Ferrol e Marín impuxeron a súa lei na cidade americana de Los Angeles. Javier de la Peña e Néstor García son os novos campións do mundo de World of Warcraft: Burning Crusade, o universo paralelo en liña a médio camiño entre un videoxogo e un xogo de rol.
Wts Skill, nome de guerra de Javier e Néstor, comezou a súa andaina no torneio pasando vários curtes: Primeiro a nivel estatal, e logo en Europa, de onde sairon catro finalistas que se enfrontarían a outros tantos do bando americano.
Javier (Fearwar) e Néstor (Souler) acadaron un posto na final, e venceron após de combater cos seus rivais dende o pasado día 6 sen descoidar nin un só intre “facer máis dano ca eles“. Por fin, o sábado día 8 acadaron o seu obxectivo: ser os derradeiros en ficar en pé.
O seu trunfo reportou-lles un prémio de 30.000 dólares, algo máis de 20.450 euros. Tal cantidade mudou os seus plans de futuro; segundo revela o xornal La Voz de Galicia, agora pensan realmente en se adicaren de forma profesional aos campionatos de videoxogos.