A New Line ven de contratar ao director de anúncios Dan Trachtenberg para que se faga responsábel dun dos seus proxectos mais longamente agardados e que levaba moito tempo detido: a adaptación ao cinema da série Y: The Last Man de Brian K. Vaughn.
O cómic vai sobre o xoven artista de fugas afeccionado Yorick Brown e mais o seu mono Ampersand, os dous derradeiros machos na Terra após de que algo matara simultáneamente a todos os mamíferos do planeta cun cromosoma Y, incluíndo os embrións, os óvos fertilizados e mesmo o esperma.
A sociedade cae no caos e as infraestruturas colapsan-se mentres as mulleres supervivintes tentan manexar coma poden a auséncia de homes. Yorick embárca-se nunha misión para atopar á súa moza Beth, que estaba de vacacións en Austrália.
Tanto DJ Caruso (Disturbia) coma Louis Leterrier (The Incredible Hulk) soaran anteriormente para o posto de director mentres ca Shia LaBeouf e Alicia Keys ían ser os protagonistas. Polo de agora descoñéce-se se ambos están aínda nos plans da produtora.
Trachtenberg dirixiu a curtametraxe para fans Portal: No Escape e utilizará un novo boceto de guión orixinal de Matthew Federman e Stephen Scaia.