Emma Stone entra en Crimson Peak

0
203

A actriz Emma Stone está a manter conversas, polo de agora iniciais, para protagonizar o vindeiro filme de Guillermo del Toro, o thriller cunha casa enmeigada Crimson Peak para a Legendary Pictures.

Agárda-se que Stone sexa a primeira en asinar para o reparto deste filme, do que polo de agora non se coñecen mais detalles sobre o seu argumento.

Del Toro e mais Lucinda Coxon están a reescribir o guión orixinal do mesmo del Toro e de Matthew Robbins. A rodaxe ten previsto escomezar xa no mes de febreiro.