Howard dirixirá o cemitério de Gaiman

0
270

A longamente agardada adaptación ao cinema pola Disney da novela para nenos de Neil Gaiman de 2008 The Graveyard Book semella por fin que vai saír adiante despois de todo.

Planeada orixinalmente coma un filme de debuxos animados rodado coa técnica de stop-motion por Henry Selick, o proxecto veu-se abaixo o verán pasado despois de que a Disney e mais Selick non puideran chegar a un acordo.

Agora, o proxecto reconfigurou-se coma un filme con acción real, con Ron Howard negociando a súa entrada coma director.

A história vai sobre un neno chamado Nobody Owens que é criado por pantasdmas nun cemitério após de que a súa família morrera. Cando chega a adolescente, é perseguido outra vez polo asasino da súa família, un home chamado “The Man Jack”.

Gil Netter e Ben Browning serían os produtores, mentres ca Howard supervisaría a redacción dun novo guión.