou por unanimidade non prohibir por "pornográficos" os libros Un Mundo Feliz de Aldous Huxley e Stranger in a Strange Land de Valentine Michael Smith. Do primero en particular afirmaron que contiña "escenas de sexo inaxeitado" (???).

  • [10:17 03/10/03] O actor John Ritter finou o pasado 11 de setembro aos 55 anos de idade por mor dun ataque ao corazón. Inda que Ritter era coñecido sobre todo polo seu papel de Jack Tripper na série clásica Tres son compañía, tamén apareceu en numerosas películas do xénero, coma Stay Tuned, A noiva de Chucky ou It. En 1990, interpretou a L. Frank Baum en The Dreamer of Oz.

  • [10:17 03/10/03] Scholastic Corp. dixo que está a planear unha campaña de lanzamento de Harry Potter and the Order of the Phoenix máis dirixida aos adultos de entre 18 e 35 anos. As vendas do libro xa chegan aos 11 millóns de exemplares dende que apareceu hai 12 semanas.


    Nova editorial adicada á ciéncia-ficción

    [21:26 15/09/2003] A ex directora xeral de Ediciones B Blanca Rosa Roca ven de fundar "Roca Editorial", compañía creada xunto co seu home, o ex delegado do Grupo Zeta José Sanclemente. Roca e Sanclemente contan co 60 por cento do capital desta sociedade, que onte inaugurou a súa sé en Barcelona, no bairro do Born.

    Roca explicou que a súa intención é a de editar libros especialmente de ciéncia ficción e de grande calidade en español inda que non descarta a posibilidade de editar algún título en catalán. Ao mesmo tempo, indicou que a intención é lanzar 50 novidades ao ano, das que unhas 35 serían correspondentes ao xénero de ciéncia ficción, unha decea de non-ficción e outras de narrativa xuvenil.

    O primeiro lanzamento de Roca Editorial é a novela La Rosa De Jerico, de Francisco Martos, obra que combina unha história actual con outra de hai 7.000 anos, que aparece no Novo Testamento e que tamén é tradición do eido relixioso musulmán, segundo explicou Roca. O libro sairá á venda antes da Feira de Frankfurt, que se celebra a princípios de outubro.

    Roca Editorial, que tamén publicará novelas históricas e thrillers, é unha sociedade que Roca e Sanclemente crearon xunto con Sílvia Fernández, Ángel Molina, Sunsi Molins e Carlos Ramos, antigos traballadores de Ediciones B.


    Unha demanda de terror

    [21:49 18/09/2003] A novelista de terror Nancy A. Collins e os editores dos videoxogos Vampire: The Masquerade e Werewolf: The Apocalypse veñen de presentar unha demanda contra os productores da vindeira película de vampiros e lobishomes Underworld por infrinximento dos dereitos de autor. A compañía de videoxogos White Wolf Publishing e a escritora Collins demandaron á Sony Pictures, Screen Gems e á Lakeshore Entertainment o pasado 5 de setembro nun xulgado de Atlanta.

    A compañía de videoxogos afirma que hai máis de 60 similaridades entre os seus dous xogos de rol e o guión do filme. Collins, pola súa banda, acusa aos productores de copiar as ideias do seu libro Love of Monsters. A película estréase esta fin de semana.

  • [19:40 15/10/2003] Ron Howard producirá e dirixirá a adaptación ápantalla grande da novela The Da Vinci Code. A novela, de Dan Brown, céntrase nun experto en símbolos de Harvard que é contratado para investigar o asasinato dun conservador do museu do Louvre e descobre un mistério relacionado cunha sociedade secreta e os cadros de Leonardo Da Vinci.

  • [19:40 15/10/2003] William Steig, o autor que escribiu e debuxou o libro para nenos Shrek, finou o pasado 4 de outubro en Boston aos 95 anos de idade. O seu libro foi a base para a película que gañou un Oscar o ano pasado, Shrek.

