O novo Hércules chegará en 2014

0
224

A MGM e mais a Paramount Pictures veñen de annuciar conxuntamente a data de estrea de Hercules, que será o 8 de agosto de 2014, baixo a dirección de Brett Ratner e protagonizado por Dwayne Johnson no papel do heroe mitolóxico dos gregos.

A história está baseada no cómic de Steve Moore e Admira Wijaya editado pola Radical Publishing en dúas partes tituladas The Thracian Wars e The Knives of Kush e vai sobre como Hércules anos despois de levar a cabo as súas doce tarefas dá-lle as costas aos deuses.

Agora el e mais os seus seis amigos convertéron-se en mercenários que traballan para o rei de Trácia adestrando aos seus homes para formar un exército tan cruel e despiadado coma eles mesmos.

Ryan Condol está a adaptar o guión mentres ca Roger Birnbaum, Gary Barber, Jonathan Glickman, Peter Berg, Sarah Aubrey e Barry Levine serán os produtores.