Ringan Ledwidge dirixirá Glimmer

0
256

Ringan Ledwidge será o director do thriller de ciéncia-ficción de baixo orzamento Glimmer para a DreamWorks.

Carter Blanchard escribiu o guión, que vai sobre un grupo de adolescentes que descubren un portal ao pasado. Cando un deles modifica a história, os efectos en forma de bóla de neve chegan ao presente con tráxicas consecuéncias.

Mark Sourian e Adam Kolbrenner son os produtores, e a rodaxe escomezará xa a princípios do ano que ven.