Zack Snyder dirixiría un filme de Star Wars

0
237

Zack Snyder, director de filmes coma o vindeiro Man of Steel ou o clásico 300, declarara hai semanas que non quería encargar-se do novo episódio VII da Guerra das Galáxias para a Disney Pictures, pero seica iso non sinifica que queira ficar fóra do universo de Star Wars.

Segundo indica un abraiante informe dos nosos compañeiros da revista Vulture, Snyder está a desenvolver un filme baseado na mitoloxía da Guerra das Galáxias para a Lucasfilm, pleamente integrado dentro do universo da saga, pero paralelo á nova triloxía que está en proxecto.

De feito, a história estaría baseada mais ou menos no clásico de Akira Kurosawa de 1954 Os Sete Samuráis. Así, no lugar do ronin, habería sete cabaleiros Jedi que non dubirarán en protexer a uns colonos dun gruppo de bandidos.

Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles e non se sabe en que intre da cronoloxía de Star Wars habería que localizar esta película, pero o mais probábel é que sexa nalgún intre posterior aos acontecemenos relatados en O Retorno do Jedi (o episódio VI).

Pola súa banda, un representante do director dixo que Snyder non está actualmente vencellado a este proxecto, pero os reporteiros de Vulture insistiron en que a súa fonte ten total fiabilidade.

En todo caso, Snyder non escomezaría a rodaxe até despois de que a Disney comece a produción do Episódio VII da Guerra das Galáxias, que ten previsto chegar ás salas de cinema en 2015.