Outro Parque Xurásico en xuño de 2014

0
225

Após de mais de doce anos agardando, seica por fin confirmou-se que haberá unha cuarta entrega da saga de Jurassic Park. De feito, os estudos mesmo confirmaron a data de estrea: o 13 de xuño de 2014.

En todo caso, será unha película en 3D. En vários sítios Web revelan ademais que Rick Jaffa e Amanda Silver están xa a traballar no guión.

Polo de agora non se coñecen moitos mais detalles, ainda que xa é seguro que Steven Spielberg non será o director, só o produtor. O nome do responsábel do filme non foi anunciado.