Brolin e Gordon-Levitt en Sin City 2

0
256

Josh Brolin ven de se unir ao reparto do vindeiro filme de Frank Miller e Robert Rodriguez, Sin City: A Dame to Kill For na Dimension Films.

Brolin fará o papel de Dwight, o mesmo persoaxe que interpretara Clive Owen no filme orixinal de 2005. Esta é a terceira vez que se ten que elixir a outro actor para un papel do primeiro filme: os outros dous casos foran Dennis Haysbert, que sustitúe ao defunto Michael Clarke Duncan, e Jamie Chung que fará o persoaxe que interpretara anteriormente Devon Aoki.

En Sin City: A Dame to Kill For, Dwight está a ser perseguido pola única muller que amou algunha vez, Ava Lord, e logo ten que ver como a súa vida vai ao inferno. Estes acontecementos teñen lugar con anterioridade aos narrados na Sin City de 2005 e explicarán como Dwight chegou a ter esa face tan cambiada.

O outro nome que chega ao filme é o de Joseph Gordon-Levitt, quen se fixo esta mesma semana cun dos papéis protagonistas. Concretamente o de Johnny, un xogador que ten unha misión oculta de destruír ao seu inimigo no xogo que se lle dá millor. Este persoaxe é novo xa que non aparecera na anterior entrega.

No reparto está ademais o ersto dos actores que xa participara no primeiro filme: Mickey Rourke, Jessica Alba, Rosario Dawson e Jaime King.

A rodaxe comezou hai poucos días en Austin, Texas, e a ideia é poder estrear o filme o 4 de outubro deste ano.