Lindelof non regresará en Prometheus 2

0
217

O fracaso épico mais grande deste ano, o filme Prometheus de Ridley Scott, non vai contar co seu guionista Damon Lindelof para a segunda parte que está a se preparar.

Jon Spaihts fora o autor do primeiro guión, que ía ser unha precuela de Alien na súa maior parte. Pero cando o guionista de Lost, Lindelof, chegou a bordo, fixo cambios moito mais ca salientábeis e modificou o libreto de tal maneira que o resultado deixou de ser unha precuela para se converter nun filme de seu.

Lindelof levou a maior parte das críticas da prensa e dos afeccionados, pero obviamente el só foi unha persoa contratada co visto bó do director. En todo caso, o seu traballo deixou moito que desexar e non regresará para a segunda entrega, tal e coma el mesmo se encargou de revelar:

Non estou na secuela. Ridley Scott e mais eu falamos moito durante o proceso de creación da história da primeira película sobre que continuacións se poderían facer se Prometheus tiña éxito. E eu cido que o filme rematou dun xeito moi específico que dá pistas sobre a continuación, ou que implica fortemente que paga a pena continuar coa aventura“.