Xogo de Tronos durará mais

0
252

Cadaún dos dez episódios da vindeira terceira tempada da saga televisiva Game of Thrones da canle HBO contará con mais minutos extra dos que tiveran nas primeiras dúas tempadas.

Os creadores do programa, David Benioff e mais Dan Weiss, están a adaptar a primeira metade da enorme novela orixinal de George R.R. Martin, A Storm of Swords, a terceira da súa série Canzón de Xelo e Fogo. Esta non é só a novela favorita dos fans, senón tamén probábelmente a mais salientábel da saga.

Weiss dixo que “hai case un episódio enteiro se contamos os minutos extra de cada episódio repartidos ao lono da tempada. Unha das grandes liberdades que che pemite a HBO é que non estamos obrigados a rematar nun tempo específico. Podemos estar por baixo dos 50 minutos ou por riba dos 60, pero iso dá-nos unha grande flexibilidade“.

Benioff pola súa banda engadiu que esta será “unha tempada de tamaño extra, coma corresponde a Storm of Swords. O ano pasado tivéramos unha chea de episódios de 52 minutos. este ano serán de 56 e 57“.

Agárda-se que o episódio final da terceira tempada dure mais dunha hora. A nova tempada escomezará o 31 de marzo de 2013.