  • [18:53 12/10/2003] Está xa a piques de aparecer na canle Cartoon Network (se cadra para este outono) Star Wars: Clone Wars, unha série de debuxos animados verbo das batallas épicas moitas veces mencionadas pero nunca vistas na saga da Guerra das Galáxias. Dirixida por Genndy Tartakovsky (o creador do Laboratório de Dexter), cada aventura da nova série animada durará entre dous e tres minutos e estará enfocada en Obi-Wan Kenobi, Anakin Skywalker e mailos seus camaradas dirixindo as tropas da República contra os exércitos de clons creados polos separatistas.

  • [15:48 10/10/2003] Din que a película de Superman (esa anunciada e nunca feita) podería comezar a súa producción nos estúdios da Fox en Sydney dentro de dous meses.

  • [15:48 10/10/2003] Kerry Gonzalez, un orgulloso latino que pirateou a película Hulk distribuíndoa pola Internet este verán, foi condeado a tres anos de cárcere e unha multa por un tribunal de New Jersey.

  • [15:48 10/10/2003] Laeta Kalogridis será a guionista da película de Wonder Woman, o persoaxe da DC Comics. Joel Silver, Leonard Goldberg e a Warner Brothers producirán o filme.

  • [15:48 10/10/2003] A Marvel Enterprises ven de anunciar que chegou a un acordo na súa disputa legal co creador do Capitán América, Joe Simon, polos dereitos sobre o persoaxe, a aclarando o camiño para que a editorial poda desenvolver filmes e outros proxectos baseados no popular persoaxe.

  • [15:48 10/10/2003] O creador da saga da Guerra das Galáxias George Lucas recebirá o vindeiro 18 de febreiro un prémio especial aos méritos da vida da Asociación de Efectos Especiais (VES) na segunda gala anual da VES.

  • [15:48 10/10/2003] Steven Spielberg podería producir ou dirixir unha adaptación ao cinema de The Akhnaten Adventure, un popular conto para nenos con tema sobrenatural.

  • [19:40 15/10/2003] A Liga dos Homes Extraordinários acadou o primeiro posto nas billeteiras de Alemaña, Franza, Austrália e Rúsia, obtendo un total de 44 millóns de euros.


    Bale será Batman

    [21:49 18/09/2003] Christian Bale foi contratado para interpretar o papel principal de Bruce Wayne na vindeira película da Warner Brothers de Batman, que será dirixida por Christopher Nolan e producida por Emma Thomas, segundo anunciaron os estúdios o pasado 11 de setembro.

    A fotografía principal do filme comezará a primeiros do ano que ven. A película, escrita por David Goyer e o mesmo Nolan irá sobre os comezos da carreira de loitador contra o crime de Batman.

    O británico Bale únese deste xeito a Michael Keaton, George Clooney e Val Kilmer como intérprete do enmascarado. O filme será a quinta entrega da franquícia.

  • [1:37 22/10/2003] Outra novela de Stephen King que irá ao cinema: Riding the Bullet, orixinalmente publicada por capítulos na Internet. O director será Mick Garris.

  • [1:37 22/10/2003] Gore Verbinski dirixirá a segunda parte de Piratas do Caribe, o éxito deste verán que tamén foi dirixido por el mesmo. Johnny Depp repetirá no seu papel protagonista.

  • [19:42 15/10/2003] A novela gráfica da DC Comics The Sandman: Endless Nights, de Neil Gaiman, debutou no posto 20 entre os libros máis vendidos na lista oficial do New York Times, o que supón a primeira vez na história dos cómics que unha novela gráfica acada un posto semellante. Entre os artistas que debuxaron esta novela atópase o galego Miguelanxo Prado.

  • [19:40 15/10/2003] O xornal escocés The Daily Record informou dun rumor segundo o cal Clive Owen (Gosford Park, The Bourne Identity) será o seguinte axente 007 sucedendo no posto a Pierce Brosnan.

