A Odiseia de Ulises regresa ao espazo

0
239

A Odiseia, o clásico libro épico de Homero, ten previsto o seu regreso á pantalla grande, só que esta vez a aventura estará ambientada no espazo e non no mar. A Warner Bros. está a desenvolver unha nova adaptación do libro de Homero cun toque de ciéncia-ficción e seica xa atoparon ao home perfecto para escribi-lo: o novato James DiLapo ven de ser contratado para escribir o guión da nova versión desta história, que foi vendida aos estudos por Terry Dougas, da 1821 Pictures, e por Paris Kasidokostas Latsis.

A obra orixinal vai sobre o heroe grego Odiseio (ou Ulises) quen debe enfrontar-se a toda clase de perigos mortais mentres cruza o mar Mediterráneo de regreso a casa após de vencer na batalla de Tróia. Polo de agora non se sabe exactamente como se vai adaptar este argumento ao espazo, pero os estudos seica coidan que a ideia ten potencial coma posíbel franquía.

DiLapo é un escritor novo, recén graduado o ano pasado pola Universiade de New York, pero non é un nome totalmente descoñecido en Hollywood. O seu primeiro guión, Devils At Play, gañou o prémio Nicholl Fellowship outorgad pola Académia das Artes e Ciéncias Cinematográficas e ademais foi elixida para a Lista Negra (unha lista na que figuran os dez millores guións do ano que non chegaron a ser producidos).