A Rovio Entertainment ven de anunciar que o lanzamento do filme de debuxos animados creados con computador en 3D baseado na súa popular franquía dos videoxogos de Angry Birds producirá-se finalmente en 2016.
John Cohen (Despicable Me, Alvin and the Chipmunks) será o encargado de producir o filme, uníndo-se asemade ao ex-presidente da Marvel Studios David Maisel, quen será o produtor executivo.
O xogo non ten moito que explicar xa que é unha catapulta na que hai que disparar uns paxaros contra un grupo de porcos que lles roubaron os seus óvos. Polo de agora o xogo leva mais de mil millóns de descargas dende que apareceu no mercado a finais de 2009.
Rovio producirá e financiará o filme sen se acoller ao sistema habitual de estudos de Hollywood para poder reter o control creativo totalmente.