  • [19:40 15/10/2003] Will Ferrell e Nicole Kidman serán os vindeirosprotagonistas dunha película baseada na popularsérie dos anos 50 Enmeigada.

  • [19:40 15/10/2003] Jeff Vintar, quen ven de escribir a adaptación para a grande pantalla da novela de Isaac Asimov Eu, Robot será tamén o guionista doutra adaptación asimoviana: A Fundación.

  • [19:40 15/10/2003] Clive Barker, o escritor e director que creou a série de Hellraiser, traerá máisdemos á pequena pantalla porque está a preparar o episódio piloto dunha nova série titulada Demonologist.

  • [19:40 15/10/2003] Din que o título do Episódio III da Guerra das Galáxias será A vinganza do Sith. Aí fica o rumor e se cadra acertamos.


    O Vaticano louba á Paixón

    [21:49 18/09/2003] Un voceiro do Vaticano que mirou uns trailers do controvertido filme de Mel Gibson The Passion loubouna con entusiasmo, mália o desacougo dos grupos xudeus que din que o filme promoverá o antisemitismo. O arcebispo John P. Foley, da oficina de comunicacións sociais, dixo que agardaba a mirar o filme no Vaticano e dixo que dubidaba que as críticas contra a película foran válidas.

    "Polo que vin dos trailers, semella un filme excelente", dixo Foley. "Non creo que sexan críticas ben fundadas, porque todo o material na película ven directamente do relato dos Evanxeos. Non hai ren na película que non veña do relato que fan os Evanxeos. Así que se son críticos cos película, serían críticos co Evanxeo".

    O Centro Simon Wiesenthal é ún dos moitos grupos e líderes xudeus que falaron contra The Passion. O mes pasado, a organzación, que ten coma misión traer aos nazis perante a xustiza, esixiu a Gibson que fixera trocos na súa película.

  • [1:37 22/10/2003] Nadim Perelman podería ser o director elixido para encargarse de The Talisman, unha longametraxe baseada na novela de 1984 de Stephen King e Peter Straub, e que será producida por Steven Spielberg e Kathleen Kennedy.

  • [13:17 30/10/2003] Un tribunal federal de Illinois negou á empresa Caterpillar Inc. a súa pretensión de que a película da Walt Disney George of the Jungle 2 non fose distribuida. A Caterpillar afirma que nesa película falan moi mal das súas máquinas e non quere que sexa vista.

  • [1:37 22/10/2003] A Artisan Entertainment e mais a Marvel Studios anunciaron o pasado día 15 o comezo das tomas fotográficas para The Punisher, a longametraxe que adaptará ao persoaxe "O Castigador" á grande pantalla e será protagonizado por Thomas Jane, John Travolta e Rebecca Romijn-Stamos.

  • [1:37 22/10/2003] A novela Jedi Trial será a primeira que veña encher o burato temporal entre as dúas películas O ataque dos clones e mailo vindeiro Eipisódio III da Guerra das Galáxias. O autor é David Sherman e aparecerá o mes que ven nos EE.UU.

  • [1:37 22/10/2003] Mel Gibson renomeou a súa polémica película A Paixón por The Passion of Christ (A Paixón de Cristo) para evitar unha rifa coa Miramax, que xa ten os dereitos para unha película con ese título. Polo de agora o troco só afecta aos Estados Unidos, e o filme será estreado para a vindeira semana santa.

  • [1:37 22/10/2003] A compañía de automóbiles industriais Caterpillar Inc. ven de demandar á Walt Disney Co. pola súa vindeira película secuela George da Xungla 2, alegando que o filme, que irá directo ao mercado de vídeo, deixa moi mal á compañía. No filme, George ten que loitar contra un industrial que conduce os vehículos da Carterpillar.

  • [1:37 22/10/2003] Os gañadores deste ano dos prémios Phantastik aos millores do fantástico alemán foron anunciados no decurso da feira do libro en Frankfurt. A millor novela nacional foi Die Macht des Elfenfeuers, de Monika Felten e a millor novela estranxeira, Casa Negra de Stephen King e Peter Straub. O prémio á millor producción de áudio foi para H.P. Lovecrafts Bibliothek des Schreckens.

