Rumor do relanzamento dos Gremlins

0
239

A Warner Bros. Pictures etá a negociar coa Amblin Entertainment a posibilidade de facer un relanzamento da súa clásica comédia de terror do ano 1984 Gremlins.

Polo de agora so é un rumor, pero todo indica que a maior dificultade de sair adiante son os cartos. As negociacións deste tipo ao redor dos Gremlins levan moitos anos producíndo-se, pero cando Spielberg está polo médio é realmente complicado chegar a un acordo económico.

Spielberg de todos os xeitos non estaría vencellado a ningún nivel. Un voceiro do director tan só limitou-se a indicar que nestes intres non hai ninguén dispoñíbel para facer comentários.