Corman regresa con Poe ao cinema

0
255

O mítico rei dos filmes de terror de série B, Roger Corman, está de volta para desenvolver unha nova série de filmes de baixo orzamento en 3D que adaoptarán ao cinema oito histórias clásicas de Edgar Allan Poe que el mesmo adaptara e dirixira nos anos 50 e 60.

Os oito filmes son House of Usher, The Pit and the Pendulum, The Masque of the Red Death, The Raven, The Tomb of Ligeia, Premature Burial, Tales of Terror e The Hunted Palace.

Neste caso, Corman só será o produtor destes filmes. Cadaún deles terá un orzamento de ao erdor de 2 ou 2,5 millóns de dólares e o primeiro deles comezará a se rodar xa o ano que ven. O plan é lanzar dous filmes cada ano coa financiación da empresa de Corman, a New Horizons Productions.