Tina Fey tamén estará cos Muppets

0
256

A popular actriz cómica da televisión Tina Fey está en negociacións finais para se facer co papel de protagonista feminina na vindeira secuela de The Muppets, que dirixirá James Bobin para a Disney Pictures.

Fey uniría-se aos xa asegurados Ricky Gervais e Ty Burrell, quen serán os protagonistas humanos xunto aos monicreques que vivirán novas aventuras en Europa.

Seica o persoaxe de Fey será o dunha gardiana dunha prisión dun gulag ruso. Bobin co-escribiu o guión xunto a Nicholas Stoller e a rodaxe escomezará este mesmo mes en Londres.