Adéus ao Robopocalypse de Spielberg

0
234

O proxecto de filme de ciéncia-ficción Robopocalypse que ía dirixir Steven Spielberg ven de ser adiado sen data concreta pola DreamWorks.

O voceiro de Spielberg, Marvin Levy, confirmou que o proxecto era “importante de mais e o guión non estaba ainda listo, e é demasiado caro de producir“. Ademais engadiu que vai-se escomezar dende cero para ver se é posíbel leva-lo a cabo.

O filme estaba baseado nunha novela de 2011 escrita polo experto en robótica Daniel H. Wilson, e Anne Hathaway e mais Chris Hemsworth estaban en conversas para protagoniza-lo. A Dreamworks tiña a intención de escomezar a produción este ano e estrear no verán de 2014.

ACTUALIZACIÓN:

Nombergantes, hoxe mesmo nunha entrevista Spielberg comentou que aínda continúa a traballar neste proxecto: “Atopamos que o filme custa unha chea de cartos e eu atopei un xeito millor de contar a história, mais económico pero tamén mais persoal. Atopei o xeito persoal en Robopocalypse, así que lle dixen a todo o mundo que fora buscar outro choio, vou comezar un novo guión e imos mover este filme ás súas orixes axiña“.

Spielberg estima que o atraso na produción (e lanzamento) será ao redor de 6 e 8 meses.