Os zombis franceses falarán inglés

0
286

A FremantleMedia Enterprises ven de se facer cos dereitos para facer un remake en inglés da série de zombis francesa Les Revenants.

A série, orixinalmente desenvolvida coma filme, céntra-se nun grupo de homes e mulleres que regresan ao seu fogar nunha vila dos Alpes. O que non saben é que todos eles levan mortos xa moitos anos e que ninguén espera que regresen.

O título da versión en inglés será They Came Back, e estará producida polo guionista Paul Abbott, que fora o creador das versións inglesas orixinais de State of Play e Shameless.

Esta será a terceira vez que Abbott e mais a FremantleMedia colaboran nun proxecto conxunto, despois de que xa o fixeran no drama Exile, e mais na série de asasinos Hit and Miss.