Gañadores dos Globos de Ouro 2013

0
396

Aínda que non había moitas esperanzas, dada a escasa o u mais ben nula presenza de filmes e séries de xénero entre os candidatos, os Globos de Ouro deste ano repartiron á penas unhas migallas de sorte para a fantasía e mais a ciéncia-ficción.

A sorpresa protagonizou-na o filme Brave na categoría de millor filme de debuxos animados, roubándo-lle o prémio á grande favorita, Frankenweenie. Precisamente, Brave era a menos fantástica de todas as películas candidatas.

O outro único prémio recaíu no filme Life of Pi, ún dos grandes derrotados da noite, e que tivo que se conformar co Globo de Ouro á millor banda sonora (Mychael Danna).