Singer devolve “Twilight Zone” á tele

0
236

Bryan Singer será o encargado de desenvolver, producir e pode que mesmo dirixir o relanzamento da clásica série antolóxica de ciéncia-ficción The Twilight Zone da CBS Television Studios.

A CBS está xa á procura dun guionista que adapte a série orixinal de Rod Serling. A série de todos os xeitos está aínda na fase de proxecto e será ofrecida a outras canles.

En todo caso, este sería o terceiro intento de resucitar a famosa série de televisión após dun revival nos anos 80 na mesma canle CBS que durou tres tempadas e un relanzamento por parte da UPN en 2002 que só durou un ano.

Este proxecto de todos os xeitos non ten relación algunha coa adaptación ao cinema que está actualmente nas mans do director Matt Reeves.