Poxa por obxectos terroríficos

742

Bart Simpson coma Harry PotterFacer-se co monstro orixinal de The Cave, unha tableta exípcia xigante de A Múmia 2 ou un debuxo orixinal de Bart Simpson disfrazado de Harry Potter por fin ten un prezo.

Ou poñer-se o brazalete do hospital que levaba Jessica Alba en The Eye, as camisas rachadas e ensanguentadas dos protagonistas de Cloverfield ou mesmo a chaqueta de Terminator 3 que levaba posta Arnold Schwarzenegger!

Estes e outros obxectos procedentes de filmes de terror serán postos á poxa o vindeiro día 11 de outubro en benefício da Entertainment Industry Foundation, unha fundación adicada ao coidado, saúde, educación e outros asuntos sociais dentro da comunidade de Hollywood.

A empresa Premiere Props está a recoller estes obxectos, nunca até agora vistos nascasas de poxa. Xa teñen disfraces raros e obxectos procedentes de filmes coma Sleepy Hollow, Aeon Flux, Grindhouse, Rob Zombie’s Halloween, Terminator 3, Hell Ride, Ancient Resident Evil: Extinction, Underworld Evolution e moitos outros. A revista Fangoria é a copatrocinadora deste evento.

Os interesados poden ver os obxectos nun almacén en El Segundo, Califórnia, antes da poxa, pero para o resto dos mortais todos están dispoñíbeis en eBay. A poxa escomeza o 11 de outubro ás 9 da mañán, hora local de Califórnia.