A Brigada do Lobo con acción real

0
210

O realizador Kim Jee-woon (The Last Stand) está a dar os primeiros pasos nunha produción que adaptará ao cinema con imaxes reais o clásico anime de 1999 Jin Roh: The Wolf Brigade baixo o título Inrang.

Okiura Hiroyuki dirixiu o filme orixinal, descrito coma un xiro sobre o clásico de Carrapuchiña Vermella pero ambientado nunha realidade alternativa na que os nazis gañaron a Segunda Guerra Mundial e Xapón existe coma un estado militar opresor.

Neste escenário, ún dos membros da policía do Estado comeza unha erlación cunha rapaza que forma parte dun violento movemento de protesta. O director de Ghost in the Shell, Oshii Mamoru, escribiu o guión do filme orixinal de Jin-Roh.