O director de filmes coma Alps e Kynodontas, Iorgos Lanthimos, está á procura de financiación para un novo proxecto de ciéncia-ficción titulado The Lobster e que conta cun orzamento inicial de 1,9 millóns de euros.
Efthymis Filippou escribiu o guión desta orixinal e pouco convencional história de amor ambientada nun futuro distópico próximo onde os solteiros son arrestados e transferidos a un lugar chamado “O Hotel”, onde deben atopar parella nun prazo de 45 días.
Se non poden atopar a ninguén, son transformados nun animal da súa elección e ceibados nos bosques. Nesta história, un home desesperado fuxe do Hotel aos bosques, onde viven os solitários e onde ficará namorado, ainda que contra as regras.
O filme sería unha coprodución entre Grécia, Irlanda e Inglaterra e tentará explorar “os xeitos e mais os motivos polos que algunhas persoas chegan a formar parella, mentres ca outros non. É unha história sobre o medo de vivir só e, sobre todos, o medo a vivir con alguén“.