O home do aire

0
232

AirmanGil Kenan e Robert Zemeckis, que xa uiron as súas forzas anteriormente para o filme de debuxos animados xerados por computador e nominado a un Oscar Monster House, van-se asociar unha vez máis para facer unha versión para a pantalla grande de Airman, un libro de aventuras para nenos orixinal do mesmo autor que Artemis Fowl, o escritor Eoin Colfer.

Kenan (City of Ember) dirixirá a adaptación, que se fará utilizando a tecnoloxía de captura de movementos que tan bós resultados lle está a dar ultimamente a Zemeckis, quen á súa vez será o produtor xunto aos seus parceiros na ImageMovers, Jack Rapke e Steve Starkey.

A trepidante aventura con aires científicos céntra-se en Conor Broekhart, un mozo que naceu nun globo de aire quente nunha família preto dun rei a quen lle gusta mirar ao ceo en procura de inspiración. O libro apareceu en xaneiro nos Estados Unidos.