Jackson terá listo o seu Tintín en 2015

0
301

TintínNo decurso dunha recente entrevista coa prensa belga, o director Peter Jackson confirmou que non vai agardar até o remate da produción das secuelas de O Hobbit para se poñer a traballar no seguinte filme de Tintín.

No primeiro filme, que dirixiu Steven Spielberg, o proceso de captura de imaxes realmente non levou demasiado tempo, ao redor dun mes. A fase de post-produción nobergantes é a difícil xa que tomou case dous anos, pero sen precisar da atención constante do director. De feito, Spielberg rodou e rematou War Horse mentres facía a post-produción do primeiro filme de Tintín.

Jackson escomezará a fase de captura de movementos para a secuela de Tintín o ano que ven, ainda que non está claro se o fará antes ou despois de rematar a post-produción da segunda entrega da súa triloxía de O Hobbit. O ideal sería que puidera rematar con Tintín antes de se poñer a traballar nos dous filmes de O Hobbit que lle restan. O segundo desta saga deberá chegar aos cinemas en 2015.