Penny Dreadful, o novo de Sam Mendes

0
314

A canle Showtime confirmou que John Logan, guionista de Skyfall e mais o director do mesmo filme, Sam Mendes, colaborarán nun proxecto de série de terror psicosexual para a devandita canle e que levará por título Penny Dreadful.

Coa confirmación xa chegan mais detalles, e agora sabemos que a série será algo semellante ao cómic The League of Extraordinary Gentlemen, e que combinará a distintos persoaxes clásicos da Literatura do século XIX, entre eles o Dr. Frankenstein e mais o seu monstro, Dorian Gray e vários persoaxes de Dracula.

Todos eles atoparán-se vivindo nun escenário que os situará no Londres da era vitorián. A rodaxe da série ten previsto escomezar na segunda metade deste ano en Inglaterra.