Todo o que lle queda a Ron Howard

0
218

Ron Howard confirmou-se a si mesmo coma director do drama sobrenatural All I’ve Got, un filme que coproducirá a Paramount Pictures e mais a Bad Robot de J.J. Abrams.

Polo que din a película será un remake do telefilme israelí de 2003 Kol Ma She’Yesh Li. que dirixiu e produciu Margalit Keren, coñecida sobre todo por ser a guionista de moitos episódios de Be’Tipul, unha série de televisión que a HBO refixo baixo o título In Treatment.

A história vai sobre unha xoven parella atrapada nun estraño accidente de automóbil que mata ao home. Ela segue adiante coa súa vida e casa con outro home, con quen ten tres fillos.

Xa de anciá, ao morrer, se lle dá unha nova oportunidade: esquecer a súa vida após do accidente e ser xoven outra vez xunto ao seu primeiro amor, ou ficar coma agora agardando pola morte do seu segundo marido para poderen vivir xuntos no alén.