A partir do vindeiro 21 de decembro porá-se á venda Lantana: donde nace el instinto, a segunda novela do escritor vigués Darío Vilas. Esta obra, precuela de Instinto de superviviente (finalista dos Prémios Scifiworld 2012 e mais os Prémios Pandemia 2012), será publicada novamente a través do selo Dolmen Books, dentro da sua “Línea Z”.
Segundo o mesmo Vilas, “podería-se dicir que é a precuela de Instinto de superviviente porque cronolóxicamente é anterior aos acontecementos desta, e esclarece parte da orixe do holocausto zombi que se narra nela. Pero póden-se lér perfectamente coma obras independentes, xa que as suas tramas principais conclúen ao remate das mesmas“.
Lantana, se ben segue a se enmarcar no sub-xénero Z, é dun curte máis intimista e emocional. Vilas aposta polo terror psicolóxico pero sen menosprezar a acción e as pasaxes viscerais protagonizados polos mortos vivintes e mais os “faros”, unhas creaturas que xa deron moito do que falar na súa anterior novela e que son o motivo principal da portada desta, deseñada por Tomeu Morey.