Darabont reescribirá o guión de Godzilla

0
205

Frank Darabont, director de The Shawshank Redemption e creador da série The Walking Dead, ven de recibir o encargo da Legendary Pictures para que reescriba o guión do relanzamento de Godzilla.

Darabont foi contratado para facer a reescritura definitiva dun guión orixinal de Max Borenstein (The Seventh Son). A rodaxe do proxecto está ainda á espera de confirmación pero todo apunta a que pdoería ser en marzo, coa vista posta nunha estrea que xa non será até o 16 de maio de 2014, todo elo baixo a dirección de Gareth Edwards (Monsters).

Pola súa banda, a Legendary está a librar unha batalla cos produtores da Warners Dan Lin e Roy Lee polos dereitos sobre o monstro xaponés. Lin e Lee chegaran a un acordo coa Toho (a posuidora do copyright), pero agora que a Legendary se fixo cos dereitos pola súa conta, queren eliminar á parella. O caso pdoería rematar nos xulgados, pero iso non impedirá polo de agora que o filme continúe a se rodar.