  • [13:17 30/10/2003] A Dimension Films mercou os dereitos para facer un remake da película quebequense Sur le seuil, polo productor de Montreal Nicole Robert. Robert producirá o remake con Janick Neveu. A película orixinal vai sobre un novelista que escribe cousas que logo acontecen de verdade. A película foi o meirande éxito da história do cinema quebequense, con case 800.000 euros de recadación.

  • [13:17 30/10/2003] O ex-presidente da canle americana de televisión CBS ven de presentar Phenomena, unha nova revista adicada á "exploración do inexplicable", segundo dixo. Unha revista co mesmo título e o mesmo contido foi imaxinada xa hai anos por Fran Morell na súa novela Charlie. Premonición ou casualidade?

  • [13:17 30/10/2003] O governador de Califórnia, Arnold Schwarzenegger, aparecerá nun breve "cameo" no filme producido polo millonário americano Phil Anschutz Around the World in 80 Days. Esta podería ser a derradeira aparición de Arnold nas pantallas de cinema.


    Candidatos aos Prémios Ignotus

    [21:49 18/09/2003] Juan Antonio Martínez, administrador dos Prémios Ignotus 2003, ven de emitir un comunicado no que fai a presentación dos finalistas que optan aos prémios Ignotus 2003. Proximamente, na web da Asociación Española de Fantasía e Ciéncia Ficción estará dispoñible a papeleta para a segunda fase da votación aos prémios. A orde dos candidatos en todas e cada unha das categorías é estrictamente alfabético descendente polo título da obra. Os gañadores daranse a coñecer no decurso da vindeira HispaCon, a celebrar-se o vindeiro mes en Xetafe (província de Madrid).

  • [18:39 09/11/2003] Wolves of the Calla é o título da última novela de Stephen King, á venda nas librarías dos EE.UU. dende o pasado 4 de novembro.

  • [13:16 30/10/2003] Corre o rumor de que podería estar en preparación unha nova triloxía da Guerra das Galáxias, é dicir, os episódios VII ao IX. Mesmo fálase de que o director sería Frank Darabont, quen actualmente está a escribir o guión para a cuarta entrega da saga de Indiana Jones.

  • [13:16 30/10/2003] O filme Piratas do Caribe foi elixido coma "película do ano" no 7º Festival Internacional de Cinema de Hollywood. Os seus actores Johnny Depp e Geoffrey Rush foron elixidos ademáis coma millor actor principal e secundário do ano. Os gañadores foron escollidos por médio dunha votación on-line por Internet. E por certo, que a secuela deste filme podería convertirse en dúas películas, algo así coma aconteceu con Matrix.

  • [13:16 30/10/2003] O compositor índio A.R. Rahman e o grupo de folk finés Varttina foron encargados para escribir as canzóns dunha versión do Señor dos Aneis convertida en musical.

  • [13:16 30/10/2003] O enésimo persoaxe de cómic da Marvel que vai pasar á pantalla grande será o Home Cousa, que a verdade, non é moi coñecido. O filme, rodado en Sydney, será estreado o 27 de agosto de 2004 e os actores protagonistas son todos eles tan descoñecidos coma o persoaxe.

  • [13:17 30/10/2003] Morgan Creek ven de contratar a Renny Harlin para que dirixa durante seis semanas o filme Exorcist: The Beginning. Harlin sustitúe a Paul Schrader, quen foi despedido por non incluir no filme sangue e vísceras palpitantes que salpicasen a pantalla.

  • [13:17 30/10/2003] A Dimension Films está a desenvolver un proxecto de comédia baseado na série de televisión dos anos 70 O Home de Seis Millóns de Dólares, protagonizado por Jim Carrey e dirixido por Todd Phillips.


    Regresa ao Índice do Arquivo de NOVAFANTASIA.COM