A Teoría do Todo no cinema

0
208

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o cómic de ciéncia-ficción da Top Cow Theory of Everything orixinal de Dan Casey e mais Nick Nantell.

A história é un thriller que vai sobre un científico caído en desgraza que tenta rescatar á súa muller, á quen todos dan por morta, dunha dimensión paralela. Dan Jinks (American Beauty, Milk) será o produtor.

Mentres tanto, pola súa banda, a Constantin Film fíxo-se cos dereitos para o cinema de Unwind, unha novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Neal Shusterman publicada en 2007. Robert Kulzer, Marc Benardout, Catherine Kimmel, Julian Stone e mais Charlotte Stoudt serán os produtores.

A história vai neste caso sobre un futuro distópico após da Segunda Guerra Civil Americana, un mundo no que os pais dos adolescentes poden decidir se queren que os órganos dos seus fillos lles sexan implantados a outros doantes nos Campos da Colleita, un proceso ao que chaman “desenrolado” (unwound no orixinal).