McDermott úne-se a “Mercy”

0
249

Dylan McDermott ven de se unir ao reparto do vindeiro filme de Peter Cornwell, Mercy, unha longametraxe de terror fantástico baseada no relato de Stephen King Gramma.

Publicada en 1985 dentro da antoloxía Skeleton Crew, a história vai sobre dous rapaces que xunto coa súa nai solteira (Frances O’Connor), deben coidar da súa avoa senil.

Os tres descubren que a avoa é unha meiga que fixo un pacto cunha forza sinistra hai moitos anos. Chandler Riggs e Joel Courtney son os outros protagonistas, mentres que Jason Blum, McG e Mary Viola serán os produtores.