Michael Hirst creará unha série sobre Alexandre Magno

0
178

Michael HirstMichael Hirst, guionista de Elizabeth, creador da série de TV The Tudors e produtor de The Borgias, asociará-se coa ZDF Enterprises e mais coa Beta Film para realizar unha nova série de televisión baseada en Alexandre Magno. Polo de agora non se coñece con exactitude até que punto sería unha série fantástica, pero Hirst quixo salientar que Alexandre é descendente do semideus Hércules.