Xa hai guionistas para Terminator 5

0
234

A guionista Laeta Kalogridis (Avatar, Shutter Island) e mais Patrick Lussier (Dracula 2000, My Bloody Valentine) veñen de recibir o encargo de escribir o libreto da vindeira entrega da franquía de Terminator para a Skydance Productions e mais a Annapurna Pictures.

David Ellison, da Skydance, contratou recentemente aos dous guionistas para que escribiran un filme de ciéncia-ficción e aventuras a partir dunha ideia iniciada na compañía.

E mentres tanto, Megan Ellison da Annapurna, a irmá de David, reuniu-se recentemente con el para atopar grandes filmes de acción para produciren conxuntamente. Kalogridis pola súa banda semella estar a traballar moi de preto con James Cameron.