EN BREVE 17. Aug 2022 O director Wolfgang Petersen (Emden, Niedersachsen, 1941) finou onte por mor dun cancro pancreático na súa casa de Califórnia, acompañado da súa muller Maria Antoinette , con quen levaba casado 50 anos. Aínda que após de trunfar en Alemaña con Das Boot e de que os seus maiores éxitos foran acadados en típicos filmes de acción holliwoodense nos anos 90, cómpre salientar tamén dous clásicos do xénero fantástico: The Neverending Story (1981) e Enemy Mine (1985).
08. Aug 2022 O showrunner de Star Wars: Andor , Tony Gilroy , confirmou que a série durará só dúas tempadas, e que as escenas do episódio final da segunda tempada conectarán-se directamente co comezo do filme Rogue One . A primeira tempada serán doce episódios, mentres que a segunda serán catro bloques de tres cadanseu, abranguendo un total dun ano de história no universo de Star Wars.
08. Aug 2022 A Warner Bros. Pictures deu a coñecer a data do 4 de outubro de 2024 para a estrea de Joker: Folie a Deux , a secuela do filme Joker , que causou sensación en 2019 e que lle valeu un Oscar para o seu protagonista, Joaquin Phoenix . Todd Phillips regresará coma director, e a cantante e actriz Lady Gaga será a protagonista no papel de Harley Quinn. A rodaxe ten previsto comezar en decembro.