Chris Nolan podería facer-se Interestelar

0
249

O realizador Christopher Nolan semella ter atopado por fin o seu seguinte proxecto coma director, e seica é ún para o que tamén soara anteriormente o nome de Steven Spielberg.

Segundo diversas fontes, Nolan quere dirixir e ademais producir o drama de ciéncia-ficción Interstellar. O seu irmán Jonathan participaría coma guionista.

A história vai sobre viaxes no tempo e dimensións paralelas e conta como un grupo de exploradores viaxa a través dun burato de verme. O guión está baseado en teorías científicas desenvolvidas polo físico teórico gravitacional Kip Thorne.

Polo de agora as negociacións sobre quen será o produtor están-se a levar a cabo entre a Paramount e mais a Warner Bros. Pictures, sen que se descarte que ambos sexan coprodutoras ao final.