A batalla definitiva entre os deuses

0
214

A Broken Road e mais a Energy Entertainment unirán as súas forzas para produciren conxuntamente unhha nova adaptación ao cinema do cómic The Godyssey orixinal de Rob Liefeld e eitado pola Image Comics.

A história céntra-se nos deuses do panteón das grandes relixións humanas: Xesús, Zeus, Buda, Ra ou Pangu, quen deberán unir-se para loitaren contra unha lexión de deuses caídos nunha batalla épica na que está en xogo o destino da humanidade.

No cómic orixinal de 1996 os protagonistas eran os anxos Avengelyne e Glory, quen tentaban que os deuses (incluíndo a Xesús) loitaran a morte os úns contra os outros. En todo caso, Liefeld confirmou na súa conta de Twitter que nin Avengelyne, nin Glory nin Xesús aparecerán na versión para o cinema.

Todd Garner (Black Sky) e mais Brooklyn Weaver serán os produtores.