Sam Mendes apúnta-se ao seu Frankenstein

728

O co-guionista de Skyfall, John Logan, e mais o director do mesmo filme, Sam Mendes, volverán a traballar xuntos para desenvolveren unha nova série de televisión, que polo de agora se atopa só na fase de concepto, para a canle por cabo Showtime.

O proxecto, aínda sen título, está a ser considerado pola Showtime e contaría con Logan and Mendes coma produtores executivos, mentres ca Mendes dirixiría o episódio piloto.

A história descríbe-se coma un drama psicolóxico de terror ambientado en 1800 con apoios literários que incluirán ao doutor Frankenstein e mais á súa creatura.

Logan escribiu o guión coma un boceto de traballo e comezou a tentar vende-lo a distintas canles por cabo en novembro.