Looper, viaxe no tempo

0
216

Rian JohnsonO guionista e director do filme The Brothers Bloom, Rian Johnson, xa ten un novo proxecto: un thriller de viaxes polo tempo titulado Looper que de novo servirá para que o cineasta tente reinventar un xénero familiar.

O proxecto unirá a Johnson co produtor Ram Bergman, quen xa produciu os dous filmes anteriores de Johnson, coa vista posta nun posíbel lanzamento para 2009. Johnson de novo dirixirá un guión de seu.

Looper é unha história ambientada no presente, onde un grupo de pistoleiros son enviados polas súas vítimas dende o futuro.