A secuela do jacuzzi do tempo

0
187

A MGM está a manter conversas preliminares para desenvolver unha secuela da súa comédia de 2010 Hot Tub Time Machine, que fora a derradeira película que produciron os estudos antes de caeren na bancarrota aquel ano e de se renovaren na súa actual encarnación.

Polo de agora seica hai conversas con Rob Corddry, Craig Robinson e Clark Duke para que repitan os seus papéis nesta segunda entrega. O principal protagonista da primeira parte, John Cusack, non estaría vencellado polo de agora.

Corddry pola súa banda podería participar no guión do filme xunto ao director do filme orixinal, Steve Pink. Ainda que as cousas están nunha fase moi inicial, se se chega a un acord todo podería ir rodado e escomezar axiña.

O primeiro filme acadou 50 millóns de dólares de benefício nos despachos de billetes, o que foi xa abondo para os estudosm, que tiñan un orzamento de 36 millóns. En total non é moito, pero a película foi logo un grande éxito no mercado de aluguer en DVD, Blu-ray e vídeo baixo demanda.

A história vai sobre catro homes, aburridos e infelices coas súas vidas, que viaxan ao pasado grazas a unha bañeira de jacuzzi enmeigada, até unha noite na que cando eran adolescentes as vidas de todos eles mudaron nos anos 80.