Cage vai “Saber”

0
210

Nicolas CageNicolas Cage protagonizará Knowing, un thriller de ciéncia-ficción que dirixirá Alex Proyas (Eu, Robot). O filme escomezará a súa produción o vindeiro 17 de marzo en Melbourne, Austrália.

Cage interpretará a un profesor que examina o contido dunha cápsula do tempo que ven de desenterrar o seu fillo na escola de primária. Unha chea de predicións que se fan nesa cápsula e que son abraiantemente acertadas fai-lle sospeitar que o mundo vai rematar dentro dunha semana e que dalgún xeito o seu fillo está implicado nesa destrución.

O novelista Ryne Pearson fixo o primeiro guión do filme, baseándo-se nun conto de seu. Knowing foi logo reescrita por Stiles White e Juliet Snowden; Proyas e Stuart Hazeldine remataron o guión máis recente.