Monument 14 terá versión no cinema

0
195

A Reel FX e mais a Strange Weather veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela para adolescentes de Emmy Laybourne Monument 14, que é tan só a primeira entrega dunha futura triloxía. O argumento do libro describiu-se coma un The Breakfast Club post-apocalíptico (este filme titulou-se en España El Club de los 5).

A história vai sobre un grupo de adolescentes atrapados xuntos nuns grandes almacéns e que deben facer fronte á vida, á morte e mais ao amor mentres todo o mundo que coñecen vai desaparecendo fóra.

Brad Peyton (Journey 2: The Mysterious Island) adaptará o guión e pode que sexa o encargado de dirixir.